Gran Premio de Italia de 1975
O Gran Premio de Italia de 1975 foi unha carreira de Fórmula 1 celebrada no Autodromo Nazionale Monza o 7 de setembro de 1975. Foi a décimo terceira proba da tempada de 1975, o 45º Gran Premio de Italia e o 41º que se celebrou en Monza. A carreira celebrouse sobre 52 voltas ao circuíto de cinco quilómetros para unha distancia total de carreira de 300 quilómetros.
Tipo | Gran Premio de Italia |
---|---|
Deporte | automobilismo |
Parte de | Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1975 |
Distancia do evento | 52 |
Localización e Datas | |
Localización | Circuíto de Monza (Monza) 45°37′14″N 9°17′22″L / 45.620555555556, 9.2894444444444 |
Lonxitude | 5,793 km |
País | Italia |
Data | 7 de setembro de 1975 |
Competición | |
Primeiro posto | Clay Regazzoni |
Pole position | Niki Lauda |
Volta máis rápida | Clay Regazzoni |
A carreira foi gañada polo piloto suízo Clay Regazzoni no seu Ferrari 312T nun día glorioso para a Scuderia Ferrari. Foi a terceira vitoria de Regazzoni, e a quinta vitoria de Ferrari na tempada. Regazzoni sacoulle dezaseis segundos ao McLaren M23 do campión do mundo saínte, o piloto brasileiro Emerson Fittipaldi. Detrás de Fittipaldi quedou o segundo Ferrari do piloto austríaco Niki Lauda. O terceiro posto foi suficiente para que Lauda asegurara o seu primeiro campionato mundial. Os 16´5 puntos de vantaxe de Lauda eran demasiados para que Fittipaldi puidera superalos na rolda final do campionato no GP dos Estados Unidos. Con Regazzoni e Lauda anotando 13 puntos entre ambos, Ferrari tamén conseguiu o campionato de construtores, a súa primeira vitoria desde a tempada 1964.
Resumo da carreira
editarOs afeccionados italianos estaban reunidos á espera de que Ferrari gañara o seu primeiro campionato en 11 anos no seu propio terreo, con moitos austríacos que cruzaron á fronteira para apoiar a Niki Lauda e quedaron encantados cando Ferrari acaparou ambos espazos na primeira fila. Tony Brise encantou ó seu preparador Graham Hill ao obter un lugar na terceira fila.
Lauda só necesitaba terminar quinto ou mellor para ser campión, pero o arxentino Carlos Reutemann e o brasileiro Emerson Fittipaldi necesitaban gañar e que Lauda quedara fóra dos puntos. Fittipaldi, que gañara na Arxentina e Gran Bretaña, era o rival máis forte de Lauda.
O domingo pola mañá houbo un chuvasco e durante algún tempo perigou o futuro da carreira, pero afortunadamente a choiva parou ao redor dunha hora antes do comezo. Clay Regazzoni liderou por diante de Lauda e Jody Scheckter.
Vittorio Brambilla queimou o embrague na primeira volta, mentres que Bob Evans detívose cun fallo nunha buxía do motor. Houbo un accidente na chicane, Scheckter tivo que tomar a estrada de escape que a rodeaba, Jochen Mass golpeou os pianos, danando a suspensión do seu coche. Ronnie Peterson chocou con outro coche, bloqueando o acelerador. Mario Andretti e Rolf Stommelen retiráronse con danos do accidente e Brise trompeou na chicane. Harald Ertl subiuse por encima do coche de Hans-Joachim Stuck, danando o coche.
Logo de seis voltas, Carlos Pace retirouse co acelerador roto, pronto se uniron Hans-Joachim Stuck e Lella Lombardi. Os Ferraris circulaban 1º e 2º con Clay Regazzoni liderando diante de Niki Lauda. Na volta 14, Emerson Fittipaldi pasou a Carlos Reutemann polo terceiro posto, as esperanzas de Reutemann polo campionato terminaron, rematou cuarto na carreira. Malia a ter os Ferrari moi por diante, Fittipaldi non renunciou á persecución, limando unha diferenza de máis de dez segundos. A tan só seis voltas do final, pasou a Lauda .
Mentres tanto, Patrick Depailler pasou a James Hunt para a quinta posición. Hunt, Tom Pryce e Reutemann loitaban entre eles, Pryce pasouno cando Hunt trompeou na volta 27, pero volveulle a ceder a posición logo doutras dez voltas.
Regazzoni chegou primeiro, Lauda foi terceiro e proclamouse campión e Ferrari gañou o campionato por primeira vez desde 1961, diante do seu público.
Clasificación
editarPos | Nº | Piloto | Construtor | Voltas | Tempo/Retirada | Grella | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|
1 | 11 | Clay Regazzoni | Ferrari | 52 | 1:22:42.6 | 2 | 9 |
2 | 1 | Emerson Fittipaldi | McLaren-Ford | 52 | + 16.6 | 3 | 6 |
3 | 12 | Niki Lauda | Ferrari | 52 | + 23.2 | 1 | 4 |
4 | 7 | Carlos Reutemann | Brabham-Ford | 52 | + 55.1 | 7 | 3 |
5 | 24 | James Hunt | Hesketh-Ford | 52 | + 57.1 | 8 | 2 |
6 | 16 | Tom Pryce | Shadow-Ford | 52 | + 1:15.9 | 14 | 1 |
7 | 4 | Patrick Depailler | Tyrrell-Ford | 51 | + 1 volta | 12 | |
8 | 3 | Jody Scheckter | Tyrrell-Ford | 51 | + 1 volta | 4 | |
9 | 34 | Harald Ertl | Hesketh-Ford | 51 | + 1 volta | 17 | |
10 | 25 | Brett Lunger | Hesketh-Ford | 50 | + 2 voltas | 21 | |
11 | 30 | Arturo Merzario | Fittipaldi-Ford | 48 | + 4 voltas | 26 | |
12 | 32 | Chris Amon | Ensign-Ford | 48 | + 4 voltas | 19 | |
13 | 6 | Jim Crawford | Lotus-Ford | 46 | + 6 voltas | 25 | |
14 | 20 | Renzo Zorzi | Williams-Ford | 46 | + 6 voltas | 22 | |
Ret | 17 | Jean-Pierre Jarier | Shadow-Matra | 32 | Bomba gasolina | 13 | |
Ret | 29 | Lella Lombardi | March-Ford | 21 | Accidente | 24 | |
Ret | 10 | Hans Joachim Stuck | March-Ford | 15 | Accidente | 16 | |
Ret | 21 | Jacques Laffite | Williams-Ford | 7 | Caixa de cambios | 18 | |
Ret | 8 | Carlos Pace | Brabham-Ford | 6 | Acelerador | 10 | |
Ret | 22 | Rolf Stommelen | Hill-Ford | 3 | Accidente | 23 | |
Ret | 2 | Jochen Mass | McLaren-Ford | 2 | Accidente | 5 | |
Ret | 5 | Ronnie Peterson | Lotus-Ford | 1 | Motor | 11 | |
Ret | 23 | Tony Brise | Hill-Ford | 1 | Accidente | 6 | |
Ret | 27 | Mario Andretti | Parnelli-Ford | 1 | Accidente | 15 | |
Ret | 9 | Vittorio Brambilla | March-Ford | 1 | Embrague | 9 | |
Ret | 14 | Bob Evans | BRM | 0 | Eléctrico | 20 | |
NSC | 31 | Roelof Wunderink | Ensign-Ford | ||||
NSC | 35 | Tony Trimmer | Maki-Ford |
Posicións logo da carreira
editar
|
|
- Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación. Só os 6 mellores resultados das primeiras 7 roldas e os 6 mellores resultados das últimas 7 roldas contan para o campionato. Os números sen paréntese son os puntos do campionato, os números entre paréntese son o total de puntos anotados.
Carreira anterior: Gran Premio de Austria de 1975 |
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA Temporada 1975 |
Carreira seguinte: Gran Premio dos Estados Unidos de 1975 |
Carreira anterior: Gran Premio de Italia de 1974 |
Gran Premio de Italia | Carreira seguinte: Gran Premio de Italia de 1976 |
Notas
editarVéxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gran Premio de Italia de 1975 |
Ligazóns externas
editarA menos que se indique o contrario, todos os resultados da carreira tómanse de "The Official Formula 1 website". Consultado o 2007-06-15.