Forbes é unha revista publicada nos Estados Unidos, especializada no mundo dos negocios e as finanzas. Foi fundada no ano 1917 por B.C Forbes.[1][2] Cada ano publica listaxes que espertan grande interese no eido dos negocios como Forbes 400, Forbes 500 e Fortune 500. A súa sede central atópase na Quinta Avenida de Nova York. Anualmente e dende 1986, a revista Forbes publica a súa listaxe das persoas máis adiñeiradas do mundo (The World's Richest People). A revista publicou tamén outras listaxes relacionadas, como a de personaxes de ficción millonarios, listaxes de compañías segundo os seus beneficios, persoas ricas por países o por sectores económicos, entre outras.

Logo de Forbes.
Edificio de Forbes na Quinta Avenida de Nova York.

NotasEditar

  1. Gorman, Robert F. (2007). "September 15, 1917: Forbes Magazine is founded" The Twentieth Century, 1901–1940 (Volume III). pp. 1374–1376. ISBN 978-1-58765-327-8. 
  2. "Media Kit 2013" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 05/11/2014. Consultado o 2 de xaneiro de 2016. 

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar