Moto2 é a categoría intermedia do Campionato do Mundo de Motociclismo de velocidade, regulado pola FIM. Destinada a motocicletas equipadas con motores de 600cc e catro tempos, esta categoría substituíu a partir de 2010 á antiga de 250cc (con motor de dous tempos). Os motores son producidos por Honda, os pneumáticos por Dunlop e a electrónica fornécena só produtores autorizados pola FIM, cun custo máximo de 650 euros por equipamento.

Moto2
Fundación2010
RexiónInternacional
Actual campiónFrancia Johann Zarco (pilotos)
Modelo:GERb Kalex (construtores)
Sitio webwww.motogp.com
Primeiro podio da historia desta categoría.

O primeiro piloto en gañar este campionato foi o español Toni Elías, quen gañou matematicamente en título o 10 de outubro de 2010 ao quedar cuarto no GP de Malaisia a falta de tres carreiras para terminar o campionato.

CaracterísticasEditar

A categoría Moto2 conta cunha normativa específica, diferente de MotoGP e Superbikes. O motor será o mesmo que monta a Fonda CBR600RR[1], un modelo de rúa pero con preparación específica para competición; no entanto, a parte ciclo deberá ser prototipo, así que os equipos deberán deseñar un chasis desde cero, do mesmo xeito que o depósito, carenado e demais compoñentes, que non poderán ser derivados de ningún xeito dun modelo de rúa.

Ficha técnicaEditar

  • Motor: Catro cilindros en liña, 4 tempos, 16 válvulas DOHC, refrixeración líquida.[2]
  • Orixe: Honda.
  • Cilindrada: 599cc.
  • Diámetro por carreira: 67 x 42,5 mm.
  • Potencia máxima: 140 CV.
  • Carburación: inxección electrónica PGM-FI.
  • Diámetro da bolboreta: 40 mm.
  • Depósito de combustible: 22 litros.
  • Embrague: multidisco, autodeslizante húmido, con accionamento mecánico por cable.
  • Bastidor: dobre viga en aluminio.
  • Dimensións: 1.990 x 500 x 1.000 mm.
  • Ángulo de lanzamento: 22º55’ (variable).
  • Avance: 95 mm (variable).
  • Altura do asento: 700 mm.
  • Suspensión traseira: Amortecedor Showa de 55 mm de percorrido.
  • Lamias: de magnesio forxado.
  • Dianteira: 17 x 3,75.
  • Traseira: 17 x 6.
  • Pneumático dianteiro: Dunlop 125/80-17.
  • Pneumático traseiro: Dunlop 190/55-17.
  • Freo dianteiro: Disco de 300 mm., pinzas de catro pistóns e ancoraxe radial Galfer.
  • Freo traseiro: Disco de 220 mm., pinza de dúas pistóns Galfer.
  • Peso en orde de marcha: 137 quilos

A maioría dos elementos da parte ciclo da moto están personalizados para cada equipo. O único elemento común é o motor de orixe Honda.

CampiónsEditar

Edición Primeiro Puntos Segundo Puntos Terceiro Puntos
2010   Toni Elías 271   Julián Simón 201   Andrea Iannone 199
2011   Stefan Bradl 274   Marc Márquez 251   Andrea Iannone 177
2012   Marc Márquez 324   Pol Espargaró 268   Andrea Iannone 193
2013   Pol Espargaró 265   Scott Redding 225   Esteve Rabat 215
2014   Esteve Rabat 346   Mika Kallio 289   Maverick Viñales 274
2015   Johann Zarco 352   Álex Rins 234   Esteve Rabat 231

NotasEditar

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar