Adrián Campos
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xaneiro de 2019.) |
Adrián Campos Suñer, nado en Alzira (Valencia), o 17 de xuño de 1960, e finado o 28 de xaneiro de 2021, foi un piloto de Fórmula Un español. Participou en 21 Grandes Premios, debutando o 12 de abril de 1987, sen lograr un punto no campionato. Máis tarde dedicouse á xestión de equipos, con máis éxito. Foi o fundador do equipo de Fórmula Un Campos Meta (máis tarde coñecido como HRT), que competiu na Fórmula Un desde a tempada 2010 a 2012.
Biografía | ||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | (es) Adrián Campos Suñer 17 de xuño de 1960 Alzira, España | |||||||||||||||||||
Morte | 27 de xaneiro de 2021 (60 anos) Valencia, España | |||||||||||||||||||
Lugar de sepultura | Alzira Municipal Cemetery (en) | |||||||||||||||||||
Actividade | ||||||||||||||||||||
Ocupación | piloto de automobilismo, director de equipo, piloto de Fórmula Un | |||||||||||||||||||
Deporte | Fórmula 1 Q27575132 | |||||||||||||||||||
| ||||||||||||||||||||
Participou en | ||||||||||||||||||||
1994 | Campeonato de España de Turismos (en) (1º) | |||||||||||||||||||
Familia | ||||||||||||||||||||
Fillos | Adrián Campos, jr. | |||||||||||||||||||
Parentes | Luis Suñer Sanchis, avó paterno | |||||||||||||||||||
A Galipedia ten un portal sobre: Fórmula 1 |
Andaina
editarPrimeiros anos
editarCampos logrou o primeiro éxito nas carreiras de coches de radio control, gañando o campionato español en 1980. Cambiouse aos coches de competición un ano despois, e competiu na Fórmula 3 de 1.983 ata 1.985, terminando terceiro no Campionato Alemán de 1985. correu na Fórmula 3000 en 1986, cun modesto éxito.
Fórmula Un
editarLogo de facer algunhas probas para Tyrrell en 1986, Campos correu nas tempadas 1987 e 1988 de F1 para o equipo Minardi, primeiro xunto a Alessandro Nannini e logo co seu compatriota Luís Pérez-Sala. Só completou dous das 21 carreiras nas que entrou, aínda que moitos abandonos debéronse a fallas mecánicas e non a erros de condución. Con todo, estas retiradas fixéronlle perder a motivación e en 1988, foi substituído por Pierluigi Martini logo de non poder cualificar en tres carreiras consecutivas.[1]
Logo da Fórmula Un
editarCampos competiu en Vehículos de Turismo de España, gañando o campionato en 1994. 1997 sería o último ano de Campos pasaría como piloto profesional. Logo dalgunhas carreiras de prototipos deportivos como o Ferrari 333SP, formou o seu propio equipo como propietario.
Escudaría
editarTras retirarse da competición activa, fundou en 1992 a súa propia escudaría, Bravo F1, xunto a Jean Francois Mosnier, aproveitando a súa experiencia como piloto de F1. Contratou a Nick Wirth e a Jordi Gené. Con todo, a repentina morte de Jean Francois Mosnier condicionou económica e moralmente o proxecto, polo que o abandonou. Finalmente fundou Adrián Campos Motorsport, que máis tarde se convertería en Campos Racing e Campos Grand Prix. Comezou na Fórmula Nissan (Open Fortuna by NMissan, Open Movistar by Nissan e Open Telefónica by Nissan), que gañou en tres ocasións da man de Marc Gené, Fernando Alonso e Antonio García, de quen posteriormente se convertería en representante.
Adrián Campos como director da escudaría Campos Racing, gañou todas as competicións que disputou: as GP2 con pilotos como Giorgio Pantano, Lucas di Grassi, Sergio Hernández e Vitaly Petrov e a European F3 contando nas súas filas con Roldán Rodríguez, os irmáns Álvaro e Marco Barba, Bruno Méndez, Germán Sánchez ou Adrián Campos Jr.. En 2007 foi a primeira escudaría en seleccionar a unha muller, Natacha Gachnang, para disputar o campionato.
Logo de lograr este exitoso palmarés, o alcireño volveu de novo as súas miras á F1. O 12 de xullo de 2009, a FIA deulle un dos tres novos equipos a Campos Grand Prix, quen xunto á empresa Meta Image fundou en 2010 Campos Meta F1, pero a disparidade de métodos e obxectivos de ambos e, máis tarde, co empresario José Ramón Carabante fixo que Campos preferise dar un paso atrás e desvincularse antes que liderar un proxecto que xa non consideraba propio.
Fórmula Un
editarCampos seguía interesado na Fórmula Un, e considerou a compra dos activos do desaparecido equipo Super Aguri.[2] En maio de 2009, Campos Grand Prix presentou unha opción para a tempada 2010,[3], que foi un dos catro novos equipos en ser aceptado[4] A entrada realizouse correctamente, xunto con Lotus F1, Virgin e US F1. O equipo, que pronto foi renomeado como Campos Meta, confirmou o 30 de outubro de 2009 que Bruno Senna, o sobriño de Ayrton Senna, sería un dos pilotos na grella de 2010.
En febreiro de 2010, co equipo Campos loitando financeiramente, completou un acordo de rescate polo que o accionista José Ramón Carabante asumiu o control total do equipo. Como parte da reestruturación, Campos foi substituído como director do equipo por Colin Kolles.[5] O equipo pasou a chamarse Hispania Racing (ou HRT F1), con Campos no papel de vicepresidente executivo.
Vida persoal
editarO seu avó materno Luís Suñer foi un importante empresario industrial en España.[6] O seu pai fundou a empresa Avidesa de alimentos conxelados. Ten un fillo cuxo nome é tamén Adrián Campos.[7]
Rexistro de carreiras
editarResultados completos na fórmula 3000
editar(key) (Carreiras en negra indican pole position; carreiras en italica indican volta rápida.)
Ano | Equipo | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | Pos. | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1986 | Gethin Racing | SIL 16 |
VAL NSC |
PAU Ret |
SPA NSC |
IMO Ret |
MUG NTS |
PER NSC |
ZEL | BIR | 23º | 1 | ||
Lola Motorsport | BUG Ret |
JAR 6 |
Resultado completos na Fórmula Un
editar(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.
Ano | Equipo | Chasis | Motor | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | Pos. | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1987 | Minardi Team | Minardi M187 | MM V6 (t/c) | BRA DSC |
SMR Ret |
BEL Ret |
MON NTS |
DET Ret |
FRA Ret |
GBR Ret |
ALE Ret |
HUN Ret |
AUT Ret |
ITA Ret |
POR Ret |
ESP 14 |
MEX Ret |
XPN Ret |
AUS Ret |
NC | 0 |
1988 | Lois Minardi Team | Minardi M188 | Cosworth V8 | BRA Ret |
SMR 16 |
MON NSC |
MEX NSC |
CAN NSC |
DET | FRA | GBR | ALE | HUN | BEL | ITA | POR | ESP | XPN | AUS | NC | 0 |
Notas
editar- ↑ Campos: we're aiming to finish inside the top ten
- ↑ "F1 : Adrian Campos interested in buying Super Aguri Formula 1 assets". F1sa.com. 2008-07-07. Arquivado dende o orixinal o 03 de maio de 2010. Consultado o 2010-12-22.
- ↑ Elizalde, Pablo (2009-05-22). "Campos's team lodges F1 entry". autosport.com. Haymarket. Arquivado dende o orixinal o 24 de maio de 2009. Consultado o 2009-05-22.
- ↑ Noble, Jonathan (2009-06-12). "FIA announces 2010 F1 entry list". autosport.com. Haymarket. Arquivado dende o orixinal o 15 de xuño de 2009. Consultado o 2009-06-12.
- ↑ Elizalde, Pablo (2010-02-19). "Carabante takes over Campos team". autosport.com (Haymarket Publications). Consultado o 2010-02-19.
- ↑ "Adrian Campos Suner". Grandprix.com. Arquivado dende o orixinal o 26 de xaneiro de 2011. Consultado o 2010-12-22.
- ↑ "Official website of Adrián Campos Jr.". Arquivado dende o orixinal o 26 de abril de 2009. Consultado o 12 de xaneiro de 2016.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Adrián Campos |
Ligazóns externas
editar- "Ficha de Adrian Campos". F1rejects.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 24 de decembro de 2013. Consultado o 26 de xuño de 2018.
- Campos Meta site
- Campos GrandPrix - GP2 Series official website