Toni Elías
Antoni Elías Justicia, coñecido como Toni Elías, nado en Manresa o 26 de marzo de 1983, é un piloto español de motociclismo. É o terceiro membro da familia Elías en competir en carreiras de motociclismo. Foi o primeiro campión do mundo da categoría Moto2 en 2010.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (ca) Antoni Elías Justicia 26 de marzo de 1983 (41 anos) Manresa, España |
Actividade | |
Ocupación | piloto de motociclismo |
Deporte | Motociclismo de velocidade |
Número deportivo | 24 |
Familia | |
Pai | Antoni Elías i Deix |
Parentes | Jordi Elías i Deix, tío |
Sitio web | tonielias.com |
Carreira deportiva
editarInicios
editarEn 1993 Toni acabou terceiro no Campionato de Cataluña de Minimotos, e un ano máis tarde acadou o subcampionato. Os tres anos sucesivos, 1995, 1996 e 1997 probou nas carreiras de scooters, onde logrou unhas boas actuacións, disputando o último ano o Open RACC de 50cc cunha Yamaha TZR 50.
125cc
editar1998 é o ano no que debuta aos mandos dunha Yamaha 125 GP no Campionato de España de 125cc, con só 15 anos, logra sumar os seus primeiros puntos e remata na vixésimo terceira posición.
En 1999 continuou disputando o Campionato de España de 125cc, onde acadou a terceira posición na clasificación xeral. A súa primeira incursión no Campionato do Mundo foi como piloto convidado no Gran Premio de España, onde sumou os seus primeiros puntos do Mundial no GP da Comunidade Valenciana ao acabar na 14º posición.
A temporada 2000 foi a súa primeira tempada completa no Mundial de 125cc ao conseguir 24 puntos e rematar na vixésima praza. Con esta actuación logrou un sitio no equipo do expiloto Alberto Puig, no Mundial de 125cc, da temporada seguinte, o Movistar Junior Team a bordo dunha Honda.
No MoviStar Júnior Team do ano 2001 Elías subiu a un podio por vez primeira durante o Gran Premio de Francia, e foi no Gran Premio dos Países Baixos, onde Toni acadou a súa primeira vitoria no mundial. A partir dese momento, o piloto catalá entrou na loita polo título aínda que a superioridade mecánica dos seus rivais e unha caída impedíronlle loitar polo título. Ao remate das diferentes carreiras logrou a terceira posición.
250cc
editarNo ano 2002 deu o salto a 250cc no equipo dirixido por Jorge Martínez "Aspar" cunha Aprilia RS250. Acadou a súa primeira vitoria en Motegi e varios podios ao longo da temporada. Finalmente, logrou a cuarta posición final do Campionato.
Na temporada 2003 converteuse no piloto que máis Grandes Premios gañou, facéndoo en 5 carreiras polo que loitou no campionato ata o final. Os problemas posta a punto, durante o inicio da temporada, coa Aprilia condicionaron o resultado final dun Mundial no que rematou terceiro.
En 2004 abandonou o equipo de Aspar e pasou ao equipo Fortuna Honda dirixido por Daniel Amatriain pilotando unha Honda RSW250 oficial e acadando 8 podios e unha vitoria, obtendo a cuarta posición do mundial.
MotoGP
editarEn 2005 subiu de categoría e entrou en MotoGP para competir co equipo Fortuna Yamaha, onde logrou 74 puntos e acabou na 12º posición.
No 2006 cambiou de montura e fichou polo equipo Honda Gresini pilotando a Honda RCV211V. O seu compañeiro de equipo foi o piloto italiano Marco Melandri. A súa primeira vitoria nesta categoría foi no Gran Premio de Motociclismo de Portugal, no circuíto de Estoril logo dunha loita memorable con Valentino Rossi. Rematou a temporada na novena praza do mundial.
En 2007 coa nova Honda RCV212V só logrou subirse dúas veces ao caixón pois no Assen tivo un grave accidente, onde fracturou unha perna que o afastou dos circuítos varias carreiras, conformándose coa 12º praza ao final de temporada.
A finais de 2007 comunicou a súa fichaxe para a temporada do 2008 polo equipo de Luis D´Antin, o Alice Ducati Team, que é o equipo satélite de Ducati, pilotando a Ducati Desmosedici GP8 acompañando ao francés Sylvain Guintoli. Logo dunha temporada mas que discreta, consegue dous podios consecutivos en Brno e Misano, que facilita a súa permanencia na categoría cara á próxima temporada.
En 2009, o piloto de Manresa volve a correr cunha Honda do equipo San Carlo Honda Gresini, pero desta vez coa RC212CV, coas mesmas especificacións cas oficiais e polo tanto coa expectativa de recuperar protagonismo entre a elite do Campionato.
Moto2 e Moto GP
editarA falta de 3 probas para a conclusión do campionato, proclámase matematicamente campión do mundo de Moto2, tras acabar cuarto no G.P. de Malaisia. No que vai transcorrido desta tempada 2010, conseguiu 8 podios, entre os que se atopan 7 vitorias (Jerez, Le Mans, Sachsenring, Brno, Indianapolis, San Marino e o Xapón) e un segundo posto en Assen.
Tras este triunfo en Moto2, Toni Elías retomou a súa aspiración de volver competir en MotoGP con equipo de fábrica. En 2010 convértese no novo piloto oficial do equipo LCR Honda MotoGP para a tempada 2011. Tras unha tempada con malos resultados, sendo o oitavo (en 3 ocasións) o seu mellor posto, dun Toni que se esperaba máis competitivo, volta a Moto2.
Toni volve á categoría na que fóra campión, co equipo de Jorge Martínez "Aspar", o Mapfre Aspar Team. o 15 de xullo de 2012 Jorge Martínez Aspar anuncia en directo o cesamento do contrato co que Toni non finalizará a tempada nese equipo. Logo disto, chega a un acordo co equipo Pramac para substituír o lesionado Héctor Barberá. Despois do regreso de Barberá, Toni asinou un acordo para correr co equipo Kalex substituíndo a Simone Corsi, que marchou a superbikes.
Por temporadas
editarTemporada | Categoría | Motocicleta | Carreira | Gana | Podio | Pole | Volta rápida | Puntos | Posto |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1999 | 125cc | Honda RS125 | 3 | 0 | 0 | 0 | 0 | 2 | 33º |
2000 | 125cc | Honda RS125 | 16 | 0 | 0 | 0 | 0 | 24 | 20º |
2001 | 125cc | Honda RS125 | 16 | 2 | 9 | 4 | 1 | 217 | 3º |
2002 | 250cc | Aprilia RS250 | 16 | 1 | 5 | 0 | 1 | 178 | 4º |
2003 | 250cc | Aprilia RS250 | 16 | 5 | 7 | 5 | 4 | 226 | 3º |
2004 | 250cc | Honda RSW250 | 16 | 1 | 8 | 0 | 1 | 199 | 4º |
2005 | MotoGP | Yamaha YZR-M1 | 14 | 0 | 0 | 0 | 0 | 74 | 12º |
2006 | MotoGP | Honda RC211V | 15 | 1 | 1 | 0 | 1 | 116 | 9º |
2007 | MotoGP | Honda RC212V | 15 | 0 | 2 | 0 | 2 | 104 | 12º |
2008 | MotoGP | Ducati GP8 | 18 | 0 | 2 | 0 | 0 | 92 | 12º |
2009 | MotoGP | Honda RC212V | 17 | 0 | 1 | 0 | 0 | 115 | 7º |
2010 | Moto2 | Moriwaki MD600 | 13 | 7 | 8 | 2 | 2 | 249 | 1º* |
Total | 159 | 11 | 35 | 10 | 10 | 1372 |
Por categoría
editarClase | Temporada | Primeiro GP | Primeiro Podio | Primeira vitoria | Carreiras | Vitorias | Podios | Poles | V. rápidas | Puntos | Campionatos do mundo |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
125 cc | 1999-2001 | 1999 - España | 2001 - Francia | 2001 - Países Baixos | 35 | 2 | 9 | 4 | 1 | 243 | 0 |
250 cc | 2002-2004 | 2002 - Xapón | 2002 - Países Baixos | 2002 - Pacífico | 48 | 7 | 20 | 5 | 6 | 603 | 0 |
MotoGP | 2005-2009 | 2005 - España | 2006 - Portugal | 2006 - Portugal | 44 | 1 | 6 | 0 | 3 | 501 | 0 |
Moto2 | 2010 | 2010 - Qatar | 2010 - España | 2010 - España | 13 | 7 | 8 | 2 | 2 | 249 | 0 |
Total | 1999-2010 | 160 | 12 | 37 | 9 | 10 | 1347 | 0 |
Carreiras por ano
editarAno | Cat. | Equipo | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 | Pos. Final | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1999 | 125 cc | Honda | MAL | XPN | SPA 21 |
FRA | ITA | CAT Ret |
NED | GBR | ALE | CHE | SMR | VAL 14 |
AUS | SAF | BRA | ARX | 33º | 2 | ||
2000 | 125 cc | Honda | SAF 23 |
MAL 17 |
JPN 17 |
SPA 16 |
FRA 17 |
ITA 15 |
CAT 8 |
NED Ret |
GBR 14 |
GER Ret |
CZE 14 |
POR 17 |
VAL 15 |
BRA 14 |
PAC 12 |
AUS 12 |
20º | 24 | ||
2001 | 125 cc | Honda | XPN 16 |
SAF 18 |
SPA 13 |
FRA 3 |
ITA 4 |
CAT 2 |
NED 1 |
GBR 2 |
XER 2 |
CZE 1 |
POR 3 |
VAL 2 |
PAC Ret |
AUS 3 |
MAL 6 |
BRA 4 |
3º | 217 | ||
2002 | 250 cc | Aprilia | XPN 11 |
SAF 16 |
SPA 10 |
FRA 6 |
ITA 4 |
CAT 10 |
NED 2 |
GBR 3 |
ALE 6 |
CHE 3 |
POR 13 |
BRA 5 |
PAC 1 |
MAL 2 |
AUS 5 |
VAL 10 |
4º | 178 | ||
2003 | 250 cc | Aprilia | XPN Ret |
SAF 8 |
SPA 1 |
FRA 1 |
ITA 6 |
CAT 4 |
NED 13 |
GBR 4 |
ALE 7 |
CHE] 2 |
POR 1 |
BRA 18 |
PAC 1 |
MAL 1 |
AUS 11 |
VAL 2 |
3º | 226 | ||
2004 | 250 cc | Honda | SAF 8 |
SPA 12 |
FRA 3 |
ITA 6 |
CAT 3 |
NED 3 |
BRA 3 |
ALE 22 |
GBR Ret |
CHE 5 |
POR 1 |
XPN 2 |
QAT 6 |
MAL 3 |
AUS 5 |
VAL 2 |
4º | 199 | ||
2005 | MotoGP | Yamaha | SPA 12 |
POR 14 |
CHN 14 |
FRA 9 |
ITA Les |
CAT Les |
NED Les |
USA 13 |
GBR 9 |
ALE 12 |
CHE 14 |
XPN 9 |
MAL 11 |
QAT 8 |
AUS 9 |
TUR 6 |
VAL 10 |
12º | 74 | |
2006 | MotoGP | Honda | SPA 4 |
QAT 8 |
TUR 5 |
CHN 11 |
FRA 9 |
ITA 7 |
CAT Ret |
NED Les |
GBR Les |
ALE 11 |
USA 15 |
CHE 11 |
MAL Ret |
AUS 9 |
XPN 6 |
POR 1 |
VAL 6 |
9º | 116 | |
2007 | MotoGP | Honda | QAT 14 |
SPA 4 |
TUR 2 |
CHN Ret |
FRA Ret |
ITA 6 |
CAT Ret |
GBR 12 |
NED Les |
ALE Les |
USA Les |
CHE 11 |
SMR 7 |
POR 8 |
XPN 3 |
AUS 15 |
MAL 6 |
VAL 10 |
12º | 104 |
2008 | MotoGP | Ducati | QAT 14 |
ESP 15 |
POR 12 |
CHN 8 |
FRA 11 |
ITA 12 |
CAT DSQ |
GBR 11 |
NED 12 |
ALE 12 |
USA 7 |
CHE 2 |
SMR 3 |
IND 12 |
JPN 12 |
AUS 11 |
MAL 15 |
VAL 18 |
12th | 92 |
2009 | MotoGP | Honda | QAT 9 |
JPN 15 |
SPA 9 |
FRA 10 |
ITA 14 |
CAT 18 |
NED 12 |
USA 6 |
GER 6 |
GBR Ret |
CZE 3 |
IND 9 |
SMR 6 |
POR 6 |
AUS 10 |
MAL 7 |
VAL 6 |
7th | 115 | |
2010 | Moto2 | Moriwaki | QAT 4 |
ESP 1 |
FRA 1 |
ITA 5 |
GBR 10 |
NED 2 |
CAT 5 |
ALE 1 |
CHE 1 |
IND 1 |
SMR 1 |
ARA 4 |
XAP 1 |
MAL 4 |
AUS |
POR |
VAL |
1º* | 262* |
Lenda:
En Negra indica pole position.
Cor | Resultado |
---|---|
Ouro | Gañador |
Prata | Segundo posto |
Bronce | Terceiro posto |
Verde | Carreira finalizada con puntos |
Azul | Carreira finalizada sen puntos |
Púrpura | Retirado |
Non clasificado (NC) | |
Vermello | Non cualificado (NQ) |
En branco | Descualificado (DES) |
Branco | Non iniciou (NIN) |
En branco | Non participou |
Retirado por lesión (LES) | |
Excluído (EX) |
Notas
editar- ↑ "Rider Statistics - Toni Elías". MotoGP.com. Arquivado dende o orixinal o 25 de xuño de 2007. Consultado o 2007-10-16.
Ligazóns externas
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Toni Elías |