Circuíto Internacional de Sepang
Circuíto Internacional de Sepang | |
---|---|
Plano do Circuíto | |
Datos | |
Inauguración | 7 de marzo de 1999 |
Outros nomes | |
Carreiras | FIA Fórmula 1, FIM MotoGP, A1 Grand Prix, SuperGT, Asian Touring Car Championship, FIA GP2 Series Asia |
Localización | Sepang, Selangor, Malaisia |
Capacidade | 80.000 espectadores |
Lonxitude | 5,543 km. |
Curvas | 15 |
Volta rápida (2017) | 1:34.080 |
Piloto récord | Sebastian Vettel |
Escudería récord | Ferrari |
Coordenadas | Coordenadas: 2°45′38″N 101°44′15″L / 2.7605555555556, 101.7375 |
Vista do Circuíto | |
A Galipedia ten un portal sobre: Fórmula 1 |
O Circuíto Internacional de Sepang (Malaio: Litar Antarabangsa Sepang) é unha pista de carreiras para os deportes de motor localizada en Sepang, Selangor, Malaisia. Atópase preto do aeroporto internacional de Kuala Lumpur, a uns 45 km ao sur da capital, Kuala Lumpur. Foi o lugar utilizado para o Gran Premio de Malaisia de Fórmula 1 ata 2017, e aínda se utiliza para o Gran Premio de Malaisia de Motociclismo, Malasia Merdeka Endurance Race e outros eventos importantes dos deportes de motor.
Considerado un parámetro de comparación para outros Grandes Premios, Sepang conta con boxes e salas de prensa equipados con moderna tecnoloxía. Xurdiron algunhas queixas a raíz do estado da pista, que parecese estar afundíndose levemente. Unha posible razón que explicaría isto é o feito de que o autódromo está construído sobre terreos pantanosos.
Historia
editarO circuíto foi deseñado polo prestixioso arquitecto alemán Hermann Tilke, quen logo sería contratado para a construción dos autódromos de Xangai, Bahrain, Istanbul, Valencia, Marina Bay, Yas Marina, Yeongam, Greater Noida e Austin.
O circuíto foi inaugurado oficialmente polo Primeiro Ministro de Malaisia Mahathir bin Mohamad o 7 de marzo de 1999 ás 20:30 horas MST (UTC+08:00). Posteriormente, inaugurou o 20 de abril de 1999 o primeiro Gran Premio de Motociclismo de Malaisia de MotoGP, (ver Gran Premio de Motociclismo de Malaisia de 1999) e o primeiro Gran Premio de Malaisia de Fórmula 1 o 17 de outubro de 1999 (ver Gran Premio de Malaisia de 1999).
O 23 de outubro de 2011, na segunda volta do Gran Premio de Motociclismo de Malaisia de 2011 de MotoGP, o italiano de Motorcycle racing [Marco Simoncelli] morreu na curva 11 tras sufrir unha caída e ser atropelado por Colin Edwards e Valentino Rossi.
En outubro de 2016 propúxose que o circuíto de Sepang podía caer do calendario da Fórmula Un debido á diminución de venda de entradas.[1]. En 2017 disputouse o último Gran Premio de Malaisia de Fórmula 1.
Circuítos
editarCircuíto principal
editarO circuíto principal, que normalmente é percorrido no sentido das agullas do reloxo, ten 5,54 quilómetros de extensión e é recoñecido polas súas curvas pechadas e as súas anchas rectas. O deseño é bastante infrecuente, destacándose a presenza dunha recta interior que se separa da recta principal de boxes por unha pequena pinza. Este circuíto utilízase para eventos de Fórmula 1 e MotoGP, así como tamén para carreiras a nivel local e rexional.
Características
editar- Capacidade espectadores: 80.000
- Lonxitude do circuíto: 5´542 quilómetros.
- Distancia da carreira de Fórmula 1: 56 voltas = 310´408 quilómetros. 15 curvas en total.
- Configuración aerodinámica: media/alta. Velocidade máxima estimada 312 km/h con DRS, 300 km/h sen DRS
- Aceleración a fondo: 65% do tempo de volta.
- Tempo de freado: 15% do tempo da volta.
- Total de combustible necesario para a distancia de carreira:
- Consumo de combustible: kg por volta.
- Cambio de marchas por volta:
- Número de zonas de freado:
- Desgaste dos freos: medio
- Desgaste dos pneumáticos:
- Distancia dos Boxes:
- Perda de tempo nunha parada en boxes:
- Tempo total necesario para a parada en boxes: 22 segundos
- Efecto de combustible (custo en tempo por volta de 10 kg de combustible transportado): 0´36 segundos.
- Marca volta: Juan Pablo Montoya (Williams), 1.34.223 en 2004
Circuíto norte
editarTamén percorrido normalmente no sentido das agullas do reloxo, o circuíto norte está composto basicamente pola primeira metade do cicuito principal. O percorrido dobra cara á recta de boxes logo da curva 6, e ten 2,71 km de extensión.
Circuíto sur
editarO circuíto sur está formado pola outra metade do circuíto principal. A recta interior é este último transfórmase na de boxes cando se utiliza o circuíto sur, uníndose á curva 8 para formar unha pinza. Percorrido no mesmo sentido que os dous circuítos anteriores, conta cun percorrido de 2,61 km.
Outras instalacións
editarO Circuíto Internacional de Sepang conta ademais con pistas de kart e motocrós.
Custo do circuíto
editarO custo do circuíto é de aproximadamente uns 150 millóns de dólares.
Todos os gañadores de Fórmula 1, no circuíto de Sepang
editarAno | Piloto | Auto | Duración | Lonxitude | Voltas | Velocidade media | Data | GP de |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1999 | Eddie Irvine | Ferrari | 1:36:38,494 h | 5,542 km | 56 | 192,682 km/h | 17. outubro | Malaisia |
2000 | Michael Schumacher | Ferrari | 1:35:54,235 h | 5,543 km | 56 | 194,199 km/h | 22. outubro | |
2001 | Michael Schumacher | Ferrari | 1:47:34,801 h | 5,543 km | 55 | 170,031 km/h | 18. marzo | |
2002 | Ralf Schumacher | Williams - BMW | 1:35:36,792 h | 5,543 km | 56 | 194,790 km/h | 17. marzo | |
2003 | Kimi Räikkönen | McLaren - Mercedes | 1:32:22,195 h | 5,543 km | 56 | 201,629 km/h | 23. marzo | |
2004 | Michael Schumacher | Ferrari | 1:31:07,490 h | 5,543 km | 56 | 204,384 km/h | 21. marzo | |
2005 | Fernando Alonso | Renault | 1:31:33,736 h | 5,543 km | 56 | 203,408 km/h | 20. marzo | |
2006 | Giancarlo Fisichella | Renault | 1:30:40,529 h | 5,543 km | 56 | 205,297 km/h | 19. marzo | |
2007 | Fernando Alonso | McLaren-Mercedes | 1:32:14,930 h | 5,543 km | 56 | 201,894 km/h | 8. abril | |
2008 | Kimi Räikkönen | Ferrari | 1:31:18,555 h | 5,543 km | 56 | 203,971 km/h | 23. marzo | |
2009 | Jenson Button | Brawn GP - Mercedes | 0:55:30,622 h | 5´543 km | 32 | 171´833 km/h | 5. abril | |
2010 | Sebastian Vettel | Red Bull Racing | 1:33:48,412 h | 5´543 km | 56 | 198´541 km/h | 4. abril | |
2011 | Sebastian Vettel | Red Bull Racing | 1:37:39.832 h | 5´543 km | 56 | 190´700 km/h | 10. abril | |
2012 | Fernando Alonso | Ferrari | 2:44:51.812 h | 5´543 km | 56 | 112´969 km/h | 25. marzo | |
2013 | Sebastian Vettel | Red Bull Racing | 1:38:56.681 h | 5´543 km | 56 | 188´231 km/h | 24. marzo | |
2014 | Lewis Hamilton | Mercedes | 1:40:25.974 h | 5´543 km | 56 | 185´441 km/h | 30. marzo | |
2015 | Sebastian Vettel | Ferrari | 1:40:25,974 h | 5´543 km | 56 | 185´442 km/h | 29. marzo | |
2016 | Daniel Ricciardo | Red Bull - TAG Heuer | 1:37:12.776 h | 5´543 km | 56 | 191´584 km/h | 2. outubro | |
2017 | Max Verstappen | Red Bull - TAG Heuer | 1:30:01.290 h | 5´543 km | 56 | km/h | 1. outubro |
Record: M.Schumacher e Fernando Alonso (3 Veces)
Notas
editar- ↑ "Malaysian Grand Prix: Sepang could leave F1 calendar over ticket sales". www.bbc.com/sport. Consultado o 25 de outubro de 2016.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Circuíto Internacional de Sepang |