Gran Premio de Mónaco de 1978
O Gran Premio de Mónaco de 1978 foi unha carreira de Fórmula Un celebrada o 7 de maio de 1978 no Circuíto de Mónaco en Monte Carlo, Mónaco. Foi a sexta carreira do Campionato do Mundo de pilotos de 1978.
Nome na lingua orixinal | (fr) 36e Grand Prix de Monaco ![]() |
---|---|
Tipo | Gran Premio de Mónaco ![]() |
Deporte | automobilismo ![]() |
Parte de | Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1978 ![]() |
Distancia do evento | 75 ![]() |
Localización e Datas | |
Localización |
Monte Carlo (Monte Carlo (en) ![]() Circuíto de Mónaco (Monte Carlo) ![]() |
País | Mónaco ![]() |
Data | 7 de maio de 1978 ![]() |
Competición | |
Primeiro posto | Patrick Depailler Tyrrell Racing ![]() |
Pole position | Carlos Reutemann ![]() |
Volta máis rápida | Niki Lauda ![]() |
Informe
editarCarlos Reutemann comezou na pole co Brabham xunto a John Watson e Niki Lauda segundo e terceiro. Watson tivo unha boa saída e xa lideraba na primeira curva, mentres que Reutemann chocou con James Hunt e tivo que entrar en boxes para reparar, o que deixou a Patrick Depailler e Lauda segundo e terceiro. Na primeira metade da carreira, os tres primeiros seguían igual ata que Watson sufriu un problema cos freos o que permitiu pasar a Depailler e Lauda, pero este último sufriu unha picada e tivo que entrar en boxes aínda que logrou recuperar o segundo posto de Watson cara ao final da carreira. Na parte dianteira, Depailler logrou a súa primeira vitoria con Lauda en segundo lugar, e Jody Scheckter terceiro despois de que Watson cometera outro erro nas voltas finais. Jean-Pierre Jabouille rematou en 10º lugar na que foi a primeira carreira de Renault.
Clasificación
editarPosicións logo da carreira
editar
|
|
- Notas: Só están incluídos os cinco primeiros postos da clasificación.
Carreira anterior: Gran Premio do oeste dos Estados Unidos de 1978 |
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA Temporada 1978 |
Carreira seguinte: Gran Premio de Bélxica de 1978 |
Carreira anterior: Gran Premio de Mónaco de 1977 |
Gran Premio de Mónaco | Carreira seguinte: Gran Premio de Mónaco de 1979 |
Notas
editar- Líderes de volta: John Watson 37 voltas (1-37); Patrick Depailler 38 voltas (38-75).
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gran Premio de Mónaco de 1978 |