Zakspeed
Zakspeed logo.png | |
Nome completo | Zakspeed Racing |
---|---|
Bandeira | Alemaña |
Baseada en | Niederzissen, Alemaña |
Tempadas en activo | 5 (1985-1989) |
Número de pilotos | Jonathan Palmer Christian Danner Bernd Schneider |
Debut | Gran Premio de Portugal de 1985 |
Carreiras | 74 |
Campionatos de Construtores | 0 |
Campionatos de Pilotos | 0 |
Vitorias | 0 |
Pole positions | 0 |
Voltas Rápidas | 0 |
Puntos totais | 2 |
Derradeiro GP | Gran Premio de Australia de 1989 |
A Galipedia ten un portal sobre: Fórmula 1 |
Zakspeed é un equipo de carreiras de Alemaña, fundado en 1968 por Erich Zakowski e agora dirixido polo seu fillo Peter Zakowski. A súa cidade natal de Niederzissen está situada non moi lonxe da pista de carreiras de Nürburgring.
1973-1981: berlinas e autos deportivos de carreiras
editarA finais da década de 1970, Zakspeed era o equipo oficial de Ford na serie alemá Deutsche Rennsport Meisterschaft (DRM), predecesora da actual DTM. A empresa construíu e entrou na FIA nos Grupo 2 Escort e Grupo 5 Capri, baseados no modelo de produción MKIII. Durante este período, o equipo Zakspeed logrou varias vitorias, incluíndo o campionato de pilotos de 1981 con Klaus Ludwig (coche da esquerda).
A principios da década de 1980, Zakspeed tamén preparou un Mustang en U.S.A para competir no mercado interno, nas series IMSA Camel GT.
O motor era a base da súa participación na Fórmula 1 de 1985 a 1988. Malia a experiencia en enxeñería do equipo, Zakspeed nunca logrou crear un paquete de chasis / motor competitivo. O seu primeiro coche, o 184, estreouse en 1985, un ano despois do plan orixinal, e xa era anticuado. Ata con pilotos como o primeiro campión da Fórmula 3000 Christian Danne e o expiloto de Tyrrell Martin Brundle, o seu mellor resultado (e únicos puntos finais) foi un quinto lugar no Gran Premio de San Marino de 1987, grazas a Brundle.
Na súa última tempada, en 1989, tiveron que utilizar motores Yamaha cando prohibiron os turbos. O motor xaponés non era fiable e os pilotos Bernd Schneider (antigo campión alemán de Fórmula 3) e o novato Aguri Suzuki loitaron para pre-cualificar o coche. Ao final, Zakspeed era coñecido por construír os seus propios chasis e motores, algo que só facía Ferrari nese momento, pero sen proxeccións competitivas en cinco anos, o equipo abandonou a Fórmula Un e volveu aos coches de turismo, onde unha vez estiveran na cima.
Década de 1990 e posteriores: Volta aos deportivos e coches de turismo
editarLogo de retirarse da F1, correron con coches Mercedes 190E e Opel Calibra no decenio de 1990 na Deutsche Tourenwagen Meisterschaft e na efémera ITC series, xestionado agora por Peter Zakowski, quen sucedera ao seu pai logo da súa andaina na F3. A súa carreira como piloto non o levou á F1, pero participou no vello circuíto de Nürburgring Nordschleife en carreiras de resistencia, gañando as 24 Horas de Nürburgring varias veces.
En 1998, Zakspeed participou con dous Porsche 911 GT1 no Campionato FIA GT, onde o Equipo Francés Oreca dominou a clase GT2 co seu moi modificado Chrysler Viper GTS-R. Un destes víper foi comprado por Zakspeed para inscribirse nas Nürburgring VLC series para aproveitar as novas normas menos restritivas para a tempada 1999. Zakowski e o seu compañeiro de equipo dominaron a tempada 1999, gañando todas as carreiras, antes de que se modificaran as regras no 2000 e apareceu o Porsche 996 GT3. O equipo gañou as 24 Horas de Nürburgring de novo en 2001 e 2002. En 2003, fronte á competencia de fábrica, foron descualificados debido a unha disputa sobre o tamaño do tanque de combustible.
En 2001, o equipo Zakspeed tamén fixo un breve regreso aos monoprazas cunha incursión en carreiras de CART nos Estados Unidos, en colaboración con Forsythe Championship Racing. Ninguén de Zakspeed foi aos Estados Unidos e Forsythe puxo fin á alianza.
En 2006, o equipo Zakspeed regresou ao Campionato FIA GT co Saleen S7-R. Na actualidade, a compañía tamén ten en funcionamento unha escola de carreiras no circuíto de Nürburgring.
Dificultades
editarEn xaneiro de 2010, Zakspeed Performance Management anunciou que se declaraba en creba.[1]
Galería
editar-
1981 Grupo 5 Zakspeed Ford Capri no Auto & Technik Museum en Sinsheim, Alemaña
-
O fundador da compañía Erich Zakowski (dereita) e Martin Schanche na foto no GP Británico de Rallycross de 1983 en Brands Hatch
-
Dodge Viper GTS-R, 24h 2007
Resultados completos na Fórmula Un
editar(Lenda) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.
Ano | Chasis | Motor(es) | Pneu. | Pilotos | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | Puntos | Pos. |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1985 | Zakspeed 841 | Zakspeed S4 t/c | G | BRA | POR | SMR | MON | CAN | DET | FRA | RU | ALE | AUT | NED | ITA | BEL | EUR | RSA | AUS | 0 | NC | |
Jonathan Palmer | Ret | Ret | 11 | Ret | Ret | Ret | Ret | Ret | ||||||||||||||
Christian Danner | Ret | Ret | ||||||||||||||||||||
1986 | Zakspeed 861 | Zakspeed S4 t/c | G | BRA | ESP | SMR | MON | BEL | CAN | DET | FRA | RU | ALE | HUN | AUT | ITA | POR | MEX | AUS | 0 | NC | |
Jonathan Palmer | Ret | Ret | Ret | 12 | 13 | Ret | 8 | Ret | 9 | Ret | 10 | Ret | Ret | 12 | 10 | 9 | ||||||
Huub Rothengatter | Ret | NSC | Ret | 12 | DNS | Ret | Ret | Ret | Ret | 8 | Ret | Ret | DNS | Ret | ||||||||
1987 | Zakspeed 861 Zakspeed 871 |
Zakspeed S4 t/c | G | BRA | SMR | BEL | MON | DET | FRA | RU | ALE | HUN | AUT | ITA | POR | ESP | MEX | XPN | AUS | 2 | 10º | |
Martin Brundle | Ret | 5 | Ret | 7 | Ret | Ret | NC | NC | Ret | DSC | Ret | Ret | 11 | Ret | Ret | Ret | ||||||
Christian Danner | 9 | 7 | Ret | EX | 8 | Ret | Ret | Ret | Ret | 9 | 9 | Ret | Ret | Ret | Ret | 7 | ||||||
1988 | Zakspeed 881 | Zakspeed S4 t/c | G | BRA | SMR | MON | MEX | CAN | DET | FRA | RU | ALE | HUN | BEL | ITA | POR | ESP | XPN | AUS | 0 | NC | |
Bernd Schneider | NSC | NSC | Ret | NSC | NSC | Ret | NSC | 12 | NSC | 13 | Ret | NSC | NSC | Ret | NSC | |||||||
Piercarlo Ghinzani | NSC | Ret | Ret | 15 | 14 | NSC | EX | NSC | 14 | NSC | Ret | Ret | NSC | NSC | NSC | Ret | ||||||
1989 | Zakspeed 891 | Yamaha V8 | P | BRA | SMR | MON | MEX | USA | CAN | FRA | RU | ALE | HUN | BEL | ITA | POR | ESP | XPN | AUS | 0 | NC | |
Bernd Schneider | Ret | NSCP | NSCP | NSCP | NSCP | NSCP | NSCP | NSCP | NSCP | NSCP | NSCP | NSCP | NSCP | NSCP | Ret | NSCP | ||||||
Aguri Suzuki | NSCP | NSCP | NSCP | NSCP | NSCP | NSCP | NSCP | NSCP | NSCP | NSCP | NSCP | NSCP | NSCP | NSCP | NSCP | NSCP |
Notas
editar- ↑ "Insolvenz bei Zakspeed". racing1.de (en German) (Speedpool Multimedia-Service GmbH). 2010-01-26. Arquivado dende o orixinal o 31 de xaneiro de 2010. Consultado o 2010-01-27.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Zakspeed |