Ferrari

Constructor de Automóbiles deportivos; subsidiaria de Ferrari N.V

Ferrari é un fabricante italiano de coches de carreiras e de deportivos de luxo fundado por Enzo Ferrari en 1929. No seu inicio, a Scuderia Ferrari patrocinou pilotos e coches de carreiras; a empresa comezou a súa produción independente en 1946, converténdose máis adiante en Ferrari S.p.A., e dende 1969, cando foi vendida, forma parte do grupo Fiat. A empresa ten a súa sede en Maranello, preto de Módena, Italia.

Ferrari
Il cavallino rampante

Editar o valor en Wikidata
TipoSociedade Anónima
Fundación1929
MatrizFiat S.p.A.
LocalizaciónMaranello, Módena, Italia Italia
FundadorEnzo Ferrari
Persoas claveLuca Cordero di Montezemolo (Presidente)
Piero Ferrari (Vice Presidente)
Amedeo Felisa (Administrador)
IndustriaAutomóbil
ProdutosAutomóbil
Número de empregados2.695 (2011)
Na rede
https://www.ferrari.com/
Facebook: Ferrari Twitter: ferrari Instagram: ferrari LinkedIn: ferrari Youtube: UCd8iY-kEHtaB8qt8MH--zGw TikTok: ferrari Twitch: ferrariesports Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]
Fábrica de Ferrari.

O "Cabalo Rampante"

editar

O famoso símbolo é un cabalo negro rampante nun fondo amarelo, sempre coas letras S F de Scuderia Ferrari. O cabalo era orixinalmente o símbolo do Conde Francesco Baracca, un lendario "ás" da forza aérea italiana durante a primeira guerra mundial, que o pintou no lateral dos seus avións. Baracca morreu moi novo o 19 de xuño de 1918, abatido tras 34 duelos vitoriosos e moitas vitorias en grupo, tornándose así nun heroe nacional.

Baracca quería o cabalo rampante nos seus avións porque o seu escuadrón, os "Battaglione Aviatori", fora inscrito nun rexemento de Cabalaría (as forzas aéreas estaban nos seus primeiros anos e non tiñan administración separada), e tamén porque el mesmo tiña a reputación de mellor cavaliere (cabaleiro) de seu equipo.

 
Un Ferrari Enzo.
 
No autódromo de Interlagos, antes do GP do Brasil de F1.

O 17 de xuño de 1923, Enzo Ferrari gañou unha carreira no circuíto de Savio en Rávena onde coñeceu á Condesa Paolina, nai de Baracca. A Condesa pediulle que usase o deseño dun cabalo nos seus coches, suxerindo que lle daría boa sorte, mais a primeira carreira na que Alfa Romeo permitiulle o uso do cabalo nos coches da Scuderia foi once anos despois, nas 24 Horas de Spa en 1932. A Ferrari gañou.

Ferrari deixou o cabalo negro como no avión de Baracca; pero engadiu un fondo amarelo porque era a cor símbolo da súa terra natal, Módena.

Unha das imaxes da marca de Ferrari é a súa cor "rosso corsa" (vermello de carreira). A utilización desa cor iniciouse nos anos 20, cando a entidade que logo viría a ser a FIA, impuña que as marcas italianas tiñan que presentar cor vermella, as francesas azul, as alemás prateada, as holandesas laranxa, as belgas amarela, as inglesas verde e as norteamericanas branca.

O cabalo rampante non foi sempre identificado como só da marca Ferrari: Fabio Taglioni usouno nas súas motocicletas Ducati. O pai de Tagliani foi de feito compañeiro de Baracca e loitou con el no 91º Escuadrón Aéreo, mais mentres que a fama da Ferrari creceu, Ducati abandonou o cabalo; posiblemente como resultado dun acordo privado entre as dúas marcas.

Historia

editar

En 1940 Alfa Romeo foi absorbida polo goberno de Mussolini e utilizada como porta-estandarte do seu goberno. Nesta época a Scuderia Ferrari, impedida de ingresar en competicións de automóbiles, pasa a construír accesorios para avións e pezas para máquinas.

Co final da segunda guerra mundial e a caída do réxime de Mussolini, é fundada a marca Ferrari, co lanzamento do seu primeiro modelo de estrada en 1947. O modelo lanzado ese ano foi o Ferrari 125 Sport cun motor V12 de 1500 cc.

En 1951 Ferrari consegue a súa primeira vitoria na Fórmula 1 e en 1956 o arxentino Juan Manuel Fangio gaña o campionato mundial ao volante dun Ferrari. Ese foi tamén un ano triste para Enzo Ferrari coa morte do seu fillo Dino.

En 1961 os tempos comezaron a ficar difíciles para Ferrari, despois de conflitos internos que levaron á saída de varios membros da dirección. A Ferrari, mesmo así, conseguiu alcanzar un gran número de vitorias en competición e agrandar o seu nome.

Na década de 1960 a Ford tentou comprar a Ferrari, para as competicións automobilísticas. Mais esa tentativa fallou e a Ford creou o Ford GT40 que conseguiu acabar co dominio da Ferrari nas 24 Horas de Le Mans, que gañara desde 1960 ata 1965.

Como resultado dos problemas financeiros que atravesaba Ferrari, a FIAT adquiriu parte da Ferrari en 1965 aumentándoa ao 50% en 1969.

Para conmemorar os 40 anos de existencia da Ferrari, en 1987 presentou o Ferrari F40, sendo ese o coche de estrada máis rápido do mundo ata o momento.

En 1988 morre Enzo Ferrari a idade de 90 anos e ese mesmo ano a FIAT aumenta o seu control ata o 90%.

En 1997 Ferrari adquire o 50% da Maserati á FIAT, pasando a ter o control total da marca en 1999. Ferrari utilizou a Maserati como a súa división de luxo até 2005, momento en que o control regresaría á FIAT.

Ferrari continuou a lograr grandes feitos nas competicións de automóbiles, conseguindo vencer na Fórmula 1, na categoría de construtores, de 1999 ata 2004 cos pilotos Michael Schumacher e Rubens Barrichello.

En 2003 a Ferrari, en memoria do seu fundador, presenta o Ferrari Enzo, un superdeportivo baseado na tecnoloxía utilizada na Fórmula 1.

 
A Scuderia Ferrari gañou o seu máis recente título de pilotos na Fórmula 1 con Kimi Räikkönen en 2007.

Modelos actuais (2022)

editar
Modelo Ano
presentación
Modelo actual Descrición do vehículo
Presentación Actualización/Lavado de cara
 
812 Superfast 2017 2017 Gran turismo con motor central dianteiro e tracción traseira.
 
Monza SP1 2019 2019 Coche deportivo monopraza de produción limitada, parte da nova gama Icona.
 
Monza SP2 2019 2019 Coche deportivo de dúas prazas de produción limitada, parte da nova gama Icona.
 
F8 2019 2019 Coche deportivo de motor central que substituíu o Ferrari 488.
 
SF90 Stradale 2019 2019 Coche deportivo híbrido enchufable de motor central.
 
Roma 2020 2020 Coche deportivo gran turismo.
 
296 GTB 2022 2022 Coche deportivo híbrido enchufable con motor central.
 
Daytona SP3 2022 2022 Coche deportivo de produción limitada con motor central, parte da nova gama Icona.
 
Purosangue 2022 2023 o primeiro SUV de Ferrari; usa a mesma plataforma que o Roma.

Cronoloxía dos modelos

editar
Artigo principal: Lista de automóbiles Ferrari.
Data Serie Descrición Imaxe

Gran Turismo 2 asentos

editar
1949 Ferrari 166 Inter Foi o primeiro gran turismo de Ferrari. Unha evolución dos coches de competición 125 S e 166 S. O nome de Inter conmemora as vitorias dos modelos 166 S coa Scuderia Inter. Foron construídos 37 166 Inters desde 1948 ata 1950.  
1950 Ferrari 195 Inter Presentado no Salón de París de 1950, era similar ós 166 Inter. Producíronse 24 unidades.  
1951 Ferrari 212 Inter O Ferrari 212 Inter substituíu con éxito aos 166 e 195 Inter. Presentado no Salón do Automóbil de Bruxelas dese ano, o 212 era unha evolución do 166. Producíronse 82 unidades.  
1953 Ferrari 375 MM Producíronse 26 unidades  
1953 Ferrari 250 Europa Presentado en París en 1953, parecía completamente diferente. Pininfarina e Vignale deseñaron as carrozarías, con 21 producidas en total.  
1953 Ferrari 375 America Outro coche Pinin Farina e Vignale. Os 340 e 375 eran caros e exclusivos, só foron construídos ao redor de 40.  
1954 Ferrari 250 Europa GT Foi presentado no Salón do automóbil de París de 1954 e substituíu o 250 Europa. No principio era tamén chamado "250 Europa", pero pronto engadiuse "GT" para distinguir as dúas series.  
1956 Ferrari 410 Superamérica Ferrari produciu outra liña de automóbiles de América, a partir do 1955, o 410 Superamerica. O motor tiña agora ata 5´0 l con 340 CV (250 kW 335 CV). Cada 410 Superamerica tiña carrocería personalizada, algúns de Boano e Ghia, pero a maioría de Pinin Farina. O prezo era moi alto nos Estados Unidos, 16.800 dólares. Só foron construídas 35 unidades.  
1956 - 1963 Ferrari 250 GT Europa/Boano/Ellena/Pininfarina Coupe/Lusso O motor 250s, non era un gran motor, incluso para a época, pero o seu peso lixeiro e a impresionante saída (ata 300 PS (221 kW; 296 hp) no Testa Rossa e GTO) marcaron unha gran diferenza. O Ferrari V12 pesaba moitos quilos menos que os seus principais competidores. En canto á designación, Ferrari utilizou a capacidade de 1 cilindro como nome.  
1957 - 1960 Ferrari 250 GT Berlinetta/Cabriolet/California Spider/SWB . Foi o primeiro Ferrari GT con freos de disco, e a combinación de baixo peso, alta potencia e suspensión ben ordenados logrou unha oferta competitiva.  
1960 Ferrari 400 Superamerica O 400 Superamerica tiña un motor Colombo máis pequeno de 4.0 L, pero máis potente que o seu predecesor. Estaba dispoñible como coupé, spider ou cabriolet con carrozaría Pinin Farina. Foron construídas 47 unidades.  
1974 - 1975 Ferrari 275 GTB Coupe Pertence ó segmento de deportivos con motor dianteiro V12, tracción traseira e dous asentos. O motor de 3'3 litros ten 300 cabalos de potencia.  
1964 - 1965 Ferrari 275 GTS Spider Pininfarina construíu 200 275 Roadster GTS para o mercado estadounidense (incluíndo 14 co volante á dereita) con carrocería totalmente diferente. Foi pensado para ser máis dun coche GT e menos un coche deportivo que o seu irmán GTB.  
1966 - 1968 Ferrari 275 GTB/4 Presentado no Salón de París en outubro de 1966, o 275 GTB/4 (ou 4-cam) era un coche actualizado substancialmente; construído por Scaglietti, contou cunha nova carrocería e foi o primeiro Ferrari que non se ofreceu con pinas de radios.  
1964 Ferrari 500 Superfast Foi o final da serie América. O motor era de 5´0 L V12 Ferrari Colombo, cunha velocidade de 275 km/h. A carrocería era de Pininfarina. Fixéronse 37 coches ata 1966, incluíndo 12 modelos da serie "II", cunha transmisión de 5 velocidades.  
1966 Ferrari 330 GTC O GTC 330 e GTS 330 parecíanse máis aos 275 que aos 330 GT 2+2. Compartiron a curta distancia entre eixes do 275, así como a súa suspensión traseira independente.  
1966 -1968 Ferrari 330 GTS O GTS spider foi presentado no Salón do Automóbil de París. Producíronse ao redor de 600 coupés e 100 spiders.  
1966 Ferrari 365 California Só foron construídos 14 roadsters, incluíndo dous co volante á dereita.
1968 - 1969 Ferrari 365 GTC Foi o substituto do 330 GTC. As diferenzas limitáronse a mover os respiradoiros desde detrás das rodas dianteiras para o capó. Foron construídas 150 unidades.  
1969 - 1970 Ferrari 365 GTS Foi o substituto do 330 GTS. Presentou os mesmos cambios de estilo que o coupé. Só foron construídas 20 unidades.
1968 - 1973 Ferrari 365 GTB4 Máis coñecido polo nome non oficial de Ferrari Daytona, é un automóbil de Gran Turismo producido desde 1968 ata 1973. Foi presentado por primeira vez ao público no Salón do Automóbil de París en 1968 e substituíu o 275 GTB/4  
1968 Ferrari 365 GTS/4 Spider Fabricáronse 122 spiders na fábrica (das cales 7 son con volante á dereita) feitos por Scaglietti.  
1996 - 2001 Ferrari 550 Maranello Pertence ó segmento de deportivos con motor dianteiro, tracción traseira e dous asentos. O motor de 5'5 litros ten 485 cabalos de potencia.  
2001 Ferrari 550 Barchetta Ferrari presentou unha versión convertible do 550 no Salón de París en 2000. O Barchetta foi un verdadeiro roadster sen capota. A fábrica proveu unha capota de lona, pero foi deseñado só para uso temporal como se advertiu contra o uso da parte superior por encima de 110 km/h. Producíronse un total de 448 Barchettas.  
2002 - 2006 Ferrari 575M Maranello Pertence ó segmento de deportivos con motor dianteiro, tracción traseira e dous asentos. O motor de 5'7 litros ten 515 cabalos de potencia.  
2005 Ferrari 575M Superamerica Versión innovadora do convertible do 575M Maranello, contou cun teito electrocrómico un panel de cristal que viraba 180° na parte traseira e se deitaba sobre o maleteiro. Ferrari comercializouno como o convertible máis rápido do mundo, cunha velocidade máxima de 320 km/h.

Un total de 559 Superamericas foron construídos,

 
2006 - 2012 Ferrari 599 Pertence ó segmento de deportivos con motor dianteiro, tracción traseira e dous asentos. O motor de 6'0 litros ten 620 cabalos de potencia.  
2013 - 2017 Ferrari F12berlinetta Pertence ó segmento de deportivos con motor dianteiro, tracción traseira e dous asentos. O motor de 6'3 litros ten 610 cabalos de potencia.  

Motor central V6/V8

editar
1968 – 1969 Ferrari Dino 206 GT Foi o primeiro coche vendido por Ferrari, que utiliza un sistema de acendido electrónico. Tamén foi o primeiro produto de Ferrari cunha dirección de piñón e cremalleira directa. O 206 tiña unha velocidade máxima de 146,235 km/h. Construíronse

152 unidades en total.

 
1969 - 1974 Ferrari 246 GT Pertence ó segmento de deportivos con motor traseiro e tracción traseira. O motor de 2'4 litros ten 195 cabalos de potencia.  
1972 - 1974 Ferrari Dino 246 GTS O GTS era unha versión spider, fabricáronse 1274 GTS.  
1975 - 1979 Ferrari 308 GTB Pertence ó segmento de deportivos con tracción traseira. O motor de 2'9 litros ten 255 cabalos de potencia.  
1980 - 1986 Ferrari 208 GTB/GTS Debido aos impostos nos motores de máis de 2 litros, montaron un motor de 1.991 cc, un dos motores V8 máis pequenos xamais producidos. Os 208 só producían 155 CV (116 kW) e tiñan un rendemento decepcionante, especialmente para un Ferrari. A partir de 1982 engadíuselles un turbo e aumentou a potencia a 220 CV (164 kW), a produción terminou en 1986 logo de fabricar 437 GTB turbo e 250 GTS turbo.  
1980 - 1981 Ferrari 308 GTBi/GTSi Foille engadida unha inxección mecánica de combustible Bosch K-Jetronic nos 308 GTBi e GTSi, quedando con só 214 cabalos de forza (160 kW), pero diminuíndo as emisións.  
1986 - 1989 Ferrari 328 GTB/GTS Os Ferrari 328 GTB e GTS foron os sucesores dos Ferrari 308 GTB e GTS.  
1989 - 1994 Ferrari 348 Pertence ó segmento de deportivos con tracción traseira. O motor de 3'4 litros ten 300 cabalos de potencia.  
1994 - 1999 Ferrari F355 Pertence ó segmento de deportivos con motor central e tracción traseira. O motor de 3'5 litros ten 380 cabalos de potencia.  
1999 - 2004 Ferrari 360 Pertence ó segmento de deportivos con motor central e tracción traseira. O motor de 3'6 litros ten 400 cabalos de potencia.  
2005 Ferrari F430 Pertence ó segmento de deportivos con motor central e tracción traseira. O motor de 4'3 litros ten 490 cabalos de potencia.  
2007 Ferrari 430 Scuderia Como o sucesor do Challenge Stradale, o 430 Scuderia (scuderia significa "corte de cabalos", pero tamén se utiliza no contexto dos equipos de carreiras de motor, incluíndo a propia Ferrari) foi presentado por Michael Schumacher en 2007 no Frankfurt Auto Show.  
2009 Ferrari Scuderia Spider 16M Para conmemorar a 16ª vitoria de Ferrari no Campionato do Mundo de Fórmula 1 de Construtores de 2008, presentou a Scuderia Ferrari Spider 16M en Mugello. Trátase dunha versión convertible do 430 Scuderia.  
2010 - 2015 Ferrari 458 Italia Pertence ó segmento de deportivos con motor central e tracción traseira. O motor de 4'5 litros ten 578 cabalos de potencia.  
2015 - 2020 Ferrari 488 Italia Pertence ó segmento de deportivos con motor central e tracción traseira. O motor de 3'9 litros ten 485 cabalos de potencia.  

Motor central 2+2

editar
1974 – 1975 Ferrari Dino 308 GT4 O 308 GT4 2+2 foi un modelo innovador para Ferrari en varios aspectos: foi o primeiro Ferrari de produción con motor central V8, e foi o primeiro Ferrari de produción en ofrecer unha carrozaría Bertone (no canto de Pininfarina). Pininfarina estaba molesto pola decisión de dar o deseño ao seu rival Bertone, tendo en conta todo o que fixeran por Ferrari. Véndese con credencialización "Dino" (continuando a marca Dino para diferencialos dos non V12) ata maio de 1976, cando todos os emblemas substituíronse pola credencialización "Ferrari".  
1976 – 1980 Ferrari 308 GT4 O 308 GT4 2+2 foi un modelo innovador para Ferrari en varios aspectos: foi o primeiro Ferrari de produción con motor central V8, e foi o primeiro Ferrari de produción en ofrecer unha carrozaría Bertone (no canto de Pininfarina). Pininfarina estaba molesto pola decisión de dar o deseño ao seu rival Bertone, tendo en conta todo o que fixeran por Ferrari.  
1975 - 1980 Ferrari 208 GT4 Presentado no Salón do Automóbil de Xenebra en 1975, o 208 GT4 2 2 foi unha versión de baixa cilindrada do V8 producida para o mercado italiano, onde había unha rebaixa de impostos nos coches de 2 litros.  
1980 - 1993 Ferrari Mondial O nome de "Mondial" veu do famoso coche de carreiras 500 Mundial da década de 1950. Deseñado po Pininfarina fabricáronse 6.884 unidades e foi un dos modelos de maior éxito comercial de Ferrari.  

Motor frontal 2+2

editar
1960 - 1963 Ferrari 250 GT/E 2+2 A primeira gran produción de catro prazas de Ferrari, antes fixéranse en cantidades moi pequenas. O espazo interior incrementouse ao mover o motor cara a adiante no chasis. Foron construídos case 1000 GT/E por Pininfarina.  
1964 - 1967 Ferrari 330 GT 2+2 Foi o substituto do 250 GTE, cun novo motor, morro máis agudo, faros cuádruplos e unha gran grella.  
1967 - 1971 Ferrari 365 GT 2+2 Foi un coche de luxo con asentos de coiro, dirección asistida e freos, alzavidros eléctricos e aire acondicionado opcional. Rapidamente converteuse no modelo máis vendido da compañía con preto de 800 producidos en catro anos, 52 dos cales foron fabricados con volante á dereita.  
1971 - 1972 Ferrari 365 GTC/4 Aínda que non é xeralmente recoñecido como un verdadeiro "Daytona", o 365 GTC/4 de 1971 utiliza o mesmo chasis. A súa carrozaría coupé de Pininfarina encerra catro asentos, pero os asentos traseiros son pequenos e a fiestra traseira é inclinada. Fabricáronse 500 unidades en dous anos.  
1972 - 1976 Ferrari 365 GT4 2+2 Presentado en París contou cunha carrozaría totalmente nova con pouco parecido co Daytona aínda que a mecánica, incluíndo a motor mantívose.  
1976 - 1989 Ferrari 400 Foi o primeiro Ferrari en ter unha transmisión automática. engadiuse un beizo para o spoiler dianteiro e catro pilotos traseiros no canto de seis. Producíronse un total de 502 unidades (355 automáticos/147 manuais).  
1992 - 2003 Ferrari 456 Pertence ó segmento de deportivos de luxo con catro asentos e motor dianteiro V12. O motor de 5'5 litros ten 436 cabalos de potencia.  
2004 - 2011 Ferrari 612 Scaglietti Pertence ó segmento de deportivos de luxo con catro asentos e motor dianteiro V12. O motor de 5'75 litros ten 540 cabalos de potencia.  
2009 -2018 Ferrari California Pertence ó segmento de coupés deportivos con 2+2 asentos e motor dianteiro V8. O motor de 4'3 litros ten 453 cabalos de potencia.  
2011 - 2016 Ferrari FF Pertence ó segmento de deportivos de luxo con catro asentos e motor dianteiro V12. O motor de 6'3 litros ten 660 cabalos de potencia. FF significa "Ferrari Four", de catro prazas e tracción ás catro rodas.  
2016 - 2020 Ferrari GTC4 Lusso Sucesor do FF. Pertence ó segmento de deportivos con motor dianteiro, tracción traseira e catro asentos. O motor de 6'3 litros ten 730 cabalos de potencia.  

Motor central 12cilindros

editar
1973 - 1976 Ferrari 365 GT4 BB Foi o primeiro "Berlinetta Boxer" (BB). Deseñado por Pininfarina para competir co Lamborghini Miura. Fabricáronse 387 unidades, dos cales 88 tiñan o volante á dereita.  
1976 - 1981 Ferrari 512 BB Actualización do 365 GT4 BB, as principais diferenzas eran un novo spoiler dianteiro, os pneumáticos traseiros máis anchos, aberturas de ventilación lateral que canalizan o aire para os freos, catro tubos de escape e catro loces de cola (no canto de seis). Producíronse 929 unidades do 512 BB.  
1981 - 1984 Ferrari 512i BB Foi o último da serie. O motor de inxección de combustible producía emisións máis limpas e ofrecía un mellor equilibrio entre rendemento e temperamento. Producíronse 1007 unidades,  
1984 - 1992 Ferrari Testarossa O nome Testarossa, que significa "cabeza vermella" en italiano, vén da cámara pintada de vermello cobre o motor 12 en liña  
1992 - 1994 Ferrari 512 TR O Ferrari 512 TR pode acelerar desde 0 ata 97 quilómetros por hora (60 mph) en 4´90 segundos e ata 161 km/h (100 mph) en 10´70 segundos. A velocidade máxima do 512 TR é de 314 quilómetros por hora.  
1994 - 1996 Ferrari 512 M O 512 M foi a última versión do Testarossa. Fabricáronse 500 vehículos en total, dos cales 75 foron con volante á dereita  
1962 - 1964 Ferrari 250 GTO Pertence ó segmento de deportivos con motor dianteiro 12V, tracción traseira e dous asentos. O motor de 2'9 litros ten 302 cabalos de potencia. Producíronse 36 unidades  
1964 - 1966 Ferrari 250 LM O motor central do 250 Le Mans parecía un prototipo de carreiras, pero estaba destinado a ser producido como un GT de estrada. Descendente do 250 P, o Le Mans apareceu en 1963 e tiña carrozaría de Pininfarina. Ferrari non puido construír os 100 exemplares necesarios para homologalo como coche de carreiras de GT da FIA. Construíronse 32 LMs ata 1965.
1984 -1985 Ferrari 288 GTO Foi unha versión especial do Ferrari 308 GTB para a competición. Pertence ó segmento de superdeportivos con motor traseiro V8, tracción traseira e 2 asentos. O motor de 2'9 litros ten 400 cabalos de potencia.  
1987 - 1992 Ferrari F40 Pertence ó segmento de superdeportivos con motor traseiro V8, tracción traseira e 2 asentos. O motor de 2'9 litros ten 471 cabalos de potencia. Foi creado para competir co Porsche 959 no grupo B das competicións deportivas da FIA, e bautizado F40 polo 40º aniversario da fábrica.  
1995 - 1997 Ferrari F50 Pertence ó segmento de superdeportivos, conta cun motor de 4´7 litros atmosférico 60-válvula V12 con 520 cabalos de potencia, que se desenvolveu desde o 3´5 L V12 utilizado no Ferrari F92A de Fórmula Un de 1992. Fabricáronse 349 coches.  
1996 Ferrari F50 GT O Ferrari F50 GT (tamén coñecido como Ferrari F50 GT1) era un derivado de Ferrari F50, destinado a ser utilizado nas BPR Global GT Series. Con todo, Ferrari decidiu non poñer o F50 GT en produción, e só vendéronse tres coches ao público.
2003 - 2005 Ferrari Enzo O Enzo Ferrari é unha berlinetta con motor central V12 que leva o nome do fundador da compañía, Enzo Ferrari. Foi construído en 2002 usando a tecnoloxía dun Fórmula Un.  
2010 - 2012 Ferrari 599 GTO O coche é unha versión de estrada do 599XX e Ferrari di que o 599 GTO é o coche de estrada máis rápido, afirma que o 599 GTO pode alcanzar 100 km/h en menos de 3´35 segundos e ten unha velocidade máxima de máis de 335 kmh. A produción está limitada a 599 coches.  
2013 - 2016 Ferrari LaFerrari LaFerrari (tamén coñecido como F150 ou F70) é un automóbil superdeportivo híbrido de edición limitada. O automóbil e o seu nome definitivo foron revelados oficialmente no Salón do Automóbil de Xenebra 2013. É un bipraza con carrocería cupé de dúas portas, equipado con motor central traseiro lonxitudinal e tracción traseira. É o sucesor da Ferrari Enzo, e fabricáronse 499 unidades do modelo.  
2016 - 2018 Ferrari LaFerrari Aperta LaFerrari Aperta é un automóbil superdeportivo híbrido de edición limitada. O automóbil e o seu nome definitivo foron revelados oficialmente no Salón do Automóbil de París de 2016. É un bipraza con carrocería cupé de dúas portas, equipado con motor central traseiro lonxitudinal e tracción traseira. Inicialmente, vendéronse 200 coches con nove máis reservados para o seu uso durante as celebracións do 70 aniversario de Ferrari. Máis tarde vendeuse unha unidade máis en poxa.  

Modelos especiais e prototipos

editar
1962 Ferrari 250GT SWB Breadvan Foi construído para competir nas 24 Horas de Le Mans e outras carreiras do Campionato do Mundo FIA Sportscar. Piero Drogo desenvolveu un corpo aerodinámico avanzado, coa liña do teito estendido ata o extremo posterior seguindo a teoría aerodinámica Kamm.  
1970 Ferrari Modulo O Ferrari 512 S Modulo é un prototipo deseñado por Paolo Martin da Carozzeria Pininfarina. Ten un corpo extremadamente baixo, cun teito de estilo pavillón que se desliza cara a adiante para permitir a entrada á cabina. As catro rodas están parcialmente cubertas.  
1980 Ferrari Pinin O Ferrari Pinin foi un concept car único creado polo estudo de deseño Pininfarina, para celebrar o 50 aniversario dos estudos de deseño. O coche segue sendo un modelo singular, o primeiro Ferrari de catro portas que se construíu.  
1989 Ferrari Mythos O Mythos era un coche de motor central, tracción traseira deseñado por Pininfarina e producido por Ferrari en 1989. O deseño radical levouse a cabo sobre a base do Ferrari Testarossa, que dita a forma de cuña do coche e a gran toma de aire diante das rodas traseiras.  
1993 Ferrari FZ93 O FZ93 (Fórmula Zagato 93) foi deseñado por Ercole Spada, era unha continuación da serie de especiais de Ferrari Zagato  
1995 Ferrari FX O Ferrari FX foi feito a medida para o 29 de Sultan de Brunei por Pininfarina. Fabricáronse só sete coches, seis dos cales foron entregados á familia real de Brunei. O outro está agora en exhibición no Museo Marconi en Tustin, California.  
2005 Ferrari FXX FXX é a versión ultradeportiva do Ferrari Enzo (sucesor do Ferrari F50), concibida por Giuseppe Petrotta. A súa velocidade máxima é de 386 km/h, entrando así no vedado terreo dos cinco coches máis rápidos do mundo. Só ten un asento (monopraza), e non está homologado nin para circular pola rúa nin para competición.  
2006 Ferrari P4/5 O Ferrari P4/5 (oficialmente coñecido como Ferrari P4/5 by Pininfarina) é un único automóbil deportivo feito por Ferrari e redeseñado por Pininfarina para o director de cine e magnate James Glickenhaus. O coche era un Ferrari Enzo, pero o propietario, James Glickenhaus, preferiu o deseño dos coches de carreiras Ferrari dos anos 1960, os Serie P. O custo deste proxecto para Glickenhaus foi de 4 millóns de dólares estadounidenses.  

Liña temporal

editar
Modelos de estrada de Ferrari, 1947–1968
Tipo Anos 1940 Anos 1950 Anos 1960
7 8 9 0 1 2 3 4 5 6 7 8 9 0 1 2 3 4 5 6 7 8
Deportivos 125 S 166 S 195 S 212 Exp 225 S 250 MM 250 Monza 250 GT Tour de France 250 GT SWB 250 GTO 250 LM
159 S 250 S 250 Export
GT 166 Inter 195 Inter 212 Inter 250 Europa 250 GT Europa 250 GT Boano 250 GT Ellena 250 GT Coupe PF 250 GT Lusso 330 GTC 365 GTC
275 GTB 275 GTB/4
Convertibles 250 GT 275 GTS 330 GTS 365 GTS
2+2 250 GT/E 330 GT 365 GT
America 340 America 375 America/MM 410 Superamerica 400 Superamerica 500 Superfast 365 California
Modelos de estrada de Ferrari, desde 1960
Tipo Anos 1960 Anos 1970 Anos 1980 Anos 1990 Anos 2000 Anos 2010
0 1 2 3 4 5 6 7 8 9 0 1 2 3 4 5 6 7 8 9 0 1 2 3 4 5 6 7 8 9 0 1 2 3 4 5 6 7 8 9 0 1 2 3 4 5 6 7 8 9 0
FR/FMR GT 250 275 365 GTB/4 Daytona 550 575M 599
America 330 365
2+2 250GT 330GT 365GT GTC/4 GT4 400 400i 412 456 456 M 612
V8 California
RMR V6/V8 Dino 206 Dino 246 GT 308GTB 308i 308 QV 328 348 360
246 GTS 308 GTS 208 208 Turbo GTB/GTS Turbo F355 F430 F458 Italia
2+2 Dino GT4 Mondial 8 Mondial QV 3.2 Mondial Mondial t
bóxer-12 365BB 512 BB 512i BB Testarossa 512TR F512M
Modelo halo 250 GTO 250 LM 288 GTO F40 F50 Ferrari Enzo FXX FXX Evolution
F50 GT

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar