MotoGP
MotoGP é a máxima categoría do Campionato do Mundo de Motociclismo de Velocidade. En 2002 pasou a substituír a categoría de 500cc (motocicletas de dous tempos de ata 500cc de cilindrada), aínda que inicialmente permitíronse motores de catro tempos de ata 990cc. Desde a tempada 2012, a cilindrada máxima permitida son os 1.000 cc.
Tipo | motorcycle racing series (en) |
---|---|
Deporte | Motociclismo de velocidade, motorcycle racing (en) e Motociclismo |
Organizador | Federación Internacional de Motociclismo Dorna Sports |
Liga inferior | Moto2 |
Localización e Datas | |
Intervalo de tempo | 2002 – |
Período de ocorrencia | 1 ano |
Outro | |
Páxina web oficial | motogp.com… |
A súa organización vén determinada pola Federación Internacional de Motociclismo, do mesmo xeito que ocorre coas outras categorías do campionato (Moto2 e Moto3).
Historia
editarCronoloxía
editar- 2002: Créase a nova categoría de MotoGP, que substitúe a de 500cc. Admítense motores de 4 tempos ata 990cc ou de dous tempos ata 500cc.
- 2004: As grellas de saída pasan de 4 a 3 motos por fila. Makoto Tamada gaña por primeira vez unha cursa de MotoGP con pneumáticos Bridgestone, no GP do Brasil.
- 2005: Adóptase a norma flag-to-flag, permitindo aos pilotos parar en boxes para cambiar a moto en caso de empezar a chover a media carreira.
- 2007: A categoría restrínxese a 800cc e 4 tempos.
- 2008: Dunlop retírase.
- 2009: Michelin retírase e Bridgestone queda como único provedor de pneumáticos. Kawasaki suspende as actividades na categoría durante o 2009 e estuda privatizar o seu equipo.
- 2011: O piloto italiano Marco Simoncelli morre no circuíto de Sepang.
- 2012: Auméntase a máxima cilindrada a 1.000cc.
Regulamento
editarEspecificacións do motor
editar- Configuración: V2, V4 ou 4 en liña
- Cilindrada: 1.000 cc
- Ciclo do motor: 4 tempos
- Válvulas: 16 válvulas
- Distribución: Árbore de levas (DOHC), 4 válvulas por cilindro.
- Combustible: Sen chumbo, 100 octanos (calquera tipo de combustible).
- Alimentación: Inxección.
- Aspiración: Motor de aspiración natural.
- Potencia: 240 CV
- Lubricación: Cárter húmido.
- Máximo de revolucións: 17.500 - 18.000 rpm.
- Velocidade màxima: 349 Km/h
- Refrixeración: Bomba de auga individual.
Pesos mínimos
editarNúmero de cilindros |
Mínimo 2002 | Mínimo 2007 | Mínimo 2010 |
---|---|---|---|
2 | 135 kg | 137 kg | 135 kg |
3 | 135 kg | 140,5 kg | 142,5 kg |
4 | 145 kg | 148 kg | 150 kg |
5 | 145 kg | 155,5 kg | 157,5 kg |
6 | 155 kg | 163 kg | 165 kg |
Pneumáticos
editarEn 2007, as novas regulacións da categoría limitaron o número de pneumáticos a usar durante os adestramentos, cualificacións e carreira a un máximo de 31 por piloto (14 anteriores e 17 posteriores). O único equipo que participaba con pneumáticos Dunlop durante o 2007, Yamaha Tech 3, pasouse a Michelin en 2008. Aquela tempada, as regras volveron ser modificadas para permitir máis pneumáticos cada fin de semana de carreiras, deixándoos en 40 (18 anteriores e 22 posteriores). Nas tempadas 2009, 2010 e 2011, a FIM designou como provedor de pneumáticos a Bridgestone e Michelin deixou de abastecer a MotoGP. Bridgestone proporciona 4 diferentes tipos de pneumáticos anteriores, 6 posteriores e un tipo para mollado para a tempada enteira. Para cada Gran Premio, este provedor proporciona só 2 tipos de anteriores e posteriores. Para garantir a imparcialidade, os pneumáticos asígnanse aos corredores ao chou.[1]
Campións
editarNotas
editar- ↑ "Bridgestone: How MotoGP Spec Tires Will Work". SuperbikePlanet.com (en inglés). 2 de abril de 2009. Arquivado dende o orixinal o 07 de febreiro de 2009. Consultado o 4 de febreiro de 2009.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: MotoGP |