Roland Ratzenberger
Roland Ratzenberger, nado en Salzburgo o 4 de xullo de 1960 e finado en Imola o 30 de abril de 1994, foi un piloto de automóbiles de Fórmula 1 austríaco. Faleceu tras un accidente nas clasificacións do Gran Premio de San Marino de 1994 en Imola, a mesma carreira na que posteriormente perdeu a vida a piloto brasileiro Ayrton Senna.
Biografía | |||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 4 de xullo de 1960 Salzburgo, Austria | ||||||||||||||||||||||
Morte | 30 de abril de 1994 (33 anos) Boloña, Italia | ||||||||||||||||||||||
Causa da morte | morte accidental, Fratura de crânio basilar (pt) | ||||||||||||||||||||||
Lugar de sepultura | Salzburgo | ||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||
Ocupación | piloto de Fórmula Un (1994–1994) | ||||||||||||||||||||||
Deporte | automobilismo | ||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
Participou en | |||||||||||||||||||||||
24 Horas de Le Mans | |||||||||||||||||||||||
Familia | |||||||||||||||||||||||
Pai | Rudolf Ratzenberger |
Le Mans
editarEn 1989 pilotou nas 24 Horas de Le Mans por primeira vez. Compartiu o Porsche 962 do equipo Brun Motorsport con Mauricio Sandro Sala e Walter Lechner, retirouse na terceira hora.
Correu nos seguintes catro Le Mans, novamente con Brun en 1991 e co equipo de ADR en 1990, 1992 e 1993. O seu mrllor resultado chegou en 1993, cando xunto a Mauro Martini e Naoki Nagasaka terminaron quintos nun Toyota 93 CV.[1]
Fórmula Un
editarNa tempada de 1994, finalmente logrou a súa ambición de converterse en piloto de Fórmula Un, firmando un contrato de cinco carreiras co novo equipo Simtek[1] dirixido por Nick Wirth.
A súa campaña comezou cun mal inicio no Gran Premio do Brasil de 1994 en Interlagos, onde non puido clasificarse. Pero chegou á grella na seguinte rolda no Circuíto Internacional Tanaka en Aida, Xapón, xa que a súa experiencia na pista logo dos seus días nas carreiras de turismo era o único piloto no circuíto que pilotara antes neste circuíto. Terminou 11º.[1]
Morte
editarRatzenberger morreu durante a cualificación do Gran Premio de San Marino de 1994 no Autódromo Enzo e Dino Ferrari o sábado 30 de abril de 1994. Saírase da pista na volta anterior, danando a súa á dianteira, pero no canto de entrar nos boxes, continuou, xa que estaba competindo polo posto final da grella.[2] A alta velocidade na recta, e, polo tanto, a alta forza aerodinámica xerada, finalmente rompeu a á, enviándoa debaixo do coche. O seu coche non puido virar na curva Villeneuve e golpeou contra o muro exterior a 314´9 km/h.[3]
Ratzenberger foi declarado morto ao chegar ao hospital Maggiore en Bologna, trasladado aí desde o centro médico do circuíto de Imola, onde fora inicialmente trasladado desde o lugar de choque nunha ambulancia. A causa da morte foi unha fractura de cranio basilar.
Ratzenberger foi o primeiro piloto de carreiras que perdeu a súa vida nun fin de semana de gran premio desde a tempada 1982 de Fórmula Un, cando Riccardo Paletti morrera en Canadá no Circuíto Gilles Villeneuve. Ratzenberger tamén foi o primeiro piloto en morrer nun coche de F1 desde Elio de Angelis durante unha proba en 1986.
Bernie Ecclestone persuadiu ao equipo Simtek para participar na carreira o día seguinte para superar o choque. En sinal de respecto, o lugar de Ratzenberger na grella de saída quedou baleiro. O compañeiro de equipo de Ratzenberger, David Brabham, retirouse logo de 27 voltas.
A súa morte tivo un legado duradeiro. O 1 de maio de 1994, durante o briefing habitual dos pilotos, os pilotos restantes acordaron a reforma da Asociación de pilotos de Gran Premio, con Senna, Gerhard Berger e Michael Schumacher como os seus primeiros directores. A asociación meteu presión a continuación para mellorar a seguridade dos automóbiles e dos circuítos como consecuencia do acciedente de Imola e outros graves accidentes durante a tempada de 1994, en 2003, a FIA impuxo o uso do dispositivo HANS, deseñado para evitar o tipo de ferida que sufriu Ratzenberger.[4]
Cando os comisarios de pista examinaron os restos do automóbil de carreiras de Senna, atoparon unha bandeira austríaca. Senna planeara levala logo da carreira, na honra de Ratzenberger.[5]
O presidente da FIA, Max Mosley, asistiu ao funeral de Ratzenberger, a pesar da abafadora atención do funeral de Senna, tanto no mundo do automobilismo como no mundo. Nunha conferencia de prensa, dez anos máis tarde, Mosley dixo: "Roland foi esquecido. Entón fun ao seu funeral porque todos foron ao de Senna. Pensei que era importante que alguén fora ao seu".[6] Outros membros da comunidade de Fórmula 1 que asistiron foron Johnny Herbert, Heinz-Harald Frentzen e compatriotas de Ratzenberger Karl Wendlinger e Gerhard Berger, foron os únicos catro pilotos de F1 que asistiron.[7] Ratzenberger debía pilotar máis tarde ese ano nas 24 Horas de Le Mans para Toyota. Eddie Irvine tomou o seu lugar no equipo e o nome de Ratzenberger quedou no coche (o que sería o segundo na xeral) como homenaxe.
Ratzenberger está enterrado en Maxglan, Salzburgo, Austria.
Rexistro de carreiras
editarResultados completos no British Touring Car
editar(key) (Carreiras en grosa indican pole position – 1982–1990 na súa clase) (Carreiras en cursiva indican volta rápida – outorgábase 1 punto – 1989 na súa clase)
Ano | Equipo | Coche | Clase | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | Pos | Pts | Clase |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1988 | Demon Tweeks | BMW M3 | Clase B | SIL | OUL | THR | DON Ret |
THR 8 |
SIL 16 |
SIL Ret |
BRH | SNE | BRH 11 |
BIR C |
DON 13 |
SIL 9 |
13º | 26 | 4º |
Resultados nas 24 Horas de Le Mans
editarAno | Equipo | Co-pilotos | Coche | Clase | Voltas | Pos. | Clase Pos. |
---|---|---|---|---|---|---|---|
1989 | Brun Motorsport Alpha Racing Team |
Maurizio Sandro Sala Walter Lechner |
Porsche 962C | C1 | 58 | Ret | Ret |
1990 | Toyota Team SARD | Pierre-Henri Raphanel Naoki Nagasaka |
Toyota 90C-V | C1 | 241 | Ret | Ret |
1991 | Team Salamin Primagaz Team Schuppan |
Eje Elgh Will Hoy |
Porsche 962C | C2 | 202 | Ret | Ret |
1992 | Toyota Team Tom's Kitz Racing Team with SARD |
Eje Elgh Eddie Irvine |
Toyota 92C-V | C2 | 321 | 9º | 2º |
1993 | Y's Racing Team Sard Co. Ltd. |
Mauro Martini Naoki Nagasaka |
Toyota 93C-V | C2 | 363 | 5th | 1º |
Resultados completos na Fórmula 3000 xaponesa
editar(clave) (Carreiras en letra grosa indican pole position) (Carreiras en italica indican volta rápida)
Ano | Equipo | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | Pos. | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1990 | Team Noji International | SUZ NSC |
FUJ Ret |
MIN Ret |
SUZ | SUG | FUJ | FUJ Ret |
SUZ 15 |
FUJ NSC |
SUZ | NC | 0 | |
1992 | Stellar International | SUZ NSC |
FUJ 13 |
MIN 3 |
SUZ Ret |
AUT Ret |
SUG 4 |
FUJ Ret |
FUJ 4 |
SUZ 1 |
FUJ 25† |
SUZ Ret |
7º | 19 |
1993 | Stellar International | SUZ Ret |
FUJ 10 |
MIN Ret |
SUZ 6 |
AUT C |
SUG 16 |
FUJ C |
FUJ 3 |
SUZ 6 |
FUJ 14 |
SUZ 7 |
12º | 6 |
† non terminaron a carreira, pero se clasificaron ao completar máis do 90% da distancia de carreira.
Resultados completos na Fórmula Un
editar(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.
Ano | Equipo | Chasis | Motor | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | Pos. | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1994 | MTV Simtek Ford | Simtek S941 | Ford V8 | BRA NSC |
PAC 11 |
SMR NTS |
MON | ESP | CAN | FRA | GBR | ALE | HUN | BEL | ITA | POR | EUR | XPN | AUS | NC | 0 |
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 "Who's Who: Roland Ratzenberger". F1Fanatic.co.uk. 2006. Consultado o 21 de decembro de 2006.
- ↑ "Remembering Roland"Biographies, F1rejects.com Arquivado 24 de outubro de 2004 en Wayback Machine.
- ↑ "10 most striking Formula One crashes ever". automotoportal.com. 7 de xuño de 2006. Arquivado dende o orixinal o 18 de outubro de 2012. Consultado o 30 de decembro de 2007.
- ↑ Jeff Pappone (17 de febreiro de 2011). "Fastest sport is slow to implement safety measures". The Globe and Mail. Arquivado dende o orixinal o 19 de febreiro de 2011. Consultado o 21 de febreiro de 2011.
- ↑ Longmore, Andrew (31 de outubro de 1994). "Ayrton Senna: The Last Hours". The Times. p. 30.
Volta á pista, nos restos destruídos do automóbil de Senna, descubriron unha bandeira austríaca dobrada que Senna tiña a intención de dedicar na súa 42ª vitoria nun gran premio á memoria de Ratzenberger.
- ↑ "Max went to Roland's funeral". GPUpdate.net. 23 de abril de 2004. Consultado o 1 de febreiro de 2011.
- ↑ Majendie, Matt (30 de abril de 2014). "Formula One's forgotten man: 20 years on from the death of Roland Ratzenberger". CNN. Consultado o 14 de xuño de 2014.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Roland Ratzenberger |
Ligazóns externas
editar- Memorial website Arquivado 12 de xuño de 2008 en Wayback Machine.. (en alemán)
- L'incidente di Imola. (en italiano)
- F1 Rejects – a further tribute to Ratzenberger
- F1 Fanatic Who's Who: Roland Ratzenberger
- Roland Ratzenberger's fatal crash