Autódromo Enzo e Dino Ferrari

Autódromo Enzo e Dino Ferrari
Plano do Circuíto
Imola 2009.svg
Datos
Carreiras
Localización Italia Imola, Emilia-Romaña, Italia
Coordenadas Coordenadas: 44°20′28″N 11°42′48″L / 44.34111, -11.71333
Circuíto (2008–presente)
Lonxitude km 4´909
Curvas 19
Volta rápida 1:15.484 (F1 2020)
Récord piloto Flag of the United Kingdom.svg Lewis Hamilton
Récord equipo Mercedes
Récord ano 2020
Circuíto (1995–2006)
Lonxitude km 4´959
Curvas 22
Volta rápida 1:20.411 (F1 2004)
Récord piloto Alemaña Michael Schumacher
Récord equipo Ferrari
Récord ano 2004
Deseño orixinal coa chicana Acque Minerali (1981-1994)
Lonxitude km 5´040
Curvas 22
Volta rápida 1:24.335 (F1 1994)
Récord piloto Flag of the United Kingdom.svg Damon Hill
Récord equipo Williams
Récord ano 1994
Trazado orixinal (1980)
Lonxitude km 5´000
Curvas 20
Volta rápida 1:36.089 (F1 1980)
Récord piloto Australia Alan Jones
Récord equipo Williams- Ford
Récord ano 1980
Vista do Circuíto
Vista aérea

O Autodromo Enzo e Dino Ferrari é un autódromo de 4´9 km situado en Imola, Italia, a 40 quilómetros ao leste de Boloña e 80 quilómetros ao leste da fábrica Ferrari en Maranello. Estet é un dos poucos circuítos internacionais importantes que funcionan en sentido antihorario. O circuíto leva o nome do defunto fundador de Ferrari, Enzo Ferrari, e do seu fillo, Alfredo Ferrari, que morreu en 1956 aos 24 anos. O circuíto ten unha licenza de grado 1 da FIA.[1]

Foi a sede do Gran Premio de San Mariño. Para que Italia puidese ser anfitrión de dous Grandes Premios de Fórmula 1, determinouse que, como Imola queda preto de San Marino, esta carreira chamásese Gran Premio de San Marino. Tamén acolleu o Gran Premio de Italia de 1980, o Gran Premio de Italia normalmente ten lugar no Autodromo Nazionale Monza. Cando a Fórmula Un visita Imola, vese como o "circuíto de casa" da Scuderia Ferrari e saen masas de "tifosi" (seguidoresde Ferrari) para apoiar ao equipo local.

O circuíto leva o nome de Ferrari, en lembranza do seu fundador Enzo e do seu fillo Dino, que morrera na década de 1950. Antes da morte de Enzo Ferrari en 1988 chamábase "Autodromo Dino Ferrari. Imola, como e coloquialmente coñecido, é un dos circuítos que van en contra da dirección das agullas do reloxo (circuíto de Istambul e o Autódromo José Carlos Pace en Interlagos, Brasil son outros dos circuítos con esta característica). Construído na década de 1950, Imola foi popular entre os condutores debido a súa rapidez.

O recinto volveu ao calendario da Fórmula Un durante a tempada 2020 para axudar ao deporte a cubrir as carencias do calendario causadas polas cancelacións doutras carreiras debido á pandemia da COVID-19, a carreira no circuíto nomeouse como Gran Premio da Emilia-Romaña en honra á rexión onde está situado o circuíto. Isto tamén significa que o recinto acollerá unha carreira do Campionato do Mundo baixo un terceiro nome diferente ao ter sido o Gran Premio de Italia de 1980 e o Gran Premio de San Marino desde 1981 ata 2006.[2]

HistoriaEditar

A pista inaugurouse como unha pista semipermanente en 1953. Non tiña chicana, polo que os percorridos desde Acque Minerali ata Rivazza, e desde Rivazza ata Tosa, polos boxes e o Tamburello, eran só rectas con algunhas pequenas curvas pequenas, o circuíto permaneceu nesta configuración ata 1972.

En abril de 1953, tiveron lugar as primeiras carreiras de motos, mentres que a primeira carreira de automóbiles tivo lugar en xuño de 1954. En abril de 1963, o circuíto organizou a primeira carreira de Fórmula Un de 1963, como un evento fora de campionato, gañada por Jim Clark cun Lotus. Outro evento fora de campionato tivo lugar en Imola en 1979, que gañou Niki Lauda con Brabham - Alfa Romeo.

En 1980 Imola debutou oficialmente no calendario de Fórmula Un organizando o Gran Premio de Italia de 1980. Foi a primeira vez desde a edición de 1948 no "Parco del Valentino" que o Autódromo Nazionale Monza non acolleu o Gran Premio de Italia. A carreira gañouna Nelson Piquet e foi tal o éxito que unha nova carreira, o Gran Premio de San Marino, estableceuse especialmente para Imola en 1981. A carreira disputouse durante 60 voltas ao circuíto de 5 quilómetros durante un distancia total da carreira de 300 quilómetros.

Do mesmo xeito, o Campionato Mundial de Motociclismo de Velocidade competiu alí en 1972, 1974, 1975, 1977, 1979 e 1988 co nome de Gran Premio de Motociclismo de Italia, en 1981 e 1983 como o Gran Premio de Motociclismo de San Marino e de 1996 a 1999 como Gran Premio de Motociclismo da cidade de Imola.

A Fórmula 3000 Internacional visitou Imola de xeito independente en 1986 e 1987, e de 1998 a 2004 como unha carreira previa á Fórmula 1. O seu sucesor, as GP2 Series, acompañaron á Fórmula 1 nas dúas últimas edicións do Gran Premio de San Marino, en 2005 e 2006. O European Formula 3000, o Formula Renault V6 Eurocup e o International Formula Master son ​​outros campionatos europeos de monoprazas que competiron en Imola.

Ademais do Campionato Mundial de Motociclismo de Velocidade, o Campionato Mundial de Superbikes disputou unha cita en Imola entre 2001 e 2006 e posteriormente desde o 2009, mentres que o Campionato Mundial de Motociclismo de Resistencia correu alí en 2002 e 2003. O Campionato FIA GT correu alí en 2005 e 2006; o Campionato Europeo de Turismos fíxoo en 2004, o Campionato Mundial de Turismos en 2005, 2008 e 2009; e o International GT Open desde 2009. É sede da última rolda do Campionato Mundial de Motocross FIM desde 2018.

A 6 horas de Imola reviviu en 2011 e engadiuse ás Le Mans Series e á Intercontinental Le Mans Cup como evento de tempada ata 2016. Desde 2017 acolle as 12 horas de Imola, unha rolda da serie 24H.

A pista tamén se utilizou como parte do circuíto de finalización do Campionato do Mundo de Estrada da UCI de 1968, no que o ciclista italiano Vittorio Adorni gañou cunha vantaxe de 10 minutos e 10 segundos sobre o segundo clasificado Herman Van Springel, a segunda marxe gañadora máis grande na historia dos campionatos, despois da vitoria de Georges Ronsse en 1928. Ademais, o paisano de Adorni Michele Dancelli fíxose co bronce e cinco dos seis primeiros clasificados foron italianos.[3] O circuíto utilizouse para a etapa 11 do Giro de Italia de 2015, que gañou Ilnur Zakarin,[4] e a 12ª etapa do Giro de Italia de 2018, gañada por Sam Bennett.[5] O circuíto tamén serviu como inicio e chegada do Campionato do Mundo de estrada UCI de 2020 o 27 de setembro de 2020.[6]

TamburelloEditar

Neste circuíto atópase a Curva de Tamburello que é unha das máis coñecidas no mundo da Fórmula 1 pola súa estreiteza e pola rapidez con que debía ser tomada. É a primeira curva do circuíto. Na súa orixe, esta curva era unha das máis rápidas do circuíto, onde non se levantaba apenas o pedal do acelerador.

A pesar da adición de chicanas, o circuíto estivo suxeito a constantes preocupacións pola seguridade, sobre todo na dita curva "Tamburello", que era moi accidentada e tiña pouco espazo entre a pista e un muro de formigón que protexe o río Santerno que corre detrás del. No 1987, Nelson Piquet estrelouse fortemente durante os adestramentos tras unha falla de pneumáticos e perdeuse a carreira por lesión. No Gran Premio de San Marino de 1989, Gerhard Berger estrelou o seu Ferrari en Tamburello tras un fallo na á frontal. O coche ardeu despois do forte impacto, pero grazas ao rápido traballo dos bombeiros e do persoal médico, Berger sobreviviu e só perdeuse unha carreira (o Gran Premio de Mónaco de 1989) debido a queimaduras nas mans. Michele Alboreto tamén tivo un gran accidente na curva do Tamburello probando os Footwork Arrows no circuíto en 1991 pero saíu ileso. Riccardo Patrese tamén tivo un accidente na curva do Tamburello en 1992 mentres probaba para o equipo Williams.

Ayrton Senna, o mítico piloto e tricampión do mundo e Roland Ratzenberger perderon a vida en sendos accidentes no Gran Premio de San Marino de 1994. Ratzenberger nos adestramentos do sábado na (curva Gilles Villeneuve) e Senna no curvón Tamburello na sétima volta de carreira o 1* de maio cando ocupaba a primeira posición e chocou debido a causas que ata hoxe en día non se aclararon.

Por causa destes accidentes, o circuíto foi modificado, engadindo unha chicana antes de Tamburello que retarda o paso pola curva, facéndoa máis segura pero quitándolle a dificultade que posuía. Por outra banda a curva Gilles Villeneuve pasou a ser unha chicana co fin de reducir a velocidade coa que se afrontaba.

Tamén o brasileiro Rubens Barrichello tivo un accidente que estivo a piques de custarlle a vida neste Gran Premio e que lle privou de disputar ese GP e o mantivo un tempo afastado das pistas.

Despois das reiteradas críticas polo obsoleto das súas infraestruturas, o circuíto foi obxecto de vastos traballos de mellora que levaron á desaparición do Gran Premio de San Marino.

Gran Premio de San Marino de 1994Editar

 
O vello pitlane, xuño de 2006.

No Gran Premio de San Marino de 1994, durante a práctica do venres Rubens Barrichello saíu voando sobre unha beiravía e chocou contra a parte superior dunha barreira de pneumáticos na Variante Baixa, o brasileiro quedou inconsciente, aínda que unha rápida intervención médica salvou a súa vida. Durante o sábado, o austríaco Roland Ratzenberger chocou frontalmente contra un muro a máis de 310 km/h na curva Villeneuve despois de que o seu Simtek perdera a á dianteira, morrendo ao instante por unha fractura do cranio basilar. A traxedia continuou ao día seguinte, cando o tres veces campión do mundo Ayrton Senna perdeu o control do seu coche e chocou contra o muro de formigón na curva do Tamburello na volta 7. El sucumbiu pouco despois do impacto cando unha peza do coche atravesara o casco e o cranio. En dous incidentes non relacionados, varios espectadores e mecánicos tamén resultaron feridos durante o evento.

 
Disposición do circuíto no momento do Gran Premio de San Marino de 1994.

Despois diso, o circuíto continuou acollendo Grandes Premios, pero fixéronse revisións inmediatas para facelo máis seguro. A curva recta do Tamburello reduciuse a un serie de curvas en 4ª marcha esquerda-dereita e engadíuselle unha trampa de grava ao espazo limitado na parte exterior da curva. A curva de Villeneuve, antes unha inocua curva a dereita de 6ª marcha en Tosa, converteuse nunha serie de 4ª velocidade, tamén cunha trampa de grava no exterior da curva. Nun intento por conservar parte da rapidez e o carácter do vello circuíto, eliminouse a chicana de Acqua Minerali e a variante Bassa endereitouse nunha única chicana. Moitos din que a nova configuración do circuíto non é tan boa como antes como resultado das novas chicanas en Tamburello e Villeneuve.[7][8]

Outra modificación da pista de Imola é a de Variante Alta, que se atopa no alto do outeiro que baixa a Rivazza e ten o punto de freada máis duro no colo. A Variante Alta, antigamente chicana de gran alcance, foi golpeada bastante polos condutores, o que causou danos nos coches e ocasionalmente foi o lugar de bastantes accidentes. Antes do Gran Premio do 2006, as beiras baixáronse considerablemente e o xiro en si estreitouse para reducir as velocidades e, con sorte, reducir o número de accidentes na chicane.

O Gran Premio eliminouse do calendario da tempada 2007 de Fórmula Un.[9] SAGIS, a empresa propietaria do circuíto, esperaba que a carreira se reinstaurase na reunión de outubro do 2006 da FIA World Motor Sport Council e prevista para a fin de semana do 29 de abril de 2007, sempre que renovasen o circuíto. Completouse a tempo para a carreira, pero denegouse a reinstaurción.[10]




Todos os gañadores de Fórmula 1, no circuíto de ImolaEditar

Ano Piloto Construtor Motor Pneus. Tempo Lonxitude Voltas Velocidade media Data GP de
1 1980]]   Nelson Piquet Brabham Ford G 1:38:07,520 h 5,040 km 60 184,906 km/h 14. setembro   Italia
2 1981   Nelson Piquet Brabham Ford M


1:51:23,970 h 5,040 km 60 162,873 km/h 3. maio   San Marino
3 1982   Didier Pironi Ferrari Ferrari G 1:36:38,887 h 5,040 km 60 187,733 km/h 25. abril
4 1983   Patrick Tambay Ferrari Ferrari G 1:37:52,460 h 5,040 km 60 185,381 km/h 1. maio
5 1984   Alain Prost McLaren Porsche (TAG) M


1:36:53,679 h 5,040 km 60 187,255 km/h 6. maio
6 1985   Italia Lotus Renault G 1:34:35,955 h 5,040 km 60 191,799 km/h 2. agosto
7 1986   Alain Prost McLaren Porsche (TAG) G 1:32:28,408 h 5,040 km 60 196,208 km/h 27. abril
8 1987   Nigel Mansell Williams Honda G 1:31:42,076 h 5,040 km 59 194,562 km/h 3. maio
9 1988   Ayrton Senna McLaren Honda G 1:32:41,264 h 5,040 km 60 195,754 km/h 1. maio
10 1989   Ayrton Senna McLaren Honda G 1:26:51,245 h 5,040 km 58 201,939 km/h 23. abril
11 1990   Riccardo Patrese Williams Renault G 1:30:55,478 h 5,040 km 61 202,876 km/h 13. maio
12 1991   Ayrton Senna McLaren Honda G 1:35:14,750 h 5,040 km 61 193,671 km/h 28. abril
13 1992   Nigel Mansell Williams Renault G 1:28:40,927 h 5,040 km 60 204,596 km/h 17. maio
14 1993   Alain Prost Williams Renault G 1:33:20,413 h 5,040 km 61 197,625 km/h 25. abril
15 1994   Michael Schumacher Benetton Ford G 1:28:28,642 h 5,040 km 58 198,234 km/h 1. maio
16 1995   Damon Hill Williams Renault G 1:41:42,552 h 4,895 km 63 181,922 km/h 30. abril
17 1996   Damon Hill Williams Renault G 1:35:26,156 h 4,892 km 63 193,761 km/h 5. maio
18 1997   Heinz-Harald Frentzen Williams Renault G 1:31:00,673 h 4,930 km 62 201,509 km/h 27. abril
19 1998   David Coulthard McLaren Mercedes B 1:34:24,593 h 4,930 km 62 194,255 km/h 26. abril
20 1999   Michael Schumacher Ferrari Ferrari B 1:33:44,792 h 4,930 km 62 195,630 km/h 2. maio
21 2000   Michael Schumacher Ferrari Ferrari B 1:31:39,776 h 4,930 km 62 200,077 km/h 9. abril
22 2001   Ralf Schumacher Williams BMW M


1:30:44,817 h 4,933 km 62 202,062 km/h 15. abril
23 2002   Michael Schumacher Ferrari Ferrari B 1:29:10,789 h 4,933 km 62 206,190 km/h 14. abril
24 2003   Michael Schumacher Ferrari Ferrari B 1:28:12,058 h 4,933 km 62 207,895 km/h 20. abril
25 2004   Michael Schumacher Ferrari Ferrari B 1:26:19,670 h 4,933 km 62 212,406 km/h 25. abril
26 2005   Fernando Alonso Renault Renault M


1:27:41,921 h 4,933 km 62 209,086 km/h 24. abril
27 2006   Michael Schumacher Ferrari Ferrari B 1:31:06,486 h 4,933 km 62 202,323 km/h 23. abril
28 2020   Lewis Hamilton Mercedes Mercedes P 1:28:32,430 h 4,909 km 63 209,429 km/h 1. novembro   Emilia-Romaña
29 2021   Max Verstappen Red Bull Racing-Honda Honda P 2:02:34,598 h 4,909 km 63 151,276 km/h 18. abril

Récords
Piloto: Michael Schumacher (7), Alain Prost/Ayrton Senna (ambos 3)
País: Alemaña (9), Reino Unido (6), Brasil/Francia (ambos 5)
Construtor: Ferrari/Williams (ambos 8), McLaren (6)
Motor: Ferrari/Renault (ambos 8), Honda (5)
Pneus: Goodyear (16), Bridgestone (7), Michelin (4)

NotasEditar

  1. FIA, ed. (6 de febreiro de 2015). "List of FIA licensed circuits" (PDF). Consultado o 28 de maio de 2015. 
  2. "Formula 1 adds Portimao, Nurburgring and 2-day event in Imola to 2020 race calendar". www.formula1.com. Consultado o 25 de xullo de 2020. 
  3. Fotheringham, Alasdair (19 de maio de 2015). "Giro d’Italia stage 11 preview: Organizers bring back 1968 Worlds finish circuit in Imola". cyclingnews.com. Consultado o 20 de maio de 2015. 
  4. O'Shea, Sadhbh (20 de maio de 2015). "Giro d'Italia stage 11: Zakarin motors to win on F1 track in Imola". cyclingnews.com. Consultado o 20 de maio de 2015. 
  5. Arthurs-Brennan, Michelle (17 de maio de 2018). "Sam Bennett breaks into early charge to win stage 12 of the Giro d’Italia". Cycling Weekly. Arquivado dende o orixinal o 04 de decembro de 2020. Consultado o 16 de outbro de 2018. 
  6. "The UCI reveals the routes for the Imola – Emilia-Romagna 2020 UCI Road World Championships". UCI. Consultado o 12 de setembro de 2020. 
  7. BBC (17 de febreiro de 2006). BBC News, ed. "Circuit Guide - Imola". Consultado o 1 de xaneiro de 2010. 
  8. The Guardian (3 de marzo de 2003). "Imola, San Marino". Londres. Consultado o 26 de abril de 2010. 
  9. "San Marino loses Grand Prix race". news.bbc.co.uk. 29 de agosto de 2006. Consultado o 2008-03-27. 
  10. "Imola hopes to get back on 2007 calendar". f1.gpupdate.net. 30 de agosto de 2006. Consultado o 2011-01-30. 

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar