Long Beach
Coordenadas: 33°46′00″N 118°11′17″O / 33.76667, -118.18806
Long Beach é unha cidade estadounidense situada no condado dos Ánxeles, no estado de California. No censo do ano 2010 tiña unha poboación de 462 257 habitantes, sendo a 39º cidade mais poboada dos Estados Unidos, a 7º de California e a segunda da área metropolitana dos Ánxeles.
Long Beach | |||
---|---|---|---|
Long Beach | |||
Localización | |||
País | ![]() | ||
Estado | ![]() | ||
Condado | Condado dos Ánxeles | ||
Xeografía | |||
Altitude | 9 msnm | ||
Superficie | 133,223 km² | ||
Demografía | |||
Poboación | 462 257 hab. (2010) | ||
Densidade | 3,607.56 hab./km² | ||
Outros datos | |||
Código postal | 90801–90810, 90813–90815, 90822, 90831–90835, 90840, 90842, 90844, 90846–90848, 90853, 90895, 90899 | ||
Alcalde | Robert Garcia | ||
Páxina oficial |
A cidade é sede dun aeroporto nacional e do maior porto marítimo industrial da rexión dos Ánxeles. A serie de televisión M.D. está ambientada nesta cidade, e alí celebrouse unha final da Liga Mundial de Wáter-polo. Na cidade tamén se atopa o Circuíto urbano de Long Beach, que albergou carreiras de Fórmula 1.
Long Beach atópase na esquina sueste do condado dos Ánxeles e limita co condado de Orange. O centro de Long Beach está aproximadamente a 35 quilómetros ao sur do centro dos Ánxeles, aínda que as dúas cidades comparten unha fronteira de varias millas.
DemografíaEditar
Segundo a Oficina do Censo, no ano 2000 os ingresos medios por fogar na localidade eran de $37,270, e os ingresos medios por familia eran $40,002. Os homes tiñan uns ingresos medios de $36,807 fronte aos $31,975 para as mulleres. A renda per cápita era de $19,040. Segundo o censo de 2010, arredor do 20,2% da poboación estaba por debaixo do limiar de pobreza.[1]
Cidades irmásEditar
NotasEditar
- ↑ "Long Beach (city) QuickFacts" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 04 de setembro de 2012.
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Long Beach |
Ligazóns externasEditar
- Páxina oficial (en inglés)