Gran Premio de Francia de 1975
O Gran Premio de Francia de fórmula 1 de 1975 celebrouse no Circuíto Paul Ricard de Le Castellet o 6 de xullo de 1975. Foi a novena proba da tempada de Fórmula Un de 1975, o 53º Gran Premio de Francia e a terceira vez que a carreira celebrouse no circuíto de Paul Ricard. A carreira levouse a cabo sobre 54 voltas ao circuíto de cinco quilómetros para cubrir unha distancia de 313 quilómetros.
Nome oficial | 61ème Grand Prix de France |
---|---|
Tipo | Gran Premio de Francia |
Deporte | automobilismo |
Parte de | Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1975 |
Distancia do evento | 54 |
Localización e Datas | |
Localización | Circuíto Paul Ricard (Le Castellet) 43°15′02″N 5°47′30″L / 43.250555555556, 5.7916666666667Coordenadas: 43°15′02″N 5°47′30″L / 43.250555555556, 5.7916666666667 |
Lonxitude | 5,842 km |
País | Francia |
Data | 6 de xullo de 1975 |
Competición | |
Primeiro posto | Niki Lauda |
Pole position | Niki Lauda |
Volta máis rápida | Jochen Mass |
A carreira foi gañada polo líder en puntos do campionato do mundo, o piloto austríaco Niki Lauda pilotando un Ferrari 312T. Lauda gañou a carreira de xeito dramático nunha dura pelexa co piloto británico James Hunt no seu Hesketh 308 mentres que o piloto de Alemaña Occidental Jochen Mass completaba o podio no seu McLaren M23. Foi a cuarta vitoria de Lauda na tempada, dándolle unha vantaxe de 22 puntos sobre o Brabham de Carlos Reutemann.
Resumo da carreira
editarNiki Lauda sufría de gripe e sen dúbida non estaba na súa mellor forma. Jean-Pierre Jarier trouxo un sorriso ós afeccionados franceses establecendo o tempo máis rápido do venres. Jody Scheckter pilotaba o novo e lixeiro Tyrrell 007 logrando unha marca de velocidade de 306 km/h.
Na liña de saída, Tom Pryce quedou sen embrague e retirouse pouco despois. Lauda lideraba a Scheckter, James Hunt e Jochen Mass. Clay Regazzoni alcanzou un fantástico segundo lugar antes de que o seu motor explotara, Scheckter fíxose coa posición antes de que Hunt o pasase na volta oito. Lauda e Hunt mantivéronse primeiro e segundo, mentres que Scheckter, loitando cunha catastrófica dirección tivo que ceder ante Mass e Emerson Fittipaldi.
Jarier fixo un magnífico adiantamento para poñerse por diante de Fittipaldi, pero os problemas no limitador de revolucións fixeronlle caer de novo na clasificación con problemas de potencia. Mario Andretti e Patrick Depailler corrían con brillantez, avanzando desde a undécima á quinta e da 19ª á sexta posición respectivamente.
Alan Jones loitaba con Ronnie Peterson e Carlos Reutemann cando fixo un trompo. Reutemann sufría de problemas de pneumáticos e perdeu unha volta, mentres que John Watson saíuse nunha zona de escape. Vittorio Brambilla retirouse cun problema de amortecedores, a Wilson Fittipaldi explotoulle o seu motor, Jacky Ickx, Mark Donohue e Carlos Pace romperon os eixes de transmisión. Jochen Mass estaba en rápida persecución de James Hunt e Niki Lauda na última volta estaba só a 2´4 segundos por detrás deles. Pero, unha excelente manobra deu a Hunt o espazo que necesitaba. Na última curva, Lauda saíuse fóra de pista, pero recuperou o coche magnificamente para levarse a vitoria por menos de dous segundos.
Clasificación
editarPos | Nº | Piloto | Construtor | Voltas | Tempo/Retirada | Grella | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|
1 | 12 | Niki Lauda | Ferrari | 54 | 1:40:18.84 | 1 | 9 |
2 | 24 | James Hunt | Hesketh-Ford | 54 | + 1.59 | 3 | 6 |
3 | 2 | Jochen Mass | McLaren-Ford | 54 | + 2.31 | 7 | 4 |
4 | 1 | Emerson Fittipaldi | McLaren-Ford | 54 | + 39.77 | 10 | 3 |
5 | 27 | Mario Andretti | Parnelli-Ford | 54 | + 1:02.08 | 15 | 2 |
6 | 4 | Patrick Depailler | Tyrrell-Ford | 54 | + 1:07.40 | 13 | 1 |
7 | 23 | Tony Brise | Hill-Ford | 54 | + 1:09.61 | 12 | |
8 | 17 | Jean-Pierre Jarier | Shadow-Ford | 54 | + 1:19.78 | 4 | |
9 | 3 | Jody Scheckter | Tyrrell-Ford | 54 | + 1:31.68 | 2 | |
10 | 5 | Ronnie Peterson | Lotus-Ford | 54 | + 1:36.02 | 17 | |
11 | 21 | Jacques Laffite | Williams-Ford | 54 | + 1:36.77 | 16 | |
12 | 15 | Jean-Pierre Jabouille | Tyrrell-Ford | 54 | + 1:37.13 | 21 | |
13 | 18 | John Watson | Surtees-Ford | 53 | + 1 volta | 14 | |
14 | 7 | Carlos Reutemann | Brabham-Ford | 53 | + 1 volta | 11 | |
15 | 31 | Gijs Van Lennep | Ensign-Ford | 53 | + 1 volta | 22 | |
16 | 22 | Alan Jones | Hill-Ford | 53 | + 1 volta | 20 | |
17 | 14 | Bob Evans | BRM | 52 | + 2 voltas | 25 | |
18 | 10 | Lella Lombardi | March-Ford | 50 | + 4 voltas | 26 | |
Ret | 8 | Carlos Pace | Brabham-Ford | 26 | Transmisión | 5 | |
Ret | 6 | Jacky Ickx | Lotus-Ford | 17 | Freos | 19 | |
Ret | 30 | Wilson Fittipaldi | Fittipaldi-Ford | 14 | Motor | 23 | |
Ret | 9 | Vittorio Brambilla | March-Ford | 6 | Chasis | 8 | |
Ret | 11 | Clay Regazzoni | Ferrari | 6 | Motor | 9 | |
Ret | 28 | Mark Donohue | Penske-Ford | 6 | Transmisión | 18 | |
Ret | 16 | Tom Pryce | Shadow-Ford | 2 | Transmisión | 6 | |
NTS | 20 | François Migault | Williams-Ford | 0 | Non arrincou | 24 |
Posicións logo da carreira
editar
|
|
- Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación. Só os 6 mellores resultados das primeiras 7 roldas e os 6 mellores resultados das últimas 7 roldas contan para o campionato. Os números sen paréntese son os puntos do campionato, os números entre paréntese son o total de puntos anotados.
Carreira anterior: Gran Premio dos Países Baixos de 1975 |
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA Temporada 1975 |
Carreira seguinte: Gran Premio do Reino Unido de 1975 |
Carreira anterior: Gran Premio de Francia de 1974 |
Gran Premio de Francia | Carreira seguinte: Gran Premio de Francia de 1976 |
Notas
editarVéxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gran Premio de Francia de 1975 |
Ligazóns externas
editarA menos que se indique o contrario, todos os resultados da carreira tómanse de "The Official Formula 1 website". Consultado o 2007-06-15.