Circuíto Gilles Villeneuve

Circuíto Gilles Villeneuve
Plano do Circuíto
Datos
Inauguración 1978
Outros nomes Circuíto da Illa de Notre-Dame (1978–1982)
Carreiras FIA Fórmula 1
Gran Premio do Canadá
(1978–1986, 1988–2008, 2010–presente)

FIA World Sportscar Championship
Mondial Players Ltd.
(1990)

Champ Car World Series
Gran Premio de Montreal
(2002–2006)

NASCAR Xfinity Series
NAPA Auto Parts 200
(2007–2012)

NASCAR Canadian Tire Series
NAPA Autopro 100
(2007–2012)

Grand Am Rolex Sports Car Series
Montreal 200
(2007–2012)

Localización Montreal, Québec, Canadá
Capacidade 100.000 espectadores
Circuíto (2002–presente)
Lonxitude km 4´361
Curvas 14
Récord tempo 1:13.078
Récord piloto Finlandia Valtteri Bottas
Récord equipo Mercedes
Récord ano 2019
Circuíto (1996–2001)
Lonxitude km 4´421
Curvas 13
Récord tempo 1:17.205
Récord piloto Alemaña Ralf Schumacher
Récord equipo Williams - BMW
Récord ano 2001
Circuíto (1994–1995)
Lonxitude km 4´450
Curvas 20
Récord tempo 1:28.927
Récord piloto Alemaña Michael Schumacher
Récord equipo Benetton-Ford B194
Récord ano 1994
Circuíto (1988–1993)
Lonxitude km 4´430
Curvas 17
Récord tempo 1:21.500
Récord piloto Alemaña Michael Schumacher
Récord equipo Benetton-Ford B193
Récord ano 1993
Circuíto (1978–1987)
Lonxitude km 4´410
Curvas 19
Récord tempo 1:25.443
Récord piloto Nelson Piquet
Récord equipo Williams-Honda FW11
Récord ano 1986
Coordenadas
Vista do Circuíto

O Circuíto Gilles Villeneuve é un circuíto de carreiras semiurbano utilizado para o Gran Premio do Canadá de Fórmula 1 previamente albergou o World Sportscar Championship da FIA, as Champ Car World Series, as Canadian Tire Series da NASCAR, as Xfinity Series da NASCAR e a Rolex Sports Car Series da Grand-Am. Atópase localizado na Île Notre-Dáme, unha illa situada no Río San Lourenzo e que é parte de Montreal, na provincia francófona do Quebec. O circuíto debe o seu nome ao piloto canadense Gilles Villeneuve.

O Gran Premio do Canadá de Fórmula Un, que tivo lugar durante 30 anos no circuíto Gilles Villeneuve, foi eliminado do calendario da Fórmula Un de 2009 e substituído coa primeira edición do Gran Premio de Abu Zabi. O 27 de novembro de 2009, funcionarios do Quebec e organizadores do Gran Premio do Canadá anunciaron un acordo coa Formula One Administration e asinaron un novo contrato de cinco anos que abarca as tempadas 2010-2014.[1][2]

A edición 2011. Tivo lugar o 12 de xuño ás 1:00 pm (17:00 GMT) e foi o Gran Premio máis longo da historia do Campionato Mundial, debido a un longo atraso pola choiva.[3]

Durante a sesión de cualificación en 2014, os organizadores do Gran Premio anunciaron que acordaran unha extensión de 10 anos para manter o Gran Premio do Canadá no circuíto Gilles Villeneuve ata 2024.[4]

Circuíto

editar
 
A horquilla (L'Épingle) no circuíto Gilles Villeneuve

Orixinalmente chamado Circuíto da Île Notre-Dáme,[5] o circuíto foi construído e terminado en 1978. No que demostrou ser o evento principal da sede ao longo das décadas, o Gran Premio do Canadá de Fórmula Un fomaba parte do Campionato Mundial desde 10 anos antos, e disputábase con anterioridade en Mosport Park preto de Toronto en 8 ocasións e en 1968 e 1970, no circuíto de Mont-Tremblant no Quebec. Debido ás preocupacións pola seguridade en Mosport que arruinaron o evento de 1977, decidiuse trasladar a carreira para o novo circuíto de Montreal. En 1982, foi renomeado en honra do piloto canadense de Fórmula Un Gilles Villeneuve, pai de Jacques Villeneuve, a raíz da súa morte a principios de ano.[6] O circuíto está situado nunha parte da cidade de Montreal coñecida como Parque Jean-Drapeau. O parque leva o nome do alcalde de Montreal que foi responsable da organización da Expo 67.

O circuíto atópase na Île Notre-Dáme, unha illa artificial situada no Río San Lourenzo construída orixinalmente para a Expo. Tamén a veciña Illa de Santa Helena fora ampliada artificialmente para o recinto ferial e un remanente importante da feira, a Biosfera pode ser vista regularmente durante a cobertura televisiva dos eventos de carreiras.

Case a metade da pista, da curva pechada ata logo da zona de boxes, descorre xunto á Conca olímpica , unha enorme cubeta rectangular, creada para a competición de remo e piragüismo dos Xogos Olímpicos de Montreal de 1976.

As barreiras están colocadas moi preto da pista e moitos experimentados pilotos quedaron atrapados por elas. Unha parte especialmente famosa do circuíto é o muro no exterior da saída da última chicana antes da recta de saída/chegada. En 1999 o muro, que leva pintado o lema Bienvenue au Québec ( "Bienvenidos a Quebec") dándolle o alcume "Mur du Québec" (Muro de Quebec), terminou a carreira de tres campións do mundo de Fórmula Un, Damon Hill, Michael Schumacher e Jacques Villeneuve xunto có campión da FIA GT Ricardo Zonta. Desde entón, o muro alcumouse "O Muro dos Campións". Nos últimos anos o campión do mundo en 2009 Jenson Button (2005) e 4 veces campión do mundo Sebastian Vettel (2011) tamén foron vítimas do muro.

 
lema Bienvenue au Québec no Muro dos Campións

Os cambios realizados en 2005 nos bordos da chicana final foron discutidos entre os pilotos no período previo ao Gran Premio. Os bordos fixéronse máis altos e máis difíciles de ver para os pilotos, o que a fai aínda máis difícil.

O 23 de xuño de 2006, Canadian Press informou de que a cidade de Montreal concedera os dereitos exclusivos para organizar carreiras nos dous fins de semana permitidas na pista a Normand Legault, o promotor do Gran Premio do Canadá de Fórmula Un. O acordo era desde o ano 2007 a 2011, cunha opción para 2012 a 2016. Legault decidiu substituír a carreira da Champ Car coas carreiras da Rolex series da Grand American Road Racing Association e as Nationwide Series da NASCAR, respectivamente.

O 10 de xuño do 2007 foi un dos días máis críticos deste circuíto con moitas saídas e co grande accidente protagonizado polo piloto de BMW-Sauber Robert Kubica que se saíu da pista a máis de 300 km/h ao chocar na parte traseira dun Toyota e saír disparado cara a barra de protección e rebotar nela, facendo que o seu auto se desintegrara mentres cruzaba alén da pista. O peor accidente no circuíto foi o día 13 de xuño de 1982, cando morreu Riccardo Paletti nun tráxico accidente ao iniciar a carreira.

As carreiras de NASCAR afectaron o deseño do circuíto. Aumentouse o pit lane, xa que unha rúa de boxes da NASCAR debe acomodar un mínimo de 43 coches.

O circuíto acondiciónase ano a ano para a fin de semana do Gran Premio. Como parte do Parque Jean-Drapeau, o circuíto está aberto ao público, entre as carreiras, para camiñar, correr, andar en bicicleta, patinaxe en liña, e pilotaxe.[7] Durante os poucos días do Gran Premio, a illa de Notre Dáme é un dos lugares máis ruidosos de Montreal. Noutras épocas do ano, é unha das máis tranquilas, atópase no medio dun río, nunha illa chea de vexetación e animais, corredores e ciclistas. Con todo, o 4 de xuño de 2009, a administración da illa de Notre Dáme prohibiu o acceso dos ciclistas de competición no circuíto, o que xustificaron como medida de seguridade para evitar as lesións que se produciron entre 2008 e 2009. Foron reportadas un total de 27 lesións. A prohibición dos ciclistas xa se levantou debido ás protestas.

Características

editar
  • Capacidade espectadores: 100.000
  • Lonxitude do circuíto: 4´361 quilómetros.
  • Distancia da carreira de Fórmula 1: 70 voltas = 305´270 quilómetros. 13 curvas en total.
  • Configuración aerodinámica: media/baixa. Velocidade máxima estimada 326 km/h con DRS, 316 km/h sen DRS
  • Aceleración a fondo: 60% do tempo de volta.
  • Tempo de freado: 17% do tempo da volta.
  • Total de combustible necesario para a distancia de carreira:
  • Consumo de combustible: kg por volta.
  • Cambio de marchas por volta:
  • Número de zonas de freado:
  • Desgaste dos freos: moi alto
  • Desgaste dos pneumáticos: medio/baixo
  • Distancia dos Boxes:
  • Perda de tempo nunha parada en boxes:
  • Tempo total necesario para a parada en boxes: 18´8 segundos (media)
  • Efecto de combustible (custo en tempo por volta de 10 kg de combustible transportado): 0´28 segundos.
  • Marca volta: Rubens Barrichello – Ferrari, 1.13.622 en 2004

Trazados do circuíto

editar

Marcas de volta

editar

A medida que o circuíto Gilles Villeneuve serve como sede de diferentes series de carreiras, é posible comparar directamente os tempos de volta nas carreiras das diferentes series.

En 2002, o piloto de Fórmula Un Juan Pablo Montoya logrou a pole position do Gran Premio do Canadá cun tempo de 1:12.836. Varias semanas máis tarde, durante a inauguración da Champ Car Gran Premio de Montreal, Cristiano da Matta estableceu a pole cun tempo de 1:18.959.

En 2006, a última vez que a Champ Car e a F1 correron na mesma pista, a Fórmula Un foi de 5 a 7 segundos máis rápido que a Champ Car. A pole na Fórmula Un foi establecida por Fernando Alonso nun tempo de 1:14.942, mentres que Sébastien Bourdais fixo a pole en 1:20.005 na Champ Car. A volta rápida da carreira de Fórmula Un foi 1:15.841 de Kimi Räikkönen, mentres que a volta rápida de Sébastien Bourdais foi de 1:22.325 na carreira da Champ Car.

A mellor volta rápida xamais feita ao redor do circuíto estableceuna Ralf Schumacher cun tempo de 1:12.275 no conxunto da sesión de cualificación para o Gran Premio do Canadá de 2004. Como se estableceu nesta ocasión durante a cualificación, non se recoñece como unha marca oficial.

Categoría Piloto Coche Volta rápida Ano
Fórmula 1 Rubens Barrichello Ferrari F2004 1:13.622 2004
Champ Car Dario Franchitti Lola B2/00-Honda 1:20.238 2002
Group C Mauro Baldi Mercedes-Benz C11 1:28.725 1990
Daytona Prototype Scott Pruett Riley Mk XX-BMW 1:32.620 2010
Grand Touring Scott Russell Chevrolet Corvette C6.R 1:39.353 2010
NASCAR Nationwide Series Alex Tagliani Chevrolet Impala 1:40.865 2012

Todos os gañadores de Fórmula 1, no circuíto de Montréal

editar
Ano Piloto Construtor Motor Pneu. Tempo Lonxitude pista Voltas Velocidade media Data GP de
1 1978   Gilles Villeneuve Ferrari Ferrari M


1:57:49,196 h 4,500 km 70 160,414 km/h 8. outubro   Gran Premio do Canadá
2 1979   Alan Jones Williams Ford G 1:52:06,892 h 4,410 km 72 169,926 km/h 30. setembro
3 1980   Alan Jones Williams Ford G 1:46:45,530 h 4,410 km 70 173,494 km/h 28. setembro
4 1981   Jacques Laffite Ligier Matra M


2:01:25,205 h 4,410 km 63 137,290 km/h 27. setembro
5 1982   Nelson Piquet Brabham BMW G 1:46:39,577 h 4,410 km 70 173,655 km/h 13. xuño
6 1983   René Arnoux Ferrari Ferrari G 1:48:31,838 h 4,410 km 70 170,661 km/h 12. xuño
7 1984   Nelson Piquet Brabham BMW M


1:46:23,748 h 4,410 km 70 174,086 km/h 17. xuño
8 1985   Michele Alboreto Ferrari Ferrari G 1:46:01,813 h 4,410 km 70 174,686 km/h 16. xuño
9 1986   Nigel Mansell Williams Honda G 1:42:26,415 h 4,410 km 69 178,225 km/h 15. xuño
10 1988   Ayrton Senna McLaren Honda G 1:39:46,618 h 4,390 km 69 182,152 km/h 12. xuño
11 1989   Thierry Boutsen Williams Renault G 2:01:24,073 h 4,390 km 69 149,707 km/h 18. xuño
12 1990   Ayrton Senna McLaren Honda G 1:42:56,400 h 4,390 km 70 179,114 km/h 10. xuño
13 1991   Nelson Piquet Benetton Ford P 1:38:51,490 h 4,430 km 69 185,520 km/h 2. xuño
14 1992   Gerhard Berger McLaren Honda G 1:37:08,299 h 4,430 km 69 188,805 km/h 14. xuño
15 1993   Alain Prost Williams Renault G 1:36:41,822 h 4,430 km 69 189,667 km/h 13. xuño
16 1994   Michael Schumacher Benetton Ford G 1:44:31,887 h 4,450 km 69 176,244 km/h 12. xuño
17 1995   Jean Alesi Ferrari Ferrari G 1:44:54,171 h 4,430 km 68 172,297 km/h 11. xuño
18 1996   Damon Hill Williams Renault G 1:36:03,465 h 4,421 km 69 190,541 km/h 16. xuño
19 1997   Michael Schumacher Ferrari Ferrari G 1:17:40,646 h 4,421 km 54 184,404 km/h 15. xuño
20 1998   Michael Schumacher Ferrari Ferrari G 1:40:57,355 h 4,421 km 69 181,296 km/h 7. xuño
21 1999   Mika Häkkinen McLaren Mercedes B 1:41:35,727 h 4,421 km 69 180,155 km/h 13. xuño
22 2000   Michael Schumacher Ferrari Ferrari B 1:41:12,313 h 4,421 km 69 180,850 km/h 18. xuño
23 2001   Ralf Schumacher Williams BMW M


1:34:31,522 h 4,421 km 69 193,630 km/h 10. xuño
24 2002   Michael Schumacher Ferrari Ferrari B 1:33:36,111 h 4,361 km 70 195,682 km/h 9. xuño
25 2003   Michael Schumacher Ferrari Ferrari B 1:31:13,591 h 4,361 km 70 200,777 km/h 15. xuño
26 2004   Michael Schumacher Ferrari Ferrari B 1:28:24,803 h 4,361 km 70 207,165 km/h 13. xuño
27 2005   Kimi Räikkönen McLaren Mercedes M


1:32:09,290 h 4,361 km 70 198,755 km/h 12. xuño
28 2006   Fernando Alonso Renault Renault M


1:34:37,308 h 4,361 km 70 193,573 km/h 25. xuño
29 2007   Lewis Hamilton McLaren Mercedes B 1:44:11,292 h 4,361 km 70 175,799 km/h 10. xuño
30 2008   Robert Kubica BMW Sauber BMW B 1:36:24,447 h 4,361 km 70 189,987 km/h 8. xuño
31 2010   Lewis Hamilton McLaren Mercedes B 1:33:53,456 h 4,361 km 70 195,079 km/h 13. xuño
32 2011   Jenson Button McLaren Mercedes P 4:04:39,537 h 4,361 km 70 074,864 km/h 12. xuño
33 2012   Lewis Hamilton McLaren Mercedes P 1:32:29.586 h 4,361 km 70 198,028 km/h 10. xuño
34 2013   Sebastian Vettel Red Bull Renault P 1:32:09,143 h 4,361 km 70 198,760 km/h 9. xuño
35 2014   Daniel Ricciardo Red Bull Renault P 1:39:12,830 h 4,361 km 70 184,613 km/h 8. xuño
36 2015   Lewis Hamilton Mercedes Mercedes P 1:31:53,145 h 4,361 km 70 199,337 km/h 7. xuño
37 2016   Lewis Hamilton Mercedes Mercedes P 1:31:05,296 h 4,361 km 70 201,082 km/h 12. xuño
38 2017   Lewis Hamilton Mercedes Mercedes P 1:33:05,154 h 4,361 km 70 196,767 km/h 11. xuño
39 2018   Sebastian Vettel Ferrari Ferrari P 1:28:31,377 h 4,361 km 68 200,997 km/h 10. xuño
40 2019   Lewis Hamilton Mercedes Mercedes P 1:29:07,084 h 4,361 km 70 205,527 km/h 9. xuño
- 2020 Canceladas debido a Pandemia de COVID-19
- 2021
41 2022   Max Verstappen Red Bull Racing RBPT P 1:36:21.757 h 4,361 km 70 190,076 km/h 19. xuño
42 2023   Max Verstappen Red Bull Racing Honda RBPT P 1:33:58.348 h 4,361 km 70 194,910 km/h 18. xuño
43 2024   Max Verstappen Red Bull Racing Honda RBPT P 1:45:47.927 h 4,361 km 70 173,123 km/h 9. xuño

Récords
Piloto: Lewis Hamilton/Michael Schumacher (ambos 7), Nelson Piquet (3)
Nacionalidade: Alemaña/Reino Unido ambos (10), Brasil (5)
Construtor: Ferrari (11), McLaren (9), Williams (7)
Motor: Ferrari (11), Mercedes (10), Renault (6)
Pneus.: Goodyear (16), Pirelli (10), Bridgestone (8)

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar
  1. Canada returns to F1 championship Arquivado 30 de novembro de 2009 en Wayback Machine. – f1-live.com, November 27, 2009
  2. Montreal Grand Prix Is Back On for 2010 – The New York Times, 27 de novembro de 2009
  3. "Button scores tenth win in longest race ever". F1 Fanatic. Consultado o 31 de decembro de 2012. 
  4. [1] Arquivado 05 de agosto de 2014 en Wayback Machine. – Motor racing-Canadian GP organizers announce 10-year extension
  5. Automobile Year, 1978/79, page 235
  6. Peter Higham, The Guinness Guide to International Motor Racing, 1995, Page 362
  7. "Circuit Gilles Villeneuve". Arquivado dende o orixinal o 02 de setembro de 2011. Consultado o 5 de setembro de 2011.