Gran Premio do Pacífico de 1994
O Gran Premio do Pacífico de 1994 (oficialmente o I Pacific Grand Prix) foi unha carreira de motor de Fórmula 1 celebrada o 17 de abril de 1994 no Circuíto TI, Aida. Foi a segunda carreira da tempada de 1994 de Fórmula Un. A carreira de 83 voltas gañouna o piloto de Benetton Michael Schumacher logo de comezar desde a segunda posición. Gerhard Berger terminou segundo polo equipo Ferrari e o piloto Jordan Rubens Barrichello quedou en terceiro lugar.
Nome oficial | I Pacific Grand Prix |
---|---|
Tipo | Gran Premio do Pacífico |
Deporte | automobilismo |
Parte de | Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1994 |
Distancia do evento | 83 |
Localización e Datas | |
Localización | Circuíto Internacional Tanaka 34°54′54″N 134°13′16″L / 34.915, 134.22111111111Coordenadas: 34°54′54″N 134°13′16″L / 34.915, 134.22111111111 |
País | Xapón |
Data | 17 de abril de 1994 |
Competición | |
Primeiro posto | Michael Schumacher |
Pole position | Ayrton Senna |
Volta máis rápida | Michael Schumacher |
Informe
editarCualificación
editarAyrton Senna logrou a pole durante a sesión de cualificación do venres, as condicións de pista foron máis lentas o sábado, deixando á maioría dos pilotos incapaces de mellorar os seus tempos. Durante a cualificación do sábado, os dous pilotos de Williams-Renault trompearon na curva Revolver.
Carreira
editarAyrton Senna foi superado por Schumacher antes da primeira curva e logo foi golpeado por detrás por Mika Häkkinen e saíuse da pista. Nicola Larini tamén se saíu da pista e estrelouse contra Senna, causando danos que terminaron a carreira de ambos autos. Mark Blundell tamén trompeou na mesma curva e detivo o seu auto no medio da pista. Na 3ª volta Damon Hill trompeou tratando de adiantar a Hakkinen, pero reincorporouse e volveu ao segundo lugar antes de deterse cunha falla na transmisión na volta 49. Michael Schumacher gañou comodamente diante de Gerhard Berger e Rubens Barrichello. O 11º lugar de Roland Ratzenberger sería o único final do austríaco antes da súa morte durante a cualificación para o Gran Premio seguinte en Imola.
Controversia
editarDurante a fin de semana, o piloto de probas de Ferrari Nicola Larini (que substituíra ao lesionado Jean Alesi durante a primeira parte da tempada), filtrou aos medios italianos que usara o control de tracción (unha das axudas electrónicas prohibidas aos pilotos en 1994) durante a sesión de práctica para a carreira. Ferrari e Larini negaron posteriormente as reclamación da prensa mundial.[1] A "indiscreción" de Larini xerou máis sospeitas sobre que os equipos utilizaran axudas ilegais para axudalos nas carreiras. Ademais, logo da primeira colisión na curva que o sacou da carreira, en lugar de volver ao área de pits de Williams, Ayrton Senna optou por sentar no muro na parte exterior da curva e ver a carreira durante varias voltas para ver se escoitaba calquera ruído que suxerise que se usaba o control de tracción ilegalmente nos outros coches.[2] Senna regresou ao área de boxes de Williams despois de que se completaron unhas 10 voltas, sospeitando que o Benetton B194 era ilegal.[3]
Clasificación
editarCualificación
editarPos | Nº | Piloto | Construtor | Q1 | Q2 | Diferenza |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | 2 | Ayrton Senna | Williams-Renault | 1:10.218 | 1:19.304 | — |
2 | 5 | Michael Schumacher | Benetton-Ford | 1:10.440 | — | +0.222 |
3 | 0 | Damon Hill | Williams-Renault | 1:10.771 | 1:12.048 | +0.553 |
4 | 7 | Mika Häkkinen | McLaren-Peugeot | 1:11.683 | — | +1.465 |
5 | 28 | Gerhard Berger | Ferrari | 1:11.744 | 1:12.184 | +1.526 |
6 | 8 | Martin Brundle | McLaren-Peugeot | 1:12.351 | — | +2.133 |
7 | 27 | Nicola Larini | Ferrari | 1:12.372 | 5:32.428 | +2.154 |
8 | 14 | Rubens Barrichello | Jordan-Hart | 1:12.409 | 1:13.172 | +2.191 |
9 | 9 | Christian Fittipaldi | Footwork-Ford | 1:13.169 | 1:12.444 | +2.226 |
10 | 6 | Jos Verstappen | Benetton-Ford | 1:12.554 | 1:12.681 | +2.336 |
11 | 30 | Heinz-Harald Frentzen | Sauber-Mercedes | 1:12.686 | 1:12.797 | +2.468 |
12 | 4 | Mark Blundell | Tyrrell-Yamaha | 1:13.013 | 1:12.751 | +2.533 |
13 | 10 | Gianni Morbidelli | Footwork-Ford | 1:12.866 | 1:13.090 | +2.648 |
14 | 3 | Ukyo Katayama | Tyrrell-Yamaha | 1:13.013 | 1:13.411 | +2.795 |
15 | 24 | Michele Alboreto | Minardi-Ford | 1:13.342 | 1:13.016 | +2.798 |
16 | 20 | Érik Comas | Larrousse-Ford | 1:13.111 | 1:13.550 | +2.893 |
17 | 23 | Pierluigi Martini | Minardi-Ford | 1:13.529 | 1:13.756 | +3.311 |
18 | 25 | Éric Bernard | Ligier-Renault | 1:13.613 | 1:14.204 | +3.395 |
19 | 29 | Karl Wendlinger | Sauber-Mercedes | 1:13.855 | 1:14.163 | +3.637 |
20 | 15 | Aguri Suzuki | Jordan-Hart | 1:14.036 | 1:13.932 | +3.714 |
21 | 19 | Olivier Beretta | Larrousse-Ford | 1:14.101 | 1:14.271 | +3.883 |
22 | 26 | Olivier Panis | Ligier-Renault | 1:14.106 | 1:14.667 | +3.888 |
23 | 12 | Johnny Herbert | Lotus-Mugen-Honda | 1:14.538 | 1:14.424 | +4.206 |
24 | 11 | Pedro Lamy | Lotus-Mugen-Honda | 1:14.657 | 1:15.146 | +4.439 |
25 | 31 | David Brabham | Simtek-Ford | 1:14.946 | 1:14.748 | +4.530 |
26 | 32 | Roland Ratzenberger | Simtek-Ford | — | 1:16.536 | +6.318 |
27 | 34 | Bertrand Gachot | Pacific-Ilmor | 1:16.927 | 1:18.571 | +6.709 |
28 | 33 | Paul Belmondo | Pacific-Ilmor | 1:18.671 | 1:17.450 | +7.232 |
Carreira
editarPosicións logo da carreira
editar
|
|
- Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación.
Referencias
editar- ↑ Collings, Timothy; Edworthy, Sarah (2002). The Daily Telegraph - The Formula One Years. SevenOaks. pp. 256–259. ISBN 1-86200-101-4.
- ↑ "Grand Prix Results: Pacific GP, 1994". GrandPrix.com. Inside F1. Arquivado dende o orixinal o 05 de setembro de 2008. Consultado o 28 de agosto de 2008.
- ↑ Saward, Joe (11 de agosto de 1994). "Globetrotter: Rocking the boat". GrandPrix.com. Inside F1. Arquivado dende o orixinal o 29 de setembro de 2008. Consultado o 28 de agosto de 2008.
- ↑ "1994 Pacific Grand Prix". formula1.com. Arquivado dende o orixinal o 6 de novembro de 2014. Consultado o 23 de decembro de 2015.
Carreira anterior: Gran Premio do Brasil de 1994 |
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA Temporada 1994 |
Carreira seguinte: Gran Premio de San Marino de 1994 |
Carreira anterior: Non houbo |
Gran Premio do Pacífico | Carreira seguinte: Gran Premio do Pacífico de 1995 |
A Galipedia ten un portal sobre: Fórmula 1 |