Clemente Biondetti

Clemente Biondetti nado o 18 de agosto de 1898 e finado o 24 de febreiro de 1955, foi un piloto de carreiras italiano.[1] Biondetti naceu nunha familia da clase obreira, Biondetti correu as motocicletas antes de pasar aos automóbiles onde tivo máis éxito.

Modelo:BiografíaClemente Biondetti

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento18 de outubro de 1898 Editar o valor en Wikidata
Provincia de Sassari, Italia Editar o valor en Wikidata
Morte24 de febreiro de 1955 Editar o valor en Wikidata (56 anos)
Florencia, Italia Editar o valor en Wikidata
Causa da mortecancro Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaTrespiano Cemetery (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpiloto de automobilismo, piloto de Fórmula Un Editar o valor en Wikidata
Deporteautomobilismo Editar o valor en Wikidata
Participou en
24 Horas de Le Mans Editar o valor en Wikidata

IMDB: nm8913234 Editar o valor en Wikidata

Biografía

editar

Nado en Buddusò, Sardeña, nunha familia de clase traballadora, Biondetti comezou a súa andaina nas carreiras en motocicletas en 1923, pero en 1927 decidiuse polos automóbiles. En 1931 a súa actuación valeulle un punto de Gran Premio correndo co equipo de fábrica deMaserati.

Os seus éxitos en circuítos foron mínimos, pero foi un dos mellores nas carreiras de resistencia. Pilotando un Alfa Romeo 8C 2900b, Clemente Biondetti gañou a Mille Miglia de 1938 para o coches deportivos e na Coppa Ciano terminou segundo na clase voiturette e terceiro na clasificación xeral. En 1939, gañou a Coppa Acerbo na clase voiturette e logrou o segundo lugar no Gran Premio de Suíza. A súa participación nas carreiras detívose despois do estalido da segunda guerra mundial en 1940. No momento en que retomou a súa participación nas carreiras logo da guerra, xa tiña 49 anos. Con todo, dominou as carreiras de resistencia italianas, logrando á vitoria na Mille Miglia durante tres anos consecutivos de 1947 a 1949 e a Targa Florio en 1948 e 1949. Gañou máis Mille Miglias que calquera outro piloto na historia.

Clemente Biondetti participou nun Gran Premio do Campionato Mundial de Fórmula 1, o Gran Premio de Italia de 1950. Conducindo un automóbil híbrido auto-construído, os problemas do motor obrigárono a retirarse da carreira polo que non puido anotar ningún punto do campionato. A Biondetti encantábanlle os coches de carreiras e seguiu competindo en autos deportivos e carreiras de resistencia, obtendo un segundo lugar nun Ferrari nas 12 Horas de Pescara en 1952 contra pilotos moito máis novos. Logo de sufrir de cancro durante varios anos, viuse obrigado a retirarse en 1954. Sucumbiu ao cancro o 24 de febreiro de 1955 en Florencia.[2]

Grandes vitorias

editar

Rexistro de carreiras

editar

Resultados completos no Campionato de Europa

editar

(key) (Carreiras en grosa indican pole position) (Carreiras en cursiva indican volta rápida)

Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 pos. Pts
1931 Officine A. Maserati Maserati 26M Maserati 2.5 L8 ITA FRA
3
BEL 23º 19
1936 Scuderia Maremmana Maserati 6C-34 Maserati 3.7 L6 MON ALE SUI
Ret
ITA
Ret
25º 29
1937 Scuderia Maremmana Maserati 6C-34 Maserati 3.7 L6 BEL ALE MON
Ret
SUI 15º 34
Scuderia Ferrari Alfa Romeo 12C-36 Alfa Romeo 4.1 V12 ITA
Ret
1938 Alfa Corse Alfa Romeo Tipo 312 Alfa Romeo 3.0 V12 FRA ALE
Ret
SUI 13th 27
Alfa Romeo Tipo 316 Alfa Romeo 3.0 V16 ITA
4
1939 Alfa Corse Alfa Romeo 158 Alfa Romeo no automobilismo 1.5 L8 BEL FRA ALE SUI
9
16º 28
Fonte:[3]

Resultados Completos na Fórmula Un

editar

(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.

Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 Pos. Pts
1950 Scuderia Milano Maserati 4CLT/50 Maserati 4 CL 1.5 L4s GBR MON
NCG
500 SUI BEL FRA NC 0
Clemente Biondetti Ferrari 166T Jaguar XK 3.4 L6 ITA
Ret
Fonte:[4]

Complete 24 Hours of Le Mans results

editar
Ano Equipo Co-Pilotos Coche Clase Voltas Pos. Clase
Pos.
1938   Raymond Sommer   Raymond Sommer Alfa Romeo 8C 2900B Touring 5.0 219 Ret Ret
1951   Jaguar Cars Ltd   Leslie Johnson Jaguar XK-120C S 5.0 50 Ret Ret
1953   Scuderia Lancia   José Froilán González Lancia D20 S 8.0 213 Ret Ret
  1. "Clemente Biondetti". kolumbus.fi. Arquivado dende o orixinal o 21 de maio de 2019. Consultado o 9 de decembro de 2016. 
  2. "DRIVERS: CLEMENTE BIONDETTI". Grandprix.com. Consultado o 26 de xaneiro de 2016. 
  3. "THE GOLDEN ERA – OF GRAND PRIX RACING". kolumbus.fi. Arquivado dende o orixinal o 06 de xuño de 2011. Consultado o 9 de decembro de 2016. 
  4. "Clemente Biondetti – Involvement". statsf1.com. Consultado o 9 de decembro de 2016. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar