Gran Premio de Hungría de 1987
O Gran Premio de Hungría de 1987, foi unha carreira de Fórmula Un que se disputou o 9 de agosto de 1987, no circuíto de Hungaroring. Foi a novena carreira da tempada de 1987.
Detalles da carreira | ||
---|---|---|
Carreira 9 de 16 no Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1987. | ||
![]() Trazado do circuíto de Hungaroring. | ||
Data | 9 de agosto de 1987 | |
Nome oficial | Gran Premio de Hungría | |
Localización | Hungaroring, Budapest, Hungría | |
Percorrido | Percorrido permanente de carreira 4,014 km | |
Distancia | 76 voltas, 305,064 km | |
Clima | Seco | |
Pole position | ||
Piloto | ![]() |
Williams-Honda |
Tempo | 1:28.047 | |
Volta rápida | ||
Piloto | ![]() |
Williams-Honda |
Tempo | 1:30.149 na volta 65 | |
Podio | ||
Primeiro | ![]() |
Williams-Honda |
Segundo | ![]() |
Lotus-Honda |
Terceiro | ![]() |
McLaren-TAG |
Foi o terceiro Gran Premio de Hungría e o segundo desde o seu reinicio en 1986 no circuíto de Hungaroring. A carreira disputouse sobre 76 voltas ao circuíto de catro quilómetros para un distancia da carreira de 305 quilómetros.
A carreira foi gañada polo eventual campión mundial de 1987, o piloto brasileiro Nelson Piquet pilotando un Williams FW11B. Foi a segunda vitoria consecutiva de Piquet logo de gañar no Gran Premio de Alemaña. Foi unha vitoria de rebote, logo de que o Williams Nigel Mansell perdese a porca da roda dianteira dereita na volta 70. O piloto brasileiro Ayrton Senna terminou en segunda posición no seu Lotus 99T por diante do actual campión do mundo Alain Prost no seu McLaren MP4/3.
O piloto belga Thierry Boutsen (Benetton B187) perseguiu aos líderes durante toda a carreira para ser recompensado coa cuarta posición por diante do Brabham BT56 do italiano Riccardo Patrese. O último punto do campionato foi para o británico Derek Warwick no seu Arrows A10. Warwick enfermo de gripe e conxuntivite, afirmou que o punto nun circuíto tan esixente fisicamente foi un logro notable, dadas as circunstancias. Jonathan Palmer logrou os puntos do Jim Clark Trophy acabando sétimo no seu Tyrrell DG016 co seu compañeiro de equipo Philippe Streiff noveno detrás do segundo Arrows de Eddie Cheever. O piloto italiano Ivan Capelli foi décimo no March 871. A vitoria permitiu a Piquet ampliar a vantaxe de puntos no campionato a sete sobre Senna e 18 sobre Mansell.
Clasificación Editar
Pos | Nº | Piloto | Construtor | Voltas | Tempo/Retirada | Grella | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|
1 | 6 | Nelson Piquet | Williams-Honda | 76 | 1:59:26.793 | 3 | 9 |
2 | 12 | Ayrton Senna | Lotus-Honda | 76 | + 37.727 | 6 | 6 |
3 | 1 | Alain Prost | McLaren-TAG | 76 | + 1:27.456 | 4 | 4 |
4 | 20 | Thierry Boutsen | Benetton-Ford | 75 | + 1 volta | 7 | 3 |
5 | 7 | Riccardo Patrese | Brabham-BMW | 75 | + 1 volta | 10 | 2 |
6 | 17 | Derek Warwick | Arrows-Megatron | 74 | + 2 voltas | 9 | 1 |
7 (1) | 3 | Jonathan Palmer | Tyrrell-Ford | 74 | + 2 voltas | 16 | |
8 | 18 | Eddie Cheever | Arrows-Megatron | 74 | + 2 voltas | 11 | |
9 (2) | 4 | Philippe Streiff | Tyrrell-Ford | 74 | + 2 voltas | 14 | |
10 (3) | 16 | Ivan Capelli | March-Ford | 74 | + 2 voltas | 18 | |
11 | 24 | Alessandro Nannini | Minardi-Motori Moderni | 73 | + 3 voltas | 20 | |
12 | 26 | Piercarlo Ghinzani | Ligier-Megatron | 73 | + 3 voltas | 25 | |
13 (4) | 14 | Pascal Fabre | AGS-Ford | 71 | + 5 voltas | 26 | |
14 | 5 | Nigel Mansell | Williams-Honda | 70 | Roda | 1 | |
Ret | 21 | Alex Caffi | Osella-Alfa Romeo | 64 | Sistema combustible | 21 | |
Ret | 25 | René Arnoux | Ligier-Megatron | 57 | Eléctrico | 19 | |
Ret | 30 | Philippe Alliot | Lola-Ford | 48 | Accidente | 15 | |
Ret | 9 | Martin Brundle | Zakspeed | 45 | Turbo | 22 | |
Ret | 27 | Michele Alboreto | Ferrari | 43 | Motor | 5 | |
Ret | 8 | Andrea de Cesaris | Brabham-BMW | 43 | Caixa de cambios | 13 | |
Ret | 2 | Stefan Johansson | McLaren-TAG | 14 | Caixa de cambios | 8 | |
Ret | 19 | Teo Fabi | Benetton-Ford | 14 | Caixa de cambios | 12 | |
Ret | 23 | Adrián Campos | Minardi-Motori Moderni | 14 | Trompo | 24 | |
Ret | 28 | Gerhard Berger | Ferrari | 13 | Diferencial | 2 | |
Ret | 10 | Christian Danner | Zakspeed | 3 | Motor | 23 | |
Ret | 11 | Satoru Nakajima | Lotus-Honda | 1 | Eixo de transmisión[1] | 17 | |
Fonte:[2]
|
- Os números entre parénteses refírense ás posicións dos participantes con motores normalmente aspirados que competían polo Jim Clark Trophy.
Posicións logo da carreira Editar
|
|
|
|
- Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación.
Notas Editar
- ↑ Anthony, Pritchard (marzo 2006). Lotus: The Competition Cars. Haynes Publishing. p. 246. ISBN 1-84425-006-7.
- ↑ "1987 Hungarian Grand Prix". formula1.com. Arquivado dende o orixinal o 3 de novembro de 2014. Consultado o 23 de decembro de 2015.
Véxase tamén Editar
Ligazóns externas Editar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gran Premio de Hungría de 1987 |
Carreira anterior: Gran Premio de Alemaña de 1987 |
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA Temporada 1987 |
Carreira seguinte: Gran Premio de Austria de 1987 |
Carreira anterior: Gran Premio de Hungría de 1986 |
Gran Premio de Hungría | Carreira seguinte: Gran Premio de Hungría de 1988 |