David Coulthard
David Coulthard | |
![]() | |
Carreira na Fórmula 1 | |
Nacionalidade | ![]() |
---|---|
Anos en activo | 1994 - 2008 |
Escudería(s) | Williams, McLaren, Red Bull |
Grandes Premios disputados | 247 (246 saídas) |
Campionatos | 0 |
Vitorias | 13 |
Podios | 62 |
Pole positions | 12 |
Voltas rápidas | 18 |
Primeiro GP | Gran Premio de España de 1994 |
Primeira vitoria | Gran Premio de Portugal de 1995 |
Derradeira vitoria | Gran Premio de Australia de 2003 |
Derradeiro GP | Gran Premio do Brasil de 2008 |
David Coulthard Marshall, OBE, nado en Twynholm (Kirkcudbrightshire) o 27 de marzo de 1971, é un piloto escocés de Fórmula 1, coñecido como DC.
Coulthard, fixo o seu debut na Fórmula Un en 1994 e gañou 13 Grandes Premios na súa carreira de 15 tempadas. Dúas veces gañador en Mónaco, Coulthard foi compañeiro de equipo de Mika Häkkinen nas dúas tempadas nas que o finlandés foi o gañador doCampionato de Pilotos con McLaren Mercedes antes de axudar a establecer o equipo Red Bull.
Coulthard sumou unha notable cantidade de puntos que o colocan undécimo na lista de máximos puntuadores de todos os tempos na Fórmula 1. A súa mellor clasificación no campionato de pilotos foi o segundo posto en 2001.
Coulthard é agora comentarista de televisión na BBC F1 ao mesmo tempo é consultor dos equipos de Red Bull Racing e Toro Rosso.
TraxectoriaEditar
Debutou no GP de España de 1994 coa escudaría Williams, substituíndo a Ayrton Senna, que finara no anterior Gran Premio. Após o seu paso por McLaren, onde ficou dende 1996 até 2005, cando asinou por Red Bull Racing. É o cuarto piloto con máis puntos acadados de toda a historia da categoría, e o primeiro con máis puntos conseguidos de tódolos pilotos británicos.
Este artigo sobre deporte é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |