Abrir o menú principal
McLaren M23
Emerson Fittipaldi McLaren M23 1974 Britain.jpg
Emerson Fittipaldi no McLaren M23 no Gran Premio do Reino Unido de 1974
Información
País Reino Unido Reino Unido
Fabricante Mclaren Racing
Deseñador Gordon Coppuck
Produción
Predecesor M19C
Sucesor M26
Longo mm
Largo mm
Alto mm
Peso 575 kg.
Chasis Monocasco de aluminio
Suspensión
Motor Ford-Cosworth DFV V8
Potencia 2.993 cm³
Transmisión Hewland FG400 5/6-velocidades
Tracción Posterior
Freos
Prestacións
Pneumáticos Goodyear
Debut Gran Premio de Suráfrica de 1973
Pilotos
Carreiras 83
Gañadas 16
Poles 14
Voltas rápidas 10
Camp. Cons. 1 (1974)
Camp. Pilt. 2 (1974: Fittipaldi; 1976: Hunt)

O McLaren M23 foi un coche de competición deseñado por Gordon Coppuck, coa participación de John Barnard e construído polo equipo McLaren. Foi un desenvolvemento do coche McLaren M16 Indianapolis 500. Utilizouse un motor Ford Cosworth DFV, o cal foi preparado pola compañía de tuning especial Nicholson-McLaren Engines. Isto axudou a aumentar a potencia de saída do DFV ao redor de 490 bhp.

Historia na competiciónEditar

 
McLaren-Ford M23 de Denny Hulme de 1973 nunha demostración no Goodwood Festival of Speed
 
Mike Hailwood pilotando un McLaren M23 coa librea de Yardley en Brands Hatch en 1974
 
O McLaren M23 con parte da carrozaría e o aleron dianteiro quitado, o motor Cosworth DFV visible detrás. véxase a exposición dos pedais entre as rodas dianteiras e a mínima protección contra os accidentes, moi diferente aos coches de F! de hoxe en día.

Foi presentado na tempada 1973 de Fórmula Un, e logrou a pole postion con Denny Hulme na súa primeira saída. Hulme e Peter Revson lograron tres vitorias entre eles esa tempada, mentres que o novato Jody Scheckter case logrou un cuarto. Scheckter foi responsable dun dos maiores accidentes que víu a Fórmula Un no Gran Premio do Reino Unido de 1973, cando trompeou o seu M23 diante do pelotón. Emerson Fittipaldi uniuse a McLaren proveniente de Lotus en 1974. O seu coñecemento do Lotus 72 axudou a McLaren a desenvolver o M23 e esa tempada Fittipaldi deulle a McLaren os seus primeiros campionatos mundiais de pilotos e construtores, superando a Ferrari, Tyrrell e Lotus.

O desenvolvemento adicional na tempada 1975 de Fórmula Un, incluía unha caixa de cambios de 6 velocidades, unha novidade para o tempo, axudou a Fittipaldi a quedar segundo no campionato de pilotos detrás de Niki Lauda, que tiña a vantaxe do chasis do Ferrari 312T e McLaren logrou o terceiro posto no campionato de construtores, detrás de Ferrari e Brabham. O equipo experimentou con diferentes estilos de carrozaría, incluíndo kickups aerodinámicos diante das rodas traseiras, diferentes perfís de nariz e carrozaría ampliada diante das rodas traseiras, aloxando os enfriadores de aceite. A maioría destes cambios foron adoptados para o M23 e o seu sucesor, o McLaren M26. A finais de 1975, Fittipaldi deixou o equipo para unirse ao equipo do seu irmán Fittipaldi Automotive patrocinado por copersucar. Foi substituído por James Hunt, quen gañou a dramática e polémica tempada 1976 coa última evolución do M23, o M23D.

Cando o substituto, o McLaren M26, resultou problemático, Hunt e Jochen Mass baseáronse no M23 na primeira parte da tempada 1977 de Fórmula Un, e aínda que o coche tiña entón catro anos aínda era competitivo.

O M23 nunca foi o coche de F1 técnicamente máis avanzado, pero unha boa preparación e o desenvolvemento continuo axudáronlle a gañar 16 Grandes Premios, dous campionato mundiais de pilotos e un campionato mundial de construtores durante a súa andaina.

O M23 tamén foi modificado para o seu uso na Fórmula 5000. O piloto australiano John McCormack pilotou un M23 con motor Leyland para gañar o Campionato Australiano de Pilotos de 1977. McCormack tamén culificou o seu M23 na pole no Gran Premio de Australia de 1978.


Resultados Completos na Fórmula UnEditar

(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.

Ano Equipo Motor Pneu. Pilotos 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 Puntos Pos.
1973 Yardley Team McLaren Ford Cosworth DFV
3.0 V8
G ARX BRA RSA ESP BEL MON SWE FRA GBR NED ALE AUT ITA CAN USA 58* 31
Denny Hulme 5 6 7 6 1 8 3 Ret 12 8 15 13 4
Peter Revson 4 Ret 5 7 1 4 9 Ret 3 1 5
Jody Scheckter Ret NTS Ret Ret
Jacky Ickx 3
1974 Marlboro Team Texaco Ford Cosworth DFV
3.0 V8
G ARX BRA RSA ESP BEL MON SWE NED FRA GBR ALE AUT ITA CAN USA 73 (75)
Emerson Fittipaldi 5 10 1 7 3 1 5 4 3 Ret 2 Ret Ret 2 1 4
Denny Hulme 6 1 12 9 6 6 Ret Ret Ret 6 7 DSC 2 6 6 Ret
Yardley Team McLaren Mike Hailwood 33 4 5 3 9 7 Ret Ret 4 7 Ret 15
David Hobbs 7 9
Jochen Mass 16 7
Scribante Lucky Strike Racing Dave Charlton 23 19
1975 Marlboro Team McLaren Ford Cosworth DFV
3.0 V8
G ARX BRA RSA ESP MON BEL SWE NED FRA GBR ALE AUT ITA USA 53
Emerson Fittipaldi 1 1 2 Ret NTS 2 7 8 Ret 4 1 Ret 9 2 2
Jochen Mass 2 14 3 6 1 6 Ret Ret Ret 3 7 Ret 4 Ret 3
Lucky Strike Racing Dave Charlton 31 14
1976 Marlboro Team McLaren Ford Cosworth DFV
3.0 V8
G BRA RSA USW ESP BEL MON SWE FRA GBR ALE AUT NED ITA CAN USA XPN 74 (75)
James Hunt 11 Ret 2 Ret 1 Ret Ret 5 1 DSC 1 4 1 Ret 1 1 3
Jochen Mass 12 6 3 5 Ret 6 5 11 15 Ret 3 7 Ret 5 4 Ret
1977 Marlboro Team McLaren Ford Cosworth DFV
3.0 V8
G ARX BRA RSA USW ESP MON BEL SWE FRA GBR ALE AUT NED ITA USA CAN XPN 60*
James Hunt 1 Ret 2 4 7 Ret
Jochen Mass 2 Ret Ret 5 Ret 4 4 Ret 2 9
Bruno Giacomelli 14 Ret
Gilles Villeneuve 40 11
Iberia Airlines Emilio de Villota 36 13 NSC NSC NSc NSC 17 NSC
Chesterfield Racing Brett Lunger 30 NTS 11 NSC 13 Ret 10 9 Ret 10 11
1978 Liggett Group/
B&S Fabrications
Ford Cosworth DFV 3.0 V8 G ARX BRA RSA USW MON BEL ESP SWE FRA GBR ALE AUT NED ITA USA CAN 15
Brett Lunger 30 13 Ret 11 NSC
Nelson Piquet 29 Ret Ret 9
Centro Aseguredor F1 Emilio de Villota 28 NSC
Melchester Racing Tony Trimmer 40 NSC

* 12 puntos en 1973 anotáronse usando o M19A e M19C
* 39 puntis en 1977 anotáronse usando o M26
* Todos os puntos de 1978 anotáronse usando o McLaren M26

NotasEditar

  • F1 Racing magazine, January 2001
  • Motor Sport (magazine), August 2002

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar