Gran Premio do Canadá de 2000

O Gran Premio do Canadá de 2000 (oficialmente o XXXVIII Grand Prix Air Canada) foi unha carreira de motor de Fórmula Un celebrada o 18 de xuño de 2000 no Circuíto Gilles Villeneuve, Montreal, Quebec, Canadá. A carreira de 69 voltas foi a oitava carreira da tempada de Fórmula Un de 2000 e o 38º Gran Premio do Canadá. A carreira gañouna o piloto de Ferrari Michael Schumacher logo de comezar desde a pole position]. O seu compañeiro de equipo Rubens Barrichello acabou segundo con Giancarlo Fisichella terceiro para o equipo de Benetton.

Modelo:Competición deportivaGran Premio do Canadá de 2000
Nome oficialXXXIIX Grand Prix Air Canada Editar o valor en Wikidata
TipoGran Premio do Canadá Editar o valor en Wikidata
Deporteautomobilismo Editar o valor en Wikidata
Parte deCampionato Mundial de Fórmula 1 de 2000 Editar o valor en Wikidata
Distancia do evento69 Editar o valor en Wikidata
Localización  e  Datas
LocalizaciónCircuíto Gilles Villeneuve (Montreal) 45°30′02″N 73°31′21″O / 45.5006, -73.5225 Editar o valor en Wikidata
Lonxitude4,361 km Editar o valor en Wikidata
PaísCanadá Editar o valor en Wikidata
Data18 de xuño de 2000 Editar o valor en Wikidata
Competición
Primeiro postoMichael Schumacher Editar o valor en Wikidata
Pole positionMichael Schumacher Editar o valor en Wikidata
Volta máis rápidaMika Häkkinen Editar o valor en Wikidata

Michael Schumacher comezou desde a pole position xunto ao piloto de McLaren David Coulthard. Barrichello comezou desde o terceiro lugar, xunto co seu compañeiro de equipo Mika Häkkinen. Os dous primeiros Michael Schumacher e Coulthard loitaron polo primeiro posto ata que Coulthard cumpriu un stop and go de dez segundos na volta 14, porque o seu mecánico traballou no seu coche 15 segundos antes de que comezase a carreira. Pouco antes da metade da carreira, Michael Schumacher fixo unha parada en boxes e Barricello tomou o liderado antes da súa propia parada na volta 43. Nese momento comezou a chover facendo que os pilotos cambien os penumáticos. Michael Schumacher mantivo a súa vantaxe e conseguiu a vitoria 0,1 segundos por diante de Barrichello.

A vitoria foi a quinta de Michael Schumacher da tempada, a cuarta no circuíto, e o resultado fixo que ampliara o seu liderado no Campionato Mundial de Pilotos de Fórmula Un a 22 puntos sobre Coulthard, con Häkkinen dous puntos máis atrás. Ferrari tamén estendeu o seu liderado no Campionato de Construtores a 18 puntos por diante de McLaren que tiña 66. Benetton, con 18 puntos, desprazou aos seus rivais de Williams ao cuarto posto, quedando nove carreiras da tempada. Acudiron 100.000 espectadores á carreira.

Informe

editar

Cualificación

editar

A sesión de cualificación da tarde do sábado durou unha hora. Durante esta sesión, a regra do 107%. A sesión realizouse en seco e condicións de sol.[1] Michael Schumacher conquistou a súa terceira pole position da tempada, a súa quinta no circuíto, cun tempo de 1:18.439. Uniuse á primeira fila da grella Coulthard, que clasificou 0,098 segundos detrás do tempo de Michael Schumacher loitando contra o piloto de Ferrari para a posición da grella ao longo da sesión. Barrichello clasificouse na terceira posición co seu Ferrari. Häkkinen atopou tráfico durante as súas voltas de cualificación e conseguiu o cuarto lugar.[2] Frentzen, que se clasificou quinto, Villeneuve quedou sexto co seu compañeiro de equipo Zonta en oitavo. Trulli separounos na sétima posición. Pedro de la Rosa nun Arrows e Fisichella completaron os dez mellores clasificados.

Carreira

editar
 
Rubens Barrichello (na foto de 2002) terminou na segunda posición.

Os pilotos saíron á pista ás 09:30 hora local ( UTC - 4) para unha sesión de warm-up de 30 minutos. disputouse baixo condicións meteorolóxicas nubradas e ventosas. Os dous pilotos de Ferrari mantiveron o bo ritmo da cualificación. Michael Schumacher fixo o mellor tempo, un 1:18.932. Barrichello terminou segundo. Os pilotos de McLaren completaron os catro pilotos máis rápidos, Häkkinen diante de Coulthard.[3] Entre os corredores máis lentos, Heidfeld tivo un momento preocupante. cando a cuberta do motor desprendeuse do chasis na recta principal.[4]

A carreira comezou ás 14:00 hora local. As condicións de carreira eran secas e nubosas antes da carreira. A temperatura do aire era de 17 °C e a temperatura da pista era de 21 °C. 100.000 persoas asistiron á carreira.[5] O McLaren de Coulthard calouse cando os pilotos comezaron a volta de formación. Os mecánicos do seu equipo reiniciaron o seu coche e Coulthard tomou a súa posición na grella antes de que o pasara toda a pista.[6] Coulthard acelerou máis rápido que Michael Schumacher fóra da liña aínda que o piloto de Ferrari defendeu a súa posición cara á primeira curva. Mentres tanto, Häkkinen resistiu os intentos de Barrichello de pasalo. Villeneuve fixo o mellor comezo no campo movéndose do sexto ao terceiro posto ao final da primeira volta, Verstappen tamén gañou tres posicións. Häkkinen viuse forzado pola manobra de Villeneuve e Barrichello pasouno para a cuarta posición na curva 2. Máis alá da pista, Irvine quedou parado na grella e foi empurrado polos comisarios a saída do pit lane. A diferenza de anos anteriores, cando a pista viu a colisión de varios coches, todos os pilotos xurdiron sen danos.[7] Ao fin da primeira volta, a orde era Michael Schumacher, Coulthard, Villeneuve, Barrichello, Häkkinen, de la Rosa, Frentzen, Zonta, Trulli, Fisichella, Verstappen, Herbert, Ralf Schumacher, Wurz, Alesi, Salo, Diniz, Heidfeld, Button, Gené, Gastón Mazzacane e Irvine.[8]

Coulthard fixo a volta rápida da carreira, 1:21.335 na segunda volta. De la Rosa arrebatoulle a sexta posición a Frentzen na mesma volta. Michael Schumacher comezou a intercambiar voltas rápidos con Coulthard na cuarta volta, mentres Villeneuve mantivo a terceira posición, pero retivo aos pilotos nas próximas catro posicións que estaban detrás de el. O motor de Button comezou a desenvolver problemas, e Verstappen pasou a Fisichella no décimo posto na mesma volta. Mentres Michael Schumacher e Coulthard continuaban a súa batalla, os comisarios informaron ao equipo McLaren na volta dez de que Coulthard tiña unha penalización dun stop and go de dez segundos xa que os seus mecánicos traballaron no seu coche 15 segundos antes de que comezase a volta de formación. Na 13ª volta, Ralf Schumacher superou a Herbert para tomar a 12ª posición. Coulthard fixo o stop & go na volta 14 e volveu no décimo lugar. Herbert fixo unha parada en boxes cun problem na caixa de cambios na mesma volta e converteuse no primeiro retirado da carreira. Häkkinen intentou pasar Barrichello na volta 16 aínda que non o superou.

De la Rosa converteuse no primeiro dos pilotos que fixeron unha parada en boxes na volta 20.[9] Regresou na 15ª posición. Michael Schumacher ampliara a súa vantaxe sobre Villeneuve a 22 segundos na 22ª volta, que á súa vez continuou a disputar con Barrichello e Häkkinen polo segundo posto. Frentzen estaba 1´9 segundos máis atrás destes tres pilotos. Coulthard, mentres tanto, corría un segundo máis lento que o líder da carreira. unha poalla comezou a caer na volta 23 e o circuíto comezou a ser esbaradizo. Trulli pasou a Zonta no sexto lugar unha volta máis tarde. Coulthard trompeou despois de pasar sobre o aceite derramado poloo coche de Verstappen na curva 12 e perdeu tres posicións. Villeneuve perdeu a segunda posición cando foi superado por Barrichello na volta 25 e o brasileiro comezou a pechar gradualmente a brecha con Michael Schumacher. Dúas voltas despois, Trulli superou ao seu compañeiro de equipo Frentzen para tomar a sexta posición. Ambos os pilotos de Ferrari alternaban voltas rápidas. Häkkinen, pola súa banda, comezou a desafiar a Villeneuve para o terceiro posto. Máis abaixo, Zonta conseguiu pasar a Frentzen pola sexta posición. Frentzen reportou problemas cos freos do seu coche na volta 33 e dirixiuse ao seu garaxe e retirouse.

 
Giancarlo Fisichella (na foto de 2012) logrou o seu cuarto podio consecutivo no Canadá despois de rematar o terceiro lugar.

Michael Schumacher fixo unha parada inicial na volta 34 e o seu equipo inspeccionou a parte traseira do seu coche así como un axuste ao ángulo dasúa á dianteira. Retornou detrás de Barrichello, pero por diante de Häkkinen que superara a Villeneuve na volta 35. Heidfeld parouse a un lado da pista cun fallo do motor. Alesi no outro Prost fixo a súa parada en boxes e saíu diante de Irvine. Trulli converteuse no primeiro piloto en facer unha parada en boxes programada na volta 39. Alesi retirouse cando o motor fallou na volta 40. Hakkinen, Ralf Schumacher, Barrichello, Zonta, Coulthard, Villeneuve e Fisichella fixeron as súas paradas nas tres voltas seguintes. Salo retirouse despois de que o motor fallase na volta 42. Todos os pilotos cambiaron de pneumáticos secos aos de chuvia cando a choiva comezou a caer desde a volta 42. Häkkinen foi o último piloto en entrar a boxes na volta 46. Fisichella perdeu a segunda posición ante Barrichello na 47ª volta tras sairse da pista.

Ao finalizar a volta 47, completadas as paradas programadas, a orde da carreira era Michael Schumacher, Barrichello, Fisichella, Häkkinen, Trulli, Wurz, Verstappen, Ralf Schumacher, Coulthard, Villeneuve, Zonta, de la Rosa, Gené, Button, Mazzacane e Irvine. Na volta 48 Michael Schumacher trompeou sobre a pista mollada aínda que mantivo unha vantaxe de medio minuto sobre Barrichello. De la Rosa e Diniz loitaban pola 12ª posición e os dous pilotos se tocaron na mesma volta. De la Rosa entrou ao seu garaxe para retirarse cunha roda rota. Verstappen e Wurz saíronse da pista na volta 52 mentres loitaban polo sexto posto. O piloto de Arrows conseguiu pasar ao Benetton cinco voltas despois. Na volta 60, Verstappen continuou remontando e superou a Wurz no quinto lugar. Gené trompeou na herba e parouse obrigando a súa retirada na volta 63. Villeneuve fixo un intento de pasar Coulthard polo oitavo lugar na curva 10 na 64ª volta, pero non o lgrou. Na seguinte volta, comezou a chover máis, Villeneuve intentou o mesmo, aínda que el chocou contra Ralf Schumacher, facendo que ambos pilotos se retiraran. Coulthard tocouse na primeira curva con Wurz na volta 67 e o austríaco fixo unha parada en boxes para reparacións. Barrichello comezou a reducir a diferenza con Michael Schumacher nas últimas voltas do Gran Premio. Michael Schumacher mantivo a raia a Barrichello ata liña de meta para conseguir a súa quinta vitoria da tempada 2000 nun tempo de 1'41:12.313, a unha velocidade media de 180´050 km/h.[10] Barrichello terminou segundo 0,1 segundos detrás do seu compañeiro de equipo, con Fisichella tomando a posición final do podio no terceiro posto. Häkkinen acadou o cuarto lugar, Verstappen foi quinto e Trulli completou os puntos anotando o sexto posto. Coulthard, Zonta, Wurz e Diniz encheron as catro posicións seguintes, con Button, Mazzacane e Irvine terminando polo menos unha volta detrás do vencedor da carreira. Ralf Schumacher, Villeneuve e Gené foron os últimos pilotos clasificados, aínda que non conseguiron cruzar a liña de meta debido ás súas retiradas.

Clasificación

editar

Cualificación

editar
Pos. Piloto Construtor volta Diferenza
1 3   Michael Schumacher Ferrari 1:18.439 -
2 2   David Coulthard McLaren-Mercedes 1:18.537 +0.098
3 4   Rubens Barrichello Ferrari 1:18.801 +0.362
4 1   Mika Häkkinen McLaren-Mercedes 1:18.985 +0.546
5 5   Heinz-Harald Frentzen Jordan-Mugen-Honda 1:19.483 +1.044
6 22   Jacques Villeneuve BAR-Honda 1:19.544 +1.105
7 6   Jarno Trulli Jordan-Mugen-Honda 1:19.581 +1.142
8 23   Ricardo Zonta BAR-Honda 1:19.742 +1.303
9 18   Pedro de la Rosa Arrows-Supertec 1:19.912 +1.473
10 11   Giancarlo Fisichella Benetton-Playlife 1:19.932 +1.493
11 8   Johnny Herbert Jaguar-Cosworth 1:19.954 +1.515
12 9   Ralf Schumacher Williams-BMW 1:20.073 +1.634
13 19   Jos Verstappen Arrows-Supertec 1:20.107 +1.668
14 12   Alexander Wurz Benetton-Playlife 1:20.113 +1.674
15 17   Mika Salo Sauber-Petronas 1:20.445 +2.006
16 7   Eddie Irvine Jaguar-Cosworth 1:20.500 +2.061
17 14   Jean Alesi Prost-Peugeot 1:20.512 +2.073
18 10   Jenson Button Williams-BMW 1:20.534 +2.095
19 16   Pedro Diniz Sauber-Petronas 1:20.692 +2.253
20 20   Marc Gené Minardi-Fondmetal 1:21.058 +2.619
21 15   Nick Heidfeld Prost-Peugeot 1:21.680 +3.241
22 21   Gastón Mazzacane Minardi-Fondmetal 1:22.091 +3.652
Tempo 107% : 1:23.930
Fonte:[11]

Carreira

editar
Pos. Piloto Construtor Voltas Tempo/Retirada Grella Puntos
1 3   Michael Schumacher Ferrari 69 1:41:12.313 1 10
2 4   Rubens Barrichello Ferrari 69 +0.174 3 6
3 11   Giancarlo Fisichella Benetton-Playlife 69 +15.365 10 4
4 1   Mika Häkkinen McLaren-Mercedes 69 +18.561 4 3
5 19   Jos Verstappen Arrows-Supertec 69 +52.208 13 2
6 6   Jarno Trulli Jordan-Mugen-Honda 69 +1:01.687 7 1
7 2   David Coulthard McLaren-Mercedes 69 +1:02.216 2
8 23   Ricardo Zonta BAR-Honda 69 +1:10.455 8
9 12   Alexander Wurz Benetton-Playlife 69 +1:19.899 14
10 16   Pedro Diniz Sauber-Petronas 69 +1:54.544 19
11 10   Jenson Button Williams-BMW 68 +1 volta 18
12 21   Gastón Mazzacane Minardi-Fondmetal 68 +1 volta 22
13 7   Eddie Irvine Jaguar-Cosworth 66 +3 voltas 16
14 9   Ralf Schumacher Williams-BMW 64 Colisión 12
15 22   Jacques Villeneuve BAR-Honda 64 Colisión 6
16 20   Marc Gené Minardi-Fondmetal 64 Trompo 20
Ret 18   Pedro de la Rosa Arrows-Supertec 48 Colisión 9
Ret 17   Mika Salo Sauber-Petronas 42 Eléctrico 15
Ret 14   Jean Alesi Prost-Peugeot 38 Eléctrico 17
Ret 15   Nick Heidfeld Prost-Peugeot 34 Motor 21
Ret 5   Heinz-Harald Frentzen Jordan-Mugen-Honda 32 Freos 5
Ret 8   Johnny Herbert Jaguar-Cosworth 14 Caixa de cambios 11
Fontes:[10][12]

Posicións logo da carreira

editar
  • Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación.


Carreira anterior:
Gran Premio de Mónaco de 2000
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA
Temporada 2000
Carreira seguinte:
Gran Premio de Francia de 2000
Carreira anterior:
Gran Premio do Canadá de 1999
Gran Premio do Canadá Carreira seguinte:
Gran Premio do Canadá de 2001
  1. "Grand Prix of Canada". Gale Force F1. 18 de xuño de 2000. Arquivado dende o orixinal o 01 de setembro de 2006. Consultado o 31 de marzo de 2015. 
  2. "M.Schumacher on Pole; Qualifying - Canadian GP". Atlas F1. Haymarket Publications. 17 de xuño de 2000. Arquivado dende o orixinal o 25 de maio de 2002. Consultado o 31 de marzo de 2015. 
  3. "Canadian GP Sunday warm up". motorsport.com. Motorsport.com, Inc. 18 de xuño de 2000. Arquivado dende o orixinal o 28 de xaneiro de 2016. Consultado o 1 de abril de 2015. 
  4. "Warm-Up". FIA.com. Fédération Internationale de l'Automobile. 18 de xuño de 2000. Arquivado dende o orixinal o 02 de marzo de 2004. Consultado o 1 de abril de 2015. 
  5. Eason, Kevin (19 de xuño de 2000). "Schumacher puts dampener on McLaren party; Motor racing". The Times. p. 6. Arquivado dende o orixinal o 25 de agosto de 2017. Consultado o 25 de agosto de 2017 – vía Academic OneFile. (require subscrición (?)). 
  6. "Race Facts and Incidents". FIA.com. Fédération Internationale de l'Automobile. 18 de xuño de 2000. Arquivado dende o orixinal o 02 de marzo de 2004. Consultado o 1 de abril de 2015. 
  7. Henry, Alan (19 de xuño de 2000). "Motor racing: Canadian grand prix: Ferrari cash in on Coulthard crisis: Schumacher's fifth win increases pressure on his McLaren rivals". The Guardian. p. 8. Arquivado dende o orixinal o 25 de agosto de 2017. Consultado o 25 de agosto de 2017 – vía Infotrac Newsstand. (require subscrición (?)). 
  8. "Lap-by-Lap: Grand Prix of Canada 2000". Gale Force F1. 18 de xuño de 2000. Arquivado dende o orixinal o 03 de xaneiro de 2005. Consultado o 1 de abril de 2015. 
  9. "2000 Round 8 Canada: Montreal". Formula1.com. Formula1.com Limited. 18 de xuño de 2000. Arquivado dende o orixinal o 28 de xuño de 2001. Consultado o 1 de abril de 2015. 
  10. 10,0 10,1 "2000 Canadian GP - Classification". ChicaneF1. Arquivado dende o orixinal o 02 de febreiro de 2016. Consultado o 1 de abril de 2015. 
  11. "Canadian GP Saturday qualifying". motorsport.com. Motorsport.com, Inc. 17 de xuño de 2000. Arquivado dende o orixinal o 24 de decembro de 2015. Consultado o 2 de abril de 2015. 
  12. "2000 Canadian Grand Prix". Formula1.com. Formula1.com Limited. Arquivado dende o orixinal o 10 de outubro de 2014. Consultado o 26 de decembro de 2015. 
  13. 13,0 13,1 "Canada 2000 - Championship • STATS F1". www.statsf1.com. Consultado o 14 de marzo de 2019. 

Véxase tamén

editar