Jacques Laffite
Jacques Laffite | |
![]() | |
Carreira na Fórmula 1 | |
Nacionalidade | ![]() |
---|---|
Anos en activo | 1974-1986 |
Escudería(s) | Iso Marlboro, Ligier, Williams |
Grandes Premios disputados | 180 (176 saídas) |
Campionatos | 0 |
Vitorias | 6 |
Podios | 32 |
Pole positions | 7 |
Voltas rápidas | 7[1][2][3][4] |
Primeiro GP | Gran Premio de Alemaña de 1974 |
Primeira vitoria | Gran Premio de Suecia de 1977 |
Derradeira vitoria | Gran Premio do Canadá de 1981 |
Derradeiro GP | Gran Premio do Reino Unido de 1986 |
Jacques-Henri Laffite (nado en París, 21 de novembro de 1943) é un expiloto francés de carreiras que competiu en Fórmula 1 de 1974 a 1986. Logrou seis vitorias en Grandes Premios, pilotando para o equipo Ligier. Agora é comentarista de televisión na televisión francesa TF1.
Andaina na Fórmual 1Editar
Laffite debutou na Fórmula Un en 1974 no equipo de Frank Williams Iso Marlboro. Ao ano seguinte competiu no mesmo equipo, renomeado como Williams, logrando un 2º posto no Gran Premio de Alemaña en Nürburgring.
En 1976 Laffite fichou polo equipo francés Ligier, anotando 20 puntos, e unha pole position no Gran Premio de Italia. As dúas seguintes tempadas foron de transición, aínda que gañou o seu primeiro Gran Premio en Anderstorp no Gran Premio de Suecia de 1977.
A tempada 1979 comezou con Laffite gañando as dúas primeiras carreiras. Loitou polo Campionato do Mundo ata as últimas carreiras, pero finalmente rematou cuarto, con 36 puntos. As dúas tempadas seguintes foron similares, con dous cuartos lugares máis no campionato e 3 vitorias máis. En 1982, Laffite terminou 17º na clasificación final, con só 5 puntos anotados.
Os resultados nas seguintes dúas tempadas non foron moito mellores, cando volveu a Inglaterra, correu de novo con Williams (11 e 5 puntos, respectivamente). Con corenta anos, Laffite regresou a Ligier en 1985, nesa tempada acadou o podio en tres ocasións (Reino Unido, Alemaña e Australia), acadando un total de 16 puntos. En 1986, anotou 14 puntos, incluíndo dous podios na primeira metade da tempada, pero rompeu as dúas pernas nun accidente no inicio do GP do Reino Unido en Brands Hatch, e, posteriormente, retirouse da Fórmula Un. Foi o piloto máis exitoso na historia de Ligier, gañando seis das súas nove vitorias.
Despois da Fórmula UnEditar
Laffite xa recuperado das súas lesións competiu en carreiras de turismos. É comentarista de televisión da rede francesa TF1, coñecido pola súa reacción ante o incidente no Gran Premio de Europa de 1997 no que Michael Schumacher chocou con Jacques Villeneuve, e Laffite reaccionou con malas palabras en directo na televisión.
En outubro de 2008, á idade de 64 anos, puxo a proba un Renault R27 de F1 no circuíto de Paul Ricard..[5]
HistorialEditar
Resultados completos no Campionato Europeo de Fórmual dousEditar
(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.
Ano | Equipo | Chasis | Motor | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | Pos | Pts |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1974 | BP Racing France | March 742 | BMW M12 | BAR Ret |
HOC 10 |
PAU 2 |
SAL 1 |
HOC 2 |
MUG Ret |
KAR 3 |
PER 7 |
HOC 18 |
VAL 3 |
3º | 31 | ||||
1975 | Écurie Elf Ambrozium | Martini Mk 16 | BMW M12 | EST 1 |
THR 1 |
HOC Ret |
NÜR 1 |
PAU 1 |
HOC 1 |
SAL NC |
ROU Ret |
MUG Ret |
PER 1 |
SIL Ret |
ZOL Ret |
NOG Ret |
VAL 2 |
1st | 63 |
1976 | Fred Opert Racing | Chevron B35 | BMW | HOC |
THR |
VAL |
SAL |
PAU 2† |
HOC |
ROU |
MUG |
PER |
EST |
NOG 2† |
— | 0 | |||
Willi Kauhsen Racing Team | March 762 | Hart | HOC Ret |
||||||||||||||||
1977 | Fred Opert Racing | Chevron B40 | Hart | SIL |
THR |
HOC 7 |
NÜR |
VAL |
PAU 10 |
MUG |
ROU |
NOG Ret |
PER |
MIS |
EST |
DON |
— | 0 | |
1978 | Maublanc Racing Team | March 782 | BMW | THR |
HOC |
NÜR |
PAU 11 |
MUG |
VAL |
ROU |
DON |
— | 0 | ||||||
Ecurie Univac | NOG Ret |
PER |
MIS |
HOC |
† Jacques Laffite non podia puntuar porque xa anotara puntos na F1.
Resultados completos na Fórmula UnEditar
(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.
Resultados completos nas 24 Horas de Le MansEditar
Ano | Clase | Nº | Pneu. | Coche | Equipo | Co-Pilotos | Voltas | Pos. | Clase Pos. |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1972 | S 3.0 |
22 | Ligier JS2 Maserati 3.0L V6 |
Automobiles Ligier | Pierre Maublanc | 195 | DNF | DNF | |
1973 | S 3.0 |
62 | Ligier JS2 Maserati 3.0L V6 |
Automobiles Ligier | Guy Ligier | 24 | DSC | DSC | |
1974 | S 3.0 |
15 | Ligier JS2 Maserati 3.0L V6 |
Automobiles Ligier | Alain Serpaggi | 310 | 8º | 5º | |
1977 | S +2.0 |
8 | Renault Alpine A442 Renault 2.0L Turbo V6 |
Renault Sport | Patrick Depailler | 289 | DNF | DNF | |
1978 | S +2.0 |
10 | Mirage M9 Renault 2.0L Turbo V6 |
Grand Touring Cars Inc. | Vern Schuppan Sam Posey |
293 | 10º | 5º | |
1990 | C1 | 6 | G | Porsche 962C Porsche Type-935 3.0L Turbo Flat-6 |
Joest Porsche Racing | Henri Pescarolo Jean-Louis Ricci |
328 | 14º | 14º |
1993 | GT | 71 | D | Venturi 500LM Renault PRV 3.0 L Turbo V6 |
Jacadi Racing | Michel Maisonneuve Christophe Dechavanne |
210 | DNF | DNF |
1994 | GT2 | 49 | P | Porsche 911 Carrera RSR Porsche 3.8 L Flat-6 |
Larbre Compétition | Jacques Alméras Jean-Marie Alméras |
94 | DNF | DNF |
1996 | GT1 | 38 | M
|
McLaren F1 GTR BMW S70 6.1L V12 |
Team Bigazzi SRL | Steve Soper Marc Duez |
318 | 11º | 9º |
NotasEditar
- ↑ En Xapón en 1976 anunciouse que a volta rápida fora establecida por Masahiro Hasemi na volta 25, pero isto foi un erro de medición, e, varios días despois, o circuíto emitiu un comunicado para corrixir o titular da volta rápida da carreira que foi Jacques Laffite cun tempo de 1:19.97 na volta 70. Isto foi recoñecido rapidamente no Xapón, a Federación de Automóbiles do Xapón (JAF) e os medios de comunicación xaponeses corregieron o record. Pero, esta corrección non foi moi coñecida fóra do Xapón, polo tanto, Hasemi figura como o titular do record da volta rápida da carreira en moitos libros de rexistro incluíndo a páxina web oficial da Fórmula Un.
- ↑ "Motorsport competition results: 1976 F1 World Championship in Japan" (en Japanese). Japan Automobile Federation. Consultado o 2010-12-17.
- ↑ "Archive: 1976 F1 World Championship in Japan" (en Japanese). Nikkan Sports News. 1976-10-25 (original issued date). Consultado o 2010-12-17.
- ↑ "1976 Japanese Grand Prix". Formula One Administration Ltd. Consultado o 2010-12-17.
- ↑ "Jacques Laffite tests Renault F1 car". ESPN F1.com. 13 October 2008. Consultado o 13 October 2008.