O Ferrari 125 S (comunmente 125 ou 125 Sport) foi o primeiro vehículo construído pola Ferrari en Módena, Italia. Aínda que foi precedido polo Auto Avio Costruzioni 815 de 1940 de Enzo Ferrari, o 125 S foi o primeiro vehículo en levar o nome Ferrari cando debutou o 11 de maio de 1947 no circuíto de Piacenza. Do mesmo xeito que o 815, que era un deportivo de carreiras, pero a diferenza do motor Fiat de 8 cilindros do seu predecesor, o 125 S contou cun V12 (o "125"), un trazo compartido coa maioría dos coches de Ferrari das décadas seguintes. O 125 S substitúese polo 159 S de 1947.

Ferrari 125

Deseño Gioacchino Colombo/Scuderia Ferrari
Produción 1947 2 unidades
Dimensións
Peso 750 kg
Características técnicas
Motor 1.5 L Colombo 125 V12
Modelos relacionados
Relacionado Ferrari 125 F1
Antecesor Auto Avio Costruzioni 815
Sucesor Ferrari 159 S
Debuxo dun Ferrari 125 F1.
Véxase tamén Ferrari 125 F1, un coche de carreiras de Fórmula 1 que compartía o mesmo motor.

Os dous coches 125 S construídos en 1947 foron desmantelados e as súas pezas crese que se reutilizaron na produción dos modelos 159 e 166.

Descrición editar

Chasis editar

O 125 S utilizaba un bastidor de chasis de tubo de aceiro,[1] e tiña unha suspensión dobre wishbone con bésta transversal na fronte e cun eixo ríxido na parte traseira. E freos de tambor hidráulicos dianteiros e traseiros.

Motor editar

O 125 S estaba propulsado por un motor de 1´5 L (1.497 cc.) Colombo 125 V12 a 60°. Este motor produce 118 CV (74 kW) a 7.000 rpm cunha relación de compresión de 8.5:1. Unha árbore de levas con 2 válvulas por cilindro e tres carburadores de dobre corpo Weber 30DCF.

Competición editar

O 125 S debutou no Circuíto di Piacenza, pilotado por Franco Cortese, pero non puido terminar a carreira, malia unha actuación favorable fronte aos fortes Maserati 6CS 1500.

Catorce días despois, o 125 S logrou a primeira vitoria de Ferrari no Gran Premio de Roma en Caracalla, onde tamén foi pilotado por Cortese. O coche rompera in dodamento na práctica, e foi reparado no taller de Tino Martinoli, quen máis tarde marchou aos Estados Unidos co equipo Ferrari Indy.

O 125 S gañou seis das súas catorce carreiras en 1947, aínda que os pilotos Clemente Biondetti e Giuseppe Navone foron incapaces de gañar Mille Miglia de 1947 nel.

O Ferrari 125 foi o primeiro Ferrari. Ademais, é o coche que lle deu a primeira vitoria nunha carreira oficial. Foi no Gran Premio de Roma de 1947.

Características editar

Un motor V12 de 1496 cc, capaz de dar 118 HP, iniciou a historia de triunfos da Scuderia. Este auto nunca foi producido para a venda ao público en xeral.

Especificacións editar

  • Motor frontal: lonxitudinal, V12 (60°).
  • Diámetro x carreira: 55 x 52,5 mm.
  • Cilindrada unitaria: 124´73 cm³.
  • Cilindrada total: 1.496,77 cc.
  • Número válvulas: 2 por cilindro.
  • Árbore de levas en cabeza.
  • Relación de compresión: 7,5:1.
  • Alimentación: tres carburadores Weber 30DCF.
  • Refrixeración líquida.
  • Potencia máxima, 118 hp a 6.800 rpm.
  • Potencia específica: 78,8 CV/litro.
  • Tracción: traseira.
  • Embrague: monodisco seco.
  • Cambio no bloque de motor: 5 velocidades mais marcha atrás.
  • Bastidor de longueiros e traveseiros.
  • Suspensión dianteira: roda independente, brazos transversais dobres, bésta transversal e amortecedores hidráulicos.
  • Suspensión traseira: ponte ríxida, béstas lonxitudinais, barra estabilizadora e amortecedores hidráulicos
  • Freos de tambor.
  • Tanque; 75 litros.
  • Pneumáticos: 5,50-15 diante e 6,00-15 atrás.

Rendemento editar

  • Velocidade máxima: 170 km/h.
  • Relación Peso/potencia: 6,3 kg/CV.

Liña temporal editar

Modelos de turismo de Ferrari, 1947–1968
Tipo Anos 1940 Anos 1950 Anos 1960
7 8 9 0 1 2 3 4 5 6 7 8 9 0 1 2 3 4 5 6 7 8
Deportivos 125 S 166 S 195 S 212 Exp 225 S 250 MM 250 Monza 250 GT Tour de France 250 GT SWB 250 GTO 250 LM
159 S 250 S 250 Export
GT 166 Inter 195 Inter 212 Inter 250 Europa 250 GT Europa 250 GT Boano 250 GT Ellena 250 GT Coupe PF 250 GT Lusso 330 GTC 365 GTC
275 GTB 275 GTB/4
Descapotables 250 GT 275 GTS 330 GTS 365 GTS
2+2 250 GT/E 330 GT 365 GT
America 340 America 375 America/MM 410 Superamerica 400 Superamerica 500 Superfast 365 California
Modelos de turismo de Ferrari, desde 1960
Tipo Anos 1960 Anos 1970 Anos 1980 Anos 1990 Anos 2000 Anos 2010
0 1 2 3 4 5 6 7 8 9 0 1 2 3 4 5 6 7 8 9 0 1 2 3 4 5 6 7 8 9 0 1 2 3 4 5 6 7 8 9 0 1 2 3 4 5 6 7 8 9 0
FR/FMR GT 250 275 365 GTB/4 Daytona 550 575M 599
America 330 365
2+2 250GT 330GT 365GT GTC/4 GT4 400 400i 412 456 456 M 612
V8 California
RMR V6/V8 Dino 206 Dino 246 GT 308GTB 308i 308 QV 328 348 360
246 GTS 308 GTS 208 208 Turbo GTB/GTS Turbo F355 F430 F458 Italia
2+2 Dino GT4 Mondial 8 Mondial QV 3.2 Mondial Mondial t
bóxer-12 365BB 512 BB 512i BB Testarossa 512TR F512M
Modelo halo 250 GTO 250 LM 288 GTO F40 F50 Ferrari Enzo FXX FXX Evolution
F50 GT

Notas editar

  1. "GILCO Ferrari 125 chassis". Gilco Design. Consultado o August 10, 2006. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar