Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1956
O Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1956 é o sétimo campionato anual de Fórmula 1 organizado pola Fédération Internationale de l'Automobile (FIA). Con 8 Grandes Premios no calendario, deu comezo o 22 de xaneiro, e finalizou o 2 de setembro. Juan Manuel Fangio gañou o seu terceiro título consecutivo, o cuarto da súa carreira.
Tipo | Fórmula 1 |
---|---|
Deporte | automobilismo |
Organizador | Federación Internacional do Automóbil |
Número de participantes | 84 |
Localización e Datas | |
Intervalo de tempo | 22 de xaneiro de 1956 – 2 de setembro de 1956 |
Número de edición | 7 (1956) |
Competición | |
Campionato do Mundo de pilotos de Fórmula 1 | Juan Manuel Fangio |
Datos estatísticos | |
Carreires | 8 |
Resumo
editarFangio uniuse a Ferrari despois de que Mercedes-Benz, con quen gañara o título de 1955, se retirara da Fórmula 1. Ferrari formou un equipo forte con Fangio, Eugenio Castellotti, Luigi Musso e Peter Collins.
Ao chegar a derradeira carreira da tempada, Fangio tiña unha vantaxe de oito puntos sobre Collins e Jean Behra, que pilotaba un Maserati. O único xeito de perder o título era non terminar, e que Collins ou Behra gañaran, cunha volta rápida. Fangio e Behra se retiraron, e con Musso non disposto a compartir o seu coche con Fangio, Collins tivo unha grande oportunidade de gañar o seu primeiro título. Pero Collins, nun acto notable de deportividade, cedeu o seu propio coche a Fangio para que o arxentino terminara segundo na carreira e gañara o seu terceiro título consecutivo.
Os puntos do campionato eran entregados ás 5 primeiras posicións (8, 6, 4, 3, 2). Ademais dábase 1 punto extra pola volta máis rápida. Para o campionato do mundo só contaban os mellores cinco resultados das oito carreiras. É preciso ter en conta que nos coches compartidos os puntos dividíanse en partes iguais entre os pilotos, sen importar cantas voltas dera cada condutor ao volante.
Calendario de Grandes Premios
editarEquipos e pilotos
editarOs seguintes equipos e pilotos competiron no Campionato Mundial de Pilotos de 1956. A lista non inclúe aqueles equipos que só participaron nas 500 Millas de Indianápolis.
Clasificación do Mundial de Construtores de 1956
editarO primeiro Campionato de Construtores non foi disputado ata 1958.
Clasificación do Mundial de Pilotos de 1956
editar
|
|
- * Volta rápida (1 punto)
- † Posición compartida entre os condutores do mesmo auto
- Só os 5 mellores resultados contan para o Campionato. Os números sen paréntese son puntos do campionato, os números entre paréntese son puntuación total obtida.
Notas
editarVéxase tamén
editarA Galipedia ten un portal sobre: Fórmula 1 |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1956 |
Ligazóns externas
editar- 1956 World Championship race results and images Arquivado 02 de abril de 2012 en Wayback Machine. Consultado en f1-facts.com o 4 de outubro de 2008
- 1956 World Championship images Consultado en The Cahier Archive o 4 de outubro de 2008