Autódromo do Estoril
Autódromo do Estoril | |
---|---|
Plano do Circuíto | |
Datos | |
Carreiras | |
Localización | Estoril, Portugal |
Lonxitude | 4,182 km. |
Curvas | 13 |
Volta rápida (1993) | 1:14.859 |
Piloto récord | Damon Hill |
Escudería récord | Williams-Renault |
Coordenadas | |
Vista do Circuíto | |
O Autódromo do Estoril, cuxo nome oficial é Autódromo Fernanda Pires da Silva, é unha pista de carreiras de 4,36 km en Portugal, e foi a sede do Gran Premio de Portugal de Fórmula 1 entre 1984 e 1996.
Actualmente, e desde a tempada do 2000, é sede do Gran Premio de Motociclismo de Portugal nas súas tres categorías (Moto3, Moto2 e MotoGP).
Características
editarO circuíto de Estoril foi construído en 1972 nunha meseta rochosa preto de Estoril, Portugal. O circuíto ten dúas curvas moi pechadas, en forma de grampa, subidas, baixadas e unha longa recta onde se sitúa a meta. Nos primeiros anos realizáronse moitas competicións nacionais e ocasionalmente carreiras de Fórmula 2. Con todo, a falta de mantemento quitoulle posibilidades de ser utilizada para a Fórmula 1 ata 1984, ano en que de novo estivo a punto.
A través dos anos o circuíto de Estoril adoeceu de problemas de seguridade, e varias veces non logrou aprobar as inspeccións. Ademais, os ventos son frecuentes no autódromo.
Cabe destacar que este foi o último circuíto de Fórmula 1 no que non había chicanes. Con todo, tras a morte de Ayrton Senna no Gran Premio de San Marino de 1994, en Imola, decidiuse pór unha chicane na curva de "tanque", pasándose a chamar "chicane Gancho".
Todos os gañadores de Fórmula 1, no circuíto de Estoril
editarAno | Piloto | Auto | Duración | Lonxitude | Voltas | Velocidade media | Data | GP de |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1984 | Alain Prost | McLaren-TAG-Porsche | 1:41:11,753 h | 4´350 km | 70 | 180´541 km/h | 21. outubro | Portugal |
1985 | Ayrton Senna | Lotus-Renault | 2:00:28,006 h | 4´350 km | 67 | 145´160 km/h | 21. abril | |
1986 | Nigel Mansell | Williams-Honda | 1:37:21,900 h | 4´350 km | 70 | 187´644 km/h | 21. setembro | |
1987 | Alain Prost | McLaren-TAG-Porsche | 1:37:03,906 h | 4´350 km | 70 | 188´224 km/h | 20. setembro | |
1988 | Alain Prost | McLaren-Honda | 1:37:40,958 h | 4´350 km | 70 | 18´034 km/h | 25. setembro | |
1989 | Gerhard Berger | Ferrari | 1:36:48,546 h | 4´350 km | 71 | 191´418 km/h | 24. setembro | |
1990 | Nigel Mansell | Ferrari | 1:22:11,014 h | 4´350 km | 61 | 193´725 km/h | 23. setembro | |
1991 | Riccardo Patrese | Williams-Renault | 1:35:42,304 h | 4´350 km | 71 | 193´626 km/h | 22. setembro | |
1992 | Nigel Mansell | Williams-Renault | 1:34:46,659 h | 4´350 km | 71 | 195´521 km/h | 27. setembro | |
1993 | M. Schumacher | Benetton-Ford | 1:32:46,309 h | 4´350 km | 71 | 199´748 km/h | 26. setembro | |
1994 | Damon Hill | Williams-Renault | 1:41:10,165 h | 4´360 km | 71 | 183´589 km/h | 25. setembro | |
1995 | David Coulthard | Williams-Renault | 1:41:52,145 h | 4´360 km | 71 | 182´328 km/h | 24. setembro | |
1996 | J. Villeneuve | Williams-Renault | 1:40:22,915 h | 4´360 km | 70 | 182´423 km/h | 22. setembro |
Récord: N.Mansell / A.Prost (3 Veces)