Gran Premio de San Marino de 1985

O Gran Premio de San Marino de 1985 foi unha carreira de Fórmula Un celebrada o 5 de maio de 1985 no Autódromo Enzo e Dino Ferrari en Imola, Italia. Foi a terceira carreira do Campionato do Mundo de pilotos de 1985 e o quinto Gran Premio de San Mariño.

Gran Premio de San Marino de 1985
Detalles da carreira
Carreira 3 de 16 no Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1985.
Trazado do circuíto de Imola.
Trazado do circuíto de Imola.
Data 5 de maio de 1985
Nome oficial V Gran Premio de San Marino
Localización Autódromo Enzo e Dino Ferrari
Imola, Emilia-Romagna, Italia
Percorrido Circuíto permanente
5´040 km
Distancia 60 voltas, 302´400 km
Pole position
Piloto Ayrton Senna Lotus-Renault
Tempo 1:27.327
Volta rápida
Piloto Italia Michele Alboreto Ferrari
Tempo 1:30.961 na volta 29
Podio
Primeiro Italia Elio de Angelis Lotus-Renault
Segundo Bélxica Thierry Boutsen Arrows-BMW
Terceiro Francia Patrick Tambay Renault

Cualificación editar

Antes da carreira anterior en Portugal anunciouse que René Arnoux fora despedido por Ferrari, sen explicación algunha da súa repentina partida por parte do equipo ou Arnoux. Foi substituído polo piloto sueco Stefan Johansson. Arnoux estaba nos pits en Imola, pero viuse co equipo Brabham, empezando o falso rumor de que pronto formaría parte do equipo xunto a Nelson Piquet. Ao final resultou que, Arnoux non volvería a pilotar de novo na F1 ata a súa incorporación en Ligier en 1986.

O gañador do Gran Premio portugués Ayrton Senna tamén logrou a pole no seu Lotus - Renault cun tempo de 1: 27.327, que foi 1,19 segundos máis rápido que o pole de 1984 Nelson Piquet. Keke Rosberg demostrou que o Williams - Honda era moita máis competitivo en 1985 que o seu antecesor logrando o segundo posto na grella só 0.027 segundos detrás do Lotus. Para Senna sería a primeira de sete poles consecutivas en Imola, unha andaina que terminou en 1992.

A segunda fila foi para os italianos. Elio de Angelis no seu Lotus-Renault foi terceiro, seguido de posiblemente do único coche e piloto que interesaba realmente aos Tifosi, o italiano Michele Alboreto no seu Ferrari. O belga Thierry Boutsen foi sorprendentemente quinto, no seu Arrows-BMW por diante do McLaren-TAG de Alain Prost. Na súa segunda carreira para Ferrari, Johansson cualificouse en 15ª posición.

O cualificador máis lento, Mauro Baldi no Spirit - Hart, foi 9,595 segundos máis lento que Senna nos 5,040 quilómetros do circuíto de Imola.

Carreira editar

As limitación de combustible xogaron un papel importante na carreira, e unha sucesión de pilotos retiráronse nas últimas voltas. Alain Prost pasou a bandeira a cadros antes de parar na volta ralentización e atopouse que faltábanlle 2 kg de peso, insuficiente para a verificación técnica posterior á carreira, o que levou á súa descualificación. Elio de Angelis foi descualificado inicialmente pola mesma razón, pero foi readmitido despois[1]. En resumo o sentimento xeral era de que as regras de límite de combustible da FISA reduciran as carreiras de Fórmula Un a unha mera carreira de economía de combustible, o piloto de Williams Nigel Mansell (que foi o último piloto en terminar realmente, a 2 voltas no quinto lugar, e foi un dos só cinco dos dez finalistas clasificados que non quedou sen combustible) sinalou que "non foi moi rápido".

Stefan Johansson fixo unha boa carreira na súa segunda unidade para o Cavallino Rampante. Logo de comezar 15º remontou progresivamente na pista e preto do final da carreira colocouse segundo (beneficiado porque os demais quedaron sen combustible), e estaba a piques de pasar a Senna que tamén corría seco a 3 voltas da meta. Johansson logrou pasar ao Lotus baixo un estrondoso aplauso dos tifosi, só para quedar sen combustible media volta máis tarde saíndo da chicana Acque Minerali. Un exame post carreira do seu coche revelou que o Ferrari tivo un mal funcionamento eléctrico que causou que o motor consumira máis combustible que o que a lectura marcáballe ao equipo e Johansson. A lectura do Ferrari marcáballe a Johansson que aínda tiña suficiente combustible para terminar a carreira.

A vitoria foi a segunda e última vitoria nun Gran Premio para Elio de Angelis quen terminou unha volta por diante dos demais. Tamén foi a segunda vitoria do ano para o John Player Special Team Lotus logo de que Ayrton Senna anotara a súa primeira vitoria na F1 na carreira anterior en Portugal. O segundo lugar foi finalmente outorgado ao piloto belga Thierry Boutsen, que quedou sen combustible ao chegar á recta de meta na súa última volta e empuxou o seu Arrows ata a liña de meta, co francés Patrick Tambay terceiro no seu Renault RE60.

Clasificación editar

Cualificación editar

Pos Piloto Construtor Q1 Q2 Diferenza
1 12   Ayrton Senna Lotus-Renault 1:27.589 1:27.327
2 6   Keke Rosberg Williams-Honda 1:28.347 1:27.354 +0.027
3 11   Elio de Angelis Lotus-Renault 1:30.325 1:27.852 +0.525
4 27   Michele Alboreto Ferrari 1:27.871 1:30.637 +0.544
5 18   Thierry Boutsen Arrows-BMW 1:28.829 1:27.918 +0.591
6 2   Alain Prost McLaren-TAG 1:28.604 1:28.099 +0.772
7 5   Nigel Mansell Williams-Honda 1:29.756 1:28.202 +0.875
8 1   Niki Lauda McLaren-TAG 1:29.413 1:28.399 +1.072
9 7   Nelson Piquet Brabham-BMW 1:29.427 1:28.489 +1.162
10 17   Gerhard Berger Arrows-BMW 1:28.697 1:29.654 +1.370
11 15   Patrick Tambay Renault 1:30.201 1:29.102 +1.775
12 23   Eddie Cheever Alfa Romeo 1:30.605 1:29.259 +1.932
13 25   Andrea de Cesaris Ligier-Renault 1:30.339 1:29.406 +2.079
14 16   Derek Warwick Renault 1:30.440 1:29.466 +2.139
15 28   Stefan Johansson Ferrari 1:30.240 1:29.806 +2.479
16 26   Jacques Laffite Ligier-Renault 1:31.625 1:30.982 +3.655
17 30   Jonathan Palmer Zakspeed 2:30.990 1:31.028 +3.701
18 22   Riccardo Patrese Alfa Romeo 1:31.388 1:31.108 +3.781
19 29   Pierluigi Martini Minardi-Motori Moderni 1:32.770 1:48.391 +5.443
20 8   François Hesnault Brabham-BMW 1:33.142 1:33.160 +5.833
21 10   Philippe Alliot RAM-Hart 1:34.201 2:05.141 +6.874
22 24   Piercarlo Ghinzani Osella-Alfa Romeo 1:34.974 1:34.209 +6.882
23 9   Manfred Winkelhock RAM-Hart 1:34.936 1:34.579 +7.252
24 4   Stefan Bellof Tyrrell-Ford 1:35.774 1:35.653 +8.326
25 3   Martin Brundle Tyrrell-Ford 1:36.397 1:36.661 +9.334
26 21   Mauro Baldi Spirit-Hart 1:36.922 1:38.235 +9.595

Carreira editar

Pos Piloto Construtor Voltas Tempo/Retirada Grella Puntos
1 11   Elio de Angelis Lotus-Renault 60 1:34:35.955 3 9
2 18   Thierry Boutsen Arrows-BMW 59 + 1 volta 5 6
3 15   Patrick Tambay Renault 59 + 1 volta 11 4
4 1   Niki Lauda McLaren-TAG 59 + 1 volta 8 3
5 5   Nigel Mansell Williams-Honda 58 + 2 voltas 7 2
6 28   Stefan Johansson Ferrari 57 Sen combustible 15 1
7 12   Ayrton Senna Lotus-Renault 57 Sen combustible 1
8 7   Nelson Piquet Brabham-BMW 57 Sen combustible 9
9 3   Martin Brundle Tyrrell-Ford 56 Sen combustible 25
10 16   Derek Warwick Renault 56 Sen combustible 14
DSC 2   Alain Prost McLaren-TAG 60 Descualificado 6
Ret 23   Eddie Cheever Alfa Romeo 50 Motor 12
NC 24   Piercarlo Ghinzani Osella-Alfa Romeo 46 Non clasificado 22
Ret 27   Michele Alboreto Ferrari 29 Eléctrico 4
Ret 9   Manfred Winkelhock RAM-Hart 27 Motor 23
Ret 10   Philippe Alliot RAM-Hart 24 Motor 21
Ret 6   Keke Rosberg Williams-Honda 23 Freos 2
Ret 26   Jacques Laffite Ligier-Renault 22 Turbo 16
Ret 29   Pierluigi Martini Minardi-Motori Moderni 14 Turbo 19
Ret 25   Andrea de Cesaris Ligier-Renault 11 Trompo 13
Ret 21   Mauro Baldi Spirit-Hart 9 Eléctrico 26
Ret 8   François Hesnault Brabham-BMW 5 Motor 20
Ret 4   Stefan Bellof Tyrrell-Ford 5 Motor 24
Ret 17   Gerhard Berger Arrows-BMW 4 Motor 10
Ret 22   Riccardo Patrese Alfa Romeo 4 Motor 18
NTS 30   Jonathan Palmer Zakspeed 0 Non Saíu 17

Posicións logo da carreira editar

  • Nota:Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación.

Referencias editar

  1. "{title}". Arquivado dende o orixinal o 17 de decembro de 2015. Consultado o 24 de xullo de 2015. 

A menos que se indique o contrario, todos os resultados da carreira tómanse de "The Official Formula 1 website". Consultado o 2018-05-18. 


Carreira anterior:
Gran Premio de Portugal de 1985
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA
Temporada 1985
Carreira seguinte:
Gran Premio de Mónaco de 1985
Carreira anterior:
Gran Premio de San Marino de 1984
Gran Premio de San Marino Carreira seguinte:
Gran Premio de San Marino de 1986

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar