Gran Premio de Motociclismo de Estados Unidos

O Gran Premio de Motociclismo dos Estados Unidos é unha carreira de motociclismo de velocidade que se disputou en dous autódromos de Estados Unidos: Daytona International Speedway durante a década de 1960 e en Laguna Seca desde a década de 1980. Agás a edición inaugural de 1963, o resto das edicións formaron parte do Campionato do Mundo de Motociclismo. É a partir da década de 2000 cando no circuíto de Laguna Seca só recibe carreiras de motocicletas con motores de catro tempos, a categoría de MotoGP desde 2005 e Moto2 posiblemente a partir de 2011.

Laguna Seca

O piloto estadounidense Wayne Rainey é o único que gañou o Gran Premio dos Estados Unidos tres veces na categoría principal. Das catorce carreiras disputadas ata 2010, só en oito delas venceron pilotos estadounidenses.

Gañadores editar

Ano 50cc 125cc 250cc 500cc / MotoGP
1963   Mitsuo Itoh   Ernst Degner   Fumio Ito   Don Vesco
1964   Hugh Anderson   Hugh Anderson   Alan Shepherd   Mike Hailwood
1965   Ernst Degner   Hugh Anderson   Phil Read   Mike Hailwood
1988   Jim Filice   Eddie Lawson
1989   John Kocinski   Wayne Rainey
1990   John Kocinski   Wayne Rainey
1991   Luca Cadalora   Wayne Rainey
1993   Dirk Raudies   Loris Capirossi   John Kocinski
1994   Takeshi Tsujimura   Doriano Romboni   Luca Cadalora
2005   Nicky Hayden
2006   Nicky Hayden
2007   Casey Stoner
2008   Valentino Rossi
2009   Daniel Pedrosa
2010   Jorge Lorenzo

Ligazóns externas editar