Jim Clark
James Clark Jr., Jim ou Jimmy Clark OBE , nado en Kilmany, Escocia, o 4 de marzo de 1936 finou en Hockenheim, Alemaña o 7 de abril de 1968, foi un piloto de automobilismo. Gañou dous campionatos do Mundo de Fórmula 1 en 1963 e 1965.
(1965) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 4 de marzo de 1936 Kilmany, Reino Unido (en) |
Morte | 7 de abril de 1968 (32 anos) Hockenheimring, Alemaña |
Causa da morte | accidente de tráfico |
Lugar de sepultura | Chirnside Parish Churchyard (en) |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Reino Unido |
Educación | Loretto School (en) Clifton Hall School (en) |
Actividade | |
Ocupación | piloto de Fórmula Un , labrego |
Lingua | Lingua inglesa |
Nacionalidade deportiva | Escocia |
Deporte | automobilismo |
Participou en | |
24 Horas de Le Mans | |
Premios
| |
Morreu nun accidente nunha carreira de Fórmula dúas en Hockenheimring (Hockenheim), Alemaña en 1968. No momento da súa morte, gañara máis carreiras de Gran Premio (25) e alcanzado máis pole position (33) que calquera outro piloto. En 2009, The Times colocou a Clark na cima dunha lista dos máis grandes pilotos da Fórmula 1.[1]
Traxectoria
editarInicios
editarNaceu no seo dunha familia labrega de Kilmany, no condado de Fife, Escocia. Único home, e o menor nunha familia de cinco irmáns, estaba predestinado a facerse cargo da granxa familiar, circunstancia que provocou que os seus pais opoñéranse á idea de Clark de adicarse ás carreiras de coches. Comezou a súa carreira nos rally de estradas e subidas locais conducindo o seu propio Sunbeam-Talbot, demostrando ser un competidor temible desde o principio. A súa primeira carreira foi o 16 de xuño de 1956 ao volante dun DKW Sonderklasse en Crimond, Escocia. En 1958, Clark estaba pilotando para o equipo local Border Reivers, conducindo Jaguar D-Type e Porsche nas competicións nacionais, e gañando 18 carreiras.
No Boxing Day de 1958, Clark correu contra o home que o lanzará á fama. Conducindo un Lotus Elite, terminou segundo contra Colin Chapman nunha carreira de GT de 10 voltas en Brands Hatch. En 1959 conducindo un Lotus Elite, terminou décimo en Le Mans asociado con John Whitmore. Chapman quedou o suficientemente impresionado como para dar a Clark, un asento nun dos seus coches de Fórmula Júnior.
Lotus e Clark
editarA súa primeira carreira para Lotus foi en 1960 no Gran Premio dos Países Baixos, onde participou no lugar de John Surtees quen seguía competindo en motocicletas nese tempo. A carreira ía sen problemas ata que alcanzou o quinto lugar e tivo que retirarse por problemas coa caixa de cambios. A seguinte carreira foi en Spa, Bélxica. Este circuíto de Spa-Francorchamps era un dos máis perigosos desa época, unha enorme pista de máis de 14 km onde en 1960 perderon a vida dous pilotos, incluíndo o compañeiro de equipo de Clark Alan Stacey. Aínda así Clark logrou terminar en quinto lugar no seu segundo gran premio.
No Gran Premio de Italia Clark estivo involucrado nun accidente polémico e controvertido, o seu Lotus chocou co Ferrari do alemán Wolfgang von Trips. O Ferrari saíu lanzado cara aos espectadores matando a varios deles así como ao piloto alemán.
A carreira profesional de Clark en Fórmula 1 foi na súa totalidade co equipo Lotus, para quen conduciu desde os seus inicios en 1960 ata 1968. Os seus maiores éxitos ocorreron en 1963 co Lotus 25, co cal Clark gañou sete de dez grandes premios, logrando coroarse como Campión Mundial de Pilotos e levando a Lotus a gañar o seu primeiro Campionato Mundial de Construtores. En 1965 Clark e Lotus repetiron campionato.
Nese mesmo ano Clark gañou na famosa carreira das 500 millas de Indianápolis. Para iso debeu ausentarse do prestixioso Gran Premio de Fórmula 1 de Mónaco. Con todo fixo historia ao triunfar por primeira vez nesa carreira cun automóbil co motor colocado detrás do piloto.
Ao seguinte ano, 1966, Lotus, baixo as novas regras de motores de 3.0 litros, non acadou bos resultados. Comezaron a tempada de Fórmula 1 cun motor Coventry Climax de 2.0 litros montado no chasis do Lotus 33. Ao avanzar a tempada cambiaron a un Lotus-BRM 43 cun moi complexo motor BRM H16; o H16 consistía basicamente de dous motores V8 de 1.5 litros unidos para formar unha soa unidade.
En 1967 Clark e Lotus correron con tres combinacións completamente distintas de chasis e motor. O Lotus-BRM foi usado na primeira carreira do campionato en Suráfrica con resultados negativos. En Monaco usou por última vez o Lotus 33, retirándose a metade de carreira cunha avaría na suspensión. A continuación comezou a nova asociación de Lotus con Ford Motor Company e Cosworth. O motor Cosworth DFV usado por primeira vez por Lotus non só gañou a primeira carreira na que foi usado, o Gran Premio dos Países Baixos, senón que ademais converteríase no motor de maiores éxitos na historia da Fórmula 1.
Morte
editarO 7 de abril de 1968, durante unha carreira de Fórmula 2 no circuíto de Hockenheimring en Hockenheim, Alemaña Jim Clark morreu despois de que o seu automóbil saísese da pista e chocase contra as árbores. As causas do accidente nunca foron definitivamente esclarecidas, con todo os investigadores suxiren como a posibilidade máis factible, unha súbita e repentina perda de presión pneumática nunha das rodas traseiras. En circunstancias parecidas á morte de Ayrton Senna en 1994, a súa morte causou grande impacto no mundo da competición automobilística. Clark era o mellor piloto e dominaba os campionatos da época co mellor equipo de entón. Lotus e Clark foron inseparables desde o principio. O campionato de 1968 foi gañado polo compañeiro de equipo de Clark, Graham Hill (pai do logo tamén campión Damon Hill).
Un xenio na pista
editarAo longo da súa carreira Clark gañou 25 grandes premios e obtivo a pole en 33 ocasións. Clark diferenciábase dos pilotos actuais de Fórmula 1 na súa habilidade para conducir e gañar en calquera tipo de vehículo. A súa capacidade de pelexar vitorias conducindo o sedan de produción Lotus Cortina era impresionante; correu na tempada Nascar en Estados Unidos para o equipo Holman e Moody; batallou cos caprichosos Lotus deportivos modelos 30 e 40; e ata un Lotus de IndyCar Series nunha carreira de montaña en Suíza.
Clark foi o mellor nunha época onde a habilidade innata e a xenialidade para conducir do piloto baixo calquera circunstancias eran moito máis importantes que a tecnoloxía e as asistencias externas. Considerábaselle un terrible piloto de probas, pois era capaz de acomodarse ao auto e facelo parecer mellor do que en realidade era; ao contrario doutros pilotos que probarían o auto por varias voltas, facéndolle axustes ata conseguir o mellor tempo posible, Clark lograba o mellor tempo así no xeito como atopaba ao auto, e dicíalle aos mecánicos "déixeno, así está ben". Debido a isto facíaselle difícil entender como outros pilotos non podían ser igual de rápidos ca el.
Cando Clark faleceu, atribúeselle ao corredor Chris Amon o dicir "se isto pódelle pasar a Clark, que esperanza podemos ter os demais". Hoxe en día é consierado un dos mellores pilotos da historia da Fórmula 1.
Clark está enterrado na vila de Chirnside en Berwickshire.
No ano de 1990 foi admitido no International Motorsports Hall of Fame.
Rexistro de carreiras
editarResultdos completos nas 24 Horas de Le Mans
editarAno | Equipo | Co-Pilotos | Coche | Clase | voltas | Pos. | Clase Pos. |
---|---|---|---|---|---|---|---|
1959 | Border Reivers | Sir John Whitmore | Lotus Elite Mk.14 | GT 1.5 |
257 | 10º | 2º |
1960 | Border Reivers | Roy Salvadori | Aston Martin DBR1/300 | S 3.0 |
306 | 3º | 3º |
1961 | Border Reivers | Ron Flockhart | Aston Martin DBR1/300 | S 3.0 |
132 | Ret | Ret |
Resultados completos na Fórmula Un
editar(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.
Resultados na Fórmula 1 fora do campionato
editar(key) (Carreiras en grosa indican pole position, carreiras en cursiva indican volta rápida)
Ano | Equipo | Chasis | Motor | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1960 | Team Lotus | Lotus 18 | Climax I4 | GLV | INT | SIL Ret |
LOM 2 |
OUL Ret |
||||||||||||||||
1961 | Team Lotus | Lotus 18 | Climax I4 | LOM 6 |
GLV | PAU 1 |
BRX Ret |
VIE | AIN 9 |
SYR 6 |
NAP | LON | DAN 7 |
|||||||||||
Lotus 21 | SIL 2 |
SOL 7 |
KAN Ret |
MOD 4 |
FLG 4 |
OUL Ret |
LEW | VAL | RAN 1 |
NAT 1 |
RSA 1 | |||||||||||||
1962 | Team Lotus | Lotus 21 | Climax I4 | CAP 2 |
||||||||||||||||||||
Lotus 24 | Climax V8 | BRX Ret |
LOM 1 |
LAV | GLV | PAU Ret |
AIN 1 |
INT 2 |
NAP | |||||||||||||||
Lotus 25 | Climax V8 | MAL Ret |
CPL | RMS Ret |
SOL Ret |
KAN | MED | DAN | OUL 1 |
MEX 1‡ |
RAN 1 |
NAT 2 |
||||||||||||
1963 | Team Lotus | Lotus 25 | Climax V8 | LOM 2 |
GLV | PAU 1 |
IMO 1 |
SYR WD |
AIN 3 |
INT 1 |
ROM |
SOL NC |
KAN 1 |
MED |
AUT Ret |
OUL 1 |
RAN 16 |
|||||||
1964 | Team Lotus | Lotus 25 | Climax V8 | DMT Ret |
NWT 1 |
SYR |
INT Ret |
MED 2 |
RAN | |||||||||||||||
Lotus 33 | AIN Ret |
SOL 1 |
||||||||||||||||||||||
1965 | Team Lotus | Lotus 33 | Climax V8 | ROC Ret |
SYR 1 |
|||||||||||||||||||
Lotus 25 | SMT 1 |
INT | MED 2 |
RAN | ||||||||||||||||||||
1966 | Team Lotus | Lotus 33 | Climax V8 | RSA | SYR | INT | OUL 3 |
|||||||||||||||||
1967 | Team Lotus | Lotus 49 | Ford V8 | ROC | SPR | INT | SYR | OUL | ESP 1 |
‡ Despois de que Clark fose descualificado por arrincar empuxando, asumiu o control o coche de Trevor Taylor.
Récords de Fórmula 1
editarClark ten as seguinte marcas na fórmula 1:
Récord | Logrado |
---|---|
Maior nº de Grand Slams (pole, vitoria, volta rápida, líder en todas as voltas na mesma carreira) | 8 |
Maior porcentaxe de puntos posibles no campionato nunha tempada | 100% in 1963 e 19651 |
Maior porcentaxe liderando voltas nunha tempada | 71.47% en 1963 |
1Récord compartido con Alberto Ascari en 1952
Resultados nas 500 Millas de Indianápolis
editar
|
|
- As posicións iniciais de Clark desde 1964, 1965 e 1966 representan a mellor racha inicial de tres carreiras dos anos sesenta.
- A vitoria de Clark en 1965 foi a primeira vitoria para un coche de motor traseiro nas 500 Millas de Indianápolis. Ningún coche con motor dianteiro gañou a carreira desde entón.
Resultados completos nas Tasman Series
editarAno | Coche | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | Ranq | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1965 | Lotus 32B | PUK Ret |
LEV 1 |
WIG 1 |
TER (1) |
WAR 1 |
SAN 2 |
LON 5 |
1º | 35 (44) | |
1966 | Lotus 39 | PUK Ret |
LEV 2 |
WIG Ret |
TER Ret |
WAR 1 |
LAK 3 |
SAN 2 |
LON 7 |
3º | 25 |
1967 | Lotus 33 | PUK 2 |
WIG 1 |
LAK 1 |
WAR 2 |
SAN 1 |
LON 2 |
1º | 45 | ||
1968 | Lotus 49T | LEV Ret |
PUK Ret |
WIG 1 |
TER 2 |
ORA 1 |
SUR 1 |
ADE 1 |
SAN 5 |
1st | 44 |
Resultados na Tasman Series fora do campionato
editarano | Coche | 1 | 2 |
---|---|---|---|
1967 | Lotus 33 | LEV 1 |
TER 1 |
Resultados na Fórmula 2
editar(Carreiras en grosa indican pole position, carreiras en cursiva indican volta rápida.)
Por razóns de espazo, só mónstranse os eventos de Fórmula 2 nos que Clark correu.
Ano | Equipo | Chasis | Motor | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1960 | Team Lotus | Lotus 18 | Climax FPF | BRX Ret |
BRC Ret1 |
SOL 8 |
BRH 1 |
||||||||
1964 | Ron Harris Team Lotus | Lotus 32 | Cosworth SCA | PAU 1 |
ADC 1 |
GRV 1 |
RMS 4 |
BET 1 |
KAN 2 |
ALB Ret |
OUL 2 |
||||
1965 | Ron Harris Team Lotus | Lotus 35 | Cosworth SCA | MAL DNS2 |
SNE 3 |
PAU 1 |
LON 1 |
RMS 3 |
ROU 1 |
KAN Ret |
BET 1 |
OUL 6 |
ROU 1 |
||
1966 | Ron Harris Team Lotus | Lotus 35 | Cosworth SCA | OUL DNS2 |
SMT Ret |
PAU 7 |
|||||||||
Lotus 44 | BAR Ret |
KAN 3 |
FIN 3 |
MNT 2 |
BLM 6 |
BAR NC |
BRH 3 |
||||||||
1967 | Team Lotus | Lotus 48 | Cosworth FVA | PAU 4 |
BAR 1 |
ADC Ret |
LIM 2 |
RMS Ret |
ROU Ret |
FTL Ret |
MAD 1 |
KAN 3 |
FIN 1 |
HÄM 3 |
ALB 3 |
1968 | Team Lotus | Lotus 48 | Cosworth FVA | BAR Ret |
HOC Ret |
1 Innes Ireland tomou o coche de Clark e terminou no 9º lugar.
2 Carreiras canceladas debido ao mal tempo.
Premios
editar- Campión do mundo de F1, 1963 e 1965; Subcampión, 1962 e 1964
- Gañador das 500 Millas de Indianápolis, 1965; Subcampión, 1963 e 1966
- [Campionato británico de coches de turismo] Campión, 1964
- Tasman series Gañador da Copa, 1965, 1967 e 1968
- Trophées de France Fórmula 2 Campión, 1965
- Terceiro lugar na xeral, 24 Horas de Le Mans de 1960
Predecesor: Phil Hill |
Campión da Fórmula 1 1962 |
Sucesor: Jim Clark |
Predecesor: Denny Hulme |
Campión da Fórmula 1 1968 |
Sucesor: Jackie Stewart |
Véxase tamén
editarA Galicitas posúe citas sobre: Jim Clark |
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Jim Clark |
Ligazóns externas
editar- Grand Prix History - Hall of Fame Arquivado 05 de xuño de 2011 en Wayback Machine., Jimmy Clark (en inglés)
- Jim Clark Memorial at Hockenheim[Ligazón morta] (en inglés)
- Jim Clark memorial room (en inglés)
- Jim Clark Rally
- Jim Clark 50th Anniversary Homage
- BBC News: Jim Clark killed in car smash
- "Remember Jim Clark", Roger Horton
- The Greatest 33
- Jim Clark Museum
- ↑ Times Online, 27 March 2009: The 50 greatest Formula One drivers: Nos 10–1 Arquivado 7 de maio de 2009 en Wayback Machine.
- ↑ Ata 1990, non todos os puntos anotados por un piloto contribuían ao resultado final do Campionato do Mundo (ver lista de sistemas de puntuación da Fórmula 1). Os números sen parénteses son puntos do campionato; Os números entre parénteses son os puntos totais obtidos.
- ↑ "Jim Clark Indy 500 Race Stats". Indy500.com. 2012-01-05. Arquivado dende o orixinal o 27 de setembro de 2007. Consultado o 2012-07-20.