Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2007
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA de 2007 | |
Previo: 2006 | Vindeiro: 2008 |
Índice: Carreiras por país | Carreiras por tempada |
O Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2007 é o campionato anual número 58 de Fórmula 1 organizado pola Fédération Internationale de l'Automobile (FIA). Con 17 Grandes Premios no calendario, deu comezo o 18 de marzo, estando prevista a finalización para o 21 de outubro. Nel se outorgarán o 58º título de Campión Mundial de Pilotos e o 49º título de Campión Mundial de Construtores.
Datos xeraisEditar
Este ano está marcado por varios sucesos extradeportivos que foron xurdiron ó longo da tempada, comezando porque é a derradeira tempada no que estará vixente o Pacto da Concordia firmado en 1998 por Bernie Ecclestone, a FIA e os construtores de monoprazas. Por outro lado, a polémica da espionaxe entre McLaren e Ferrari ameaza con ter consecuencias nefastas para o equipo inglés, se o recurso da escudería do cabalino rampante ante o Tribunal de Apelación da FIA prospera. Porén, esta non sería a única polémica para McLaren, xa que a comezos de agosto, confirmouse o que xa era un segredo a voces: as malas relacións entre os seus pilotos, o bicampión defensor do título de pilotos Fernando Alonso e o primeiro piloto de raza negra da historia da competición e actual líder da clasificación sendo un debutante, Lewis Hamilton.
Moitos cambios viñeron nesta tempada en comparación coa anterior: desaparecía o Gran Premio de Alemaña que se disputaba inenterrumpidamente dende case fai 50 anos e o Gran Premio do Xapón pasou a disputarse no Fiji Speedway dende o Circuíto de Suzuka; dende 1986 non se podía atopar un motor Cosworth na grella, Michelin retiraba os seus pneumáticos da competición, e o Honda RA107 convertíase no primeiro monopraza dende a década dos 70 que estaba totalmente libre de publicidade[1]
Tests de pretempadaEditar
A pretempada comezaba no Circuíto de Cataluña o 28 de novembro de 2006, cando tódolos equipos agás Spyker F1 facían a súa primeira aparición nalgún dos catro días[2] que duraron os primeiros adestramentos libres con vistas cara o 2007. Estas primeiras probas estiveron centradas en desenvolve-lo monopraza do ano vindeiro, e sobre todo, para os antigos equipos Michelin, adaptarse ós novos pneumáticos Bridgestone[2]. Houbo ausencias significativas, como as de Kimi Räikkönen e de Fernando Alonso, que aínda estaban baixo contrato con McLaren e Renault respectivamente, e a de Jenson Button, que tiña unha fractura nas súas costelas. No día 3 dos adestramentos, o ex-campión Mika Häkkinen foi o encargado de pilotar un dos monoprazas de McLaren[3].
Escuderías e pilotosEditar
Presentación dos monoprazasEditar
Calendario de Grandes PremiosEditar
Resultados e clasificaciónsEditar
Grandes PremiosEditar
Resultados en cualificaciónEditar
|
Clasificación do Mundial de PilotosEditar
(Lenda)
Estatísticas do Mundial de PilotosEditarClasificación do Mundial de ConstrutoresEditar(Lenda)
|