Marc Gené
Este artigo contén varias ligazóns externas e/ou bibliografía ao fin da páxina, mais poucas ou ningunha referencia no corpo do texto. Por favor, mellora o artigo introducindo notas ao pé, citando as fontes. Podes ver exemplos de como se fai nestes artigos. |
Marc Gené Guerrero, nado en Sabadell o 29 de marzo de 1974, é un piloto probador catalán de Fórmula 1, irmán do tamén piloto Jordi Gené, que traballa na Scuderia Ferrari, compaxinando este traballo coa competición automobilística coas Le Mans Series.
(2011) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (ca) Marc Gené i Guerrero 29 de marzo de 1974 (50 anos) Sabadell, España |
Residencia | Sabadell |
Actividade | |
Ocupación | piloto de automobilismo, presentador de televisión, piloto de Fórmula Un |
Nacionalidade deportiva | España |
Deporte | automobilismo |
Participou en | |
2009 | 24 Horas de Le Mans (1º) |
Familia | |
Irmáns | Jordi Gené |
Páxina web | marcgene.com |
Traxectoria
editarGañou un lugar na máxima categoría do mundo do motor tras gañar o Campionato Fórmula Open Nissan en 1998, o que lle conseguiu unha proba co modesto equipo de F1 Minardi. Nesta proba, co apoio de Telefónica, logrou un asento oficial nese equipo.
Fórmula 1
editarEn 1999, Gené debutou na F1, logrando un punto no Gran Premio de Europa ao finalizar en sexta posición. Marc superou ao seu compañeiro de equipo Luca Badoer e foi nomeado "Mellor debutante do ano 1999". Non puido repetir a fazaña ao ano seguinte, pero volveu mostrar un rendemento maior có do seu compañeiro.
En 2001, probablemente grazas á súa grande actuación en Indianápolis, Gené pasou a formar parte da escudaría BMW Williams como piloto de probas, onde permaneceu ata o ano 2004. En 2003 disputou unha carreira como substituto do lesionado Ralf Schumacher, na que conseguiu un quinto posto. En 2004, tamén substituíu en dúas ocasións a Ralf Schumacher. Non obstante, o Williams non se mostrou moi competitivo nesas carreiras e ademais tivo problemas técnicos, logrando Gené unhas discretas posicións que o afastaron dun dos asentos oficiais en Williams que quedaban libres pola marcha de Ralf e de Juan Pablo Montoya.
A finais de 2004, Marc fichou como piloto probador de Ferrari para a tempada 2005, onde aínda permanece. A finais de 2007 renovou o contrato como piloto probador da Scuderia para a tempada 2008 xunto a Luca Badoer; pero diminuíulles o traballo a causa da redución de adestramentos dea pretempada, dado que Bridgestone se converteu na única marca subministradora de pneumáticos da Fórmula 1 desde 2007.
É dos poucos pilotos de Fórmula 1 que ademais ten unha carreira universitaria[Cómpre referencia], é licenciado en economía e fala cinco idiomas. Ademais, comenta as carreiras de F1 na canle de televisión española La Sexta.
No ano 2007, compartiu os labores de piloto de probas de Ferrari coas de piloto oficial de Peugeot na mítica carreira das 24 Horas de Le Mans e as carreiras de Le Mans Series, conseguindo o cuarto posto na clasificación xeral do campionato tras dúas vitorias (nos trazados de Monza e Silverstone).
En xuño de 2009, trala noticia de que o equipo Campos Meta tería un lugar na grella da tempada 2010 de Fórmula 1, o nome de Gené apareceu entre os posibles candidatos para conseguir un volante de piloto oficial.
O 14 de xuño de 2009, Marc Gené converteuse no primeiro español en gañar as 24 Horas de Le Mans (a pesar de liderar a carreira durante sete horas, quedara segundo o ano anterior) compartindo pilotaxe con Alexander Wurz e David Brabham ao volante dun Peugeot 908 HDI FAP.
O 21 de marzo de 2010, Gené converteuse no segundo español tras Fermín Vélez en gañar as 12 horas de Sebring compartindo pilotaxe con Alexander Wurz e Anthony Davidson ao volante dun Peugeot 908 HDI FAP.
O día 12 de agosto de 2010 filtrouse o rumor, que se demostrou falso, de que Marc Gené será piloto titular a tempada 2011 de Fórmula 1 co equipo Hispania.
Resultados completos na Fórmula 1
editarAs carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva, volta rápida.
Ano | Escudería | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 | Posto | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1999 | Minardi | AUS Ret |
BRA 9 |
SMR 9 |
MON 9 |
ESP Ret |
CAN 8 |
FRA Ret |
GBR 15 |
AUT 11 |
ALE 9 |
HUN 17 |
BEL 16 |
ITA Ret |
EUR 6 |
MAL 9 |
XPN Ret |
18° | 1 | ||
2000 | Minardi | AUS 8 |
BRA Ret |
SMR Ret |
GBR 14 |
ESP 14 |
EUR Ret |
MON Ret |
CAN 16 |
FRA 15 |
AUT 8 |
ALE Ret |
HUN 15 |
BEL 14 |
ITA 9 |
USA 12 |
XPN Ret |
MAL Ret |
18° | 0 | |
2003 | BMW Williams | AUS DNP |
MAL DNP |
BRA DNP |
SMR DNP |
ESP DNP |
AUT DNP |
MON DNP |
CAN DNP |
EUR DNP |
FRA DNP |
GBR DNP |
ALE DNP |
HUN DNP |
ITA 5 |
USA DNP |
XPN DNP |
17º | 4 | ||
2004 | BMW Williams | AUS DNP |
MAL DNP |
BAH DNP |
SMR DNP |
ESP DNP |
MON DNP |
EUR DNP |
CAN DNP |
USA DNP |
FRA 10 |
GBR 12 |
ALE DNP |
HUN DNP |
BEL DNP |
ITA DNP |
CHN DNP |
XPN DNP |
BRA DNP |
22º | 0 |
Resultados nas 24 horas de Le Mans
editarAno | Coche | Equipo | Compañeiros | Resultado |
---|---|---|---|---|
2007 | Peugeot 908 | Team Peugeot Total | Nicolas Minassian / Jacques Villeneuve | Abandono |
2008 | Peugeot 908 | Team Peugeot Total | Nicolas Minassian / Jacques Villeneuve | 2º |
2009 | Peugeot 908 | Team Peugeot Total | David Brabham / Alexander Wurz | Gañador |
2010 | Peugeot 908 | Team Peugeot Total | Alexander Wurz / Anthony Davidson | Abandono |
Outras actividades
editar- Durante a tempada 2004 de F1, Gené formou parte do equipo de comentaristas de Telecinco para algunhas carreiras. Posteriormente colaborou nas retransmisións para La Sexta.
Véxase tamén
editarA Galipedia ten un portal sobre: Fórmula 1 |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Marc Gené |