Hungaroring
Plano do Circuíto
Datos
Inauguración 1986
Outros nomes
Carreiras F1, GP2, FIA GT Championship, World Series by Renault
Localización Hungría Mogyoród, Hungría
Capacidade 70.000 espectadores
Coordenadas Coordenadas: 47°34′56″N 19°15′04″L / 47.582222222222, 19.251111111111
Trazado actual (2003 – presente)
Lonxitude km 4,381
Curvas 14
Récord tempo 1:16.627
Récord piloto Lewis Hamilton
Récord equipo Mercedes -AMG F1 W11 EQ Performance, 2020
Récord ano 2020
Circuíto modificado (1989–2002)
Lonxitude km 4´381
Curvas 14
Récord tempo 1:19.071
Récord piloto Alemaña Michael Schumacher
Récord equipo Ferrari
Récord ano 2002
Circuíto orixinal (1986–1988)
Lonxitude 4´014
Curvas 16
Volta rápida (1987) 1:30.149
Piloto récord Nelson Piquet
Escudería récord Williams-Honda
Vista do Circuíto

Hungaroring é un autódromo localizado nas proximidades de Budapest, Hungría, que alberga anualmente o Gran Premio de Hungría de Fórmula 1. Foi o primeiro Gran Premio da categoría en realizarse tras o Pano de aceiro en 1986.[1]

Historia editar

Bernie Ecclestone quería organizar unha carreira na URSS, pero un amigo húngaro recomendoulle Budapest. Querían un circuíto urbano similar á Mónaco que se construiría no parque público de Népliget[2] o parque máis grande de Budapest, pero o goberno decidiu construír un novo circuíto nos arredores da cidade[3] preto dunha estrada importante. As obras de construción comezaron o 1 de outubro de 1985. Construíuse en oito meses, menos tempo que calquera outro circuíto de Fórmula Un. A primeira carreira celebrouse o 24 de marzo de 1986, en memoria de János Drápal, o primeiro húngaro que gañou unha carreira nun Gran Premio de motociclismo. Segundo unha enquisa elaborada pola oficina de turismo nacional de Hungría, Mogyoród ocupa o terceiro lugar entre os destinos húngaros visitados polos turistas, por detrás da area da Curva do Danubio e o Lago Balaton, pero por diante de Budapest.[4] O circuíto ten licenza FIA Grado 1.[5]

 
Trazado de Hungaroring desde 1989 ata 2002
 
Vista da entrada

Descrición editar

O Gran Premio dispútase no medio do verán, que adoita ser moi caloroso e seco nesta rexión. A súa primeira carreira de Gran Premio con choiva foi en 2006. O circuíto xeralmente está cuberta de po debido á infrautilización en todo o resto do ano e ao seu chan areoso. Como o circuíto atópase nun val preto do 80 por cento da pista pódese ver desde calquera punto.[6]

En condicións normais, un circuíto pouco transitado caracterízase polo feito de volverse máis rápido a medida que a pista se vai engomando durante a fin de semana. No entanto, este non é o caso de Hungaroring, xa que un maior tránsito implica maior cantidade de po na pista, o cal compensa o efecto positivo do caucho sobre o asfalto. Por esta mesma razón, o circuíto favorece a aqueles pilotos que saen antes que os demais nas roldas de clasificación.

As características do autódromo (con moitas curvas, fochancas e abundante po fóra da liña de carreira)[7] fan que os adiantamentos non sexan frecuentes. Por iso, asóciase a Hungaroring con carreiras procesionais e pobres en emocións. Aínda así, Hungaroring foi escenario de varias carreiras memorables, como os duelos de Nelson Piquet e Ayrton Senna, a perda da roda de Nigel Mansell en 1987, a vitoria de Mansell desde o 12º lugar na grella logo dun adiantamento dramático a Ayrton Senna en 1989, o segundo posto de Damon Hill con Arrows en 1997, o cambio de estratexia de Michael Schumacher para vencer aos McLaren de Mika Häkkinen e David Coulthard en 1998 e as vitorias de Hill en 1993, Fernando Alonso en 2003, Jenson Button en 2006 no primeiro Gran Premio coa pista mollada,[8] Heikki Kovalainen en 2008, e a segunda vitoria para Daniel Ricciardo en 2014, superando ao Mercedes de Lewis Hamilton e o Ferrari de Alonso utilizando pneumáticos brandos moi degradados na penúltima volta, logrando unha vitoria incrible.

Características editar

  • Capacidade espectadores: 70.000
  • Lonxitude do circuíto: 4´381 quilómetros.
  • Distancia da carreira de Fórmula 1: 70 voltas = 306´670 quilómetros. 14 curvas en total (8 a dereita e 6 a esquerda).
  • Configuración aerodinámica: alta/moi alta. Velocidade máxima estimada 305 km/h con DRS, 295 km/h sen DRS
  • Aceleración a fondo: 55% do tempo de volta.
  • Tempo de freado: 14% do tempo da volta.
  • Total de combustible necesario para a distancia de carreira:
  • Consumo de combustible: kg por volta.
  • Cambio de marchas por volta:
  • Número de zonas de freado:
  • Desgaste dos freos: alto
  • Desgaste dos pneumáticos: medio
  • Distancia dos Boxes:
  • Perda de tempo nunha parada en boxes:
  • Tempo total necesario para a parada en boxes: 16 segundos (media)
  • Efecto de combustible (custo en tempo por volta de 10 kg de combustible transportado): 0´35 segundos.
  • Marca volta: Lewis Hamilton, Mercedes – 1’16.627 en 2020

Pilotos editar

Hungaroring coroou dous pilotos nos seus 20 anos de historia: tanto Nigel Mansell en 1992 e Michael Schumacher en 2001 lograron aquí o título de Campión do Mundo. Por outra banda, o equipo WilliamsF1 tamén logrou o campionato de construtores en Hungaroring en 1996.

Tanto o húngaro Zsolt Baumgartner como o polaco Robert Kubica fixeron o seu debut nesta pista como os primeiros pilotos de F1 dos seus países.

O Gran Premio de Hungría de 2006 foi o primeiro gran premio baixo a chuvia en Hungaroring. Viu a retirada de moitos pilotos, incluíndo os candidatos ao campionato Fernando Alonso e Michael Schumacher e deu a Jenson Button e o renacido equipo Honda a súa primeira vitoria. Fernando Alonso con Renault tamén obtivo aquí a súa primeira vitoria nun Gran Premio en 2003, como resultado declarou que é o seu circuíto favorito.

De acordo ás declaracións e entrevistas, os pilotos teñen diferentes opinións sobre a pista. Mentres que moitos, como Ayrton Senna, Nigel Mansell, Michael Schumacher, Lewis Hamilton, e Fernando Alonso encántalles, moitos outros consideran a pista demasiado lenta, quente e esixente[Cómpre referencia].

A pista nomeou varias curvas curvas: A curva 4 leva o nome de Nigel Mansell, onde perdeu unha roda durante o Gran Premio de Hungría de 1987. A curva 11 leva o nome de Jean Alesi tralo seu grande accidente alí durante a cualificación para o Gran Premio de Hungría de 1995.

O sábado 25 de xullo de 2009, na segunda rolda de clasificación para o Gran Premio de Hungría en Hungaroring, o piloto de Ferrari Felipe Massa resultou ferido na cabeza, aínda que protexido polo casco o piloto foi golpeado por un resorte de suspensión que caera do Brawn GP de Rubens Barrichello durante a carreira a alta velocidade. Quedou inconsciente, e posteriormente estrelouse de fronte contra unha barreira de pneumáticos. Massa foi posteriormente trasladado en helicóptero ao hospital AEK de Budapest, onde foi sometido a unha cirurxía na zona que rodea o ollo esquerdo. A súa condición foi descrita inicialmente como "moi grave, pero estable", pero mellorou rapidamente. Massa foi dado de alta do hospital a semana seguinte e regresou a Brasil. Logo de máis probas, decidiuse que Massa necesitaba unha placa de titanio inserida no cranio.

Os afeccionados editar

Aínda que a maioría dos afeccionados estranxeiros son de Alemaña e Austria, Hungaroring tamén viu tradicionalmente unha grande afluencia de afeccionados finlandeses, isto atribúese especialmente á falta dun Gran Premio escandinavo. Coa perda da Gran Premio de Austria en 2003, converteuse no evento da Fórmula 1 máis próximo para os afeccionados doutros países de Europa central. Pero, o Gran Premio de Austria regresou de novo en 2014. A carreira de 2006 viu a moitos espectadores de Polonia debido ao debut do seu primeiro piloto de Fórmula Un, Robert Kubica.

Algúns din que Hungaroring é similar en estilo ao Circuíto de Mónaco, polas súas curvas pechadas e reviradas. O primeiro cambio no deseño da pista levouse a cabo en 1989, cando a chicana logo da actual curva tres (unha medida temporal feita durante a construción debido ao descubrimento dun manancial) eliminouse. En 2003, a recta principal alargouse en aproximadamente 200 m., e a forquita ao final da recta tamén se estreitou coa intención de facilitar a máis oportunidades de adiantamento, así como un estreitamento na curva 13.

O contrato prolongouse ata 2021,[9] aínda que a publicidade do tabaco está prohibida desde 2007.

Hungaroring é a base do automobilismo en Hungría. Ademais da Fórmula Un, tamén foi sede de carreiras da DTM e Campionato FIA GT. En 2011, foi sede da primeira edición da FIA WTCC Race of Hungary. Unha carreira pública de drag dispútase cada mes.

Todos os gañadores de Fórmula 1, no circuíto de Mogyoród editar

Ano Piloto Construtor Motor Pneu. Tempo Lonxitude Voltas Velocidade Data GP de
1 1986   Nelson Piquet Williams Honda G 2:00:34,508 h 4,014 km 76 151,804 km/h 10. agosto   Hungría
2 1987   Nelson Piquet Williams Honda G 1:59:26,793 h 4,014 km 76 153,239 km/h 9. agosto
3 1988   Ayrton Senna McLaren Honda G 1:57:47,081 h 4,014 km 76 155,401 km/h 7. agosto
4 1989   Nigel Mansell Ferrari Ferrari G 1:49:38,650 h 3,968 km 77 167,197 km/h 13. agosto
5 1990   Thierry Boutsen Williams Renault G 1:49:30,597 h 3,968 km 77 167,402 km/h 12. agosto
6 1991   Ayrton Senna McLaren Honda G 1:49:12,796 h 3,968 km 77 167,857 km/h 11. agosto
7 1992   Ayrton Senna McLaren Honda G 1:46:19,216 h 3,968 km 77 172,424 km/h 16. agosto
8 1993   Damon Hill Williams Renault G 1:47:39,098 h 3,968 km 77 170,292 km/h 15. agosto
9 1994   Michael Schumacher Benetton Ford G 1:48:00,185 h 3,968 km 77 169,737 km/h 14. agosto
10 1995   Damon Hill Williams Renault G 1:46:25,721 h 3,968 km 77 172,248 km/h 13. agosto
11 1996   Jacques Villeneuve Williams Renault G 1:46:21,134 h 3,968 km 77 172,372 km/h 11. agosto
12 1997   Jacques Villeneuve Williams Renault G 1:45:47,149 h 3,968 km 77 173,295 km/h 10. agosto
13 1998   Michael Schumacher Ferrari Ferrari G 1:45:25,550 h 3,972 km 77 174,062 km/h 16. agosto
14 1999   Mika Häkkinen McLaren Mercedes B 1:46:23,536 h 3,972 km 77 172,481 km/h 15. agosto
15 2000   Mika Häkkinen McLaren Mercedes B 1:45:33,869 h 3,975 km 77 173,965 km/h 13. agosto
16 2001   Michael Schumacher Ferrari Ferrari B 1:41:49,675 h 3,975 km 77 180,348 km/h 19. agosto
17 2002   Rubens Barrichello Ferrari Ferrari B 1:41:49,001 h 3,975 km 77 180,368 km/h 18. agosto
18 2003   Fernando Alonso Renault Renault M


1:39:01,460 h 4,381 km 70 185,811 km/h 24. agosto
19 2004   Alemaña Ferrari Ferrari B 1:35:26,131 h 4,381 km 70 192,802 km/h 15. agosto
20 2005   Kimi Räikkönen McLaren Mercedes M


1:37:25,552 h 4,381 km 70 188,859 km/h 31. xullo
21 2006   Jenson Button Honda Honda M


1:52:20,941 h 4,381 km 70 163,773 km/h 6. agosto
22 2007   Lewis Hamilton McLaren Mercedes B 1:35:52,991 h 4,381 km 70 191,898 km/h 5. agosto
23 2008   Heikki Kovalainen McLaren Mercedes B 1:37:27,067 h 4,381 km 70 188,684 km/h 3. agosto
24 2009   Lewis Hamilton McLaren Mercedes B 1:38:23,876 h 4,381 km 70 186,973 km/h 26. xullo
25 2010   Mark Webber Red Bull Renault B 1:41:05,571 h 4,381 km 70 181,989 km/h 1. agosto
26 2011   Jenson Button McLaren Mercedes P 1:46:42,337 h 4,381 km 70 172,416 km/h 31. xullo
27 2012   Lewis Hamilton McLaren Mercedes P 1:41:05,503 h 4,381 km 69 179,391 km/h 29. xullo
28 2013   Lewis Hamilton Mercedes Mercedes P 1:42:29,445 h 4,381 km 70 179,507 km/h 28. xullo
29 2014   Daniel Ricciardo Red Bull Renault P 1:53:05,058 h 4,381 km 70 162,691 km/h 27. xullo
30 2015   Sebastian Vettel Ferrari Ferrari P 1:46:09,985 h 4,381 km 69 170,816 km/h 26. xullo
31 2016   Lewis Hamilton Mercedes Mercedes P 1:40:30,115 h 4,381 km 70 183,059 km/h 24. xullo
32 2017   Sebastian Vettel Ferrari Ferrari P 1:39:46,713 h 4,381 km 70 184,386 km/h 30. xullo
33 2018   Lewis Hamilton Mercedes Mercedes P 1:37:16,427 h 4,381 km 70 189,668 km/h 29. xullo
34 2019   Lewis Hamilton Mercedes Mercedes P 1:35:03,796 h 4,381 km 70 193,532 km/h 4. agosto
35 2020   Lewis Hamilton Mercedes Mercedes P 1:36:12,473 h 4,381 km 70 191,230 km/h 19. xullo
36 2021   Esteban Ocon Alpine Renault P 2:04:43,200 h 4,381 km 70 147,512 km/h 1. agosto
37 2022   Max Verstappen Red Bull RBPT P 1:39:35.912 h 4,381 km 70 km/h 31. xullo

Récords
Piloto: Lewis Hamilton (8), Michael Schumacher (4), Ayrton Senna (3)
Nacionalidade: Reino Unido (13), Brasil/Alemaña (ambos 6)
Construtor: McLaren (11), Ferrari/Williams (ambos 7)
Motor: Mercedes (13), Renault (9), Ferrari (7)
Pneus: Goodyear (13), Pirelli (10) Bridgestone (9)

Notas editar

  1. "Hungarian Grand Prix". CNN. Arquivado dende o orixinal o 24 de decembro de 2007. Consultado o 2008-02-24. 
  2. "Formula One:a way of fine-tuning an image". International Herald Tribune. 2003-09-26. Arquivado dende o orixinal o 04 de agosto de 2008. Consultado o 2008-02-25. 
  3. "Hungaroring, Hungary". BBC News. 2007-06-29. Consultado o 2008-02-18. 
  4. "Formula one races draw in fewer fans in Europe". American Chamber of Commerce in Hungary. Arquivado dende o orixinal o 02 de marzo de 2006. Consultado o 2008-03-02. 
  5. "LIST OF FIA LICENSED CIRCUITS" (PDF). FIA. 6 de febreiro de 2015. Consultado o 28 de maio de 2015. 
  6. "Welcome". Hungaroring Sport Plc. Consultado o 2008-02-25. 
  7. "Formula One: Think it's a joyride? Try some laps on Hungary's course". International Herald Tribune. 2002-08-17. Arquivado dende o orixinal o 04 de xuño de 2011. Consultado o 2008-02-27. 
  8. "A history of the Hungarian Grand Prix". ESPN F1. ESPN EMEA Ltd. Consultado o 2010-08-23. 
  9. Ledsom, Mark; Ken Ferris (2008-08-03). "Motor racing-Hungarian GP gets extension to 2016". Reuters. Consultado o 2009-04-07. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar