José María de Pereda
Este artigo contén varias ligazóns externas e/ou bibliografía ao fin da páxina, mais poucas ou ningunha referencia no corpo do texto. Por favor, mellora o artigo introducindo notas ao pé, citando as fontes. Podes ver exemplos de como se fai nestes artigos. |
José María de Pereda y Sánchez Porrúa, nado en Polanco (Cantabria) o 6 de febreiro de 1833 e finado en Santander o 1 de marzo de 1906, foi un novelista español.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 6 de febreiro de 1833 Santander, España |
Morte | 1 de marzo de 1906 (73 anos) Santander, España |
Actividade | |
Ocupación | xornalista, político, escritor, novelista |
Membro de | |
Movemento | Realismo literario |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Fillos | sen valor |
Premios | |
Descrito pola fonte | Svensk Uppslagsbok (pt) Grande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Переда Хосе Мария де) Ensayo de un catálogo de periodistas españoles del siglo XIX (1903-1904), (sec:Pereda (José María de), p.339) |
Traxectoria
editarFillo de Juan Francisco de Pereda e Bárbara Josefa Sánchez Porrúa, (naturais, respectivamente, de Polanco e de Comillas), que casaron moi novos, de forma que chegaron a ter 22 fillos, aínda que só nove chegaron á mocidade. Inicialmente viviron da agricultura e da gandería na súa localidade natal, onde o autor cursou estudos de primaria, ata que se trasladan en 1843 á capital da provincia, Santander. Alí estuda bacharelato no Instituto Cántabro.
Terminados os estudos, no outono de 1852 trasladouse a Madrid con intención de cursar estudos preparatorios para o ingreso na Academia de Artillería de Segovia, permaneceu dous en Madrid pero a falta de interese polas matemáticas, fundamentais para entrar en artillaría, decidírono a desistir de entrar no exército, levando unha vida bohemia. Testemuña da Revolución de 1854, a Vicalvarada, escribiu nese ano a comedia inédita La fortuna en un sombrero (1854). Volveu a Santander e en 1855 faleceu a súa nai deixándoo nunha profunda crise, complicándose por contraer o cólera a fin de ano, por consello dun irmán máis vello marchou a Andalucía, onde permaneceu o inverno de 1857.
A Santander volveu totalmente restablecido das súas doenzas e o 28 de febreiro de 1858 apareceu o seu primeiro escrito, La gramática del amor na revista santanderina La Abeja Montañesa, na cal seguiu colaborando ao tempo que cuns amigos fundaba a revista satírica El Tío Cayetano, probou sorte co teatro con pezas como Tanto tienes, tanto vales (1861); Palos en seco (1861), Marchar con el siglo (1863) comedias de carácter moralista e satírico e as zarzuelas Mundo, amor y vanidad (1863) e Terrones y pergaminos (1866), que tiveron un relativo éxito localmente inda que a súa calidade literaria era ben discutible, as obras publicounas Pereda en 1869 no volume Ensayos dramáticos que distribuíu entre as amizades. En 1864 publicou Escenas montañesas e pasou un ano en París.
Conmocianado pola Revolución de 1868, Pereda de ideoloxía tradicionalista resucitou El Tío Cayetano en novembro de 1868 e presentouse como candidato carlista no distrito de Cabuérniga en 1871 gañando o escano. Nese ano de 1871 publicou Tipos y paisajes e coñeceu a Benito Pérez Galdós con quen fixo perdurable amizade, pouco despois coñeceu a Ramón Menéndez Pelayo quen o estimulou para volver á literatura publicando en 1876 Bocetos al temple, volume onde recolleu tres novelas breves, e colaborando na revista La Tertulia en artigos que recolleu no libro Tipos trashumantes (1877). En 1878 publicou a súa primeira novela longa, El buey suelto seguida por Don Gonzalo González de la Gonzalera (1879) e De tal palo tal astilla (1880).
A partir de 1881 con El sabor de la tierruca comezou unha nova etapa literaria menos condicionada pola súa ideoloxía e centrada no marco montañés, coa excepción de Pedro González (1883) que centra a súa acción en Madrid e que foi moi ben acollida pola crítica que o levou a visitar Madrid, Valencia e Barcelona, onde coñece a Narcís Oller. En 1885 escribiu Sotileza, unha das súas obras máis coñecidas e que tivo un éxito de crítica e público rotundo, Pereda viaxou a Portugal de incógnito con Galdós, á volta regresando por Galicia. La Puchera (1889), Nubes de estío (1891), Al primer vuelo (1891) seguiron o estilo da novela montañesa. En 1892 presentouse como candidato a senador polas Sociedades Económicas de León desde posicións rexionalistas conservadoras. Defensor da literatura catalá participou nos XXXIV Xogos Florais en 1892. En 1893 morría o seu fillo e sumido nunha profunda crise parou na escrita da que ía ser unha das súas obras máis significativas, Peñas arriba publicada en 1895.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: José María de Pereda |
Bibliografía
editar- Aguinaga Alfonso, M. (1994).Costumbrismo y narrativa breve en la obra de José María de Pereda. Universidade de Santiago de Compostela. ISBN 84-8121-030-7
- Aguinaga Alfonso, M. (1994). El discurso narrativo de Pereda. Ediciones Tantín ISBN 84-89013-57-8.
- Aguinaga Alfonso, M. (1994). El costumbrismo de Pereda: innovaciones y técnicas narrativas. ISBN 84-605-1113-8.