Gran Premio do oeste dos Estados Unidos de 1978
O Gran Premio do oeste dos Estados Unidos de 1978 foi unha carreira de automobilismo de Fórmula 1, celebrada o 2 de abril de 1978 no circuíto de Long Beach en California. Foi a cuarta carreira da tempada de 1978.
Nome oficial | Long Beach Grand Prix |
---|---|
Tipo | Gran Premio do oeste dos Estados Unidos |
Deporte | automobilismo |
Parte de | Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1978 |
Distancia do evento | 80 |
Localización e Datas | |
Localización | Circuíto urbano de Long Beach (Long Beach) 33°45′52″N 118°11′27″O / 33.764381, -118.190792 |
País | Estados Unidos de América |
Data | 2 de abril de 1978 |
Competición | |
Primeiro posto | Carlos Reutemann |
Pole position | Carlos Reutemann |
Volta máis rápida | Alan Jones |
Resumo
editarCarlos Reutemann logrou o liderado a metade da carreira cando o Ferrari do seu compañeiro Gilles Villeneuve, estrelouse, e gañou por once segundos. Foi a segunda vitoria americana para o arxentino, que tamén gañou con Brabham en Watkins Glen en 1974. O americano Mario Andretti terminou en segunda posición.
No inicio do fin de semana, aínda que só 22 coches podían partir da grella, había 30 participantes, o que requiriu unha hora de sesión de precualificación o venres pola mañá para os oito membros non FICA. Destes oito, os catro máis rápidos uniríanse o resto dos pilotos na clasificación para un dos 22 postos de partida.
Niki Lauda, que colocara o seu Ferrari na pole para a carreira do ano anterior, estableceu de novo o ritmo inicial, esta vez nun Brabham. Pero, a última hora da sesión da mañá do venres, Reutemann logrou a mellor marca cun 1:20.99 e finalmente logrou a mellor do día con 1:20.636. Como era habitual en Long Beach, varios pilotos romperon a súas caixas de cambio, e o sábado, aínda que o clima era mellor, ninguén foi capaz de mellorar o tempo de Reutemann. As tres primeiras filas da grella definitiva foron ocupadas por tres equipos, xa que Villeneuve completou a primeira fila para os Ferrari, os pilotos do equipo Brabham Lauda e John Watson foron terceiro e quinto, e os de Lotus, Andretti e Ronnie Peterson foron cuarto e sexto.
Un fermoso día e 75.000 afeccionados presenciaron a carreira do domingo. A saída trasladarase desde diante dos boxes en Ocean Boulevard á curva "lineal" na liña de costa co fin de evitar outra montoneira na primeira curva. A estratexia pareceu funcionar, e todo o mundo pasou limpamente, aínda que freada no final da curva de John Watson polo interior fíxoo saír da pista e forzou a Reutemann a abrirse para esquivalo, así Villeneuve quedou na cabeza a medida que saían.
Logo dunha volta, a orde era Villeneuve, Watson, Lauda, Reutemann, Andretti, Alan Jones, James Hunt e Peterson. Na cabeza dun Gran Premio por primeira vez, Villeneuve conducía magnificamente, e comezou a ampliar a súa vantaxe. Na sexta volta, Hunt golpeou o muro no ápice da última curva antes da recta de boxes e golpeou a súa roda dianteira dereita. Tres voltas despois, Watson retirouse da segunda posición co motor roto. Andretti caeu de novo ao cuarto posto, logo de elixir mal os seus pneumáticos Goodyears e Jones estábase acercándose a el rapidamente. Na volta 19, o Williams pasouno e saíu tras Reutemann.
Villeneuve tiña unha vantaxe de dous segundos e Reutemann estaba empuxando duro a Lauda polo segundo lugar. De súpeto, na volta 28, o Brabham saíu recto na curva un, coma se fallaran os freos. Lauda detívose sen perigo , pero, saíu e quitouse o casco. Un fallo eléctrico apagara o motor. Mentres tanto, Jones alcanzara a Reutemann, e os tres primeiros estaban separados por só 2´5 segundos.
Na volta 39, xusto antes da metade da carreira, Villeneuve chegou a dobrar a Clay Regazzoni, quen se atopaba nunha batalla con Jean-Pierre Jabouille de Renault. En lugar de esperar ata a recta, o canadense tratou de adiantalo na sección revirada que conduce a Ocean Boulevard. Simplemente non había espazo, e cando Regazzoni freou antes do esperado por Villeneuve, a roda dianteira dereita do Ferrari golpeou a parte traseira esquerda do Shadow e saíu lanzado contra a parede. Afortunadamente, ninguén resultou ferido.
Isto deixou a Reutemann á cabeza, por diante de Jones, cunha gran brecha sobre Andretti. Volta tras volta, Jones perseguiu a Reutemann, pero o Ferrari era demasiado rápido nas rectas para podelo adiantar. Por na volta 47, con Jones na cola do Ferrari, as ás dianteiras da Williams estrañamente colapsáronse, como resultado dun fallo de fabricación. Jones continuou a batalla, pero comezou a perder ao redor dun segundo por volta. Para aumentar a desgraza do australiano, a presión do combustible comezou a fallar.marchaba a tiróns como se o motor cuspira, e ás veces, cortaba por completo. Pasárono un coche tras outro, o Williams caeu ata o oitavo lugar. A consecución da volta rápida na volta 27 e o adiantamento a Emerson Fittipaldi na última volta, logrando o sétimo lugar foron os seus únicos consolos logo dunha pilotaxe espectacular.
Reutemann cruzou á meta, mantendo once segundos de diferenza sobre Andretti, quen tiña un coxín similar sobre Patrick Depailler terceiro.
Clasificación
editarPos | Nº | Piloto | Construtor | Voltas | Tempo/Retirada | Grella | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|
1 | 11 | Carlos Reutemann | Ferrari | 80 | 1:52:01.301 | 1 | 9 |
2 | 5 | Mario Andretti | Lotus-Ford | 80 | +11.061 segs | 4 | 6 |
3 | 4 | Patrick Depailler | Tyrrell-Ford | 80 | +28.951 segs | 12 | 4 |
4 | 6 | Ronnie Peterson | Lotus-Ford | 80 | +45.603 segs | 6 | 3 |
5 | 26 | Jacques Laffite | Ligier-Matra | 80 | +1:22.884 | 14 | 2 |
6 | 35 | Riccardo Patrese | Arrows-Ford | 79 | +1 volta | 9 | 1 |
7 | 27 | Alan Jones | Williams-Ford | 79 | +1 volta | 8 | |
8 | 14 | Emerson Fittipaldi | Fittipaldi-Ford | 79 | +1 volta | 15 | |
9 | 36 | Rolf Stommelen | Arrows-Ford | 79 | +1 volta | 18 | |
10 | 17 | Clay Regazzoni | Shadow-Ford | 79 | +1 volta | 20 | |
11 | 10 | Jean-Pierre Jarier | ATS-Ford | 75 | +5 voltas | 19 | |
12 | 8 | Patrick Tambay | McLaren-Ford | 74 | Accidente | 11 | |
Ret | 20 | Jody Scheckter | Wolf-Ford | 59 | Accidente | 10 | |
Ret | 19 | Vittorio Brambilla | Surtees-Ford | 50 | Transmisión | 17 | |
Ret | 15 | Jean-Pierre Jabouille | Renault | 43 | Turbo | 13 | |
Ret | 12 | Gilles Villeneuve | Ferrari | 38 | Accidente | 2 | |
Ret | 1 | Niki Lauda | Brabham-Alfa Romeo | 27 | Encendido | 3 | |
Ret | 3 | Didier Pironi | Tyrrell-Ford | 25 | Caixa de cambios | 22 | |
Ret | 37 | Arturo Merzario | Merzario-Ford | 17 | Caixa de cambios | 21 | |
Ret | 9 | Jochen Mass | ATS-Ford | 11 | Freos | 16 | |
Ret | 2 | John Watson | Brabham-Alfa Romeo | 9 | Caixa de cambios | 5 | |
Ret | 7 | James Hunt | McLaren-Ford | 5 | Accidente | 7 | |
NTS | 18 | Rupert Keegan | Surtees-Ford | Accidente na práctica | |||
NTS | 16 | Hans Joachim Stuck | Shadow-Ford | Accidente na práctica | |||
NSC | 30 | Brett Lunger | McLaren-Ford | ||||
NSC | 22 | Lamberto Leoni | Ensign-Ford | ||||
NSCP | 32 | Keke Rosberg | Theodore-Ford | ||||
NSCP | 25 | Héctor Rebaque | Lotus-Ford | ||||
NSCP | 39 | Danny Ongais | Shadow-Ford | ||||
NSCP | 24 | Derek Daly | Hesketh-Ford |
Posicións logo da carreira
editar
|
|
- Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación.
Carreira anterior: Gran Premio de Suráfrica de 1978 |
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA Temporada 1978 |
Carreira seguinte: Gran Premio de Mónaco de 1978 |
Carreira anterior: Gran Premio do oeste dos Estados Unidos de 1977 |
Gran Premio do oeste dos Estados Unidos | Carreira seguinte: Gran Premio do oeste dos Estados Unidos de 1979 |
Notas
editar- Líderes por volta: Gilles Villeneuve 38 voltas (1-38); Carlos Reutemann 42 voltas (39-80).
- Keegan e Stuck lograron os tempos 22º e 23º máis rápido na cualificación, pero non puideron estar na grella debido aos accidentes na práctica. Pironi, que era o 24º , entrou na grella, evitando a vergonza de converterse no primeiro piloto que non cualificará un coche oficial de Tyrrell.
- A vitoria levou a Reutemann a empatar con Andretti na clasificación logo de só catro carreiras, pero Mario lograría seis vitorias e o campionato co Lotus 79 antes de que o campionato volvera a América en Watkins Glen no outono.
- Rob Walker (xullo de 1978). "3rd United States Grand Prix West: Road Show". Road & Track, 135-140.
Ligazóns externas
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gran Premio do oeste dos Estados Unidos de 1978 |
A Galipedia ten un portal sobre: Fórmula 1 |