ATS F1
Nome completo | ATS (Auto Technisches Spezialzubehör) |
---|---|
Bandeira | |
Baseada en | Alemaña |
Tempadas en activo | 8 (1977-1984) |
Número de pilotos | Jean-Pierre Jarier Keke Rosberg Manfred Winkelhock Eliseo Salazar Gerhard Berger |
Debut | Gran Premio do oeste dos Estados Unidos de 1977 |
Carreiras | 101 |
Campionatos de Construtores | 0 |
Campionatos de Pilotos | 0 |
Vitorias | 0 (mellor posición: 5º, Gran Premio dos Estados Unidos de 1979 e Brasil 1982 e G.P. San Marino) |
Pole positions | 0 (mellor posición: 4º, Gran Premio do oeste dos Estados Unidos de 1980) |
Voltas Rápidas | 0 |
Puntos totais | |
Derradeiro GP | Gran Premio de Portugal de 1984 |
ATS foi un equipo alemán de Fórmula 1, o nome é o da marca de rodas alemán Auto Technisches Spezialzubehör. A compañía ten a súa sede en Bad Dürkheim cerca de Hockenheimring, o seu equipo estivo activo na Fórmula 1 entre 1977 e 1984.
Fabricante de rodas
editarA empresa ATS creou unhas novas lamias lixeiras e revolucionarias para Porsche e VW. ATS fabricou unha roda de 5 raios de aliaxe de aluminio lixeiro para AMG, a gama de alto rendemento de Mercedes-Benz, nos anos 1970 e 1980. Esta roda de 5 raios coñécese popularmente como roda AMG ou "Penta". A roda AMG "Penta" de raios de ATS, foi deseñada por Hans-Werner Aufrecht en 1979, foi a primeira lamia de aliaxe de aluminio comercializada por AMG cando aínda era unha compañía de tuning independente.
Equipo de Fórmula Un
editarO propietario de ATS Günther Schmidt patrocinara diversos acontecementos nos deportes de motor nacional, antes de decatarse de que as carreiras de Gran Premio eran o xeito ideal de publicitar a súa marca. Debido ao seu temperamento, era moi difícil de traballar Schmidt, e durante toda a súa historia tivo unha gran e rápida rotación de persoal.
Os anos 1970
editarEn 1977, ATS comprou o chasis PC4 sobrante de Penske Racing. Jean-Pierre Jarier asinou para pilotar o coche, quedando sexto no debut do equipo no Gran Premio do oeste dos Estados Unidos.
Un segundo coche foi inscrito no Gran Premio de Alemaña de 1977 co corredor alemán Hans Heyer. Heyer non se clasificou, pero o piloto tomou a saída de todos os xeitos diante do seu público en Hockenheimring. Os organizadores da carreira só se deron conta cando se retirou coa engrenaxe de rodas rota. Hans Binder tomaría entón o segundo coche para o resto da tempada, aínda que o equipo perdeuse as tres últimas carreiras do ano.
Robin Herd de March Engineering foi recrutado para construír o primeiro e xenuíno coche ATS de Fórmula 1, o HS1 pilotado por Jarier e Jochen Mass. Jarier chegou oitavo no Gran Premio de Suráfrica, pero foi despedido logo dunha discusión con Schmidt, e substituído por Alberto Colombo para o Gran Premio de Bélxica. Logo de dous fracasos para cualificar, Colombo tamén foi despedido e substituído por Keke Rosberg ata o Gran Premio de Alemaña. Alí, regresou Jarier, logo de arranxar as súas diferenzas con Schmidt, pero non logrou cualificar e foi despedido de novo. Binder regresou para unha carreira, antes de ser substituído por Michael Bleekemolen.
Mass tamén abandonara logo dunha fractura na perna durante unhas probas. Como Harald Ertl non había pre-cualificado o seu Ensign para o Gran Premio de Italia de 1978, déuselle unha oportunidade co primeiro ATS. Ertl non cualificou para a carreira, e Rosberg regresou para as dúas últimas carreiras. A falta de continuidade tanto nos coches como no equipo técnico non axudou ao novo equipo, malia a presentación do novo chasis D1. O D1 foi deseñado por John Gentry, e contou con faldróns, maior ancho de vía e pontóns laterais.[1] O D1 utilizouse nas dúas últimas carreiras da tempada 1978.[1]
1979 viu chegar a Hans-Joachim Stuck, para pilotar un único coche. O novo deseño D2 de Giacomo Caliri chegou a metade de tempada, pero era un auto de difícil manexo, Stuck só logrou os dous puntos do equipo na tempada co 5º lugar no Gran Premio dos Estados Unidos noutro coche novo, o D3, deseñado por Nigel Stroud.
Os anos 1980
editarO equipo participou outra vez con dous coches en 1980, con Marc Surer e Jan Lammers pilotando o D3. Marc Surer logrou o sétimo lugar no Gran Premio do Brasil, o D3 foi substituído en Suráfrica polo D4, que era unha versión remodelada do D3 deseñado por Gustav Brunner e Tim Wardrop. En Suráfrica Surer rompeuse ambos nocellos nun accidente co novo modelo, que non puido debutar ata a carreira seguinte, o GP do oeste dos Estados Unidos, onde volveron a un só coche e no que Lammers colocou ao ATS na 4ª posición da grella de Long Beach, aínda que se tivo que retirar na 1ª volta por unha rotura na transmisión. De todos os xeitos foi un espellismo pois o resto da tempada os ATS non saíron das últimas prazas da grella incluídas algunhas non cualificacións. Unha vez máis, o equipo non puido sumar puntos.
1981 viu a Lammers pilotando un único D4, apareceu un segundo coche para Slim Borgudd no Gran Premio de San Marino. Logo disto, Lammers abandonou unha vez máis, quedando Borgudd como único piloto. O sueco logrou o sexto lugar no GP de Gran Bretaña onde só remataron 8 coches. O D4 substituíuse polo HGS1, deseñado por Hervé Guilpin, pero os resultados foron pobres, e as non cualificacións frecuentes. Este foi o ano no que a banda sueca de pop ABBA patrocinou o equipo a través de Slim Borgudd. De feito, Slim Borgudd aparecera nalgunhas gravacións de ABBA como batería.
Schmidt fixo un grande esforzo para seguir co equipo en 1982. Dous coches D5 (unha versión moi mellorada do HGS1) foron presentados para Manfred Winkelhock e Eliseo Salazar. A primeira parte da tempada foi boa, obtendo a clasificación con regularidade na parte media e lograron mellores resultados, con Winkelhock quinto no Gran Premio do Brasil e Salazar quinto no Gran Premio de San Marino (Winkelhock sería sexto nesta carreira, boicoteada pola maioría dos equipos británicos debido á crise política no deporte, pero o seu coche estaba por baixo do peso mínimo). Pero a fiabilidade do monopraza resultou un verdadeiro problema e ao final da tempada deu como balance un total de 14 abandonos entre accidentes e avarías. O momento máis destacable do equipo produciuse cando Salazar foi agredido por Nelson Piquet en directo na televisión no Gran Premio de Alemaña, o piloto de ATS chocara co líder brasileiro da carreira, mentres que era dobrado.
Motores BMW
editarSchmidt utilizou a súa posición na industria automotriz alemá para asegurar o fornezo do potente motor BMW M12/13 de 4 cilindros turboalimentado para 1983. ATS presentou o novo D6 deseñado por Gustav Brunner para un único piloto, Manfred Winkelhock. O alemán logrou excelentes posicións clasificatorias e algunha carreira aceptable, pero a constante rotación do corpo técnico fixo que os problemas de fiabilidade nunca se resolveran, e o oitavo lugar no Gran Premio de Europa foi o seu mellor resultado.
En 1984, presentouse o novo chasis D7 de Brunner, pero foi en gran parte a mesma historia, un coche considerablemente veloz pero pouco fiable, o seu deseñador Brunner abandonou antes do inicio da tempada. Winkelhock chegou a correr terceiro no Gran Premio de Bélxica antes de que o sistema eléctrico fallara, os seus mellores resultados foron o oitavo posto no Gran Premio do Canadá e no Gran Premio de Dallas. Desde o Gran Premio de Austria, engadiuse un segundo D7 para Gerhard Berger. No Gran Premio de Italia, Berger clasificou por diante de Winkelhock e chegou 6º na carreira. O alemán foi despedido e substituído polo austríaco o resto de tempada. Non lle foi outorgado o punto porque a participación do segundo vehículo non fora rexistrada no inicio da tempada. Berger participou nas dúas últimas carreiras só, logo da substitución de Winkelhock.
Ao final do ano, BMW revogou o uso dos seus motores debido á mala imaxe que xeraba o equipo e o seu propietario, e Schmidt pechou o equipo ATS, e deixou a compañía ATS.[1]
Reaparición con Rial
editarLogo de fundar unha nova marca de rodas, Rial, Schmidt volvería a Fórmula 1 en 1988 co equipo do mesmo nome.
Resultados completos na Fórmula Un
editar(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.
Ano | Chasis | Motor | Pneu. | Pilotos | Nº | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | Puntos | Pos. |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1977 | Penske PC4 | Ford DFV V8 |
G | ARX | BRA | RSA | USW | ESP | MON | BEL | SWE | FRA | GBR | ALE | AUT | NED | ITA | USA | CAN | XPN | 1 | 12º | ||
Jean-Pierre Jarier | 34 | 6 | NSC | 11 | 11 | 8 | Ret | 9 | Ret | 14 | Ret | Ret | ||||||||||||
Hans Heyer | 35 | DSC* | ||||||||||||||||||||||
Hans Binder | 8 | |||||||||||||||||||||||
33 | 12 | NSC | ||||||||||||||||||||||
1978 | ATS HS1 ATS D1 |
Ford DFV V8 |
G | ARX | BRA | RSA | USW | MON | BEL | ESP | SWE | FRA | GBR | ALE | AUT | NED | ITA | USA | CAN | 0 | NC | |||
Jochen Mass | 9 | 11 | 7 | Ret | Ret | NSC | 11 | 9 | 13 | 13 | NC | Ret | NSC | NSC | ||||||||||
Michael Bleekemolen | NSC | Ret | NSCP | |||||||||||||||||||||
10 | NSC | |||||||||||||||||||||||
Jean-Pierre Jarier | 12 | NTS | 8 | 11 | NSC | NSC | ||||||||||||||||||
Alberto Colombo | NSC | NSC | ||||||||||||||||||||||
Keke Rosberg | 15 | 16 | Ret | Ret | NC | |||||||||||||||||||
Hans Binder | NSC | |||||||||||||||||||||||
Harald Ertl | NSCP | |||||||||||||||||||||||
1979 | ATS D2 ATS D3 |
Ford DFV V8 |
G | ARX | BRA | RSA | USW | ESP | BEL | MON | FRA | GBR | ALE | AUT | NED | ITA | CAN | USA | 2 | 11º | ||||
Hans-Joachim Stuck | 9 | NSC | Ret | Ret | DSC | 14 | 8 | Ret | NTS | NSC | Ret | Ret | Ret | 11 | Ret | 5 | ||||||||
1980 | ATS D3 ATS D4 |
Ford DFV V8 |
G | ARX | BRA | RSA | USW | BEL | MON | FRA | GBR | ALE | AUT | NED | ITA | CAN | USA | 0 | NC | |||||
Marc Surer | 9 | Ret | 7 | NTS | Ret | Ret | 12 | 12 | 10 | Ret | NSC | 8 | ||||||||||||
Jan Lammers | Ret | 12 | NC | |||||||||||||||||||||
10 | NSC | NSC | NSC | |||||||||||||||||||||
Harald Ertl | NSC | |||||||||||||||||||||||
1981 | ATS D4 ATS HGS1 |
Ford DFV V8 |
M | USW | BRA | ARX | SMR | BEL | MON | ESP | FRA | GBR | ALE | AUT | NED | ITA | CAN | CPL | 1 | 12º | ||||
Jan Lammers | 9 | Ret | NSC | 12 | NSC | |||||||||||||||||||
Slim Borgudd | NSC | NSCP | NSC | NSC | 6 | Ret | Ret | 10 | Ret | Ret | NSC | |||||||||||||
10 | 13 | |||||||||||||||||||||||
1982 | ATS D5 | Ford DFV V8 |
G | RSA | BRA | USW | SMR | BEL | MON | DET | CAN | NED | GBR | FRA | ALE | AUT | SUI | ITA | CPL | 4 | 11º | |||
Manfred Winkelhock | 9 | 10 | 5 | Ret | DSC | Ret | Ret | Ret | NSC | 12 | NSC | 11 | Ret | Ret | Ret | NSC | NC | |||||||
Eliseo Salazar | 10 | 9 | Ret | Ret | 5 | Ret | Ret | Ret | Ret | 13 | NSC | Ret | Ret | NSC | 14 | 9 | NSC | |||||||
1983 | ATS D6 | BMW M12/13 L4 (t/c) |
G | BRA | USW | FRA | SMR | MON | BEL | DET | CAN | GBR | ALE | AUT | NED | ITA | EUR | RSA | 0 | NC | ||||
Manfred Winkelhock | 9 | 15 | Ret | Ret | 11 | Ret | Ret | Ret | 9 | Ret | NSC | Ret | DSC | Ret | 8 | Ret | ||||||||
1984 | ATS D7 | BMW M12/13 L4 (t/c) |
P | BRA | RSA | BEL | SMR | FRA | MON | CAN | DET | DAL | GBR | ALE | AUT | NED | ITA | EUR | POR | 0 | NC | |||
Manfred Winkelhock | 14 | EX | Ret | Ret | Ret | Ret | Ret | 8 | Ret | 8 | Ret | Ret | NTS | Ret | NTS | |||||||||
Gerhard Berger | 13 | |||||||||||||||||||||||
31 | 12 | 6† | Ret |
* Saída ilegal, non culificara.
† Inelixible para puntuar.
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 Hodges, David (1990). A-Z of Formula Racing Cars. Bideford, UK: Bay View Books. pp. 279. ISBN 1870979168.
Véxase tamén
editarA Galipedia ten un portal sobre: Fórmula 1 |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: ATS F1 |