Circuíto de Donington Park

autódromo en Leicestershire (Inglaterra)

Donington Park é un autódromo situado cerca do Castelo de Donington, no noroeste de Leicestershire, Inglaterra.

Circuíto de Donington Park



Nome curtoDonington Park Editar o valor en Wikidata
Tipocircuíto automobilístico Editar o valor en Wikidata
Localización
Mapa
 52°49′47″N 1°22′46″O / 52.829805555556, -1.3795555555556
EstadoReino Unido
PaísInglaterra
RexiónsMidlands do Leste
Condado cerimonialLeicestershire
Condado non metropolitanoLeicestershire (en) Traducir
Distrito non metropolitanoNorth West Leicestershire (pt) Traducir
AldeaCastle Donington (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Datas
Inauguración1931 e 1977 Editar o valor en Wikidata
Acontecementos
Gran Premio de Europa Editar o valor en Wikidata
Contacto
Páxina WEBdonington-park.co.uk Editar o valor en Wikidata
Wikidata ]

O trazado é propiedade de Tom Wheatcroft, un entusiasta automobilista millonario. Ocasionalmente, úsase para concertos e outros eventos non relacionados co deporte motor.

Durante varias tempadas acolleu á Fórmula 1. Unha das carreiras máis recordadas foi a do Gran Premio de Europa de 1993 gañada por Ayrton Senna. Dispón dunha tenda que trata sobre deportes de motor, gardando a memoria de Senna.

Na actualidade dispútanse neste circuíto o Campionato Británico de Turismos, a Fórmula 3 Británica, Campionato Británico de Resistencia, o campionato mundial de superbikes e o mundial de MotoGP. O circuíto tamén alberga un museo, onde se pode apreciar a "colección do Grand Prix de Donington", o cal foi aberto en 1973 e contén a maior colección de coches de Grand Prix do mundo.

Ten unha gran revelancia, e é que favorece a realización de concertos e festivais de rock nas súas instalacións, albergando eventos como Monsters of Rock a finais dos 1980 e principios dos 1990, cando grupos como AC/DC, Aerosmith, Metallica, Guns N' Roses e Iron Maiden tocaron alí.

No ano 2001 foi a sede da presentación da agrupación Stereophonics (A Day at the Races), Ozzfest en 2002 e Download Festival en 2003.

Todos os gañadores de Fórmula 1, no circuíto de Donington Park

editar
Ano Piloto Auto Duración Lonxitude Voltas Velocidade media Data GP de
1993   Ayrton Senna McLaren-Ford 1:50:47,4 h 4´023 km 76 165´603 km/h 11 . Abril   Europa