Gran Premio de Motociclismo de Malaisia
O Gran Premio de Motociclismo de Malaisia é unha carreira de motociclismo de velocidade pertencente ao Campionato do Mundo de Motociclismo desde 1991 de xeito ininterrompido. A competición realizouse no circuíto de Shah Alam ata 1997 e en Johor en 1998. Desde 1999, o Gran Premio de Motociclismo de Malaisia dispútase en Sepang.
Na categoría superior, o australiano Michael Doohan gañou cinco edicións ao longo da década de 1990, e o italiano Valentino Rossi outras tantas na década de 2000, máis unha adicional en 125cc en 1997. O tamén italiano Max Biaggi tivo catro triunfos consecutivos en 250cc entre os anos 1994 e 1997, ademais doutra en 500cc en 2002.
Gañadores editar
Ligazóns externas editar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gran Premio de Motociclismo de Malaisia |