Gran Premio de Mónaco de 1984
O Gran Premio de Mónaco de 1984 foi unha carreira de Fórmula Un celebrada o 3 de xuño de 1984 no Circuíto de Mónaco en Monte Carlo, Mónaco. Foi a sexta carreira do Campionato do Mundo de pilotos de 1984.
Tipo | Gran Premio de Mónaco |
---|---|
Deporte | automobilismo |
Parte de | Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1984 |
Distancia do evento | 31 |
Localización e Datas | |
Localización | Circuíto de Mónaco (Monte Carlo) 43°44′05″N 7°25′14″L / 43.734722222222, 7.4205555555556 |
Lonxitude | 3,337 km |
País | Mónaco |
Data | 3 de xuño de 1984 |
Competición | |
Primeiro posto | Alain Prost McLaren |
Pole position | Alain Prost |
Volta máis rápida | Ayrton Senna |
Informe
editarA carreira, que tivo lugar no medio de fortes choivas, foi unha das máis polémicas na historia da Fórmula Un, e anunciou a aparición de polo menos dúas novas estrelas. Alain Prost logrou a primeira das súas catro vitorias no circuíto.[1]
Logo dunha demora por choiva de 45 minutos, (a pista estaba tan mollada que os pilotos solicitaron aos comisarios de pista que mollaran a sección do túnel porque os coches serían máis difíciles de pilotar nunha superficie seca, con pneumáticos de choiva). O pole Prost liderou a carreira desde o principio, mentres que un choque entre René Arnoux e Derek Warwick lanzou coche de Warwick contra o do seu seu compañeiro de equipo Patrick Tambay. Ambos os pilotos sufriron lesións nas pernas, e Tambay perdeuse a seguinte carreira no Canadá.
Prost foi adiantado na novena volta por Nigel Mansell, que lideraba un Gran Premio por primeira vez, Mansell abría dous segundos de vantaxe por volta, pero cinco voltas máis tarde un dos seus pneumáticos pasou sobre unha liña branca pintada e derrapou na Curva do Casino, danando o seu coche e retirándose da carreira.
Prost asumiu o liderado de novo, pero Ayrton Senna, quen, na súa primeira carreira nun circuíto urbano[2] na súa primeira tempada na Fórmula Un nun pouco competitivo coche Toleman, alcanzouno rapidamente, a pesar de comezar a carreira décimo terceiro. Na volta 29, Prost fixo acenos aos comisarios da carreira para indicar que a carreira debía ser detida. Fixo un novo xesto na volta 31 cando pasou a liña de meta. A bandeira vermella para deter a carreira móstrase na parte final da volta 32 logo de que o director de carreira Jacky Ickx decidira que as condicións eran demasiado perigosas para seguir a carreira. Senna pasou ao McLaren de Prost antes da liña de meta, pero de acordo ás regras, as posicións que contan son as da última volta completada por todos os pilotos, a volta 31, momento no que Prost era aínda líder.[3] A parada foi controvertida, xa que beneficiou Prost, que levaba un motor deseñado por Porsche, e que fora ideado por Ickx, empregado de Porsche nas carreiras de autos deportivos. Ickx foi suspendido das súas funcións de control das carreiras por non consultar cos delegados a súa decisión antes de tomala.[4] A choiva non caía tan forte nese momento como o caía previamente.
Se lle permitisen continuar ata completar o 75% das voltas, lograría a totalidade dos puntos e Prost puido ter os 6 puntos do 2º lugar no canto de 4´5 puntos da vitoria, a metade dos puntos concedidos ao non chegar a dito porcentaxe. Prost co tempo chegaría a perder o campionato con Niki Lauda por medio punto.
Senna e Mansell non foron os únicos pilotos novos en correr cerca da cabeza. Stefan Bellof, pilotando o único coche de aspiración natural da carreira, terminou terceiro. Os resultados do equipo Tyrrell foron borrados máis tarde debido ás infraccións por peso, o que significa que Bellof foi desposuído do seu podio, o seu lugar foi tomado por René Arnoux.
Esta foi a primeira vez que Ayrton Senna logrou unha volta rápida na Fórmula Un.
Clasificación
editarCualificación
editarPos | Nº | Piloto | Construtor | Tempo | Diferenza |
---|---|---|---|---|---|
1 | 7 | Alain Prost | McLaren-TAG | 1:22.661 | — |
2 | 12 | Nigel Mansell | Lotus-Renault | 1:22.752 | +0.091 |
3 | 28 | René Arnoux | Ferrari | 1:22.935 | +0.274 |
4 | 27 | Michele Alboreto | Ferrari | 1:22.937 | +0.276 |
5 | 16 | Derek Warwick | Renault | 1:23.237 | +0.576 |
6 | 15 | Patrick Tambay | Renault | 1:23.414 | +0.753 |
7 | 26 | Andrea de Cesaris | Ligier-Renault | 1:23.578 | +0.917 |
8 | 8 | Niki Lauda | McLaren-TAG | 1:23.886 | +1.225 |
9 | 1 | Nelson Piquet | Brabham-BMW | 1:23.918 | +1.257 |
10 | 6 | Keke Rosberg | Williams-Honda | 1:24.151 | +1.490 |
11 | 11 | Elio de Angelis | Lotus-Renault | 1:24.426 | +1.765 |
12 | 14 | Manfred Winkelhock | ATS-BMW | 1:24.473 | +1.812 |
13 | 19 | Ayrton Senna | Toleman-Hart | 1:25.009 | +2.348 |
14 | 22 | Riccardo Patrese | Alfa Romeo | 1:25.101 | +2.440 |
15 | 2 | Corrado Fabi | Brabham-BMW | 1:25.290 | +2.629 |
16 | 5 | Jacques Laffite | Williams-Honda | 1:25.719 | +3.058 |
17 | 25 | François Hesnault | Ligier-Renault | 1:25.815 | +3.154 |
18 | 20 | Johnny Cecotto | Toleman-Hart | 1:25.872 | +3.211 |
19 | 24 | Piercarlo Ghinzani | Osella-Alfa Romeo | 1:25.877 | +3.216 |
20 | 4 | Stefan Bellof | Tyrrell-Ford | 1:26.117 | +3.456 |
NSC | 17 | Marc Surer | Arrows-Ford | 1:26.273 | +3.612 |
NSC | 3 | Martin Brundle | Tyrrell-Ford | 1:26.773 | +3.712 |
NSC | 23 | Eddie Cheever | Alfa Romeo | 1:26.471 | +3.810 |
NSC | 18 | Thierry Boutsen | Arrows-BMW | 1:26.514 | +3.853 |
NSC | 10 | Jonathan Palmer | RAM-Hart | 1:27.458 | +4.797 |
NSC | 21 | Mauro Baldi | Spirit-Hart | 1:28.360 | +5.699 |
NSC | 9 | Philippe Alliot | RAM-Hart | 1:29.576 | +6.915 |
Carreira
editarPosicións logo da carreira
editar
|
|
- Notas: Só están incluídos os cinco primeiros postos da clasificación.
Carreira anterior: Gran Premio de Francia de 1984 |
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA Temporada 1984 |
Carreira seguinte: Gran Premio do Canadá de 1984 |
Carreira anterior: Gran Premio de Mónaco de 1983 |
Gran Premio de Mónaco | Carreira seguinte: Gran Premio de Mónaco de 1985 |
Notas
editar- ↑ http://formula1.india-server.com/championships/monaco-grand-prix.html
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 18 de febreiro de 2012. Consultado o 26 de maio de 2012.
- ↑ Hamilton, Maurice (1984)) Autocourse 1984–85 p.141 Hazleton publishing ISBN 0-905138-32-5
- ↑ http://www.redeyeevents.co.uk/index.php?option=com_content&view=article&id=53&Itemid=60[Ligazón morta]
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gran Premio de Mónaco de 1984 |