Zsolt Baumgartner
Zsolt Baumgartner | |
![]() Baumgartner correndo para o equipo de Minardi F1 no Gran Premio dos Estados Unidos no Indianapolis Motor Speedway en 2004 | |
Carreira na Fórmula 1 | |
Nacionalidade | ![]() |
---|---|
Anos en activo | 2 (2003–2004) |
Escudería(s) | Jordan, Minardi |
Grandes Premios disputados | 20 |
Campionatos | 0 |
Vitorias | 0 |
Podios | 0 |
Pole positions | 0 |
Voltas rápidas | 0 |
Primeiro GP | Gran Premio de Hungría de 2003 |
Derradeiro GP | Gran Premio do Brasil de 2004 |
Zsolt Baumgartner, nado en Debrecen o 1 de xaneiro de 1981, é un ex piloto de automobilismo húngaro. Correu cos equipos Jordan e Minardi en Fórmula 1. É o único piloto húngaro en competir en dita categoría.
TraxectoriaEditar
Baumgartner fixo o seu debut na Fórmula Un no Gran Premio de Hungría de 2003 e substituíu ao accidentado Ralph Firman no equipo de Jordan. Tamén participou no Gran Premio de Italia de 2003 ese ano.
Fixéronse plans para que Baumgartner volvese a pilotar un Jordan en 2004 co patrocinio da compañía petroleira MOL Rt.. Non obstante, non conseguiu acordar termos con Jordan e asinou con Minardi no seu lugar. Isto causou que MOL Rt. diminuíse o importe de patrocinio, o que levou a Baumgartner e o seu representante a crear o Zsolt Baumgartner Supporter's Club, un plan similar ao empregado por Justin Wilson no 2003.[1]
Baumgartner competiu durante toda a tempada 2004 de Fórmula Un e logo de case puntuar dúas veces (noveno en Mónaco e 10º en Canadá, logrou acadar o primeiro punto de Minardi en máis de dous anos rematando oitavo (aínda que penúltimo) no Gran Premio dos EUA.
Champ Car World SeriesEditar
En marzo de 2007 foi confirmado como piloto de probas e reserva no Minardi Team USA. Baumgartner só participou nun puñado de probas para o equipo e non disputou ningunha carreira. Antes da tempada de 2008, a Champ Car unificouse coa rival IndyCar Series e Stoddart e Minardi deixaron o deporte.
Fórmula SuperleagueEditar
En 2008 Baumgartner converteuse no piloto de probas do equipo Tottenham Hotspur F.C. na Fórmula Superleague.
Rexistro de carreirasEditar
Resultados completos na Fórmula 3000 InternacionalEditar
(clave)
Ano | Equipo | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | Pos. | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
2001 | F3000 Prost Junior Team | INT | IMO | CAT | A1R | MON | NUR 19 |
MAG Ret |
SIL 18 |
HOC 16 |
HUN Ret |
SPA 13 |
MNZ 17 |
29º | 0 |
2002 | Coca-Cola Nordic Racing | INT Ret |
IMO 9 |
CAT Ret |
A1R 11 |
MON Ret |
NUR 12 |
SIL 14 |
MAG 12 |
HOC 8 |
HUN 7 |
SPA 8 |
MNZ 6 |
15º | 1 |
2003 | Coloni Motorsport | IMO 10 |
CAT 7 |
A1R 10 |
MON 5 |
NUR 11 |
MAG 9 |
SIL 11 |
HOC 9 |
HUN NTS |
MNZ | 14º | 6 |
Resultados Completos na Fórmula UnEditar
(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.
Ano | Equipo | Chasis | Motor | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 | Pos. | Pts |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
2003 | Jordan Ford | Jordan EJ13 | Ford V10 | AUS | MAL | BRA | SMR | ESP | AUT | MON | CAN | EUR | FRA | GBR | ALE TD |
HUN Ret |
ITA 11 |
USA | XPN | 24º | 0 | ||
2004 | Minardi Cosworth | Minardi PS04B | Cosworth V10 | AUS Ret |
MAL 16 |
BHR Ret |
SMR 15 |
ESP Ret |
MON 9 |
EUR 15 |
CAN 10 |
USA 8 |
FRA Ret |
GBR Ret |
ALE 16 |
HUN 15 |
BEL Ret |
ITA 15 |
CHN 16 |
XPN Ret |
BRA 16 |
20º | 1 |
NotasEditar
- ↑ "Archived copy". Arquivado dende o orixinal o 19 de xuño de 2014. Consultado o 2014-06-19.
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Zsolt Baumgartner |
A Galipedia ten un portal sobre: Fórmula 1 |