Gran Premio de Francia de 1976
O Gran Premio de Francia de fórmula 1 de 1976 celebrouse no Circuíto Paul Ricard de Le Castellet, preto de Marsella en Francia o 4 de xullo de 1976. Foi a oitava proba da tempada de Fórmula Un de 1976, o 54º Gran Premio de Francia e a cuarta vez que a carreira celebrouse no circuíto de Paul Ricard. A carreira levouse a cabo sobre 54 voltas ao circuíto de cinco quilómetros para cubrir unha distancia de 313 quilómetros.
Nome oficial | 62ème Grand Prix de France |
---|---|
Tipo | Gran Premio de Francia |
Deporte | automobilismo |
Parte de | Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1976 |
Distancia do evento | 54 |
Localización e Datas | |
Localización | Circuíto Paul Ricard (Le Castellet) 43°15′02″N 5°47′30″L / 43.250555555556, 5.7916666666667 |
Lonxitude | 5,842 km |
País | Francia |
Data | 4 de xullo de 1976 |
Competición | |
Primeiro posto | James Hunt |
Pole position | James Hunt |
Volta máis rápida | Niki Lauda |
A carreira foi gañada polo eventual campión do mundo de 1976 James Hunt pilotando un McLaren M23. Hunt gañou por doce segundos sobre o Tyrrell P34 de Patrick Depailler. Foi a segunda vitoria de Hunt no ano e a súa terceira vitoria nun Gran Premio, aínda que nese momento a súa apelación contra a descualificación da súa vitoria no Gran Premio de España aínda non se confirmara. Once segundos máis atrás na terceira posición quedou John Watson pilotando un Penske PC4. Foi o primeiro podio para ambos Watson e Penske, aínda que o resultado chegou logo de que o March 761 de Ronnie Peterson abandonara a tres voltas do final, logo Watson foi descualificado por unha irregularidade no alerón traseiro e, posteriormente, reincorporado logo dunha apelación.
O cuarto lugar foi ocupado polo novo piloto brasileiro Carlos Pace pilotando un Brabham BT45 por diante de Mario Andretti (Lotus 77) e o Tyrrell P34 de Jody Scheckter.
O vixente campión Niki Lauda retirouse co seu Ferrari 312T2 por un fallo no motor cando lideraba. Mentres que Hunt demostrou ser un potencial rival de Lauda que nese momento lideraba o campionato de 1976 por diante dos Tyrrell de Patrick Depailler (26 puntos) e Scheckter (24 puntos).
Clasificación
editarPos | Nº | Piloto | Construtor | Voltas | Tempo/Retirada | Grella | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|
1 | 11 | James Hunt | McLaren-Ford | 54 | 1:40:58.60 | 1 | 9 |
2 | 4 | Patrick Depailler | Tyrrell-Ford | 54 | + 12.70 | 3 | 6 |
3 | 28 | Reino Unido John Watson | Penske-Ford | 54 | + 23.55 | 8 | 4 |
4 | 8 | Carlos Pace | Brabham-Alfa Romeo | 54 | + 24.82 | 5 | 3 |
5 | 5 | Mario Andretti | Lotus-Ford | 54 | + 43.92 | 7 | 2 |
6 | 3 | Jody Scheckter | Tyrrell-Ford | 54 | + 55.07 | 9 | 1 |
7 | 34 | Hans Joachim Stuck | March-Ford | 54 | + 1:21.55 | 17 | |
8 | 16 | Tom Pryce | Shadow-Ford | 54 | + 1:30.67 | 16 | |
9 | 35 | Arturo Merzario | March-Ford | 54 | + 1:53.57 | 20 | |
10 | 20 | Jacky Ickx | Wolf-Williams-Ford | 53 | + 1 volta | 19 | |
11 | 7 | Carlos Reutemann | Brabham-Alfa Romeo | 53 | + 1 volta | 10 | |
12 | 17 | Jean-Pierre Jarier | Shadow-Ford | 53 | + 1 volta | 15 | |
13 | 21 | Michel Leclère | Wolf-Williams-Ford | 53 | + 1 volta | 22 | |
14 | 26 | Jacques Laffite | Ligier-Matra | 53 | + 1 volta | 13 | |
15 | 12 | Jochen Mass | McLaren-Ford | 53 | + 1 volta | 14 | |
16 | 18 | Brett Lunger | Surtees-Ford | 53 | + 1 volta | 23 | |
17 | 25 | Guy Edwards | Hesketh-Ford | 53 | + 1 volta | 25 | |
18 | 22 | Patrick Nève | Ensign-Ford | 53 | + 1 volta | 26 | |
19 | 10 | Ronnie Peterson | March-Ford | 51 | Sistema combstible | 6 | |
Ret | 19 | Alan Jones | Surtees-Ford | 44 | Suspensión | 18 | |
Ret | 9 | Vittorio Brambilla | March-Ford | 28 | Presión aceite | 11 | |
Ret | 30 | Emerson Fittipaldi | Fittipaldi-Ford | 21 | Presión aceite | 21 | |
Ret | 38 | Henri Pescarolo | Surtees-Ford | 19 | Suspensión | 24 | |
Ret | 2 | Clay Regazzoni | Ferrari | 17 | Motor | 4 | |
Ret | 1 | Niki Lauda | Ferrari | 8 | Motor | 2 | |
Ret | 6 | Gunnar Nilsson | Lotus-Ford | 8 | Caixa de cambios | 12 | |
Ret | 24 | Harald Ertl | Hesketh-Ford | 4 | Diferencial | 27 | |
NSC | 33 | Damien Magee | Brabham-Ford | ||||
NSC | 31 | Ingo Hoffmann | Fittipaldi-Ford | ||||
NSC | 32 | Loris Kessel | Brabham-Ford |
Posicións logo da carreira
editar
|
|
- Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación. Só os 7 mellores resultados das primeiras 8 roldas e os 7 mellores resultados das últimas 8 roldas contan para o campionato. Os números sen paréntese son os puntos do campionato, os números entre paréntese son o total de puntos anotados. Os puntos son exactos á conclusión da carreira e non inclúen os resultados modificados do Gran Premio de España de 1976 que foi recorrido.
Carreira anterior: Gran Premio de Suecia de 1976 |
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA Temporada 1976 |
Carreira seguinte: Gran Premio do Reino Unido de 1976 |
Carreira anterior: Gran Premio de Francia de 1975 |
Gran Premio de Francia | Carreira seguinte: Gran Premio de Francia de 1977 |
Notas
editarVéxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gran Premio de Francia de 1976 |
Ligazóns externas
editarA menos que se indique o contrario, todos os resultados da carreira tómanse de "The Official Formula 1 website". Arquivado dende o orixinal o 10 de decembro de 2014. Consultado o 2007-06-16.