Scuderia Toro Rosso
Nome completo | Scuderia Toro Rosso |
---|---|
Bandeira | Italia |
Baseada en | Faenza, Italia |
Tempadas en activo | 14 2006-2019) |
Número de pilotos | Sebastian Vettel, Jaime Alguersuari, Daniel Ricciardo, Max Verstappen, Carlos Sainz, Pierre Gasly |
Debut | Gran Premio de Bahrain de 2006 |
Carreiras | 268 |
Campionatos de Construtores | 0 |
Campionatos de Pilotos | 0 |
Vitorias | 1 |
Pole positions | 1 |
Voltas Rápidas | 1 |
Puntos totais | 500 |
Derradeiro GP | Gran Premio de Abu Zabi de 2019 |
A Galipedia ten un portal sobre: Fórmula 1 |
A Scuderia Toro Rosso, ou simplemente Toro Rosso, e ás veces diminuído na escrita como STR, é un equipo de Fórmula 1 que corre baixo bandeira italiana, propiedade de Red Bull e do expiloto Gerhard Berger ó 50%[Cómpre referencia]. O seu nome ("Escudería Touro Vermello" en galego) é unha clara alusión ós primeiros e á escudería Red Bull Racing, xa que é o seu equipo - B[Cómpre referencia]. O seu Xefe de Equipo é Franz Tost e o seu Director Técnico é Alex Hitzinger.
A escudería debutou na competición na tempada de 2006, despois de que a finais do ano anterior a compañía austríaca mercara Minardi das mans de Paul Stoddart.
Historia
editarA creación da escudería
editarAínda que oficialmente a andaina da Scuderia Toro Rosso comezou cando se fixo oficial o 10 de setembro de 2005[1], a venda de Minardi a Red Bull Racing por 73.7 millóns de dólares[2], houbera durante moito tempo ruxe ruxes sobre a venda da escudería italiana, que Paul Stoddart, o seu dono, sempre se encargou de desmentilos[3]. Porén, pouco tempo antes da venda, filtrouse á prensa que Dietrich Mateschitz, patrón de Red Bull Racing, estaba interesado en mercala, e que durante Gran Premio de Bélxica de 2005, celebraríase unha reunión entre representantes dos dous equipos[4], na que a operación finalmente se cristalizaría. Xa nese GP, o acordo foi anunciado[Cómpre referencia].
Nese mesmo acordo, nunha cláusula do contrato especificábase que a escudería non podería abandonar as instalacións de Faenza até, polo menos, o 2008[Cómpre referencia]. Porén, unha fonte interna da marca de bebidas enerxéticas confirmou que marchaban a Inglaterra[5], información desmentida polo propio Mateschitz a fináis de setembro[6].
O 1 de novembro Red Bull Racing tomou o control da escudería[7] e a bautizou como Squadra Toro Rosso após barallar varios nomes como Red Bull Rookie[8], pero 22 días despois se decide cambialo a Scuderia Toro Rosso, xa que o termo italiano Squadra refírese máis a equipos de fútbol que a escuderías de automobilismo[9].
O mesmo día 1 de novembro, se anuncia que Franz Tost, antigo xefe de operacións de BMW Motorsport, será o Xefe de Equipo da escudería[10]. Porén, o 19 de decembro Giancarlo Minardi, fundador de Minardi, abandonaba a nova escudería por "falla de puntos en común" cos novos dirixentes do equipo[11].
A tempada de 2006
editar- Véxase tamén: Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2006.
A tempada de 2006, a primeira que a escudería italiana disputaba, comezou dunha maneira moi polémica por mor tanto do chasis como do motor[Cómpre referencia].
O deseño do coche que ían utilizar nesta tempada, o STR1, era o do Red Bull RB1 que na campaña pasada fora utilizado pola súa escudería nai, pero o suficientemente modificado como para non incumprir as normativas da FIA sobre a propiedade intelectual dos monoprazas, que estipula que non se pode correr con chasis que utilizaran escuderías que estean en activo[Cómpre referencia]. A pesar das queixas dalgunhas escuderías, Toro Rosso defendeuse co argumento de que ese deseño era orixinal de Jaguar Racing, polo que os dereitos pertenceran antes á Ford Motor Company, que xa non estaba na competición[Cómpre referencia]. Por outra parte, Toro Rosso foi a única escudería que utilizou os motores V10 do ano 2005 limitados fronte os V8 que empregaron o resto dos equipos. Concretamente, os seus impulsores serían os Cosworth Racing TJ V10 herdados do contrato de Minardi co fabricante inglés, que aínda estaba vixente. Os pneumáticos eran Michelin. Este monopraza foi presentado en marzo de 2006[Cómpre referencia] no Circuíto Internacional de Bahrain, sito en Sakhir.
O 6 de decembro de 2005, fontes da escudería confirmaban que o italiano Vitantonio Liuzzi e mailo estadounidense Scott Speed serían os pilotos oficiais do STR1, mentres que o suízo Neel Jani sería o terceiro piloto. Nesa tempada, foron a escudería coa media de idade máis baixa de toda a grella, con só 23 anos[12]. No tramo final do 2006, o cadro de directivos do equipo completábase coa contratación de Alex Hitzinger como novo Director Técnico, contratación feita oficial o 27 de setembro[13].
O campionato comezaba coa escudería situándose nos postos medios da grella, a pesar de ter, a priori, o motor máis potente[Cómpre referencia]. No seu GP de debut, o de Bahrain, remata Liuzzi de undécimo e Speed de décimo terceiro. Na primeira metade da tempada, finalizaron constantemente entre os postos 9 e 15 en cada cada carreira, agás naquelas nas que a retirada foi inevitábel (dous veces Liuzzi e tres Speed). Porén, no décimo evento da tempada, o GP dos Estados Unidos celebrado o 2 de xullo, chega o mellor resultado do ano da escudería, un oitavo posto conseguido por Liuzzi que lles da o primeiro punto da historia do equipo.
Na segunda parte da tempada, coincidindo co desenvolvemento por parte do resto das escuderías de motores que se acercaban xa ás 20000 rpm, os resultados empeoraban pouco a pouco[Cómpre referencia], rematando nas oito carreiras restantes entre o décimo e o décimo oitavo posto, con dous abandonos de Liuzzi incluídos.
O campionato remataba coa escudería no 9º posto de 11 cun único punto, mentres que no Campionato de Pilotos Luizzi finalizaba 19º con ese punto, e Speed 20º co palmarés baleiro.
A tempada de 2007
editar- Véxase tamén: Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2007.
No Campionato Mundial de 2007, o novo STR2, contou con motores Ferrari 057[14].
No que ós pilotos respecta, aínda non están confirmados, pero Gerhard Berger declarou que lle gustaría contar de novo con Vitantonio Liuzzi e con Scott Speed[15]. Ademais, Robert Doornbos, confirmou unha oferta da escudería para se-lo piloto de probas[16].
A tempada de 2008
editar- Véxase tamén: Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2008.
A tempada de 2015
editar- Véxase tamén: Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2015.
O 26 de novembro de 2014, Jean-Éric Vergne anunciou que deixaría Toro Rosso logo de 3 tempadas, e dous días máis tarde, Toro Rosso confirmou que Carlos Sainz sería o compañeiro de Max Verstappen para a tempada 2015.[17][18]
No Gran Premio de australia de 2015, Sainz clasificou oitavo mentres o seu compañeiro de equipo Max Verstappen clasificou 12º. Sainz terminou noveno e obtivo dous puntos no seu debut e Verstappen retirouse debido a un fallo no motor.
Durante a tempada de 2015, Toro Rosso tivo un éxito inesperado na grella; o salto de Max Verstappen combinado con moitos puntos finais xunto con dous cuartos lugares, ambos de Verstappen, aseguraron que Toro Rosso gozase a súa tempada máis exitosa na Fórmula Un baseada nos puntos. Verstappen anotou 49 puntos mentres o seu compañeiro de equipo Carlos Sainz logrou 18 puntos.
A tempada de 2016
editar- Véxase tamén: Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2016.
Ao finalizar a tempada 2015, despois do Abu Zabi, anunciouse que Toro Rosso revisaría a súa colaboración con Ferrari para a tempada 2016. Toro Rosso utilizou os motores Ferrari de 2007 a 2013 durante a era V8 de aspiración atmosférica. O 4 de xaneiro de 2016 anunciouse que Toro Rosso adoptaría unha distancia entre eixes máis longa para o novo coche STR11 debido á unidade de potencia Ferrari 060 e unha caixa de cambios que requiría un espazo para acomodar a MGU-K na parte traseira do motor (semellante ao Marussia MR03 que tiña unha distancia entre eixes máis longa: uns 3700 mm).[19] Despois dun polémico accidente en Rusia Kvyat volveu a Toro Rosso desde Red Bull e Max Verstappen tomou o seu lugar.
A tempada de 2017
editar- Véxase tamén: Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2017.
Durante o Gran Premio de Mónaco de 2016, anunciouse que a Scuderia Toro Rosso retomaría a súa colaboración con Renault para 2017.[20] O equipo mantivo a Sainz e Kvyat como pilotos.
O 15 de setembro de 2017, anunciouse que Toro Rosso firmara un contrato de varios anos co fornecedro de motores Honda que rompera os seus acordos con McLaren logo de tres anos.[21]
O 26 de setembro de 2017, anunciouse que Pierre Gasly substituiría a Kvyat por un número de carreiras non especificado, que comezaron no Gran Premio de Malaisia de 2017.[22] No Gran Premio dos Estados Unidos de 2017, Sainz mudouse a Renault para as roldas restantes da tempada, antes do seu movemento previamente anunciado para 2018,[23][24] con Kvyat retornando ao equipo. Gasly estivo ausente na última carreira para participar na última rolda do campionato de Super Formula do Xapón, polo que Brendon Hartley substituíuno para esta carreira.[25] Tras a carreira, anunciouse que Gasly volvería co seu compañeiro Hartley para o Gran Premio de México de 2017.[26] Despois do Gran Premio de México de 2017, Helmut Marko dixo que Daniil Kvyat non regresaría a Toro Rosso e que o equipo competiría con Brendon Hartley e Pierre Gasly durante o resto da tempada.[27]
Resultados completos na Fórmula Un
editar- Artigo principal: Resultados da Scuderia Toro Rosso na Fórmula 1.
Ano | Nome | Coche | Motor | Pneum. | Nº | Pilotos | Puntos | Pos. |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
2006 | Scuderia Toro Rosso | STR1 | Cosworth TJ2005 3.0 V10 | M
|
20. 21. |
Vitantonio Liuzzi Scott Speed |
1 | 9º |
2007 | Scuderia Toro Rosso | STR2 | Ferrari 056 2006 2.4 V8 | B | 18. 19. 19. |
Vitantonio Liuzzi Scott Speed Sebastian Vettel |
8 | 7º |
2008 | Scuderia Toro Rosso | STR2B STR3 |
Ferrari 056 2007 2.4 V8 | B | 14. 15. |
Sébastien Bourdais Sebastian Vettel |
39 | 6º |
2009 | Scuderia Toro Rosso | STR4 | Ferrari 056 2008 2.4 V8 | B | 11. 11. 12. |
Sébastien Bourdais Jaime Alguersuari Sébastien Buemi |
8 | 10º |
2010 | Scuderia Toro Rosso | STR5 | Ferrari 056 2009 2.4 V8 | B | 16. 17. |
Sébastien Buemi Jaime Alguersuari |
13 | 9º |
2011 | Scuderia Toro Rosso | STR6 | Ferrari 056 2010 2.4 V8 | P | 18. 19. |
Sébastien Buemi Jaime Alguersuari |
41 | 8º |
2012 | Scuderia Toro Rosso | STR7 | Ferrari 056 2011 2.4 V8 | P | 16. 17. |
Daniel Ricciardo Jean-Eric Vergne |
26 | 9º |
2013 | Scuderia Toro Rosso | STR8 | Ferrari 056 2012 2.4 V8 | P | 18. 19. |
Jean-Eric Vergne Daniel Ricciardo |
33 | 8º |
2014 | Scuderia Toro Rosso | STR9 | Renault Energy F1-2014 1.6 V6 t | P | 25. 26. |
Jean-Eric Vergne Daniil Kvyat |
30 | 7º |
2015 | Scuderia Toro Rosso | STR10 | Renault Energy F1-2015 1.6 V6 t | P | 33. 55. |
Max Verstappen Carlos Sainz |
67 | 7º |
2016 | Scuderia Toro Rosso | STR11 | Ferrari 060 1.6 V6 t | P | 26. 33. 55. |
Daniil Kvyat Max Verstappen Carlos Sainz |
63 | 7º |
2017 | Scuderia Toro Rosso | STR12 | Renault R.E.17 1.6 V6 t | P | 10. 26. 28.† 55. |
Pierre Gasly Daniil Kvyat Brendon Hartley Carlos Sainz |
53 | 7º* |
2018 | Red Bull Toro Rosso Honda | STR13 | Honda RA618H 1.6 V6 t | P | 10. 28. |
Pierre Gasly Brendon Hartley |
33 | 9º |
2019 | Red Bull Toro Rosso Honda | STR14 | Honda RA619H 1.6 V6 t | P | 10. 23. 26. |
Pierre Gasly Alexander Albon Daniil Kvyat |
85 | 6º |
2020 | Scuderia Alpha Tauri | Honda | P | 23. 26. |
Alexander Albon Daniil Kvyat |
o | -º |
† Brendon Hartley recibiu o número 39 para o Gran Premio dos Estados Unidos de 2017 antes de seleccionar o número de carreira permanente.
* Tempada en progreso.
Monoprazas
editarA seguinte galería mostra os diferentes modelos que usou Toro Rosso na Fórmula 1.
- 2006-2010
- 2011-2015
2016-
Notas
editar- ↑ (en castelán) Oficial: Red Bull merca Minardi, en f1.gpupdate.net Arquivado 29 de setembro de 2007 en Wayback Machine.
- ↑ (en castelán) Minardi vendido por 75 millóns, en f1.gpupdate.net Arquivado 26 de setembro de 2007 en Wayback Machine.
- ↑ (en castelán) Stoddart non pensa vender Minardi, en thef1.com Arquivado 11 de febreiro de 2005 en Wayback Machine.
- ↑ (en castelán) Red Bull interesado en mercar Minardi, en f1.gpupdate.net Arquivado 29 de setembro de 2007 en Wayback Machine.
- ↑ (en castelán) Red Bull-Minardi marchará de Italia, en f1.gpupdate.net Arquivado 26 de setembro de 2007 en Wayback Machine.
- ↑ (en castelán) Mateschitz - Minardi ficará en Italia Arquivado 29 de setembro de 2007 en Wayback Machine.
- ↑ (en castelán) Red Bull opta por Scuderia Toro Rosso, en f1racing.net[Ligazón morta]
- ↑ (en castelán) Mateschitz nega rumores sobre Berger, en f1gpupdate.net Arquivado 29 de setembro de 2007 en Wayback Machine.
- ↑ (en castelán) Red Bull opta por Scuderia Toro Rosso, en f1.gpupdate.net Arquivado 29 de setembro de 2007 en Wayback Machine.
- ↑ (en castelán) Tost, novo director de Squadra Toro Rosso, en f1.gpupdate.net Arquivado 29 de setembro de 2007 en Wayback Machine.
- ↑ (en castelán) Giancarlo Minardi deixa Toro Rosso Arquivado 29 de setembro de 2007 en Wayback Machine.
- ↑ (en castelán) Toro Rosso confirma os seus pilotos para 2006, en f1.gpupdate.net Arquivado 29 de setembro de 2007 en Wayback Machine.
- ↑ (en castelán) Hitzinger, novo director de STR, en f1.gpupdate.net Arquivado 29 de setembro de 2007 en Wayback Machine.
- ↑ (en castelán) Motores Renault para RBR, Ferrari para STR, en f1racing.net[Ligazón morta]
- ↑ (en castelán) Berger quere renovar a Speed y Liuzzi, en f1racing.net[Ligazón morta]
- ↑ (en castelán) Doornbos ten o seu futuro asegurado, en f1racing.net[Ligazón morta]
- ↑ "Sainz to race for Scuderia Toro Rosso". Scuderia Toro Rosso. 28 de novembro de 2014. Consultado o 28 de novembro de 2014.
- ↑ Gill, Pete (26 de novembro de 2014). "Jean-Eric Vergne to leave Toro Rosso". Sky Sports (BSkyB). Consultado o 26 de novembro de 2014.
- ↑ "Toro Rosso set to adopt longer wheelbase for STR11". motorsport.com. 4 de xaneiro de 2016. Consultado o 4 de xaneiro de 2016.
- ↑ "Red Bull and Toro Rosso F1 teams sign Renault engine deal". motorsport.com. 29 de maio de 2016. Consultado o 29 de maio de 2016.
- ↑ "Toro Rosso secures multi-year Honda deal". GPUpdate.net (en inglés). Consultado o 15 de setembro de 2017.
- ↑ "Red Bull junior Gasly replaces Kvyat for Malaysia". ESPN.com. Consultado o 26 de setembro de 2017.
- ↑ "Carlos Sainz to join Renault in 2018". BBC Sport. 15 de setembro de 2017. Consultado o 15 de setembro de 2017.
- ↑ "Sainz to replace Palmer at Renault from Austin". Formula1.com. Formula One World Championship Limited. 7 de outubro de 2017. Consultado o 7 de outubro de 2017.
- ↑ "Brendon Hartley to race with us in Austin". Scuderia Toro Rosso. 13 de outubro de 2017. Arquivado dende o orixinal o 13 de outubro de 2017. Consultado o 13 de outubro de 2017.
- ↑ "Toro Rosso confirm Hartley and Gasly for Mexico". Formula1.com. Formula One World Championship Limited. 23 de outubro de 2017. Consultado o 23 de outubro de 2017.
- ↑ "Kvyat won't return to Toro Rosso - Marko". GPUpdate.net (en inglés). Consultado o 5 de novembro de 2017.
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Scuderia Toro Rosso |
Ligazóns externas
editar- Páxina oficial da Scuderia Toro Rosso (en inglés)
- Páxina oficial de fotos da Scuderia Toro Rosso (en inglés)
Os monoprazas da Scuderia Toro Rosso | |||||
STR1 - 2006 | STR2 - 2007 |