Ferrari 375 America

Ferrari 375 America
375 America
Ferrari
Información
País Flag of Italy.svg Italia
Fabricante Ferrari
Produción 1953-1954 12 unidades
Sucesor
Carrozaría
Motor V 12 de 60 graos e 4522 cc dianteiro lonxitudinal
Potencia 300 hp a 6.500 rpm
Longo 4.190 mm
Largo 1.640 mm
Alto 1.090 mm
Peso 900 Kg.
Tracción Traseira, caixa de cambios manual de 4 velocidades
Suspensión Independente dianteira, traseira de follas semielípticas
Freos Tambor nas 4 rodas
Prestacións 270 Km/h. aceleración 0-100: 6.8 s.
Pneumáticos Aros de 16"
Outros datos
[1]

O Ferrari 375 America foi presentado no Salón de París no ano 1953 xunto ao 250 Europa. O 375 continuaba a serie de modelos "America" destinados ao mercado estadounidense. Estes modelos caracterizábanse polo seu gran tamaño, o uso de motores máis grandes e un baixo número de produción. Xeralmente, cada auto terminábase con detalles ou especificaciones solicitadas polo cliente. A configuración do Ferrari 375 America contaba cun chasis tubular estándar de aceiro soldado, suspensións de elásticos con amortecedores con resortes e freos a tambor accionados hidráulicamente. En xeral, a posta a punto do chasis era bastante similar á do 250 Europa, contando con diferenzas especialmente destinadas a acomodar un motor máis grande e pesado. Unha das diferenzas era maior distancia entre eixos, de 2.800 mm.