Nicky Hayden
Nicholas Patrick Hayden, coñecido como Nicky Hayden, alcumado O Neno de Kentucky, nado o 30 de xullo de 1981 en Owensboro, Kentucky, e finado o 22 de maio de 2017 na localidade italiana de Cesena, foi un piloto norteamericano que participou no campionato do mundo de superbikes (SBK) e anteriormente no de MotoGP, onde foi o campión en 2006. Levaba sembre o dorsal número 69.[1]
(2016) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en) Nicholas Patrick Hayden 30 de xullo de 1981 Owensboro, Estados Unidos de América |
Morte | 22 de maio de 2017 (35 anos) Cesena, Italia |
Causa da morte | accidente de bicicleta atropelo |
Outros nomes | The Kentucky Kid |
Educación | Owensboro Catholic High School (en) |
Altura | 1,73 m |
Peso | 68 kg |
Actividade | |
Ocupación | piloto de motociclismo |
Deporte | Motociclismo |
Disciplina deportiva | MotoGP Superbike (pt) |
Número deportivo | 69 |
Patrocinador | Red Bull GmbH |
Familia | |
Irmáns | Roger Lee Hayden Tommy Hayden |
Premios | |
| |
Sitio web | nickyhayden.com |
Traxectoria
editarComezos nos Estados Unidos
editarNado nunha familia apaixonada polas motos, Nicky Hayden percorreu durante toda a súa infancia os Estados Unidos na autocaravana familiar, alternando a escola durante a semana coas carreiras nas fins de semana.
A carreira deportiva de Hayden comezou aos seus catro anos, en carreiras de velocidade sobre superficie de terra coñecidas como flat-track, e xa con once anos disputou a súa primeira carreira sobre pista, montado nunha unha minimoto.
En 1998, Nicky Hayden fixo o seu debut sobre circuíto no Campionato Norteamericano cunha Honda. Con este construtor continuou a súa aprendizaxe ata dar o paso, a partir de 2000, ao Campionato Norteamericano de Superbikes, no que acadou na duodécema posición e, no ano seguinte, a terceira. En total, logrou a vitoria en 17 de carreiras e fíxose co título na edición de 2002.[2]
MotoGP
editarEn 2003, Nicky Hayden logrou a súa pasaxe para a MotoGP, onde comezou como compañeiro de equipo de Valentino Rossi, no equipo oficial Honda. A partir da súa primeira tempada completa, terminou o quinto no campionato, e subiu por primeira vez ao podio no Gran Premio do Pacífico, grazas a un terceiro posto, seguido por un novo terceiro posto en Australia.
Malia ser unha relación con altibaixos, Nicky Hayden botou moito tempo con Honda, con quen acadou a súa primeira vitoria en MotoGP en 2005, tempada na que acabou o campionato no terceiro lugar.
Nicky Hayden comezou perfectamente a tempada 2006. Tres podios nas tres primeiras carreiras e dúas vitorias (Laguna Seca e Assen) levárono a encabezar o campionato. No penúltimo gran premio da tempada, en Estoril, foi alcanzado polo seu compañeiro de equipo Dani Pedrosa, o que na práctica o privou das súas posibilidades de ser coroado campión do mundo. Malia isto, Hayden acabou terceiro en Valencia, mentres o seu adversario, Valentino Rossi, caeu: o norteamericano puxo fin, así, ao reinado de Rossi, que resultou batido por primeira vez en MotoGP.
A situación cambiou en 2007, cando se modificou a cilindrada de MotoGP. Nicky Hayden disputou novamente o título na nova Honda RC212V de 800 cm3, como piloto oficial da marca xunto con Pedrosa. Esta nova máquina presentou moitos problemas (un cadro demasiado flexible e unha escasa velocidade punta), e a súa falta de rendemento, xunto cos problemas cos pneumáticos Michelin, levaron a Hayden a acabar oitavo esa tempada e sexto en 2008.
O 15 de setembro de 2008[3], anunciouse que o piloto norteamericano deixaba o equipo Honda para ingresar en Ducati a partir da tempada 2009, onde tería como compañeiro de equipo o campión do mundo de MotoGP de 2007 Casey Stoner durante dous anos. Na súa estrea coa marca quedou no posto décimo terceiro e subiu unha vez ao podio, e en 2010 acadou o sétimo posto, tamén cun único podio.
Malia as dificultades deses últimos anos, asinou un novo contrato[4], que mantivo a unión de Nicky Hayden con Ducati durante as tempadas 2011 e 2012, esta vez retomando como compañeiro a Valentino Rossi. Finalmente, esas dúas novas tempadas resultaron difíciles para ambos os pilotos. Hayden acabou oitavo en 2011 e noveno en 2012.
Ante a falta de competitividade de Ducati, Valentino Rossi asinou un contrato de dous anos (2013-2014) para volver co fabricante xaponés Yamaha, o que lle deixou o posto de piloto principal a Nicky Hayden, ao lado do seu novo compañeiro, Andrea Dovizioso.[5]
En 2016, participou no Campionato do Mundo de Superbikes no equipo Ten Kate. Tras a lesión de Jack Miller, retornou á MotoGP só para unha carreira, en Aragón, o 25 de setembro.[6]
Accidente e morte
editarO 17 de maio de 2017 foi vítima dun grave accidente de bicicleta, no nordeste de Italia, cando o condutor dun coche bateu contra el mentres adestraba na estrada entre Tavoleto e Riccione, no sur de Rimini, no que resultou gravemente ferido[7]. Faleceu o 22 de maio como resultado das lesións[8].
Palmarés
editar- 17 vitorias e outros 13 podios no Campionato Norteamericano de Superbikes.
- Campión do Campionato Norteamericano de Superbikes 2002.
- 13 tempadas en MotoGP.
- 199 grandes premios en MotoGP.
- 3 vitorias en MotoGP.
- 28 podios.
- 5 pole positions.
- 7 voltas rápidas.
- 1.681 puntos conseguidos.
- Campión do mundo de MotoGP en 2006.
Estatísticas da súa carreira
editarPor tempadas
editarTempada | Categoría | Moto | Carreiras | Vitoiras | Podios | Poles | Voltas rápidas |
Puntos | Posición | Campionato |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
2003 | MotoGP | Honda RC211V | 16 | 0 | 2 | 0 | 0 | 130 | 5º | - |
2004 | MotoGP | Honda RC211V | 15 | 0 | 2 | 0 | 0 | 117 | 8º | - |
2005 | MotoGP | Honda RC211V | 17 | 1 | 6 | 3 | 2 | 206 | 3º | - |
2006 | MotoGP | Honda RC211V | 17 | 2 | 10 | 1 | 2 | 252 | 1º | 1 |
2007 | MotoGP | Honda RC212V | 18 | 0 | 3 | 1 | 1 | 127 | 8º | - |
2008 | MotoGP | Honda RC212V | 17 | 0 | 2 | 0 | 1 | 155 | 6º | - |
2009 | MotoGP | Ducati GP9 | 17 | 0 | 1 | 0 | 0 | 104 | 13º | - |
2010 | MotoGP | Ducati GP10 | 18 | 0 | 1 | 0 | 0 | 163 | 7º | - |
2011 | MotoGP | Ducati GP11 | 17 | 0 | 1 | 0 | 1 | 132 | 8º | - |
2012 | MotoGP | Ducati GP12 | 16 | 0 | 0 | 0 | 0 | 122 | 9º | - |
2013 | MotoGP | Ducati GP13 | 18 | 0 | 0 | 0 | 0 | 126 | 9º | - |
2014 | MotoGP | Honda RCV1000R | 13 | 0 | 0 | 0 | 0 | 47 | 16º | - |
2015 | MotoGP | Honda RC213V-RS | 18 | 0 | 0 | 0 | 0 | 16 | 20º | - |
Total | 216 | 3 | 28 | 5 | 7 | 1697 | 1 |
Por categoría
editarCategoría | Ano | 1º GP | 1º podio | 1ª vitoria | Carreiras | Vitorias | Podios | Poles | Voltas rápidas | Puntos | Títulos |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
MotoGP | 2003- | XAP 2003 | PAC 2003 | EUA 2005 | 216 | 3 | 28 | 5 | 7 | 1.697 | 1 |
Total | 2003- | 216 | 3 | 28 | 5 | 7 | 1697 | 1 |
Carreiras por ano
editarAno | Categoría | Moto | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 | Pos | Pts |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
2003 | MotoGP | Honda | XPN 7 |
RSA 7 |
ESP Ret |
FRA 12 |
ITA 12 |
CAT 9 |
PBA 11 |
GBR 8 |
ALE 5 |
CHE 6 |
POR 9 |
BRA 5 |
PAC 3 |
MAL 4 |
AUS 3 |
VAL Ret |
5º | 130 | ||
2004 | MotoGP | Honda | RSA 5 |
ESP 5 |
FRA 11 |
ITA Ret |
CAT Ret |
PBA 5 |
BRA 3 |
GER 3 |
GBR 4 |
CHE Ret |
POR Lesión |
XPN Ret |
QAT 5 |
MAL 4 |
AUS 6 |
VAL Ret |
8º | 117 | ||
2005 | MotoGP | Honda | ESP Ret |
POR 7 |
CHN 9 |
FRA 6 |
ITA 6 |
CAT 5 |
PBA 4 |
EUA 1 |
GBR Ret |
ALE 3 |
CHE 5 |
XPN 7 |
MAL 4 |
QAT 3 |
AUS 2 |
TUR 3 |
VAL 2 |
3º | 206 | |
2006 | MotoGP | Honda | ESP 3 |
QAT 2 |
TUR 3 |
CHN 2 |
FRA 5 |
ITA 3 |
CAT 2 |
PBA 1 |
GBR 7 |
ALE 3 |
EUA 1 |
CHE 9 |
MAL 4 |
AUS 5 |
XPN 5 |
POR Ret |
VAL 3 |
1º | 252 | |
2007 | MotoGP | Honda | QAT 8 |
ESP 7 |
TUR 7 |
CHN 12 |
FRA Ret |
ITA 10 |
CAT 11 |
GBR 17 |
PBA 3 |
ALE 3 |
EUA Ret |
CHE 3 |
RSM 13 |
POR 4 |
XPN 9 |
AUS Ret |
MAL 9 |
VAL 8 |
8º | 127 |
2008 | MotoGP | Honda | QAT 10 |
ESP 4 |
POR Ret |
CHN 6 |
FRA 8 |
ITA 13 |
CAT 8 |
GBR 7 |
PBA 4 |
ALE 13 |
EUA 5 |
CHE Lesión |
RSM DNS |
IND 2 |
XPN 5 |
AUS 3 |
MAL 4 |
VAL 5 |
6º | 155 |
2009 | MotoGP | Ducati | QAT 12 |
XPN Ret |
ESP 15 |
FRA 12 |
ITA 12 |
CAT 10 |
PBA 8 |
USA 5 |
ALE 8 |
GBR 15 |
CHE 6 |
IND 3 |
SMR Ret |
POR 8 |
AUS 15 |
MAL 5 |
VAL 5 |
13º | 104 | |
2010 | MotoGP | Ducati | QAT 4 |
ESP 4 |
FRA 4 |
ITA Ret |
GBR 4 |
PBA 7 |
CAT 8 |
ALE 7 |
EUA 5 |
CHE 6 |
IND 6 |
SMR Ret |
ARA 3 |
XPN 12 |
MAL 6 |
AUS 4 |
POR 5 |
VAL Ret |
7º | 163 |
2011 | MotoGP | Ducati | QAT 9 |
ESP 3 |
POR 9 |
FRA 7 |
CAT 8 |
GBR 4 |
PBA 5 |
ITA 10 |
ALE 8 |
EUA 7 |
CHE 7 |
IND 14 |
SMR Ret |
ARA 7 |
XPN 7 |
AUS 7 |
MAL C |
VAL Ret |
8º | 132 |
2012 | MotoGP | Ducati | QAT 6 |
ESP 8 |
POR 11 |
FRA 6 |
CAT 9 |
GBR 7 |
PBA 6 |
ALE 10 |
ITA 7 |
EUA 6 |
SMR 7 |
ARA Ret |
XPN 8 |
MAL 4 |
AUS 8 |
VAL Ret |
9º | 122 | ||
2013 | MotoGP | Ducati | QAT 8 |
AME 9 |
ESP 7 |
FRA 5 |
ITA 6 |
CAT Ab |
PBA 11 |
ALE 9 |
EUA 8 |
IND 9 |
CHE 8 |
GBR 8 |
RSM 9 |
ARA 9 |
MAL Ab |
AUS 7 |
XPN 9 |
VAL 8 |
9º | 126 |
2014 | MotoGP | Honda | QAT 8 |
AME 11 |
ARX 11 |
ESP 11 |
FRA Ab |
ITA DNS |
CAT 12 |
PBA 17 |
ALE 14 |
IND - |
CHE - |
GBR - |
RSM - |
ARA 9 |
XAP 14 |
AUS 10 |
MAL Ab |
VAL 13 |
16º | 47 |
2015 | MotoGP | Honda | QAT 17 |
AME 13 |
ARX 16 |
ESP 17 |
FRA 11 |
ITA Ab. |
CAT Ab. |
PBA 16 |
ALE 16 |
IND 16 |
CHE 17 |
GBR 12 |
RSM 17 |
ARA 15 |
XAP 13 |
AUS Ab. |
MAL 16 |
VAL 17 |
20º | 16 |
Vitorias en MotoGP
editarAno | Lugar do gran remio | Circuíto | Cidade |
---|---|---|---|
2005 | Gran Premio de Motociclismo dos Estados Unidos | Laguna Seca | Monterey |
2006 | Gran Premio de Motociclismo dos Países Baixos | TT Circuíto Assen | Assen |
Gran Premio de Motociclismo dos Estados Unidos | Laguna Seca | Monterey |
Notas
editar- ↑ González, Elvira. "Nicky Hayden, el último rey americano". En El Mundo Deportivo. 22 de maio de 2017. (En castelán)
- ↑ "Nicky Haydn Arquivado 25 de maio de 2017 en Wayback Machine." en www.motocycle-usa.com. (En inglés)
- ↑ "Hayden rejoint Ducati pour la saison 2009 Arquivado 25 de decembro de 2013 en Wayback Machine.". En Motogp.com (En francés)
- ↑ "Ducati: Hayden prolonge deux ans Arquivado 14 de febreiro de 2019 en Wayback Machine.". En www.sport365.fr. 10 de xullo de 2011. (En francés)
- ↑ "Moto GP - Ducati: Pourquoi Andrea Dovizioso va tenter le coup Arquivado 03 de marzo de 2016 en Wayback Machine.". En www.moto.caradisiac.com. (En francés)
- ↑ "MotoGP - Aragon 2016 : Nicky Hayden remplace Jack Miller". En www.automoto.fr. (En francés)
- ↑ "O piloto de MotoGP Nicky Hayden ferido grave despois de ser atropelado por un vehículo cando ía en bicicleta". Nova na Televisión de Galicia. 18 de maio de 2017.
- ↑ "Morreu o piloto Nicky Hayden, cinco días despois de ser atropelado coa súa bicicleta por un turismo". Nova na Televisión de Galicia. 23 de maio de 2017.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Nicky Hayden |
Ligazóns externas
editar- P áxina web oficial de Nicky Hayden. (En inglés)
- Ficha de Nicky Hayden en Motogp.com Arquivado 15 de novembro de 2016 en Wayback Machine.. (En inglés)
- Ficha de Nicky Hayden en WorldSBK.com. (En inglés)