Abrir o menú principal

Motociclismo de velocidade

Superbikes, unha categoría do motociclismo de velocidade.
MotoGP, Gran Premio de Motociclismo.

O motociclismo de velocidade é unha modalidade deportiva do motociclismo disputada en circuítos de carreiras pavimentados. As motocicletas que se usan poden ser prototipos, é dicir desenvolvidas especificamente para competición, ou derivadas de modelos de serie (en xeral motocicletas deportivas) con modificacións para aumentar as prestacións. No primeiro grupo entran as que participan no Campionato do Mundo de Motociclismo, e no segundo as Superbikes, as Supersport e as Superstock.

As motocicletas deben presentar unha serie de características como son a estabilidade, a alta velocidade (tanto en recta como en paso por curva), alta aceleración, gran freada, fácil maniobrabilidade e baixo peso.

Unha carreira desta modalidade normalmente consta dun ou dous días de adestramentos formados por varias sesións (libres e oficiais) nas que os pilotos intentan dar unha volta ao circuíto o máis rápido posible, a cal determinará a súa posición na grella de saída da carreira propiamente dita.

Tras a volta de arrequecemento, fórmase a grella de saída, e a carreira empeza cando se apaga o semáforo vermello. Os pilotos deben virar un número determinado de voltas ao circuíto, ou ben virar a maior cantidade de voltas nun tempo determinado. A carreira finaliza coa tradicional bandeira a cadros.

Dentro dun mesmo evento poden haber distintas carreiras dependendo do tipo de motocicleta e das súas cilindradas, e nalgúns deles dispútanse varias mangas para cada categoría.

Véxase taménEditar