Grupo Santander
Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
O Grupo Santander é un grupo bancario español organizado en torno ao Banco Santander e que inclúe unha rede de entidades financeiras con presenza en todo o mundo, aínda que principalmente en Europa e Latinoamérica.


O grupo conta con 129.000 empregados, 66 millóns de clientes, 10.200 sucursais e 2,4 millóns de accionistas en todo o mundo. A banca comerciante polo miúdo, que achega o 82% do beneficio do banco, é a súa principal área de negocio.
O Grupo Santander é a 4ª maior entidade financeira do mundo, é o maior banco da Zona euro, a empresa máis grande de España e a 6ª a nivel mundial, segundo a revista Forbes en 2010.[1]
A súa sede operativa, onde traballan máis de 6000 empregados, está en Boadilla del Monte, Madrid, na Cidade Financeira do Santander.[2]
Notas Editar
- ↑ Forbes Global Rank 2010
- ↑ "A Cidade Financeira do Banco Santander 'convence' os empregados". Arquivado dende o orixinal o 16 de xullo de 2008. Consultado o 20 de febreiro de 2011.