Manfred Winkelhock
Manfred Winkelhock, nado en Waiblingen, Baden-Württemberg (Alemaña) o 6 de outubro de 1951 e finado en Bowmanville, Ontario, o 12 de agosto de 1985,[1] foi un piloto de carreiras alemán. Participou en 56 Grandes Premios de Fórmula 1 (con 47 saídas) entre 1980 e 1985, pilotando para Arrows, ATS, Brabham e RAM Racing, cun mellor resultado dun quinto posto no Gran Premio do Brasil de 1982. É o irmán máis vello de Joachim e Thomas Winkelhock e pai de Markus Winkelhock, que tamén son pilotos de carreiras.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 6 de outubro de 1951 Waiblingen, Alemaña |
Morte | 12 de agosto de 1985 (33 anos) Toronto, Canadá |
Actividade | |
Ocupación | piloto de Fórmula Un, piloto de automobilismo |
Deporte | automobilismo |
Participou en | |
24 Horas de Le Mans | |
Familia | |
Fillos | Markus Winkelhock |
Irmáns | Joachim Winkelhock Thomas Winkelhock |
Traxectoria
editarManfred Winkelhock era o irmán máis vello de Joachim Winkelhock. Comezou a competir na Fórmula 2 en 1978 e sobreviviu a un importante accidente no circuíto de Nordschleife, cando envorcou o seu March na moi pronunciada curva Flugplatz. O primeiro intento de Winkelhock de clasificarse para unha carreira do Gran Premio de Fórmula 1 foi no Gran Premio de Italia de 1980, cando substituíu en Arrows ao lesionado Jochen Mass. En 1982, pasou a ATS e cando BMW se converteu no provedor de motores do equipo, en 1983, conseguiu cualificarse en varias durante 1983 e 1984, malia que o coche era pouco fiable polo poucos bos resultados e moitos accidentes.
O seu fillo, Markus Winkelhock, tamén é piloto de carreiras.
Morte
editarAo mesmo tempo era piloto habitual de sports car e touring car, gañando os 1.000 km de Monza con Marc Surer en 1985. Morreu no verán de 1985 cando, na volta 69, petou violentamente no xiro 2 no Mosport Park de Bowmanville, preto de Toronto, Ontario, Canadá, durante o Budweiser 1000 km World Endurance Championship, conducindo Porsche 962 C para o equipo Kremer Racing, de novo, con Marc Surer como copiloto.
No momento da morte de Winkelhock, era piloto do equipo de Fórmula 1 RAM Racing patrocinado por Skoal Bandit nunha tempada frustrante no que tivo como mellor resultado o posto 12 no Gran Premio de Francia de 1985 no Circuíto Paul Ricard.
Trala súa morte, foi substituído polo piloto de Irlanda do Norte Kenny Acheson, aínda que a falta de cartos fixo que o equipo se retirase antes de que rematase a tempada 1985.
Rexistro de carreiras
editarResultados completos do Campionato de Europa de Fórmula 2
editar(Lenda: As carreiras en negras indican a pole position; as carreiras en cursiva indican a volta máis rápida)
Ano | Equipo | Chasis | Motor | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | Posición | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1978 | Polifac BMW Junior Team | March 782 | BMW | THR 5 |
8º | 11 | |||||||||||
March Racing Ltd | HOC 12 |
NÜR Ret |
PAU 8 |
MUG 9 |
VAL 4 |
ROU 12 |
DON 5 |
NOG 7 |
PER 9 |
MIS Ret |
HOC 3 | ||||||
1979 | Cassani Racing | Ralt RT1 | BMW | SIL | HOC | THR | NÜR 3 |
VAL | MUG | PAU | HOC | ZAN | PER | MIS | DON | 16º | 4 |
1980 | ICI Racing Team | March 802 | BMW | THR Ret |
HOC Ret |
NÜR Ret |
VAL 10 |
PAU 8 |
SIL 9 |
ZOL 7 |
MUG 10 |
ZAN 10 |
PER 3 |
MIS 9 |
HOC 7 |
13º | 4 |
1990 | Schäfer Racing | Ralt RT2 | BMW | SIL | HOC 2 |
THR Ret |
NÜR DSC |
VAL | MUG | PAU | PER | 9º | 12 | ||||
Maurer Motorsport | Maurer MM81 | SPA 5 |
DON 3 |
MIS | MAN |
Resultados completos de Fórmula 1
editarAno | Equipo | Chasis | Motor | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | Posición | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1980 | Warsteiner Arrows | Arrows A3 | Cosworth DFV V8 | ARX | BRA | RSA | USW | BEL | MON | FRA | GBR | ALE | AUT | NED | ITA NSC |
CAN | USA | NC | 0 | ||
1982 | Team ATS | ATS D5 | Cosworth DFV V8 | RSA 10 |
BRA 5 |
USW Ret |
SMR DSC |
BEL Ret |
MON Ret |
DET Ret |
CAN NSC |
NED 12 |
GBR NSC |
FRA 11 |
ALE Ret |
AUT Ret |
SUI Ret |
ITA NSC |
CPL NC |
24º | 2 |
1983 | Team ATS | ATS D6 | BMW M12 L4t | BRA 16 |
USW Ret |
FRA Ret |
SMR 11 |
MON Ret |
BEL Ret |
DET Ret |
CAN 9 |
GBR Ret |
ALE NSC |
AUT Ret |
NED DSC |
ITA Ret |
EUR 8 |
RSA Ret |
NC | 0 | |
1984 | Team ATS | ATS D7 | BMW M12 L4t | BRA EX |
RSA Ret |
BEL Ret |
SMR Ret |
FRA Ret |
MON Ret |
CAN 8 |
DET Ret |
DAL 8 |
GBR Ret |
ALE Ret |
AUT DNS |
NED Ret |
ITA NTS |
EUR | NC | 0 | |
MRD International | Brabham BT53 | BMW M12 L4t | POR 10 | ||||||||||||||||||
1985 | Skoal Bandit F1 Team | RAM 03 | Hart 415T L4t | BRA 13 |
POR NC |
SMR Ret |
MON NSC |
CAN Ret |
DET Ret |
FRA 12 |
GBR Ret |
ALE Ret |
AUT | NED | ITA | BEL | EUR | RSA | AUS | NC | 0 |
Notas
editar- ↑ "Manfred Winkelhock". oldracingcars.com (en inglés). 21 de marzo de 2016. Consultado o 11 de novembro de 2020.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Manfred Winkelhock |
Predecesor: Hans-Joachim Stuck |
Guia Race winner 1981 |
Sucesor: Helmut Greiner |