Mark Webber

piloto australiano de Fórmula 1

Mark Webber, nado en Queanbeyan o 27 de agosto de 1976, é un piloto australiano de Fórmula 1 que compite no Campionato Mundial de Resistencia de Porsche. Actualmente reside en Mursley (Inglaterra).

Modelo:BiografíaMark Webber

(2017) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Mark Alan Webber Editar o valor en Wikidata
27 de agosto de 1976 Editar o valor en Wikidata (48 anos)
Queanbeyan, Australia (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
ResidenciaAston Clinton (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
EducaciónNoida International University (en) Traducir
Karabar High School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoCarreira automobilística Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpiloto de automobilismo, piloto de Fórmula Un Editar o valor en Wikidata
Deporteautomobilismo Editar o valor en Wikidata
PatrocinadorRed Bull GmbH Editar o valor en Wikidata
Traxectoria
  Equipo Vehículo empregado
2014-sen valorBernhard-Webber-Hartley (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Participou en
20162016 FIA World Endurance Drivers' Championship (pt) Traducir
20152015 FIA World Endurance Drivers' Championship (pt) Traducir (1º)
20142014 FIA World Endurance Drivers' Championship (pt) Traducir (9º)
24 Horas de Le Mans Editar o valor en Wikidata
Premios

Páxina webmarkwebber.com Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm1954492 Twitter: AussieGrit Instagram: aussiegrit Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

De pequeno xogaba ao rugby nos Canberra Raiders, equipo australiano varias veces campión de liga. A súa traxectoria no automobilismo comezou no 1991 en karts e continuou neles ata o 1993. Grazas ás súas numerosas vitorias nos karts australianos pasou a competir na Fórmula Ford, onde lle foi igual de ben ca nos karts.

Un gran construtor da Fórmula Ford, Van Diemen, quedou asombrado ao ver as capacidades de competición de Mark e levouno a competir a Inglaterra, pero sen cambiar de categoría. O seu primeiro ano alí foi brillante, de feito quedou segundo na clasificación xeral grazas ás catro vitorias sumadas nesa tempada.

Na tempada de 1997 comezou na Fórmula 3000 na escudería Alan Docking, ese ano rematou en cuarta posición, ao igual que en Macau, e en Zandvoort fíxoo cun merecedor terceiro posto.

En 1998 fixo unha estupenda actuación no campionato de GT da FIA, baixo o mando do equipo AMG. Estivo trala pisto do campión, que era Bernd Schneider e perdeu o campionato por só oito segundos no último circuíto da tempada.

Ao ano seguinte continuou en AMG Mercedes pero como piloto oficial. Á metade da tempada a FIA cancelou o campionato por falta de interesados nel e Mercedes retirouse polos dous accidentes consecutivos de Mark, un durante os adestramentos e outro durante a carreira. Dos dous saíu ileso.

Despois da súa experiencia en AMG entrou na Fórmula 3000 europea, na cal rematou terceiro e grazas a ese resultado recibiu unha oferta dun equipo de Fórmula 1 pero rechazouno. Logo diso participou nunha sesión de probas con Benetton e superou as marcas de Giancarlo Fisichella e Ralf Schumacher. Así foi como conseguiu o seu posto como piloto de probas en Benetton para a seguinte tempada. Ademais, quedou segundo no campionato de F3 internacional co equipo Supernova.

Fórmula 1

editar

En 2000, Webber foi piloto de probas do equipo Arrows, nesa tempada tamén competía no campionato europeo de Fórmula 3000.

En 2001 foi piloto de probas da Benetton, sendo substituído o ano seguinte por Fernando Alonso. Nesa mesma época pasou a ser representado por Flavio Briatore, que lle asegurou xunto a Paul Stoddart un contrato para o equipo Minardi en 2002.[1]

Minardi (2002)

editar

Webber fixo a súa estrea na Fórmula no gran Premio da Australia de 2002 co equipo Minardi. O seu contrato inicial era para só tres carreiras, mais foi prorrogado até o final da temporada tras conseguir o quinto lugar na súa primeira carreira. Co feble deseño do modelo PS02, ese acabou sendo o mellor resultado do autraliano e do equipo durante toda a temporada.

Jaguar (2003-2004)

editar

En novembro de 2002, anunciouse que Webber iría para o equipo Jaguar na temporada seguinte, ao lado do brasileiro Antonio Pizzonia.[2]

En 2003, correndo co equipo inglés, cun coche bastante limitado, conseguiu pontuar en 7 carreiras, terminando o campeonado 10º e sendo elixido pola revista Autosport co título de "Piloto do ano".[3]

Williams (2005-2006)

editar

En 2005 correndo para Williams subiu por primeira vez ao podio, no terceiro posto, no Gran Premio de Mónaco e puntuou na maioría dos grandes premios que disputou (10 de 18).

En 2006, coa saída dos motores BMW de Williams e sen conseguir manter o mesmo rendemento do ano anterior, abandonou a maioría das carreiras, puntuando en só tres carreiras durante todo o campionato.

 
Webber test en Jerez con Red Bull en 2009.

Red Bull (2007-2013)

editar

En 2007, xa co equipo Red Bull, volveu subir ao podio co terceiro lugar no Gran Premio de Europa.

En 2009 conquistou a súa primeira pole position no GP de Alemaña, no que tamén chegou a súa primeira vitoria, vinte e oito anos despois da última vitoria dun australiano: o campión mundial Alan Jones. A súa segunda vitoria foi conquistada na penúltima proba do ano, no Gran Premio do Brasil.[4]

En 2010, no Gran Premio de Malaisia, o piloto australiano conseguiu a segunda pole position da súa carreira.[5] Porén foi superado polo seu compañeiro de equipo Sebastian Vettel, terminando segundo na carreira. No Gran Premio de España volveu a conquistar a primeira posición na grella, e tamén a primeira vitoria da tempada. Na carreira seguinte, o Gran Premio de Mónaco, novamente o australiano conseguiu a pole e a vitoria, asumindo o liderado do campionato.[6] No Gran Premio de Turquía, Mark Webber volveu a realizar pole-position, porén durante a carreira, envolveuse nun polémico accidente con Sebastian Vettel onde o piloto alemán se enroscou con vehículo de Webber nun adiantamento, abandonando o GP. Como consecuencia Mark Webber perdeu dúas posicións, chegando en 3º lugar.[7]

Retirouse da Fórmula Un ao final da tempada 2013 para unirse a Porsche no Campionato Mundial de Resistencia.[8]

Resultados completos na Fórmula Un

editar

(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.

Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 Posto final Puntos
2002 KL Minardi Asiatech Minardi PS02 Asiatech AT02 3.0 V10 AUS
5
MYS
Ret
BRA
11
SMR
11
ESP
NTS
AUT
12
MON
11
CAN
11
EUR
15
GBR
Ret
FRA
8
ALE
Ret
HUN
16
BEL
Ret
ITA
Ret
USA
Ret
XPN
10
16º 2
2003 Jaguar Racing Jaguar R4 Cosworth CR-5 3.0 V10 AUS
Ret
MYS
Ret
BRA
9
SMR
Ret
ESP
7
AUT
7
MON
Ret
CAN
7
EUR
6
FRA
6
GBR
14
ALE
11
HUN
6
ITA
7
USA
Ret
XPN
11
10º 17
2004 Jaguar Racing Jaguar R5 Cosworth CR-6 3.0 V10 AUS
Ret
MYS
Ret
BAH
8
SMR
13
ESP
12
MON
Ret
EUR
7
CAN
Ret
USA
Ret
FRA
9
GBR
8
ALE
6
HUN
10
BEL
Ret
ITA
9
CHN
10
XPN
Ret
BRA
Ret
13º 7
2005 BMW WilliamsF1 Team Williams FW27 BMW P84/5 3.0 V10 AUS
5
MYS
Ret
BAH
6
SMR
7
ESP
6
MON
3
EUR
Ret
CAN
5
USA
NTS
FRA
12
GBR
11
ALE
Ret
HUN
7
TUR
Ret
ITA
14
BEL
4
BRA
Ret
XPN
4
CHN
7
10º 36
2006 WilliamsF1 Team Williams FW28 Cosworth CA2006 2.4
V8 4 Series
BAH
6
MYS
Ret
AUS
Ret
SMR
6
EUR
Ret
ESP
9
MON
Ret
GBR
Ret
CAN
12
USA
Ret
FRA
Ret
ALE
Ret
HUN
Ret
TUR
10
ITA
10
CHN
8
XPN
Ret
BRA
Ret
14º 7
2007 Red Bull Racing Red Bull RB3 Renault RS27 2.4 V8 AUS
13
MYS
10
BAH
Ret
ESP
Ret
MON
Ret
CAN
9
USA
7
FRA
12
GBR
Ret
EUR
3
HUN
9
TUR
Ret
ITA
9
BEL
7
XPN
Ret
CHN
10
BRA
Ret
12º 10
2008 Red Bull Racing Red Bull RB4 Renault RS27 2.4 V8 AUS
Ret
MYS
7
BAH
7
ESP
5
TUR
7
MON
4
CAN
12
FRA
6
GBR
10
ALE
Ret
HUN
9
EUR
12
BEL
8
ITA
8
SIN
Ret
XPN
8
CHN
14
BRA
9
11º 21
2009 Red Bull Racing Red Bull RB5 Renault RS27 2.4 V8 AUS
12
MYS
6‡
CHN
2
BAH
11
ESP
3
MON
5
TUR
2
GBR
2
ALE
1
HUN
3
EUR
9
BEL
9
ITA
Ret
SIN
Ret
XPN
17
BRA
1
ABU
2
69´5
2010 Red Bull Racing Red Bull RB6 Renault RS27 2.4 V8 BAH
8
AUS
9
MYS
2
CHN
8
ESP
1
MON
1
TUR
3
CAN
5
EUR
Ret
GBR
1
ALE
6
HUN
1
BEL
2
ITA
6
SIN
3
XPN
2
COR
Ret
BRA
2
ABU
8
242
2011 Red Bull Racing Red Bull RB7 Renault RS27 2.4 V8 AUS
5
MYS
4
CHN
3
TUR
2
ESP
4
MON
4
CAN
3
EUR
3
RU
3
ALE
3
HUN
5
BEL
2
ITA
Ret
SIN
3
XPN
4
COR
3
IND
4
ABU
4
BRA
1
258
2012 Red Bull Red Bull RB8 Renault RS27 2.4 V8 AUS
4
MAL
4
CHN
4
BAH
4
ESP
11
MON
1
CAN
7
EUR
4
RU
1
ALE
8
HUN
8
BEL
6
ITA
20†
SIN
11
XPN
9
COR
2
IND
3
ABU
Ret
USA
Ret
BRA
4
179
2013 Red Bull Red Bull RB9 Renault RS27 2´4 V8 AUS
6
MAL
2
CHN
Ret
BAH
7
ESP
5
MON
3
CAN
4
RU
2
ALE
7
HUN
4
BEL
5
ITA
3
SIN
15†
COR
Ret
XPN
2
IND
Ret
ABU
2
USA
3
BRA
2
199

‡ Concedéronse a metade dos puntos ó completar o 75% da carreira.

Ligazóns externas

editar