Gran Premio de Motociclismo da República Checa
O Gran Premio de Motociclismo da República Checa (ata 1992: Gran Premio de Motociclismo de Checoslovaquia) é unha proba de motociclismo de velocidade que se corre na República Checa desde o ano 1947. A partir da edición 1965, a competición forma parte do circuíto do Campionato Mundial de Motociclismo (agás entre 1983 e 1986). A primeira edición correuse en Praga, máis tarde nun circuíto de estrada moi preto das localidades de Brno, Bosonohy e Žebetín, e desde 1987 no circuíto de Brno.
Tipo | motorcycle Grand Prix (en) ![]() ![]() |
---|---|
Deporte | Motociclismo de velocidade ![]() |
Parte de | Campionato do Mundo de Motociclismo ![]() |
Localización e Datas | |
Localización | Autódromo de Brno (Brno) 49°12′17″N 16°27′02″L / 49.204722222222, 16.450555555556 ![]() |
País | República Checa ![]() |
Vixencia | 1965 – ![]() |
Período de ocorrencia | 1 ano ![]() |
Outro | |
Páxina web oficial | motogpbrno.com ![]() |
Dos grandes premios disputados entre 1987 e 2009, o italiano Valentino Rossi ten o récord de cinco vitorias na máxima categoría, mentres que o seu paisano Max Biaggi e o estadounidense Wayne Rainey empatan con tres cada un. Biaggi ten catro triunfos consecutivos en 250cc entre 1994 e 1997.
Gañadores
editarVéxase tamén
editarLigazóns externas
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gran Premio de Motociclismo da República Checa |