Valparaíso
Coordenadas: 33°03′S 71°37′O / -33.050, -71.617
Valparaíso é unha cidade, porto e comuna de Chile, capital da provincia e rexión de Valparaíso. Sitúase uns 117 km da capital do país, Santiago de Chile. É o centro histórico, administrativo, universitario e principal núcleo urbano da Área Metropolitana de Valparaíso, que forma xunto ás comunas de Viña del Mar, Quilpué, Villa Alemana e Concón. Segundo o censo 2012 conta cunha poboación estimada de 300.000 persoas, que ascende a 1.040.000 habitantes se incluímos a súa conurbación, sendo a terceira cidade e área metropolitana máis poboada de Chile, por detrás da de Santiago e Concepción.
Valparaíso | |||
---|---|---|---|
| |||
![]() | |||
Imaxes da cidade | |||
Localización | |||
País | ![]() | ||
Rexión | Rexión de Valparaíso | ||
Provincia | Provincia de Valparaíso | ||
Xeografía | |||
Altitude | 10 msnm | ||
Superficie | 401,6 km² | ||
Demografía | |||
Poboación | 284.630 hab. (2012) | ||
Densidade | 710 hab/km² | ||
Outros datos | |||
Alcalde | Jorge Castro Muñoz | ||
Páxina oficial de Valparaíso |
Valparaíso é sede do Congreso Nacional, da Comandancia da Armada de Chile e doutras institucións do Estado de carácter nacional como o Consello Nacional da Cultura e as Artes, a Subsecretaría de Pesca, os servizos de Aduanas e de Pesca e Acuicultura. É o principal porto de Chile e un dos máis importantes do Pacífico Sur.[1] Ademais a cidade é sede dalgunhas das universidades máis prestixiosas do país como a Pontificia Universidade Católica de Valparaíso, Universidade de Praia Ancha, Universidade de Valparaíso e Universidade Técnica Federico Santa María.
Geograficamente, a cidade preséntase en forma dun grande anfiteatro natural, na baía homónima e rodeada de cerros, nos cales vive a maior parte da poboación.[2] Entre o pé dos cerros e o mar fórmase o Plan, centro administrativo, comercial e financeiro da cidade; mentres o bordemar é ocupado polo porto.
Debido á súa riqueza arquitectónica desenvolvida principalmente a fins do século XIX,[3] en 2003 o seu centro histórico foi declarado Patrimonio da Humanidade pola Unesco, converténdose no terceiro sitio chileno protexido polo organismo internacional, tralo Parque nacional Rapa Nui e 16 igrexas de Chiloé.[3]
O poeta chileno Pablo Neruda tiña unha casa na cidade.
Centro histórico da cidade portuaria de Valparaíso | |
---|---|
![]() Vista da baía, o porto e os outeiros de Valparaíso. | |
Patrimonio da Humanidade - UNESCO | |
País | ![]() |
Tipo | Cultural |
Criterios | III |
Inscrición | 2003 (27ª sesión) |
Rexión da UNESCO | Latino América e o Caribe |
Identificador | 959 |
Notas Editar
- ↑ "Ranking Portos 2015". AméricaEconomía. Consultado o 3 de agosto de 2015.[Ligazón morta]
- ↑ Cidade de Valparaíso. "Cerros de Valparaíso, o paréntesis visual da cidade". Archived from the original on 20 de setembro de 2011. Consultado o 30 de xaneiro de 2011.
- ↑ 3,0 3,1 "Barrio histórico da cidade portuaria de Valparaíso". Consultado o 2 de novembro de 2014.[Ligazón morta]
Véxase tamén Editar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Valparaíso |