Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2004

Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA de 2004
Previo: 2003 Vindeiro: 2005
Índice: Carreiras por país | Carreiras por tempada

O Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2004 é o campionato anual número 55 de Fórmula 1 organizado pola Fédération Internationale de l'Automobile (FIA). Con 18 Grandes Premios no calendario, deu comezo o 7 de marzo, e rematou o 24 de outubro.

Michael Schumacher foi o campión do mundo con Ferrari.
Rubens Barrichello rematou segundo con Ferrari.
Jenson Button impresionou no seu primeiro ano como líder do equipo BAR rematando terceiro.

A tempada estivo dominada por Michael Schumacher e a Scuderia Ferrari Marlboro. Tamén foi notable o éxito de BAR e Renault, así como o baixo rendemento de Williams e McLaren.

Foi a quinta e sexta tempada consecutiva, que Ferrari gañou o título de construtores e pilotos, respectivamente. Michael Schumacher dominou desde o comezo do ano ao acadar unha marca de 12 carreiras gañadas nas primeiras 13, conseguindo unha marca de 13 carreiras nunha tempada, superando a súa anterior marca de 11, establecida en 2002, e tamén facilmente alcanzou o sétimo e o seu último campionato de pilotos. Rubens Barrichello quedou nun sólido segundo lugar, gañando dous das catro últimas carreiras. Jenson Button, a pesar de non gañar ningún Gran Premio, terminou en terceiro lugar, conseguindo dez podios e unha pole position. Xunto con seu compañeiro de equipo o xaponés Takuma Sato, BAR impresionou por terminar segundo detrás de Ferrari.

Catro dos dez equipos eran filiais de grandes empresas de automóbiles (Ferrari, Renault, Jaguar e Toyota) e unha era unha división dunha compañía de tabaco (BAR). Williams e McLaren, os dous equipos de propiedade privada, tiñan acordos con empresas de automóbiles máis importantes para a produción de motores, BMW e Mercedes-Benz, respectivamente, e Honda producía os motores de BAR. Os últimos tres equipos, Jordan, Sauber e Minardi, tamén de propiedade privada, tiñan un patrocinio menor, e polo tanto tendían a terminar na parte traseira da grella. Sauber era de propiedade privada, pero recibía os motores Ferrari baixo o nome de Petronas, e tamén recibiu o patrocinio de Petronas.

Esta tempada o equipo Minardi logrou os seus primeiros puntos desde a tempada de 2002, onde Zsolt Baumgartner terminou nunha afortunada oitava praza no Gran Premio dos Estados Unidos de 2004.

O Gran Premio do Canadá de 2004 foi unha carreira moi espectacular. En primeiro lugar, Timo Glock substituía a Giorgio Pantano nesta carreira, debido a circunstancias persoais de Pantano. Entón, Williams e Toyota foron excluídos da carreira debido a unha irregularidade nos condutos dos freos. Iso significou que o equipo Jordan foi o principal beneficiario das descualificacións, con Nick Heidfeld e Timo Glock puntuando. Sobre todo, Timo Glock que anotou dous puntos no seu debut na F1. Logo xusto antes do Gran Premio da China de 2004, Giorgio Pantano foi destituído polo equipo Jordan e Timo Glock substituíuno nas últimas 3 carreiras.

Ralf Schumacher tivo unha tempada difícil. Sufriu un violento accidente durante o Gran Premio dos Estados Unidos de 2004 e estivo fóra de acción por 6 carreiras. Marc Gené e Antonio Pizzonia substituírono durante a súa ausencia.

A relación de Jarno Trulli co equipo Renault volveuse agre logo da súa primeira vitoria no Gran Premio de Mónaco de 2004. Non terminou a tempada e deixou ao equipo despois do Gran Premio de Italia de 2004, esa carreira tamén foi a última de Pantano no equipo Jordan. O ex campión do mundo Jacques Villeneuve substituíu a Jarno Trulli nas 3 últimas carreiras. Trulli perdeu o Gran Premio da China de 2004, pero regresou no Gran Premio do Xapón de 2004 e no Gran Premio do Brasil de 2004 co equipo Toyota. Iso significou que o Gran Premio do Xapón de 2004 fose a primeira carreira de Jarno Trulli co novo equipo.

A serie de malos resultados de Cristiano da Matta durante a tempada levou á súa substitución polo piloto de probas Ricardo Zonta a partir de Hungría, excepto no Gran Premio do Xapón de 2004. Da Matta non volveu a competir de novo con Toyota e en 2005 regresou as carreiras de Champ Car legando que a F1 non era o suficientemente competitiva.

Esta foi a última tempada de Olivier Panis, decidiu retirarse logo do Gran Premio do Xapón de 2004. Pero quedou co equipo Toyota como piloto de probas.

Tamén foi a última tempada do equipo Jaguar e o fabricante do motor Ford na F1, xa que anunciou que se retiraría da Fórmula Un ao final da tempada.

Esta tempada todos os equipos anotaron polo menos un punto no Campionato do Mundo.

A partir da tempada 2004, a todos os equipos que non terminaban entre os catro primeiros do Campionato Mundial de construtores do ano anterior permitíaselles correr cun terceiro coche nos adestramentos libres do venres antes dun Gran Premio para propósitos de proba. Outros equipos tiñan pilotos de probas, a pesar de que non se lles permitia competir nos adestramentos do venres. Sauber decidiu non presentar ao seu terceiro piloto na práctica debido aos gastos adicionais.

Pilotos e construtores editar

Os seguintes equipos e pilotos competiron no campionato do mundo de Fórmula Un de 2004.

Equipo Foto Construtor Chasis Motor Pneu. Piloto Carreiras Terceiro piloto Piloto de probas
  Scuderia Ferrari Marlboro   Ferrari F2004 Ferrari 053 B 1   Michael Schumacher Todas n/a   Luca Badoer
  Luciano Burti
2   Rubens Barrichello Todas
  BMW WilliamsF1 Team   Williams FW26 BMW P84 M


3   Juan Pablo Montoya Todas n/a   Antônio Pizzonia
  Marc Gené
  Olivier Beretta
4   Ralf Schumacher 1–9, 16–18
  Marc Gené[1] 10–11
  Antônio Pizzonia[2] 12–15
  West McLaren Mercedes   McLaren MP4-19
MP4-19B
Mercedes FO 110Q M


5   David Coulthard Todas n/a   Alexander Wurz
  Pedro de la Rosa
6   Kimi Räikkönen Todas
  Mild Seven Renault F1 Team   Renault R24 Renault RS24 M


7   Jarno Trulli 1–15 n/a   Franck Montagny
  Jacques Villeneuve
  Jacques Villeneuve[3] 16–18
8   Fernando Alonso Todas
  Lucky Strike BAR Honda   BAR 006 Honda RA004E M


9   Jenson Button Todas 35   Anthony Davidson   Anthony Davidson
10   Takuma Sato Todas
  Sauber Petronas   Sauber C23 Petronas 04A B 11   Giancarlo Fisichella Todas vacante   Neel Jani
12   Felipe Massa Todas
  Jaguar Racing   Jaguar R5 Cosworth CR-6 M


14   Mark Webber Todas 37   Björn Wirdheim   Björn Wirdheim
15   Christian Klien Todas
  Panasonic Toyota Racing   Toyota TF104
TF104B
Toyota RVX-04 M


16   Cristiano da Matta[4] 1–12 38   Ricardo Zonta
  Ryan Briscoe
  Ryan Briscoe
  Ricardo Zonta[5] 13–16
  Jarno Trulli[6] 17–18
17   Olivier Panis[7] 1–17
  Ricardo Zonta 18
  Jordan Ford   Jordan EJ14 Ford RS2 B 18   Nick Heidfeld Todas 39   Timo Glock
  Robert Doornbos[8]
  Robert Doornbos
19   Giorgio Pantano[9] 1–7, 9–15
  Timo Glock[10] 8, 16–18
  Minardi Cosworth   Minardi PS04B Cosworth CR-3 L B 20   Gianmaria Bruni Todas 40   Bas Leinders   Bas Leinders
  Tiago Monteiro
21   Zsolt Baumgartner Todas

Todos os motores son de 3.0 litros, e configuración V10.

Cambios de pilotos editar

A tempada 2004 ofreceu varios cambios de pilotos na aliñación antes da tempada, e máis cambios durante a propia tempada. Tres equipos (Minardi, Jordan e Sauber) comezaron o ano 2004 con pilotos completamente novos.

En BAR, tras a saída do equipo de Jacques Villeneuve antes do Gran Premio do Xapón de 2003, o expiloto de probas Takuma Sato ocupou de forma permanente o segundo asento xunto a Jenson Button, logo de ser piloto de probas temporalmente durante o ano 2003, Anthony Davidson converteuse no piloto de probas permanente, substituíndo a Takuma Sato.

En Minardi, Nicolas Kiesa non puido manter o seu asento e Jos Verstappen deixou o equipo por problemas de patrocinio, e Gianmaria Bruni que realizara unha cantidade limitada de probas en 2003, asinou como piloto titular. Zsolt Baumgartner foi confirmado como segundo piloto titular despois de que o goberno húngaro o patrocinara. Completando a aliñación completamente nova Bas Leinders e Tiago Monteiro asinaron como pilotos de probas para o ano 2004.

Heinz-Harald Frentzen e Sauber separáronse de mutuo acordo a finais de 2003, Frentzen abandonou a F1 e uniuse a outros ex-pilotos de F1 Mika Häkkinen e Jean Alesi no DTM. Nick Heidfeld tamén foi despedido por Sauber e parecía non ter ningún coche para o ano 2004. Con todo, varios exitosos test de proba, levarono a un asento en Jordan. Fisichella deixou Jordan logo de 2003 asinando un posto en Sauber. Isto significaba que Heidfeld e Fisichella efectivamente intercambiaron asentos. O outro novo piloto de Sauber foi Felipe Massa, que saíu do seu posto de pilot de probas en Ferrari e volveu ao equipo no que correra en 2002. Como Sauber usaba motores Ferrari en 2003, Massa trouxo un considerable coñecemento dos compoñentes de Ferrari con el.

A decisión de Jaguar de non estender o contrato de Justin Wilson, levou a Christian Klien a ser o compañeiro Mark Webber no R5. Wilson foise para unirse á Mi-Jack Conquest Racing equipo de Champ Car nas carreiras nos Estados Unidos. Björn Wirdheim asinaou como piloto de probas do venres. Os outros pilotos de probas do venres de proba son Franck Montagny, que foi recompensado polo campionato do ano na World Series by Nissan co posto de piloto de probas permanente en Renault, Ryan Briscoe uniuse a Ricardo Zonta como piloto de probas en Toyota, e Pedro de la Rosa regresou á F1 como piloto de probas de McLaren.

Cambios nos equipos editar

Como parte dunha reestruturación global e de redución de custos, Ford anunciou durante a tempada que non estarían no campionato de Fórmula 1 de 2005 a través do seu equipo Jaguar. Tamén anunciou que o seu motor Cosworth e as divisións de enxeñería vendíanse. O equipo Jaguar foi comprado finalmente por Red Bull e efectivamente seguiron competindo como Red Bull Racing en 2005.

Calendario dos Grandes Premios de Fórmula Un de 2004 editar

O calendario de Fórmula Un de 2004 contou con dúas novas carreiras, o Gran Premio de Bahrain e o Gran Premio da China, que se celebraron en dous circuítos de nova construción o circuíto de Sakhir e o circuíto de Xangai. Foi a tempada con máis carreiras fóra de Europa ata o momento, con oito grandes premios en América, Asia e Oceanía. O Gran Premio do Brasil mudouse da súa data tradicional de principios da tempada para trasladarse ao final da tempada, mentres que o GP dos Estados Unidos moviuse da súa data anterior a finais de setembro a finais de xuño como unha carreira continuación do Gran Premio do Canadá.

A única saída foi a do Gran Premio de Austria, logo de sete anos disputandose en A1-Ring, o vello circuíto de Österreichring foi modificado. As bancadas e os edificios foron demolidos ese ano, o que fixo a pista quedase inutilizable para calquera categoría do automobilismo. A finais de 2004 e principios de 2005, había un intenso debate sobre se o propietario, a empresa de bebidas Red Bull, debía buscar un novo uso para o circuíto ou debía volver cos deportes de motor. Con todo, en xaneiro de 2005, Dietrich Mateschitz anunciou publicamente que non tiña intención de gastar diñeiro nun circuíto deficitario.

Rolda Carreira Gran Premio Circuíto Data
1 Foster's Gran Premio de Australia GP de Australia   Albert Park, Melbourne 7 de marzo
2 Petronas Gran Premio de Malaisia GP de Malaisia   Circuíto Internacional de Sepang, Kuala Lumpur 21 de marzo
3 Gulf Air Gran Premio de Bahrain GP de Bahrain   Bahrain Circuíto Internacional de Bahrain, Sakhir 4 de abril
4 Gran Premio Foster's di San Marino GP de San Marino   Autódromo Enzo e Dino Ferrari, Imola 25 de abril
5 Gran Premio Marlboro de España GP de España   Circuíto de Cataluña, Barcelona 9 de maio
6 Gran Premio de Mónaco GP de Mónaco   Circuíto de Mónaco, Monte Carlo 23 de maio
7 Allianz Gran Premio de Europa GP de Europa   Nürburgring, Nürburg 30 de maio
8 Grand Prix du Canada GP do Canadá   Circuíto Gilles Villeneuve, Montreal 13 de xuño
9 Gran Premio dos Estados Unidos GP dos Estados Unidos   Circuíto de Indianapolis 20 de xuño
10 Mobil 1 Grand Prix de France GP de Francia   Circuíto de Nevers Magny-Cours, Magny Cours 4 de xullo
11 Foster's Gran Premio do Reino Unido GP do Reino Unido   Circuíto de Silverstone, Silverstone 11 de xullo
12 Großer Mobil 1 Preis von Deutschland GP de Alemaña   Hockenheimring, Hockenheim 25 de xullo
13 Marlboro Magyar Nagydíj GP de Hungría   Hungaroring, Budapest 15 de agosto
14 Gran Premio de Bélxica GP de Bélxica   Circuíto de Spa-Francorchamps, Spa 29 de agosto
15 Gran Premio Vodafone d'Italia GP de Italia   Autodromo Nazionale Monza, Monza 12 de setembro
16 Sinopec Gran Premio da China GP de China   Circuíto Internacional de Shanghai, Shanghai 26 de setembro
17 Fuji Television Gran Premio do Xapón GP do Xapón   Circuíto de Suzuka, Suzuka 10 de outubro
18 Grande Prêmio do Brasil GP do Brasil   Autódromo José Carlos Pace, São Paulo 24 de outubro

Resultados e clasificacións editar

 
A Scuderia Ferrari Marlboro gañou o campionato mundial de construtores de 2004

.

 
Lucky Strike BAR Honda foi segundo no campionato mundial de construtores de 2004.
 
Mild Seven Renault F1 Team rematou terceiro no campionato mundial de construtores de 2004.

Repaso da tempada editar

A tempada comezou en Australia en Albert Park e Michael Schumacher liderou un dobrete de Ferrari. Seguiu con outra vitoria de Schumacher en Sepang e liderou outro dobrete de Ferrari en Bahrain. Jenson Button conseguiu a súa primeira pole en San Marino, pero Michael Schumacher gañoulle na liña de meta. Schumacher tamén dominou o Gran Premio español, cunha Gran Chelem (volta rápida, pole, liderar de principio a fin e gañar). En Mónaco Jarno Trulli gañou desde a pole logo de aguantar á intensa presión de Jenson Button nunha carreira que viu a retirada por accidente de Michael Schumacher. Schumacher gañou o GP de Europa en Nurburgring e gañou o GP do Canadá nunha batalla estratéxica. O Gran Premio dos Estados Unidos foi unha carreira dramática cun alto índice de desgaste que só viu a 8 coches cruzar a liña de meta nunha carreira dominada polos accidentes e con Ralf Schumacher involucrado nun accidente masivo. Esa carreira foi gañada tamén por Michael Schumacher. Schumacher venceu en Francia a Fernando Alonso, nun movemento estratéxico. En Gran Bretaña, aínda que dominou gañador da pole, Kimi Räikkönen, Schumacher acadou a súa décima vitoria da tempada. En Alemaña tamén gañou despois de que o seu principal rival, Kimi Räikkönen, sufrira un fallo no alerón traseiro logo de establecer a volta rápida. Schumacher conseguiu outro dobrete para Ferrari en Hungría asegurando o trofeo de construtores para Ferrari. O Gran Premio de Bélxica tamén foi dominado polos accidentes e as saídas do coche de seguridade, Kimi Räikkönen finalmente gañou a carreira saíndo desde o décimo lugar na grella. Michael Schumacher terminou en segundo lugar e así se asegurou o título mundial. Baixo a choiva que afectou ao GP de Italia, Barrichello liderou un dobrete de Ferrari diante dos tifosi locais. O GP de China foi gañado tamén por Barrichello con Button e Raikkonen por detrás, mentres que Michael Schumacher só puido ser 12 logo de saír desde o pitlane. Os fin de semana do GP do Xapón foi estragado por un tifón que causou extensos danos nalgunhas zonas do Xapón e que viu o adiamento da cualificación á mañá do día da carreira. Michael Schumacher logrou á súa 13ª vitoria. O Gran Premio do Brasil foi gañado por Juan Pablo Montoya na súa última carreira co equipo Williams anotando a súa última vitoria ata a data. Ao final, Schumacher estaba na cima con 148 puntos seguido por Barrichello con 114 puntos e Ferrari na parte superior no Campionato de Construtores con 262 puntos.

Grandes Premios editar

Rd. Gran Premio Pole Position Volta rápida Piloto gañador Construtor Resultados
1   Gran Premio de Australia   Michael Schumacher   Michael Schumacher   Michael Schumacher   Ferrari Resultados
2   Gran Premio de Malaisia   Michael Schumacher   Juan Pablo Montoya   Michael Schumacher   Ferrari Resultados
3   Gran Premio de Bahrain   Michael Schumacher   Michael Schumacher   Michael Schumacher   Ferrari Resultados
4   Gran Premio de San Marino   Jenson Button   Michael Schumacher   Michael Schumacher   Ferrari Resultados
5   Gran Premio de España   Michael Schumacher   Michael Schumacher   Michael Schumacher   Ferrari Resultados
6   Gran Premio de Mónaco   Jarno Trulli   Michael Schumacher   Jarno Trulli   Renault Resultados
7   Gran Premio de Europa   Michael Schumacher   Michael Schumacher   Michael Schumacher   Ferrari Resultados
8   Gran Premio do Canadá   Ralf Schumacher   Rubens Barrichello   Michael Schumacher   Ferrari Resultados
9   Gran Premio dos Estados Unidos   Rubens Barrichello   Rubens Barrichello   Michael Schumacher   Ferrari Resultados
10   Gran Premio de Francia   Fernando Alonso   Michael Schumacher   Michael Schumacher   Ferrari Resultados
11   Gran Premio do Reino Unido   Kimi Räikkönen   Michael Schumacher   Michael Schumacher   Ferrari Resultados
12   Gran Premio de Alemaña   Michael Schumacher   Kimi Räikkönen   Michael Schumacher   Ferrari Resultados
13   Gran Premio de Hungría   Michael Schumacher   Michael Schumacher   Michael Schumacher   Ferrari Resultados
14   Gran Premio de Bélxica   Jarno Trulli   Kimi Räikkönen   Kimi Räikkönen   McLaren-Mercedes Resultados
15   Gran Premio de Italia   Rubens Barrichello   Rubens Barrichello   Rubens Barrichello   Ferrari Resultados
16   Gran Premio da China   Rubens Barrichello   Michael Schumacher   Rubens Barrichello   Ferrari Resultados
17   Gran Premio do Xapón   Michael Schumacher   Rubens Barrichello   Michael Schumacher   Ferrari Resultados
18   Gran Premio do Brasil   Rubens Barrichello   Juan Pablo Montoya   Juan Pablo Montoya   Williams-BMW Resultados

Pilotos editar

Pos Piloto AUS
 
MAL
 
BHR
 
SMR
 
ESP
 
MON
 
EUR
 
CAN
 
USA
 
FRA
 
RU
 
ALEb
 
HUN
 
BEL
 
ITA
 
CHN
 
XPN
 
BRA
 
Puntos
1   Michael Schumacher 1 1 1 1 1 Ret 1 1 1 1 1 1 1 2 2 12 1 7 148
2   Rubens Barrichello 2 4 2 6 2 3 2 2 2 3 3 12 2 3 1 1 Ret 3 114
3   Jenson Button 6 3 3 2 8 2 3 3 Ret 5 4 2 5 Ret 3 2 3 Ret 85
4   Fernando Alonso 3 7 6 4 4 Ret 5 Ret Ret 2 10 3 3 Ret Ret 4 5 4 59
5   Juan Pablo Montoya 5 2 13 3 Ret 4 8 DSC DSC 8 5 5 4 Ret 5 5 7 1 58
6   Jarno Trulli 7 5 4 5 3 1 4 Ret 4 4 Ret 11 Ret 9 10 11 12 46
7   Kimi Räikkönen Ret Ret Ret 8 11 Ret Ret 5 6 7 2 Ret Ret 1 Ret 3 6 2 45
8   Takuma Sato 9 15 5 16 5 Ret Ret Ret 3 Ret 11 8 6 Ret 4 6 4 6 34
9   Ralf Schumacher 4 Ret 7 7 6 10 Ret DSC Ret Ret 2 5 24
10   David Coulthard 8 6 Ret 12 10 Ret Ret 6 7 6 7 4 9 7 6 9 Ret 11 24
11   Giancarlo Fisichella 10 11 11 9 7 Ret 6 4 9 12 6 9 8 5 8 7 8 9 22
12   Felipe Massa Ret 8 12 10 9 5 9 Ret Ret 13 9 13 Ret 4 12 8 9 8 12
13   Mark Webber Ret Ret 8 13 12 Ret 7 Ret Ret 9 8 6 10 Ret 9 10 Ret Ret 7
14   Olivier Panis 13 12 9 11 Ret 8 11 DSC 5 15 Ret 14 11 8 Ret 14 14 6
15   Antônio Pizzonia 7 7 Ret 7 6
16   Christian Klien 11 10 14 14 Ret Ret 12 9 Ret 11 14 10 13 6 13 Ret 12 14 3
17   Cristiano da Matta 12 9 10 Ret 13 6 Ret DSC Ret 14 13 Ret 3
18   Nick Heidfeld Ret Ret 15 Ret Ret 7 10 8 Ret 16 15 Ret 12 11 14 13 13 Ret 3
19   Timo Glock 7 15 15 15 2
20   Zsolt Baumgartner Ret 16 Ret 15 Ret 9 15 10 8 Ret Ret 16 15 Ret 15 16 Ret 16 1
21   Jacques Villeneuve 11 10 10 0
22   Ricardo Zonta Ret 10 11 Ret 13 0
23   Marc Gené 10 12 0
24   Giorgio Pantano 14 13 16 Ret Ret Ret 13 Ret 17 Ret 15 Ret Ret Ret 0
25   Gianmaria Bruni NC 14 17 Ret Ret Ret 14 Ret Ret 18 16 17 14 Ret Ret Ret 16 17 0
Pos Piloto AUS
 
MAL
 
BHR
 
SMR
 
ESP
 
MON
 
EUR
 
CAN
 
USA
 
FRA
 
RU
 
ALEb
 
HUN
 
BEL
 
ITA
 
CHN
 
XPN
 
BRA
 
Puntos
Lenda
Cor Resultado
Ouro Gañador
Prata 2º posto
Bronce 3º posto
Verde Remata nos puntos
Azul Non remata nos puntos
Non se califica (NC)
Púrpura Non remata (Ret)
Vermello Non se califica (NSC)
Non se precalifica (NSPC)
Negro Descualificado (DSC)
Branco Non tomou a saída (NTS)
Carreira cancelada (C)
Azul claro Prácticas só (PS)
Piloto de probas dos venres (PP)
(desde 2003 en diante)
En branco Non participou nas prácticas (NPP)
Excluído (EX)
Non chegou (NCG)

Negra – Pole
Cursiva – Volta rápida
† Condutores que non terminaron o Gran Premio, pero se clasificaron ao completar máis do 90% da distancia de carreira.

Construtores editar

Pos Construtor Coche
AUS
 
MAL
 
BHR
 
SMR
 
ESP
 
MON
 
EUR
 
CAN
 
USA
 
FRA
 
RU
 
ALEb
 
HUN
 
BEL
 
ITA
 
CHN
 
XPN
 
BRA
 
Puntos
1   Ferrari 1 1 1 1 1 1 Ret 1 1 1 1 1 1 1 2 2 12 1 7 262
2 2 4 2 6 2 3 2 2 2 3 3 12 2 3 1 1 Ret 3
2   BAR-Honda 9 6 3 3 2 8 2 3 3 Ret 5 4 2 5 Ret 3 2 3 Ret 119
10 9 15 5 16 5 Ret Ret Ret 3 Ret 11 8 6 Ret 4 6 4 6
3   Renault 7 7 5 4 5 3 1 4 Ret 4 4 Ret 11 Ret 9 10 11 10 10 105
8 3 7 6 4 4 Ret 5 Ret Ret 2 10 3 3 Ret Ret 4 5 4
4   Williams-BMW 3 5 2 13 3 Ret 4 8 DSC DSC 8 5 5 4 Ret 5 5 7 1 88
4 4 Ret 7 7 6 10 Ret DSC Ret 10 12 7 7 Ret 7 Ret 2 5
5   McLaren-Mercedes 5 8 6 Ret 12 10 Ret Ret 6 7 6 7 4 9 7 6 9 Ret 11 69
6 Ret Ret Ret 8 11 Ret Ret 5 6 7 2 Ret Ret 1 Ret 3 6 2
6   Sauber-Petronas 11 10 11 11 9 7 Ret 6 4 9 12 6 9 8 5 8 7 8 9 34
12 Ret 8 12 10 9 5 9 Ret Ret 13 9 13 Ret 4 12 8 9 8
7   Jaguar-Cosworth 14 Ret Ret 8 13 12 Ret 7 Ret Ret 9 8 6 10 Ret 9 10 Ret Ret 10
15 11 10 14 14 Ret Ret 12 9 Ret 11 14 10 13 6 13 Ret 12 14
8   Toyota 16 12 9 10 Ret 13 6 Ret DSC Ret 14 13 Ret Ret 10 11 Ret 11 12 9
17 13 12 9 11 Ret 8 11 DSC 5 15 Ret 14 11 8 Ret 14 14 13
9   Jordan-Ford 18 Ret Ret 15 Ret Ret 7 10 8 Ret 16 15 Ret 12 11 14 13 13 Ret 5
19 14 13 16 Ret Ret Ret 13 7 Ret 17 Ret 15 Ret Ret Ret 15 15 15
10   Minardi-Cosworth 20 NC 14 17 Ret Ret Ret 14 Ret Ret 18 16 17 14 Ret Ret Ret 16 17 1
21 Ret 16 Ret 15 Ret 9 15 10 8 Ret Ret 16 15 Ret 15 16 Ret 16
Pos Construtor Coche
AUS
 
MAL
 
BHR
 
SMR
 
ESP
 
MON
 
EUR
 
CAN
 
USA
 
FRA
 
RU
 
ALEb
 
HUN
 
BEL
 
ITA
 
CHN
 
XPN
 
BRA
 
Puntos

Notas editar

  1. Marc Gené substituíu ao piloto de Williams Ralf Schumacher, lesionado no Gran Premio dos Estados Unidos de 2004, en Francia e Reino Unido.
  2. Logo de ser obxecto de dumping en Jaguar a metade da tempada anterior, Antonio Pizzonia volveu ao seu posto de probador que tiña con Williams en 2002. Pizzonia substituirá Ralf Schumacher de Alemaña a Italia.
  3. Jacques Villeneuve substituíu a Trulli en Renault nas tres últimas carreiras na China, Xapón e Brasil.
  4. A serie de resultados decepcionantes de Cristiano da Matta durante a tempada levou á súa substitución polo piloto de probas Ricardo Zonta de Hungría en diante. Da Matta non volveu a competiu con Toyota e en 2005 regresou ás carreiras de Champ Car alegando que a F1 non era o suficientemente competitiva.
  5. Ricardo Zonta substituíu a Da Matta de Hungría á Brasil.
  6. A relación de Jarno Trulli con Renault, e o director do equipo Flavio Briatore, en particular, deteriorouse considerablemente despois de que deixara claro que non o mantería logo de 2004. Logo de aceptar un acordo con Toyota para o 2005, Trulli e Renault acordaron separarse logo do Gran Premio de Italia de 2004 e 14 carreiras disputadas. Isto permitiu a Trulli pilotar con Toyota nas dúas últimas carreiras de 2004 e Ricardo Zonta polo tanto, viuse relegado a piloto de probas, unha vez máis.
  7. O piloto de Toyota Olivier Panis indicou durante a tempada que non estaba interesado na condución a tempo completo para Toyota por motivos persoais. E expresou o seu interese en traballar como piloto de probas e en consecuencia asinou con Toyota sobre esa base ao final da tempada. Panis correu con tres diferentes compañeiros de equipo: da Matta de Australia a Alemaña, Zonta en Hungría e China, e finalmente Trulli no Xapón.
  8. Robert Doornbos foi contratado como piloto de probas de substitución para o posto de Glock en Jordan.
  9. O piloto de Jordan Giorgio Pantano participou de Australia a Italia. Logo desta carreira Pantano e Jordan separáronse logo dos malos resultados e os problemas de patrocinio.
  10. Timo Glock foi contratado para terminar o ano con Jordán, xa que realizara tarefas de probas co equipo ese ano. Foi o terceiro piloto os venres no Canadá, e tamén o piloto de carreiras o domingo, substituíu a Pantano nas últimas tres carreiras.

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar