Alan Jones (piloto)

Alan Jones

Carreira na Fórmula 1
Nacionalidade Australia Australia
Anos en activo 1975-1981, 1983, 1985-1986
Escudería(s) Hesketh, Hill, Surtees, Shadow, Williams, Arrows, Haas Lola
Grandes Premios disputados 117 (116 saídas)
Campionatos 1 (1980)
Vitorias 12
Podios 24
Pole positions 6
Voltas rápidas 13
Primeiro GP Gran Premio de España de 1975
Primeira vitoria Gran Premio de Austria de 1977
Derradeira vitoria Gran Premio Caesar Palace de 1981
Derradeiro GP Gran Premio de Australia de 1986

Alan Stanley Jones, nado o 2 de novembro de 1946 en Melbourne, Australia, foi o primeiro piloto en gañar un campionato de Fórmula 1 para o equipo Williams. Tivo unha sólida carreira na Fórmula 1 a fins dos anos setenta e principios dos oitenta.

Os seus inicios editar

Alan é fillo de Stan Jones, un coñecido corredor australiano e de mozo sempre quixo seguir os pasos do seu pai. En 1976, Alan partiu cara a Europa para coller fama como corredor, pero inicialmente non tivo moito éxito. Levoulle 6 anos lograr bos resultados nun coche de Fórmula 3. En 1974, logrou un contrato na Fórmula Atlántica, e o dono do seu equipo conseguiulle unha oportunidade na tempada seguinte de F1, xa que comprara un monpraza de carreiras pertencente ao equipo Hesketh.

Fórmula 1 editar

Logo de catro carreiras na F1, o equipo decidiu abandonar a categoría, pero Alan continuou xa que foi contratado como piloto suplente de Rolf Stommelen do equipo de Graham Hill.

Alan logrou o posto de primeiro piloto en 1976, no equipo de John Surtees. O monpraza de Jones foi coñecido principalmente polo controvertido patrocinio de Durex, pero el logrou obter bos resultados, como a cuarta posición no Gran Premio do Xapón. Surtress despediuno a fin de ano, por pelexas internas, e Jones foise a correr a Estados Unidos, pero pronto foi chamado polo equipo Shadow como substituto de Tom Pryce, que falecera nun accidente no Gran Premio de Suráfrica. Alan aproveitou esta oportunidade e logrou a súa primeira vitoria en Österreichring, terminando sétimo no campionato.

Jones foi fichado por Frank Williams, quen estaba en proceso de reconstruír o seu equipo da F1. Williams Grand Prix loitará ferozmente por lograr un éxito, e Jones estaba decidido a darlles a primeira vitoria. Inicialmente non logrou moito, só destacando o segundo lugar en Watkins Glen, pero en 1979 logrou pór ao seu equipo no mapa, gañando catro carreiras consecutivas, cerca do final do campionato. Jones terminou a tempada terceiro e proseguiu en 1980 cunha excelente campaña.

En 1980 obtivo 4 vitorias e tiña un vehículo capaz de chegar ao podio, alcanzándoo 10 veces ao longo do ano. Ao terminar a tempada, Jones leváballe a Nelson Piquet unha vantaxe de 13 puntos na táboa de posicións, e convertíase no primeiro campión australiano desde Jack Brabham. Tiña grandes oportunidades de repetir a fazaña ao ano seguinte, pero unha relación moi competitiva co piloto Carlos Reutemann levou a unha rivalidade moi intensa que probablemente lles custou a ambos os corredores o campionato dese ano. Jones terminou terceiro a 4 puntos de Piquet e a 3 de Reutemann.

Logo desa tempada, Jones anunciou a súa retiro, pechando a súa carreira cunha vitoria en Las Vegas, pero volveu do retiro para unha soa carreira co equipo Arrows en 1983. Dous anos máis tarde, foi creado o equipo Haas, e Jones foi contratado como primeiro piloto. Correu a tempada completa en 1986 (a súa primeira en 5 anos), pero ao non lograr unha campaña exitosa, deixou completamente a Fórmula 1

Logo da F1 editar

Dedicouse a correr no Campionato Australiano de Autos de Turismo (ATCC) e tamén foi comentarista de televisión.

Desde entón, Jones estivo involucrado na versión Australiana da Fórmula A1, participando como director de Equipo. Quixo correr no Gran Premio de Mestres en Kylami en novembro de 2005, pero tivo que declinar por problemas de pescozo.

Resultados completos en Fórmula 1 editar

(Carreiras en letra grosa indica pole position)

Ano Equipo 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 Posición Puntos
1975   Hesketh ARX

DNP

BRA

DNP

RSA

DNP

ESP

Ret

MON

Ret

BEL

Ret

SUE

11

17º 2
  Hill HOL

13

FRA

16

GBR

10

ALE

5

AUT

DNP

ITA

DNP

USA

DNP

1976   Surtees BRA

DNP

RSA

DNP

USW

Ret

ESP

9

BEL

5

MON

Ret

SUE

13

FRA

Ret

GBR

5

ALE

10

AUT

Ret

HOL

8

ITA

12

CAN

16

USA

8

JAP

4

15º 7
1977   Shadow ARX

DNP

BRA

DNP

RSA

Ret

USW

Ret

ESP

Ret

MON

6

BEL

5

SUE

17

FRA

Ret

GBR

7

ALE

Ret

AUT

1

HOL

Ret

ITA

3

USA

Ret

CAN

4

JAP

4

22
1978   Williams ARX

Ret

BRA

11

RSA

4

USW

7

MON

Ret

BEL

10

ESP

8

SUE

Ret

FRA

5

GBR

Ret

ALE

Ret

AUT

Ret

HOL

Ret

ITA

13

USA

2

CAN

9

11º 11
1979   Williams ARX

9

BRA

Ret

RSA

Ret

USW

3

ESP

Ret

BEL

Ret

MON

Ret

FRA

4

GBR

Ret

ALE

1

AUT

1

HOL

1

ITA

9

CAN

1

USA

Ret

40
1980   Williams ARX

1

BRA

3

RSA

Ret

USW

Ret

BEL

2

MON

Ret

FRA

1

GBR

1

ALE

3

AUT

2

HOL

11

ITA

2

CAN

1

USA

1

67
1981   Williams USW

1

BRA

2

ARX

4

SMR

12

BEL

Ret

MON

2

ESP

7

FRA

17

GBR

Ret

ALE

11

AUT

4

HOL

3

ITA

2

CAN

Ret

LVG

1

46
1983   Arrows BRA

DNP

USW

Ret

FRA

DNP

SMR

DNP

MON

DNP

BEL

DNP

USA

DNP

CAN

DNP

GBR

DNP

GER

DNP

AUT

DNP

HOL

DNP

ITA

DNP

EUR

DNP

RSA

DNP

21º 0
1985   Lola BRA

DNP

POR

DNP

SMR

DNP

MON

DNP

CAN

DNP

USA

DNP

FRA

DNP

GBR

DNP

ALE

DNP

AUT

DNP

HOL

DNP

ITA

Ret

BEL

DNP

EUR

Ret

RSA

NTS

AUS

Ret

23º 0
1986   Lola BRA

Ret

ESP

Ret

SMR

Ret

MON

Ret

BEL

11

CAN

10

USA

Ret

FRA

Ret

GBR

Ret

ALE

9

HUN

Ret

AUT

4

ITA

6

POR

DNP

MEX

Ret

AUS

Ret

12º 4
Predecesor:
Jody Scheckter
Campión da Fórmula 1
1980
Sucesor:
Nelson Piquet